ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_14485 | Hoxe reúnese a Conferencia Interterritorial de conselleir@s de sanidade para concretar canto e como van pagar os excluídos do sistema sanitario para recibir atención: inmigrantes, retornados xubilados... pechando o círculo da eliminación da universalidade da atención sanitaria. Hoxe tamén celébrase en Vigo unha nova manifestación en defensa da sanidade pública, cunha poboación especialmente afectada polos problemas que trae a privatización da sanidade | Hoxe reúnese a Conferencia Interterritorial de conselleir@s de sanidade para concretar canto e como van pagar os excluídos do sistema sanitario para recibir atención: inmigrantes, retornados xubilados... pechando o círculo da eliminación da universalidade da atención sanitaria. Hoxe tamén celébrase en Vigo unha nova manifestación en defensa da sanidade pública, cunha poboación especialmente afectada polos problemas que trae a privatización da sanidade, dende o convenio especial con POVISA, con listas de espera que triplican as dos hospitais públicos até o hospital PFI paralizado por falta de financiamento, e para o que se aveciña un novo acordo do PP coa construtora que encarecerá aínda mais a súa factura. Como, coas listas de espera de POVISA, poden atreverse a dicir que a solución dos problemas da sanidade é contar mais coa privada? Nesta lexislatura temos visto un deterioro tal, que se a sanidade galega aguanta é pola presión da cidadanía na rúa e a profesionalidade do persoal sanitario, malia os recortes, as mentiras, os desplantes dunha Xunta que claramente aposta por privatizar e reducir os servizos. A foto de hai uns días da conselleira Mosquera coa patronal da sanidade privada galega é demostrativa desta posición. Como, coas listas de espera de POVISA, poden atreverse a dicir que a solución dos problemas da sanidade é contar mais coa privada? Sabemos que logo do 21O virán novos recortes, a ministra Mato anuncia un recorte da carteira básica de servizos Sabemos que logo do 21O virán novos recortes, a ministra Mato anuncia un recorte da carteira básica de servizos (os gratuítos para as persoas aseguradas). Estase a valorar a eliminación do cribado de cancro de mama, que supoñería a eliminación da prevención; xa dixo Feijóo que as mamografías, depende. Poden tamén desaparecer desa carteira básica certas vacinas polas que habería que pagar. Neste momento adíase a campaña de vacinación antigripal en Galiza ate finais de Outubro, logo das eleccións. Nalgunhas comunidades xa se iniciou a campaña, non hai motivos médicos para adiala, hai motivos políticos? Que están deixando para despois das eleccións galegas? Queremos unha Xunta decidida a facer fronte aos recortes e garantir unha sanidade pública, universal e de calidade aínda a costa da insubmisión política a Madrid? A sanidade que queremos debe ser un dos debates fundamentais deste período de presentación de propostas de futuro para Galiza. O SERGAS é a maior "empresa" do País, a que mais emprego xera, mais actividade económica promove e a que mais benestar garante ao conxunto da poboación. A orientación da súa xestión depende da vontade política do Goberno galego no exercicio das súas competencias exclusivas. Queremos unha Xunta decidida a facer fronte aos recortes e garantir unha sanidade pública, universal e de calidade aínda a costa da insubmisión política a Madrid? O Sr Feijóo ven de explicar que as súas prioridades serían de novo o control do déficit e non ser un problema para España. Esas prioridades son hoxe incompatibles coa garantía sanitaria para a poboación galega. Pero son posibles outras políticas sanitarias: é posible rescatar o hospital de Vigo para a xestión pública, manter a universalidade, reconsiderar copagos, restablecer diálogos... precísase vontade política, un cambio de goberno e sobre todo un cambio de política sanitaria que considere a importancia da sanidade na cohesión social e na procura dunha saída xusta ao tempo convulso que vivimos. Son posibles outras políticas sanitarias: é posible rescatar o hospital de Vigo para a xestión pública, manter a universalidade, reconsiderar copagos, restablecer diálogos... As decisións que se están a tomar en materia sanitaria aféctannos a tod@s pero ademais definen a sanidade do futuro e a sociedade do futuro. Iso nos xogamos tamén este 21O, merece unha fonda reflexión, merece unha forte mobilización, merece un esforzo que converta a indignación en votos e bote o peor goberno da nosa historia, o peor presidente. |
NOS_14932 | O Sergas valora manter o actual modelo no que a cidadanía non pode pedir directamente unha cita presencial no centro de saúde. Para tela, debe ser a médica ou médico quen así o valore após unha cita telefónica. | "A presencialidade ou non presencialidade ten que ser un tema que decida o persoal, xa o está decidindo". Así se pronunciou a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellaría de Sanidade, Estrella López-Pardo, na comisión parlamentaria de Sanidade. Estas declaracións debullan o camiño da reforma da Atención Primaria que a Xunta lle encomendou: o modelo actual veu para ficar. De facto, Sanidade leva meses reiterando que o obxectivo é recuperar a presencialidade nos centros de saúde a 60% para final de ano. Todo indica pois que prevalecerá o actual modelo imposto pola Xunta co inicio da pandemia e no que non é posíbel pedir directamente unha cita presencial no centro de saúde. Para iso, hai que previamente solicitar cita de atención telefónica e é nela cando a médica ou médico valora a necesidade de que o paciente acuda presencialmente á consulta. Listas de agarda de 20 días Durante a comparecencia, a deputada do BNG Montse Prado advertiu de que os problemas na Primaria persisten, "con semanas para conseguir cita, mesmo telefónica, colas de doentes agardando e unha atención presencial insuficiente". A nacionalista pediu ao Executivo galego que deixe de "buscar responsabilidades fóra e faga o que si depende del". Así, instouno a desenvolver "con urxencia" un plan de recursos humanos "para rematar coa política de precariedade e explotación na contratación", ofertando contratos dignos para evitar que sigan marchando profesionais "fóra ou cara á privada". De igual modo, instou a Xunta a incorporar "as categorías imprescindíbeis para prestar unha atención integral que permita descolapsar as listas de agarda", con persoal de psicoloxía clínica, terapia ocupacional ou traballo social. Tamén o portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, denunciou as listas de agarda, incrementadas pola falta de atención presencial, e pediu "concreción, prazos e orzamentos" para levar adiante os cambios necesarios que afronten o colapso. Desmentiu o "slogan da Xunta sobre un suposto cambio de modelo" e puxo como exemplo "o anuncio dunha renovación de equipos na Primaria que en realidade supuxo cambiar milleiros de impresoras" para soster "un mero titular" mentres nos centros de saúde hai "espirómetros que non funcionan". |
PRAZA_18716 | Tanto o titular do ente público co PP como o seu antecesor co PSOE que construíu o AVE Ourense-Santiago desvían a subordinados as decisións sobre a seguridade da liña O xuíz dá por rematada a investigación de Angrois cun cargo de Adif e o maquinista como acusados O cargo a dedo con PSOE e PP que sempre negou recibir presións políticas | O xuíz dá por rematada a investigación de Angrois cun cargo de Adif e o maquinista como acusadosO cargo a dedo con PSOE e PP que sempre negou recibir presións políticas"Ao xulgado enviamos toneladas de información e todo iso non pasaba pola miña man, nós facilitamos toda a información que había no noso poder", di Gonzalo Ferre en resposta aos apercibimentos que o xuíz fixo a AdifEste luns, cinco anos e medio despois do accidente de Angrois do 24 de xullo de 2013, o xuíz instrutor emitiu un auto no que propón dar por rematada a investigación e xulgar como responsables de 80 homicidios por imprudencia ao maquinista do tren, ao que o Goberno do PP daquela se apurou en apuntar, pero tamén a un ex-director de Seguridade de Adif. Neste tempo, malia as promesas lanzadas daquela, Adif e Renfe obstaculizaron a instrución ocultando ou demorando a entrega de documentación ao xulgado, que emitiu varios apercibimentos por iso. Este mércores quen era presidente de Adif cando ocorreu o accidente, Gonzalo Ferre, compareceu na comisión de investigación política aberta no Congreso e negou ser responsable deses obstáculos desviando calquera responsabilidade ao respecto a subordinados seus.Gonzalo Ferre, que foi presidente de Adif co PP (coa ministra Ana Pastor en Fomento) cando ocorreu o accidente e ata novembro de 2016, durante boa parte da posterior investigación xudicial do mesmo, foi preguntado pola deputada de En Marea Alexandra Fernández polas diversas ocasións en que a empresa pública demorou ou ocultou a entrega de documentación ao xulgado, mesmo lendo fragmentos dos apercibimentos realizados polo xuíz e que foron publicados por varios medios de comunicación. Porén, Ferre negou toda responsabilidade: "Ao xulgado enviamos toneladas de información e todo iso non pasaba pola miña man, nós facilitamos toda a información que había no noso poder", dixo, asegurando máis tarde que se non se enviou algo foi "por erro, xamais por falta de vontade"."Ás 80 vítimas dálles igual que sexa alta velocidade" di o ex-cargo do PP malia que é a plataforma de afectados a que fai fincapé nesa denominación polas implicacións propagandísticas que tivoFerre tamén insistiu, malia o certificado xa polos xuíces, que a liña Ourense-Santiago na que ocorreu o accidente non era de alta velocidade, unha afirmación na que daquela o Goberno insistiu para non prexudicar as expectativas comerciais que tiña noutros países a alta velocidade española. Tanto o instrutor como a Audiencia Provincial da Coruña e a gran maioría dos peritos da causa xa deron por feito que a liña si era de alta velocidade, pero Ferre insistiu este mércores en que non. "Ás 80 vítimas dálles igual que sexa alta velocidade", chegou a dicir, argumentando que o importante é que se produciu un accidente ferroviario grave. Porén, é a propia plataforma de vítimas do sinistro a que dá importancia a ese feito criticando que era o Goberno o que publicitaba a liña como de alta velocidade malia non contar cos seus sistemas de seguridade.O presidente da comisión deixou constancia de que o ex-cargo do PP non contestou a varias preguntasNa súa comparecencia Ferre tamén eludiu diversas preguntas directas que se lle formularon, ata o punto de que o presidente da comisión acabou deixando constancia diso: "Queda en evidencia que efectivamente non contestou", certificou, despois de que a deputada de En Marea lle preguntase de xeito reiterado se o Alvia descarrilaría se o sistema de control da velocidade estivese activado a bordo e instalado tamén nas vías ata a estación de Santiago. A súa resposta reiterada foi que "se o tren non saíse da estación de Ourense non pasaría nada". E á pregunta, tras lembrarlle o auto do luns do xuíz que acusa a un ex-director de Adif, de se considera que fallou algo na seguridade por parte da súa empresa, a súa resposta non foi directa: "Espero que non", dixo.O presidente de Adif co PSOE atribúe aos técnicos o cambio da sinalizaciónGonzález Marín defende como lóxico o cambio do proxecto orixinal da liña para axilizar a circulación dos trens que acabou derivando nun cambio da configuración da súa seguridade decidido por "técnicos de Adif competentes"Tras Ferre compareceu quen foi presidente de Adif co PSOE (co ministro José Blanco en Fomento) durante a construción e posta en servizo da liña Ourense-Santiago, Antonio González Marín. El estaba no cargo cando se decidiu modificar o proxecto orixinal da liña para operala en ancho ibérico e non no internacional habitual no AVE para evitar ter que instalar cambiadores de ancho dos trens tanto en Ourense como en Santiago que demorarían as viaxes. Ese cambio nas vías acabou derivando nunha modificación da disposición na liña dos seus sistemas de seguridade que deixou desprotexida a curva de Angrois, cuestión pola que agora o xuíz vén de acusar ao daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, como máximo responsable de validar esa configuración da seguridade.Sobre aquela modificación de proxecto, González Marín considerouno lóxico para facilitar que os trens non tardasen tanto tendo que pasar por cambiadores de ancho e atribuíu a orixe do cambio, que lle foi comunicada tamén á Xunta, a unha comisión formada por varios departamentos de Fomento, Adif e Renfe tras advertir esa última operadora que manter os cambiadores suporía demoras nos seus servizos.O ex-cargo do PSOE tamén negou que existise ningunha présa por poñer en servizo a liña e lembrou que a data fora anunciada máis de dous anos antesNa súa intervención González Marín evitou pronunciarse sobre cuestións técnicas dos sistemas de seguridade e asegurou que en ningún caso se decidiu modificar as configuracións dos existentes por cuestións económicas xa que os aforros foron mínimos en comparación co custo de preto de 3.000 millóns de euros que tivo a liña. Segundo dixo, tras decidirse modificar o ancho de liña, "os técnicos de Adif competentes decidiron que era necesario modificar" a configuración dos sistemas de seguridade.O ex-cargo do PSOE tamén negou que existise ningunha présa por poñer en servizo a liña, o 10 de decembro de 2011 co Goberno socialista xa en funcións tras perder as eleccións uns días antes, e lembrou que a data da súa apertura a "finais de 2011" fora xa anunciada en xullo de 2009 nunha reunión entre o daquela ministro José Blanco e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.Outros comparecentesDous ex-directores xerais de PSOE e PP insistiron en que tanto a liña como o tren foron autorizados conforme ao que marcaba a lexislación, declaracións que contrastan co auto do xuíz co que este luns acusou a un ex-directivo de AdifPreviamente, na sesión de mañá deste mércores compareceron na comisión do Congreso Carlos María Juárez Colera, que foi director xeral de Infraestruturas Ferroviarias co PSOE durante a fase final de construción e posta en servizo do AVE Ourense-Santiago e Manuel Niño, que era director xeral de Ferrocarrís co PP cando se puxo en servizo o tren Alvia e ocorreu o accidente.Os dous insistiron en que tanto a liña como o tren foron autorizados conforme ao que marcaba a lexislación. Juárez Colera, que estaba de baixa naqueles días, asegurou que a autorización de posta en servizo emitida por subordinados seus o día antes da inauguración da liña en decembro de 2011 en pouco máis de unha hora foi só o trámite formal a un proceso de avaliación da documentación que xa se viña realizando desde días antes. Niño insistiu en defender a investigación do sinistro realizada no seu momento pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), invalidada tanto pola xustiza como pola UE, que o atribuíu exclusivamente ao despiste que sufriu o maquinista.As declaracións dos dous contrastan co auto emitido este luns polo xuíz instrutor do caso que acusa en mesmo grao que ao maquinista ao no seu momento director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, por non avaliar correctamente os riscos existentes na liña nin antes da súa posta en servizo nin antes de autorizar en 2012 a desconexión a bordo dos Alvia do sistema de control da velocidade. |
NOS_54287 | A absoluta feminina enfrontarase ás catalás no campo da Lomba, Vilagarcía. Entre as convocadas, Verónica Boquete e Maria Paz Vilas. | Volve a selección galega feminina absoluta. Este 22 de decembro, no estadio da Lomba (Vilagarcía de Arousa) e contra a selección de Catalunya. Faino seis meses despois do retorno da 'Irmandiña' absoluta masculina. O acordo acadado entre a federación galega e a catalá fai posíbel este encontro, que se disputará a partir das 19:00 horas e será retransmitido pola TVG e TV3. Entre as xogadoras convocadas están Verónica Boquete e Maria Paz Vilas. A dirección deportiva da Federación decidiu que sexan os propios adestradores das seleccións galegas femininas de base os que asuman tamén a dirección técnica da Selección Absoluta. Quin Valbuena (seleccionador Sub-18) e Susú Cores(seleccionadora Sub-12) formarán un tándem técnico, mentras que Edu González (seleccionador Sub-16 e licenciado en INEF) realizará a función de preparador físico do equipo. |
PRAZA_10756 | O Goberno portugués decreta situación de crise enerxética pola folga indefinida de transportistas de materias perigosas que comeza este luns. Coa folga os transportistas de materias perigosas reclaman da patronal diversas melloras laborais en forma de días de descanso ou formación e un progresivo incremento salarial dos 630 euros de soldo base que cobran actualmente | O Goberno portugués decreta situación de crise enerxética pola folga indefinida de transportistas de materias perigosas que comeza este lunsÁs cero horas da medianoite do domingo ao luns comezou en Portugal unha folga indefinida dos transportistas de materias perigosas en reclamación de melloras salariais e formativas ante a que o Goberno de Antònio Costa decretou a situación de crise enerxética, unha medida coa que estableceu servizos mínimos de ata o 100% para os corpos de emerxencias pero que deixa en 15 litros o máximo que pode botar un vehículo particular en determinadas estacións de servizo. A folga prodúcese catro meses despois da anterior, que incrementou o xa tradicional uso das gasolineiras galegas fronteirizas por parte de vehículos portugueses polo menor custo do combustible.Coa folga os transportistas de materias perigosas reclaman da patronal diversas melloras laborais en forma de días de descanso ou formación e un progresivo incremento salarial dos 630 euros de soldo base que cobran actualmente, que con diversos complementos pode duplicarse. O seu obxectivo é subir o soldo base a 700 euros en 2020 (1.400 euros cos complementos), 800 en 2021 (1.550 euros cos complementos) e 900 en 2022 (1.715 euros cos complementos).O Goberno clasificou as estacións de servizo segundo a súa prioridade para garantir os servizos mínimos e as menos importantes xa están a sufrir desabastecementoO paro levou o pasado venres ao Consello de Ministros a decretar a situación de crise enerxética e establecer a denominada Rede Estratégica de Postos de Abastecimento (REPA), un total de 373 puntos, o 12% do total, reservada en exclusiva para os vehículos de emerxencias, corpos de seguridade e transporte público. Tras esa rede, unha segunda rede 321 puntos deberá ter reservado un surtidor para os vehículos de emerxencias podendo dispensar ao resto de particulares un máximo de 15 litros de combustible. Por último, o resto de estacións de servizo poderán dispensar ata 25 litros aos vehículos lixeiros e 100 aos pesados. Porén, a garantía de abastecemento deses puntos redúcese a medida que baixan de chanzo -o Goberno garante o funcionamento da REPA coas forzas de seguridade- e xa son numerosas as gasolineiras nas que non queda combustible.Os medios portugueses están estes días a divulgar unha web e unha aplicación (janaodaparaabastecer.vost.pt ) que permiten consultar o estado de abastecemento de todas as estacións de servizo do país e se teñen ou non a consideración de punto REPA."No caso de uma greve que afete a vida ou a saúde das pessoas ou o regular funcionamento dos setores essenciais, os serviços mínimos podem e devem ser mais extensos", avanza o Goberno de CostaO Goberno de Costa indicou que en Portugal existen reservas de combustibles para uns tres meses, polo que os problemas de abastecemento estarían directamente ligados á folga dos transportistas e o dispositivo para garantir os servizos mínimos está a centrarse en protexer e organizar os convois de camións que abastecen os puntos de subministro prioritarios. O executivo xa anunciou que "no caso de uma greve que afete a vida ou a saúde das pessoas ou o regular funcionamento dos setores essenciais de interesse público e da economia, provocando prejuízos desmesurados, os serviços mínimos podem e devem ser mais extensos, podendo, no limite, corresponder à manutenção da normalidade de funcionamento". |
NOS_35458 | A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 na Galiza rexistrou un lixeiro incremento nas últimas horas | A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informa que, na última actualización enviada na mañá de hoxe, con datos recollidos até as 18 horas do sábado, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 16.754 (+762). Por áreas sanitarias, 2.986 son da área da Coruña (+177), 1.761 da de Lugo (+144), 2.361 da de Ourense (+29), 2.873 da de Pontevedra (+88), 3.915 da área de Vigo (+181), 2.100 da de Santiago (+110) e 758 da de Ferrol (+33). A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 na Galiza rexistrou un lixeiro aumento nas últimas horas. Do total de pacientes positivos, 23 están en UCI (+1), 205 en unidades de hospitalización (+22) e 16.527 (+741) no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 130.615 persoas curadas, rexistrándose 2.448 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.513.901. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.399.577. Falecementos A Consellaría de Sanidade notificou un novo falecido con covid-19 este sábado, polo que a cifra de vítimas que deixa a pandemia de coronavirus na Galiza ascende a 2.448. Esta última morte relacionada co coronavirus produciuse na sexta feira 23 de xullo e trátase dun home de 86 anos de idade que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) e que presentaba patoloxías previas. Conforme foi avanzando o proceso de vacinación, o número de falecidos que se notifica cada día foi en descenso na Galiza, na liña co que sucede no resto do Estado español. Residencias A Consellaría de Sanidade inclúe dous usuarios positivos por Covid-19, pertencente á residencia Bodía Magnolio, en Vigo. |
NOS_35086 | Piden ao club que rache o acordo acadado coa empresa responsábel do proxecto mineiro para Touro-O Pino, criticado por unha parte significativa da veciñanza da comarca. | O acordo de patrocinio e colaboración asinado hai uns días entre a SD Compostela e Cobre San Rafael (impulsora do proxecto mineiro para Touro-O Pino) non gosta a parte da afección da equipa da capital de Galiza, que lamenta o paso dado polo club. Entre estes seareiros compostelanistas están peñas como Fendetestas, que a través dun comunicado expresan o seu malestar co feito de que a equipa leve o patrocinio dunha empresa responsábel dunha iniciativa que xera un amplo rexeitamento na comarca de Santiago. Entenden que o club teña que acadar acordos para cubrir as necesidades económicas mais sosteñen que esas necesidades "non poden estar por riba do club". Fendetestas consideran que a intención de Cobre San Rafael con este acordo é "lavar a cara" perante a sociedade da comarca, refractaria ao seu proxecto mineiro. "Para nós, sentirnos orgullosos do noso club é fundamental", salientan estes afeccionados, aos que lles provoca "vergoña", din, o acordo acadado entre o Compos e Cobre san Rafael e que piden á SD Compostela que poña fin ao mesmo: "Rexeitemos ese patrocinio que mancha a camisola". |
PRAZA_9274 | En Marea, PSdeG e BNG forzan votacións no Parlamento para que o PP teña que optar polo "si" ou o "non" a respecto de traspasos concretos de competencias pendentes. O apoio dos de Feijóo a unha iniciativa do Bloque a prol de novas competencias foi lido como unha nota discordante en pleno xiro recentralizador de Pablo Casado e o presidente tentou reconducilo | A finais do pasado xaneiro ou, o que é o mesmo, no inicio do undécimo ano dende a chegada a Galicia dos últimos traspasos de competencias dende o Goberno de España, o PP galego deu o que semellaba un xiro na materia. Nunha das comisións parlamentarias cuxos debates adoitan pasar desapercibidos os conservadores daban en apoiar unha iniciativa do BNG para reclamar novos traspasos. Concretamente, as "xa reclamadas" hai unha década e "aquelas novas" que a Xunta considere "convenientes". O grupo que sustenta o Executivo de Alberto Núñez Feijóo pretendía con este movemento alentar a tese dun suposto agravio a Galicia por parte do Goberno de España para beneficiar a Catalunya, pero deu en reactivar, sen querer, o debate sobre a parálise do autogoberno.O apoio do PP a unha iniciativa do BNG a prol de novas competencias foi lido como unha nota discordante en pleno xiro recentralizador de Pablo Casado. Feijóo tentou reconducilo, pero o debate xa alentaraAquela votación xerou un ruxerruxe que foi alén da política galega. Dalgún xeito, o PPdeG recuperou o manual da confrontación co Goberno central empregado exitosamente nos tempos de Zapatero. Pero agora, en pleno xiro recentralizador da cúpula de Pablo Casado, a reclamación de novas competencias por parte dun líder territorial do PP soou a nota discordante. Neste contexto Feijóo apresurouse en subliñar que ao seu xuízo "España non está para facer transferencias ás comunidades autónomas" pola "deslealdade de Catalunya". O PP galego só pedía, dixo, por se os gobernos vasco ou catalán logran novos traspasos.Pero, con aclaración ou sen ela, o debate xa revivira. Ou, cando menos, xa volvera alentar. O PP tentou reconducilo por boca do propio presidente, que antes de iniciar unha viaxe oficial de cinco días aos Estados Unidos asegurou que non ía permitir "ocultar" por tras do "veo das competencias" a "falta de respecto" que ao seu xuízo supón para Galicia o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado formulado polo Goberno de Pedro Sánchez, nos que a caída do investimento territorializado cae no caso galego un 19% interanual -a Xunta elevou esa cifra nun comunicado oficial a un 30%, sen especificar a fonte do dato-. Tras múltiplas declaracións cruzadas, boa mostra desa reactivación será o vindeiro pleno do Parlamento, no que todos os grupos da oposición forzarán o PP, con diferentes iniciativas, a votar "si" ou "non" ao incremento do autogoberno. Para o voceiro de En Marea, Luís Villares, cabe anticipar que a resposta será "non" porque Feijóo exercerá de "presidente veleta, que antes miraba o vento segundo lle viña de Madrid e agora, segundo lle vén de Andalucía. "Que pouco lle durou o disfrace de autonomista", ironiza Villares, dende cuxo punto de vista "Abascal e Casado deberon darlle o toque" e, de aí, os múltiples matices posteriores á reivindicación inicial de máis traspasos.En Marea, PSdeG e BNG forzan votacións no Parlamento para que o PP teña que optar polo "si" ou o "non" a respecto de traspasos concretos de competencias pendentesA recuperación do paquete de 70 competencias acordado por unanimidade hai unha década no propio Parlamento debera, a xuízo do voceiro de En Marea, ser o inicio da reactivación duns traspasos que o voceiro do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, avanza que tamén serán apoiados pola banda socialista. Feijóo, di Leiceaga, "tennos afeitos a facer declaracións nun sentido e a actuar na dirección contraria" e esta é unha mostra máis. Por iso, subliña, o PSdeG forza unha votación sobre a reclamación das competencias en materia de tráfico, fracasada en 2010. Trátase de saber se a vontade do presidente é real ou se segue tendo a mesma "alerxia ao autogoberno" que cando "bloqueou a reforma do Estatuto de Autonomía" en xaneiro de 2007, conclúe.Pola banda do BNG a súa portavoz nacional, Ana Pontón, tampouco cre que Feijóo realmente queira competencia nova ningunha, máis aínda despois de que contrapuxese a cuestión das competencias co rexeitamento ao proxecto orzamentario de Pedro Sánchez. "Houbo un tempo no que o PP presumía de ter un presidente ao que lle cabía un Estado na cabeza; a Feijóo non lle pedimos tanto, pero si, como mínimo, que sexa capaz de defender dúas iniciativas a favor de Galiza" ao mesmo tempo, afirma: "Conseguir máis investimentos nos Orzamentos do Estado e, cando menos, as mesmas competencias que Euskadi e Catalunya".Puy mantén que "o PP está onde sempre estivo" e di concordar con Feijóo en que o debate competencial realmente é unha "cortina de fume" para tapar o que acontece cos Orzamentos do Estado"Ou ben Feijóo é un incompetente en termos políticos para defender os intereses deste país ou o señor Casado xa lle tirou das orellas e deu ordes de que non tocan máis competencias", sinala a líder nacionalista que lembra que o Bloque tamén forzará votacións concretas ao respecto. Comezará, nomeadamente, cunha proposición de lei para reclamar as competencias en materia de salvamento marítimo.Mentres, o PP, asegura por boca de Pedro Puy que non existiu mudanza nin matiz ningún. "O PP está onde sempre estivo, na defensa do autogoberno dentro da Constitución e de acordo co que prevé o Estatuto", afirma o voceiro parlamentario dos conservadores, quen di concordar co presidente en que o debate reaberto sobre as transferencias é, en realidade, unha "cortina de fume" para "tapar" o que acontece en torno aos Orzamentos Xerais do Estado. |
NOS_37293 | Polémica en Vigo. A vicepresidenta primeira do Goberno español e ministra de Economía foi a encargada de dar o pregón na conmemoración municipal do Día da Galiza, esta sexta feira, en Vigo. Un acto que fora adiado debido á vaga de calor. A intervención da coruñesa causou malestar debido a que empregou o castelán como lingua vehicular, un feito que provocou o abandono de representantes do BNG que participaban do acto. | O Concello de Vigo conmemorou na sexta feira, 12 de agosto, o Día da Galiza cun acto decorrido nos xardíns do pazo Quiñones de León, onde a vicepresidenta primeira do Goberno español e ministra de Economía, a coruñesa Nadia Calviño, foi a encargada de dar o pregón, que o dedicou ao escritor recentemente falecido Domingo Villar. Fíxoo ante unhas 400 persoas nun acto que abriu a Orquestra Clásica de Vigo e na que comezou tomando a palabra o alcalde, Abel Caballero. Calviño ofreceu en galego as súas primeiras palabras e reivindicou o seu "sentimento galego", porén, a continuación empregou como lingua vehicular do acto oficial do Día Nacional da Galiza o castelán. A escolla lingüística da ministra galega molestou nas filas nacionalistas. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, e a deputada do BNG no Parlamento Carmela González abandonaron o acto ante o que consideraron un "desprezo ao idioma oficial da Galiza, a lingua galega". "Non podemos seguir soportando esta galegofobia que reduce a nosa lingua propia a un idioma de segunda, e menos nun acto institucional do Concello", puxo de manifesto Igrexas, quen lembra que a vixente ordenanza municipal de normalización lingüística estabelece o galego como idioma oficial e lingua vehicular do Concello. "Abonda deste españolismo casposo que considera que o galego non serve para as cousas importantes", afirmou, "resulta especialmente ofensivo e denigrante que algo así suceda nun acto para celebrar o Día Nacional de Galiza na maior cidade galega". No seu discurso, Calviño puxo Galiza como "exemplo brillante" do avance, con Vigo como "un dos seus motores" e concluíu animando o público a berros de "Viva Vigo, viva Galiza e que viva España". O acto que decorreu onte fora aprazado desde o pasado 25 de xullo debido ás altas temperaturas. O Estado español como "centro loxístico" do gas Antes de dar comezo a celebración, en declaracións aos medios, Calviño apuntaba que o Estado español "pode e debe" ser solidario con Europa e converterse no "centro loxístico" que forneza de gas o resto do continente. Os EUA triplican as súas vendas de gas ao Estado español este ano O Estado español "está nunha boa disposición para converternos nun centro loxístico que poida fornecer gas ao resto de Europa. Para iso temos que reforzar os gasodutos, as interconexións eléctricas tanto con Francia como con Italia e por iso desde o Goberno acollemos favorabelmente estas iniciativas que teñen que ser abordadas polo conxunto da UE". |
NOS_55012 | A imaxe do cartel que fixo Dani Trillo para esta edición é ben explícita: unha persiana metálica co graffiti "Fin", cunha bosta pondo o punto sobre o "i". Despois de 25 anos, o que era un dos eventos teatrais referenciais do verán galego despídese das táboas. Terá lugar do 23 ao 26 de agosto, con cinco funcións diarias. | Na súa exitosa Bicos con lingua, os actores Artur Trillo e Toño Casais, de Talía Teatro, tentaban resucitar a lingua galega, deitada sobre unha mesa de operacións. Agora é a Mostra de Teatro de Cee a que esmorece, e Talía houbo tomar unha decisión drástica: practicarlle a eutanasia. O xoves, Trillo e Casais presentaron a derradeira Mostra, xunto coa alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, a concelleira de Cultura, Mª José Fandiño, e o director de Ferroatlántica, Carlos Oliete. O atraso dos pagamentos das axudas da AGADIC a festivais, e as condicións que exixe para as concederen, a ausencia de infraestruturas (levan doce anos á espera do auditorio da Casa da Cultura), ou a débeda que ten coa compañía o anterior alcalde, de 3.000 euros, son algunhas das causas que minaron un equipo que leva desde o 98 organizando este acontecemento na Costa da Morte. Quixeron agradecer, con todo, apoios coma o de José Cañizo, Miro Villar, a Asociación Domingo Antonio Andrade, e o económico do Grupo Insua e de Ferroatlántica, que cofinanciou co Concello a Mostra (achegando 5.000 euros cada un). Dezanove compañías participan nesta derradeira edición da Mostra, en cinco funcións diarias: a propia Talía Teatro pechará a mostra con Pelos na lingua, e presentará o espectáculo para público infantil Pequena o día 23. Tamén ese día se estrea Cipriano de Bequelar, da compañía Carrachanacha, e actuarán Tres Globos, Lady Maharet, e o conta contos Celso Fernández Sanmartín. Nos días seguintes haberá espectáculos de rúa, contadas e funcións no Auditorio do Concello, repartidas en catro seccións: Infantil, Rúa cuberta, Noite e A deshora. Participan Cachirulo, Ghazafellos, Caramuxo, Teterella, Teatro do Lume, Quico Cadaval, Tirita Producións, Pablísimo, Peter Punk, As sircópatas, Os 7 magníficos + 1, Traspediante, Isla Le Triska ou o belga Rudi Rudi. As entradas custan tres euros para as funcións nocturnas e dous para as de "A deshora", aínda que se pode adquirir un abono de 15 euros. |
PRAZA_18471 | A empresa dixera que tras esa advertencia formulada un ano e medio antes do sinistro decidiuse "intensificar a formación" dos condutores, pero iso non se fixo co despois accidentado HEMEROTECA | A alerta sobre o risco de Angrois que chegou a dez técnicos de Renfe e algún nin leu | HEMEROTECA | A alerta sobre o risco de Angrois que chegou a dez técnicos de Renfe e algún nin leu Que o accidente de Angrois, no que o 24 de xullo de 2013 morreron 80 persoas, era previsible evidenciouno un ano e medio antes de que ocorrese un maquinista xefe de Renfe, José Ramón Iglesias Mazaira, que llo advertiu por escrito a unha decena de superiores. Tras coñecerse esa alerta, Renfe mantivo que como as medidas de seguridade eran as correctas de acordo coa normativa daquela existente, a decisión que se tomou foi a de "intensificar a formación" dos maquinistas sobre o risco que alí existía de que un condutor se despistase e non frease a tempo antes da curva, como lle ocorreu ao do Alvia sinistrado, Francisco José Garzón. Este mércores, na comisión de investigación sobre o accidente no Congreso dos Deputados un directivo de Renfe admitiu que esa formación posterior á alerta "non" se lle deu ao maquinista do Alvia. A empresa dixera que tras esa advertencia formulada un ano e medio antes do sinistro decidiuse "intensificar a formación" dos condutores, pero iso non se fixo co despois accidentado Na comparecencia no Congreso de Cecilio Gómez Comino, daquela director xeral de Seguridade, Organización e Recursos Humanos de Renfe, a deputada de En Marea Alexandra Fernández preguntoulle: "Ao maquinista señor Garzón non se lle deu formación específica como consecuencia do aviso do señor Mazaira?". A resposta do comparecente foi directa: "Non". Segundo argumentou o directivo de Renfe noutros momentos da súa comparecencia, ao maquinista do Alvia se lle formara sobre o risco específico da curva de Angrois pola freada brusca que requiría durante o seu período de habilitación para circular por esa liña, antes da alerta de Mazaira. "Hai constancia de que así se facía", chegou a dicir, malia que en máis de cinco anos de instrución xudicial Renfe non achegou ningunha proba documental de que iso sucedese máis alá de referencias xenéricas á formación que reciben todos os maquinistas sobre a necesidade de respectar as velocidades indicadas para cada lugar da liña de AVE Ourense-Santiago en que ocorreu o accidente. Para a deputada de En Marea, de existir esa formación específica previa á que se referiu o directivo, suporía que Renfe era coñecedora do risco elevado alí existente. Pola contra, a formación intensificada defendida por Renfe tras a alerta específica de Mazaira sobre Angrois non chegou nunca a Garzón: nin o seu historial formativo recolle ningún curso posterior á alerta de Mazaira nin formaba parte do mesmo grupo de maquinistas deste último aos que puido dirixir esa formación. Hai dous meses o avogado do maquinista evidenciou no xulgado que as viaxes previas á súa habilitación para a liña de AVE Ourense-Santiago facíanse non sobre a vía na que se accidentou senón sobre a paralela, máis segura Por outra banda, hai dous meses o avogado do maquinista sinistrado evidenciou no xulgado que a formación que este recibiu previa á súa habilitación para esa liña, período no que segundo dixo este mércores o directivo de Renfe se lle advertiu do risco de Angrois, non a realizou sobre a vía na que posteriormente tería o accidente senón sobre a paralela, máis segura. Na curva de Angrois o maquinista descarrilou tras despistarse ao recibir unha chamada do interventor do tren e non frear a tempo sen que estivese activo ningún sistema de seguridade que evitase ou paliase o seu erro humano. Pola ausencia e desconexión desas medidas de seguridade, que deixaban toda a responsabilidade de adaptar a velocidade en mans dos condutores, están imputados seis técnicos de Adif, Renfe e Ineco, ademais do maquinista. O daquela director xeral de Seguridade e Recursos Humanos admite que a dirección de Renfe coñeceu ese aviso previo en decembro de 2013, tras o accidente, pero non foi comunicado ao xulgado ata mediados de xaneiro Na súa comparecencia deste mércores o directivo de Renfe tamén admitiu de xeito implícito que a empresa pública ocultou durante varias semanas ao xulgado instrutor do caso a existencia desa alerta previa do maquinista xefe Mazaira. Renfe vén mantendo que Mazaira, que o nega, formulou a través dunha canle incorrecta a súa advertencia, que chegou a unha decena de superiores, algún dos cales nin a leu. Segundo esa versión, a dirección de Renfe non foi coñecedora da existencia desa alerta previa ata medio ano despois do accidente, en decembro de 2013. Este mércores o directivo de Renfe así o ratificou, ao asegurar que el mesmo non soubo desa alerta ata "decembro de 2013". Porén, e malia as reiteradas promesas de colaboración coa xustiza do Ministerio de Fomento e da propia ministra daquela, a popular Ana Pastor, Renfe non o comunicou ao xulgado. Tivo que ser o avogado do maquinista o que varias semanas despois, o 15 de xaneiro, desvelase a súa existencia. Ante o enfado do xuíz instrutor, que urxiu á empresa a informalo desa cuestión, Renfe argumentou que optara por facer unha investigación interna antes de comunicalo ao xulgado. José Manuel Galindo, que foi director da construción de Vía de Alta Velocidade de Adif na liña Ourense-Santiago Un técnico de Adif di que a súa competencia era establecer a velocidade de circulación para cada treito pero non decidir que sistema de seguridad tiña que supervisala, fragmentación de funcións na empresa pública que foi criticada por En Marea e Ciudadanos Este mércores tamén compareceu no Congreso José Manuel Galindo, que foi director de Vía de Alta Velocidade de Adif na construción da liña Ourense-Santiago. Segundo dixo a súa competencia limitábase a establecer a velocidade de circulación para cada treito da liña en función de cada radio de curva, peralte ou pendente, pero non decidir que sistemas de seguridade tiñan que instalarse para garantir o respecto desas velocidades ou informar aos maquinistas, responsabilidade doutro departamento de Adif. Esa fragmentación de funcións foi criticada polos deputados de En Marea e Ciudadanos, que botaron en falla unha visión global da seguridade. Na sesión de tarde, un cargo de Adif centrou nos imputados da súa empresa e Renfe a responsabilidade "soberana" de desconectar a seguridade do Alvia. |
NOS_1976 | O presidente da Xunta asegura que Casado falaría co PSOE para unha «gran coalición» se «alguén puidese parar dentro do PSOE» o preacordo con Unidas Podemos e as conversas cos nacionalismos. Cs quere alcanzar un goberno con PSOE-PP-Cs, opción que tamén defenden antigos dirixentes do PSOE. | De erro histórico cualificou Alberto Núñez Feixoo o preacordo alcanzado por PSOE e Unidas Podemos e que precisa dos nacionalismos para garantir a investidura. Prodúcese, segundo verbalizou, «no peor momento de España desde o punto de vista territorial e ante unha enorme incerteza económica». Ante isto, a denominada «gran coalición» que englobaría PSOE, PP e Cs, é para Alberto Núñez Feixoo a opción preferente para «desbloquear» o Goberno do Estado español. Desta maneira, o presidente do Executivo galego insistiu esta quinta feira, 14 de novembro, na súa proposta de chegar a un consenso para formar o Goberno do Estado de o PSOE «parar» o preacordo con Podemos no que ademais, o presidente lamentou que os nacionalismos «teñan a chave». Nese sentido, Feixoo deu por feito que, se «alguén pode parar dentro do PSOE» o preacordo, Pablo Casado falará coa formación de Pedro Sánchez. Tal e como fixo nas últimas campañas e agora, coa vista posta nunhas eleccións galegas nas que, de reproducírense os resultados das dúas últimas convocatorias das eleccións xerais, perdería o Goberno, Feixoo voltou a realizar un chamamento a unir o voto de dereitas nas siglas do Partido Popular. Desta maneira, o presidente apelou as e os votantes de Vox e Ciudadanos, forzas que non obtiveron representación pola Galiza no 10-N, a que confíen no PP. Engadiu ademais que o partido laranxa ten cabida no PP. Voces do PSOE tamén piden a Sánchez pactar coa dereita Antigos líderes do partido de Sánchez insistiron en pactar con PP e Cs. O ex presidente da Xunta de Estremadura, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, anunciou que apresentará a súa baixa como militante se finalmente Pedro Sánchez «forma Goberno con Podemos, ERC e os independentistas». Pola súa banda, o ex presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García- Page, insistiu en mostrar o seu rexeitamento a que partidos nacionalistas poidan ter a posibilidade de condicionar toda a lexislatura a cambio do seu apoio a unha investidura de Pedro Sánchez, á vez que considerou que hai que reclamar «responsabilidade» tanto a PP como a Cs para evitalo. Page apostou por que o PSOE chegue a acordos en cuestións sociais con Unidas Podemos e aborde «os problemas territoriais» con máis xente, en referencia a PP e Ciudadanos. Ciudadanos chama a PP e PSOE a pactaren entre os tres Desde Ciudadanos reivindican chegar a un acordo «moderado e reformista», expresión coa que se refiren a un pacto PSOE-PP-Cs, e critican que Sánchez poida ser investido coa abstención de partidos soberanistas. Imploran ao Partido Popular que antepoña a votade de pactar co PSOE e Cs ás súas siglas e solicitan que «actúe» para evitar o que eles denominan «goberno do horror» do PSOE con Unidas Podemos e o apoio de partidos nacionalistas. |
NOS_46543 | As urnas abriranse esta quinta feira en Irlanda do Norte, unhas eleccións que, segundo reflicten as sondaxes desde 2020, poden dar como gañador o partido nacionalista Sinn Féin. 'Nós Diario' faise eco do ambiente que se vive nas rúas da capital, Belfast, e que recolle unha reportaxe publicada polo medio de comunicación vasco 'Berria'. | É probábel que Irlanda do Norte estea ás portas dunha época decisiva. As sondaxes realizadas desde outubro de 2020 sitúan o Sinn Féin por diante do Partido Democrático Unionista (DUP) e, se non se producen sorpresas de última hora, un partido nacionalista lograría por primeira vez a maior representación nas eleccións á Asemblea. Entre os unionistas hai preocupación e entre os republicanos, alegría e esperanza. "A quinta feira estarei en Madrid, pero xa votei. Espero que consigan a maioría das cadeiras, iso é o que necesitamos!", di Kate. "A campaña deste ano está a ser diferente. Hai máis positivismo ao redor do Sinn Féin", explica Siobhan, flanqueada pola súa irmá Kate. "O DUP perdeu moitos apoios porque vai cara a atrás, cara a atrás na historia. Non teñen positivismo para os cidadáns deste país. Son prehistóricos". A vicepresidenta do Sinn Féin e líder norteirlandesa, Michelle O'Neill, é consciente desta oportunidade histórica e por iso decidiu levar a cabo unha campaña pragmática. Como na campaña das votacións de 2020 na República de Irlanda, o Sinn Féin centrouse este ano en cuestións socioeconómicas en Irlanda do Norte en lugar de na unidade da illa, unha xogada electoral que parece que lle irá ben. "É moi difícil para a xente conseguir casas. Un coñecido leva dez ou doce anos na lista de agarda e aínda non conseguiu nada", asegura Stephen: "Está nun piso e aínda non pode atopar unha casa con bo aspecto". Kate tamén trouxo a colación o tema das vivendas sociais, onde hai "miles" de persoas esperando: "É un sistema de puntos que tes que recoller. Por exemplo, teño unha amiga que, como a súa filla ten necesidades especiais, necesitan un bungalow. Conseguiu todos os puntos que pode conseguir, pero non os suficientes para conseguir un bungalow. A filla ten 8 anos, está a crecer e a nai aínda ten que levala escaleiras arriba e escaleiras abaixo". As cifras son arrepiantes. O pasado febreiro, por exemplo, segundo datos do Partido Socialdemócrata Laborista (SDLP), no oeste de Belfast había unhas 4.000 persoas na lista para acceder a unha vivenda social, mentres que 683 casas estaban baleiras. E esta realidade non só se dá na zona da capital, teñen o mesmo problema en todo o territorio. Sanidade e listas de agarda Na sanidade tamén existen listas de agarda, que son longas desde hai anos; e máis desde 2020, cando comezou a pandemia da Covid-19. Siobhan explica brevemente: "Sanidade... Uf! É unha prioridade. As listas son inacabábeis". Segundo os datos facilitados o pasado mes de xuño, en Irlanda do Norte 184.000 persoas levaban máis dun ano esperando para ter hora no hospital e outras 66.000, para someterse a unha operación. E, en total, para decembro pasado había 354.756 persoas nesas listas, segundo a Axencia de Estatística e Investigación de Irlanda do Norte. Todas as enquisas realizadas no último ano puxeron de manifesto que o encarecemento da vida é tamén una das principais preocupacións dos cidadáns. Siobhan dixo que a situación é "cada vez peor". Esteban súmase a estas demandas e tamén trae a colación un problema local: os horarios dos autobuses. A maioría acaban ás 22 horas e a el gustaríalle que os servizos se alongasen máis pola noite: "Estaría ben, porque algúns, por exemplo, non poden volver á casa en autobús. Facilitaría a vida de moitos. A ver que pasa". Se se cumpre o reflectido polas enquisas, o Sinn Féin obtería menos votos que hai cinco anos, pero a abafadora caída do DUP serviríalle para ter a maior representación. Moitos cidadáns teñen depositada a súa esperanza no Sinn Féin. Con todo, aínda que gañase, non está claro se poderían formar Goberno, xa que o DUP non aclarou se se integraría nun gabinete encabezado por un dirixente republicano. A vitoria do Sinn Féin sería simbólica e histórica e será interesante ver as reaccións de todas as partes. |
NOS_49977 | Feminista e de humor. Así son "As fillas bravas", a nova proposta de Chévere que se estrea na Mostra Internacional de Cangas dentro do programa Mulleres en Acción. | A través de coplas e coas súas pandeiretas como arma, tres actrices soben ao escenario para ofrecer a nova aposta de Chévere, unha obra en clave de humor feminista que continúa a liña encetada por Testosterona e que continuaron con Citizen. Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantxa Villar cantan e tocan en As fillas bravas. O repertorio é, maiormente, tradicional e nel atopou a compañía Chévere material abondo para compoñer a súa nova obra, un irreverente espectáculo en clave de humor feminista que leva ao escenario a tres mulleres enérxicas, que fan o que lles petan e que se comunican a través de cancións, por veces desinhibidas e impúdicas. A liña de xénero A estrea desenvólvese na Mostra Internacional de Cangas, dentro do programa Mulleres en Acción, unha plataforma acaída para a presentación ao público desta nova proposta de teatro con clara e militante perspectiva de xénero na que a compañía vén traballando desde que se iniciou con Testosterona e o seu cuestionamento da rixidez dos xénero, continuaron con Citizen na crítica dos imperios construídos sobre a explotación feministas e seguiron coa produción de I'll be watching you, momento no que decidiron espir as cancións románticas para deixar á vista o machismo que transmiten. Agora, con As Fillas Bravas queren "reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados".Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar bótanse anos por riba para achegarse a tres mulleres maduras, sen prexuízos, que pisan forte e cantan e tocan a pandeireta, a súa particular canción protesta que desde a tradición e con ironía rebenta unha sociedade machista que elas tamén padecen mais das que saben rir e facer rir. A obra estréase esta terza feira día 1 de xullo na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas dentro das xornadas Mulleres en Acción que ten como fin divulgar espectáculos, ideas ou propostas que se encamiñen cara á "coeducación, a paridade, a visibilidade, a denuncia e a liberdade a decidir sobre o propio corpo, a liberdade sexual". O programa, alén de espectáculos, inclúe conferencias, obradoiros e premios. |
NOS_40111 | O movemento contra a mina de Touro e San Fins dirixiuse aos colexios oficiais de xeólogos e químicos após estes posicionárense en defensa do informe elaborado polo profesor Felipe Macías que avala estes proxectos mineiros. En relación a ese informe ContraMINAcción denuncia que se evidencian "plaxios, absoluta falta de rigor e manipulacións groseiras, co fin de eximir á concesionaria mineira do cumprimento dos limites legais para contaminantes". | Desde o colectivo contrario ao proxecto mineiro en Touro e San Fins ContraMINAcción dirixíronse ao Colexio Oficial de Xeólogos e máis ao de Químicos para presentar unha protesta ante o comunicado conxunto que ambas entidades emitiron en resposta ao informe do Doutor Steven H. Emerman. Este doutor criticaba no seu estudo as análises do profesor xubilado da USC Felipe Macías que valeron de aval do proxecto mineiro de San Fins. Emerman apresentou o pasado 27 de xuño, tal e como avanzou Sermos Galiza, un estudo crítico cos proxectos mineiros de Touro e San Fins. Nel sinalaba a falla de profesionalidade do estudo oficial co que se avalou o proxecto mineiro de San Fins e que foi elaborado á súa vez polo profesor xubilado da USC Felipe Macías. Emerman sinalou falla de profesionalidade no estudo oficial co que se avalou o proxecto mineiro de San Fins e que foi elaborado polo profesor Felipe Macías "Constatando que o pronunciamento dos colexios oficiais realizouse sen ter coñecemento dos informes en cuestión" din desde ContraMINAcción, remitiuse ao colexio de xeólogos e ao de químicos o informe oficial de abril de 2017, subscrito por Felipe Macías Vázquez, Carmen Nieto Olano, Ramón Verde Vilanova, Carmen Pérez Llaguno, Felipe Macías García, Luis Tapia del Río e David Romero Chouzas, "supostamente adscritos ao Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela", afirman no comunicado de ContraMINAcción. A entidade remitiu tamén aos colexios os informes de avaliación realizados polo equipo de Felipe Macías (sobre os que se asentan as conclusións presentadas polo Dr. Emermans). Desde ContraMINAcción consideran que os asinados por Macías "evidencian extensos plaxios, absoluta falta de rigor metodolóxico e procidemental e manipulacións groseiras, co fin manifesto de eximir á concesionaria mineira do cumprimento dos limites legais para contaminantes perigosos, alegando un ficticio fondo natural de metais" nas balsas de San Fins. ContraMINAcción acusa os presidentes de ambos os dous colexios de procurar "desprestixiar abertamente a Emerman na súa calidade de consultor ao servizo de entidades públicas e ambientais galegas". Así é que no comunicado emitido polos colexios sinálase que as análises de Emerman "carecen do rigor necesario xa que non é posíbel emitilas sen contar cos datos técnicos mínimos" e cualifican os resultados expostos polo doutor como "un xuízo de valor sesgado e parcial, máis propio dun postulado ideolóxico que científico." Os colexios manifestaron o seu "total desacordo coas afirmacións vertidas" por Emerman Os colexios manifestaron o seu "total desacordo coas afirmacións vertidas" por Emerman en particular coas que critica o informe do profesor Felipe Macías. ContraMINAcción dirixiuse ademais aos dous organismos sinalando que, mediante o feito de dar cobertura á actuación de Felipe Macías e a concesionaria mineira "non só están desprestixiando os colectivos profesionais que representan, senón que tamén vulneran as súas propias normas deontolóxicas". O estudo de Emerman O doutor Steven Emerman apresentou o pasado 27 de xuño en Compostela no marco dun acto convocado pola plataforma Mina de Touro Non un estudo sobre os perigos que entraña para o medio e a poboación o proxecto mineiro en Touro e San Fins. Sobre a mina de San Fins, en Lousame, aludiu a existencia de altos niveis de contaminantes nesta área. "Cando recibín os informes oficiais estaba confundido, non sabía se eran reais ou simplemente unha burla", afirmou Emerman, quen contradí así o informe oficial realizado polo profesor Felipe Macías e a USC nos que se xustifica a presenza de cadmio nas augas de maneira natural "a pesar de que están 35 veces por encima do nivel permitido", denunciou Emerman. Emerman, profesor reputado da universidade estadounidense Utah Valley e con 31 anos de experiencia no ensino universitario en Xeofísica, ten elaborado para empresas mineiras e institucións públicas numerosos informes técnico-ambientais como consultor especializado en minaría, augas subterráneas e superficiais. |
NOS_33952 | O Consello das Mareas fixará a vindeira sexta feira, 7 de setembro, a data para o Plenario. | Conta atrás para o proceso de renovación da ponte de mando de En Marea. En menos dunha semana, o 7 de setembro, o Consello das Mareas fixará a data do Plenario, a máxima asemblea do partido. Este é un punto que concentrou nestes meses as diferenzas cada vez máis grandes entre o sector oficial e os críticos, nucleada esta en torno á Mesa pola Confluencia. Os críticos exixen a convocatoria do Plenario canto antes, por entender que a renovación de En Marea debe de ficar resolta con antelación suficiente a respecto das eleccións municipais. Os 'villaristas' piden que se respecten os tempos e procedementos fixados pola propia En Marea. Este é o escenario no cal En Marea camiña cara ao Plenario e ao proceso para renovar a súa cúpula, o Consello das Mareas. Un proceso no que se consulta as persoas inscritas sobre os temas a debater no Plenario, que continúa coa realización da propia asemblea e que culmina coa presentación de candidaturas para as primarias. |
PRAZA_18638 | O seguimento dos paros parciais mantense no 80%. A Corporación pasou de negarse a debater sobre contidos propios a ofrecer media hora máis diaria, aínda que rexeita tratar sobre o tipo de contidos e descarta tamén recuperar as desconexións locais ou o 'Diario Cultural' na radio. | A cuarta xornada de paros parciais --terceira na quenda semanal-- pola folga na CRTVG mantivo o seguimento e un apoio masivo. De novo arredor dun 80% do persoal sumouse a eles logo de que as reivindicacións no sábado e no domingo as secundasen un 70% dos traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos, que continúan a mobilizarse "contra o desmantelamento e a manipulación". O seguimento dos paros parciais mantense no 80% entre o persoal da CRTVG A loita do persoal continúa, ao igual que as negociacións entre o comité de folga e a dirección da Corporación, que pasou de negarse nin tan sequera a debater respecto dalgunhas reivindicacións a facer unha oferta, aínda que xeral e sen concreción ningunha. Así aconteceu cunha das demandas principais dos representantes dos profesionais, a de recuperar e aumentar a "produción propia interna" con programas informativos e de debate e entretemento e a recuperación de formatos "de servizo público" como as reportaxes ou a programación infantil e para a mocidade. Malia que a dirección da CRTVG e negou nas primeiras xuntanzas a abordar ese tema, na última das reunións apareceu cunha oferta pola que estaba disposta a incrementar en 15 horas mensuais, unha media hora diaria, a emisión de programación propia. "Polo menos semella que se dignaron a empezar a falar sobre o tema", explican fontes do comité respecto dun ofrecemento que cualifican de "xeral, insuficiente e inconcreto". A dirección pasou de negarse a debater sobre a produción propia nos medios públicos a ofrecer media hora máis diaria "De nada nos vale se incrementan dez minutos en cada programa informativo para sumar así máis minutos; non é unha cuestión de minutos senón de modelo", engaden as mesmas fontes, que critican que entre os datos para xustificar o incremento da produción propia a dirección inclúa redifusións e repeticións de programas, mesmo de madrugada. "Reclamamos produción propia de servizo público e non que nos tomen o pelo aumentando algo os minutos; a información non debería estar en mans de produtoras externas", insisten. Con todo, a CRTVG, malia defender o seu modelo e argumentar que hai minutos dabondo de formatos propios, abriuse a iniciar unha negociación que non avanzou en case nada polo momento. Negouse a dirección a debater sobre os contidos, que consideran unha "potestade empresarial". De feito, os dirixentes recoñecen que a Lei de Medios establece o incremento da produción propia pero aluden a outro artigo, o que sinala a Corporación como motor do audiovisual galego, para xustificar a habitual contratación de produtoras externas. A CRTVG ofrece 15 horas mensuais máis de produción propia pero négase a debater sobre os contidos, que o comité reclama que sexan "de servizo público" Ademais, e respecto da demanda de recuperación das desconexións locais na Radio Galega, a CRTVG advirte de que a información de proximidade aumentou nos programas informativos, mentres que o comité lembra que a súa solicitude "non vai por ese lado, senón pola necesidade de recuperar eses programas de información máis achegada e específica que desapareceron da grella". "A audiencia está marchando cara a outras emisoras que si contan con esas desconexións locais", lembran fontes dos representantes do persoal. Alén diso, e en canto á petición para que se recupere Diario Cultural, a dirección insiste en que non cambiará de posición e considera que a eliminación do formato como programa independente e a repartición de información cultural co mesmo nome en diferentes espazos é unha decisión correcta. "Insisten en que non pensan nin discutilo", aclaran as mesmas fontes, que destacan a "concienciación" por parte dos profesionais mobilizados de que o conflito será "longo". A dirección négase a recuperar as desconexións locais ou o 'Diario Cultural' como programa independente na Radio Galega As conversas, que inclúen a das negociacións dos servizos mínimos para as folgas totais dos días 19 e 22, retómanse este martes, un día antes dunha nova xornada de paros parciais. Será momento para outras reivindicacións, que inclúen unha mellor "dimensión" do cadro de persoal ou a fin da "utilización fraudulenta da contratación en prácticas", así como a "erradicación da manipulación informativa" e o cumprimento íntegro da lei de medios do ano 2011, que é unha das demandas de cabeceira. Ás esixencias do persoal engádesenlle dous aspectos relacionados coas mobilizacións contra a manipulación e pola cumprimento da lexislación, que celebraron a pasada semana o seu 27º venres negro. O comité pide a "fin da política represiva" mediante o "arquivo" do expediente disciplinario aberto ao locutor Carlos Jiménez e a "reparación pública do dano causado" á xornalista Tati Moyano co expediente que a atinxiu, arquivado o pasado outubro. Solicitan, asemade, a "apertura dunha mesa paritaria" para "aclarar e interpretar as normativas" nas que a área de Recursos Humanos baseou ambos expedientes. |
QUEPASA_786 | A dicotomía da pesca artesasanal: "Non sentimos como propios eses aplausos de agradecemento". | Este pasado luns, o alcalde de Malpica, Walter Pardo Añón, e o Patrón Maior da Confraría de Pescadores, Pedro Pérez Martelo, enviaban un escrito ao Ministro de Pesca e Alimentación, Luís Planas, para trasladarlle a preocupación do sector do mar nestes tempos de pandemia.Conscientes de que a pesca forma parte da cadea alimentaria e que o peixe é un ben de primeira necesidade, deixan patente que as embarcacións da pesca de baixura non poden garantir as medidas de seguridade e saúde necesarias. "Cremos que a pesca artesanal debería ter a posibilidade de acollerse a un ERTE", sinalan. Lembran que as embarcacións non superan os 20 metros de eslora, con ata 10 traballadores, "polo que a distancia de 1,5 metros é practicamente imposible de cumplir. Ademais, "tanto as "mascarillas" como os EPIs nin ambiente húmido e en duras condicións de traballo ofrecen pouca ou nula protección aos tripulantes". A todo isto, como xa comentamos, únese a caída dos prezos o peixe, derivado do peche da hostalería e restauración. "De feito, o peixe estes días non cubre os prezos de produción e xa non existe prezo mínimo garantizado", explican. |
NOS_15085 | Josu Juaristi, eurodeputado de EH Bildu, xa está plenamente operativo no Parlamento europeu. En conversa con Sermos Galiza, afirma que o escano gañado pola coligación Os Pobos Deciden, partillada co BNG, vai ser un "escano compartido". | "Vai ser un escano compartido. Eu vou ser o eurodeputado vasco e Ana [Miranda] vai ser a eurodeputada galega. Desde o primeiro minuto do partido, imos actuar dese modo, defendendo os intereses da xustiza social, da maioría, desde unha posición moi firme contra as posicións da Troika", anuncia Josu Juaristi (1964). Na entrevista con Sermos Galiza, Juaristi aborda distintas cuestións, desde a crise do réxime do 78 até o proceso de pacificación que se vive en Euskal Herria. Cre que a chave para conquistar a soberanía pasa por que exista suficiente impulso social: "Eu creo que a chave está e segue estando na forza que se fai de abaixo a arriba. En Catalunya esa forza é imparábel". Aínda non o é tanto en Euskal Herria, reflicte Juriasti, o que explica por que o PNV, a diferenza de Convergència, non está aínda en posicións independentistas. "Temos que empurrar máis, ou o conxunto da sociedade ten que empurrar máis", afirma. "Eu creo que a chave está e segue estando na forza que se fai de abaixo a arriba" Sobre o proceso de pacificación, ten claro que o Estado español "lle ten medo á paz" porque "a todas luces podería non desexar un proceso de paz e resolución en clave democrática". A versión íntegra da entrevista, unha dupla páxina, podes atopala no número 103 de Sermos Galiza, na nosa loxa e nos quiosques do país. |
NOS_33128 | O sindicato estudantil ANEGA defende que o actual estado de alarma "ten afectado de xeito irremediábel á normalidade do vixente curso académico" en todos os nives. | O sindicato estudantil ANEGA reclama a suspensión deste curso en todos os niveis educativos, tanto no ensino medio coma no universitario e na formación profesional, pois considera que a COVID-19 e mais o actual estado de alarma "teñen afectado de xeito irremediábel á normalidade do vixente curso académico". Dende a organización sinalan que "as ferramentas que se poñen a disposición de estudantes e docentes para continuar o curso, así como as axudas que procuran garantir o acceso do estudantado ás mesmas, eran unha boa solución co panorama que delimitaba un confinamento de dúas semanas", mais a situación actual, cun confinamento asegurado até o vindeiro 11 de abril, "fainos pensar que é momento de tomar medidas máis drásticas", din. "Esta decisión non se debe unicamente aos problemas loxísticos derivados da situación, senón tamén á agudización das diferenzas sociais, do malestar psicolóxico que produce a corentena e da incapacidade de moitas estudantes e docentes para continuar a súa actividade", reflexionan desde ANEGA nun comunicado, buscando o recoñecemento "da parte máis humana de toda esta crise". A suspensión do curso vixente, segundo explica, deberá ser acompañada da "creación de comisións de desenvolvemento do plan de estudos que garantan que os contidos que non van ser impartidos sexan trasladados aos estudantes da forma menos perxudicial posíbel, coa partipación do estudantado ou, no seu defecto, das ANPAS". Probas de acceso á universidade Nesta liña, o sindicato estudantil argumenta que "só se deben ter en conta os contidos dados presencialmente de cara ás probas de acceso á universidade". Propoñen que se leven a cabo os exames da ABAU "nas datas previstas pero cun contido reducido". Ademais, en relación ao impacto que está tendo a crise na situación económica da meirande parte dos estudantes, a organización suxire "a devolución da parte da matrícula correspondente ao presente cuadrimestre ou unha redución substancial nas taxas de matrícula do curso vindeiro". ANEGA fixo un chamamento a todos os axentes do ensino de todo o Estado a sumarse a estas reivindicacións "de cara a sumar forzas para que as consecuencas da crise non caian no estudantado, nin nos traballadores e traballadoras". |
NOS_14251 | Non resulta moi complicado prever como será un partido ante o Getafe de Bordalás: arduo, duro e difícil. A visita do Celta ao Alfonso Pérez no seu penúltimo compromiso ligueiro de 2020 non foi unha excepción, e nun encontro no que Coudet non foi quen de impor a súa concepción do xogo o Celta volve á casa cun punto con sabor doce. | O Coliseo Alfonso Pérez non terá a sona dun Mestalla, un Sánchez Pizjuán ou un San Mamés, pero leva -coincidindo coa chegada de José Bordalás a Getafe- sendo un dos campos máis difíciles da Primeira División. Agora tamén o sabe un novato na Liga como é o Chacho Coudet, que xa pode dar testemuña en primeira persoa logo de lograr un sufrido empate (1-1, e grazas) na casa do conxunto do sur de Madrid. Formou o técnico bonaerense con Rubén Blanco na portaría; Hugo Mallo, Murillo, Araújo e Olaza na defensa; Renato Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez e Miguel Baeza no medio do campo; e Nolito xunto con Iago Aspas na punta do ataque. Xa que logo, a pesar da acumulación de partidos neste último mes, Coudet seguiu confiando no bloque de xogadores que reverteu a situación na que estaba o Celta no momento da súa chegada, sendo a única novidade con respecto ao anterior encontro ligueiro a introdución de Baeza en lugar Fran Beltrán. Un troco ofensivo co obxectivo de tratar de desmontar o férreo engrenaxe defensivo armado por Bordalás que, non obstante, non funcionou. A pesar da calidade que atesoura na súa perna esquerda, a achega do antigo discípulo de Raúl González Blanco no Real Madrid Castilla ao xogo celeste foi mínima nun encontro no que, como adoita acontecer sempre que está implicado o Getafe, o fútbol como espectáculo brillou pola súa ausencia. Non obstante, se ben os madrileños non practican un xogo preciosista, resulta innegábel que son un dos equipos máis sólidos da Primeira División e ante os que resulta máis difícil formular un partido, especialmente se conseguen adiantarse no marcador, como pode dar dar fe o Celta logo de que no minuto seis Damián Suárez lanzase un auténtico furolo desde a esquina dereita da área viguesa ante o que nada puido facer o meta Rubén Blanco. Co Getafe na súa salsa pintaba mal a cousa para os intereses do conxunto galego. Afortunadamente, o autor do gol azulón, Damián Suárez, pasou en dez minutos de heroe a vilán dos seus após provocar un claro penalti sobre Lucas Olaza que Iago Aspas -quen se non- anotou de modo maxistral tras colocar a pelota no pau esquerdo da portaría defendida por un Rubén Yáñez que nada puido facer. O de Moaña, con oito tantos, xa é o máximo goleador da competición. Ademais, con este gol o dianteiro galego leva nin máis nin menos que oito partidos de Liga seguidos anotando ou asistindo para o Celta, cifra que aumenta a 13 nos 15 encontros disputados até o de agora. Sempre a pola vitoria Baixo a dirección de Chacho Coudet hai unha cousa que sempre é segura: o equipo vai xogar a gañar. Por iso, e visto que logo do empate celeste o choque seatascou totalmente no medio do campo, optou por tratar de desequilibralo dando entrada a Emre Mor no 63 en lugar dun desafortunado Miguel Baeza. Destacabamos na previa deste encontro en Nós Diario tanto as habilidades do estremo turco -que hai só unha semana, na Copa, anotaba un dos mellores goles da súa carreira- como o bo rendemento que del pode sacar un motivador nato como é Eduardo Coudet, que na súa etapa como xogador deu mostras dun carácter non moi diferente ao do díscolo pero xenial turco. Por desgraza para os intereses do Celta, Emre non foi quen de ser un factor diferencial, e co paso dos minutos o Getafe foi gañando terreo e pisando a área galega con cada vez máis perigo, especialmente logo de dous groseiros erros defensivos de Denis e Murillo que, afortunadamente, non acabaron en gol. Ante este escenario, o Chacho Coudet decidiu dar por bo o empate e tratar de amarralo co troco de Nolito por Okay Yokuslu no minuto 81. Os últimos intres do encontro foron de gran tensión para as seareiras celestes, pois o Getafe continuou o asedio sobre a meta de Rubén até o mesmo momento en que o árbitro asubiou o final do partido, que foi recibido cun grande alivio, como recoñeceu o Chacho no pos partido. |
NOS_4767 | A Organización Internacional para as Migracións (OIM) advirte do incremento de mulleres procedentes de Nixeria que están a chegar ás costas de Italia e denuncia que o 80% delas se atopan en situación de trata. | As estatísticas referidas á crise de persoas refuxiadas ocultan en boa medida outros perfís de migrantes que non se correspondan con demandantes de asilo político fuxindo de conflitos armados como os de Siria, Iraq ou Afganistán. Neste senso, a Organización Internacional para as Migracións (OIM) en Italia, publicou co gallo do Día Mundial contra a trata de persoas (30 de xullo) a cifra de mulleres nixerianas que chegaron ás costas italianas nos últimos meses sinalándoas como unhas das principais vítimas de trata con fins de explotación sexual. Nos primeiros 6 meses do ano rexistráronse en Italia 3.529 chegadas por vía marítima só de mulleres procedentes de Nixeria Segundo a OIM nos primeiros 6 meses do ano rexistráronse por vía marítima 3.529 chegadas só de mulleres procedentes de Nixeria dun total de 70.222. Esta cifra contrasta coa do mesmo período de 2015 que se situaba 1.491 e en 2014 en 1.454. De acordo coa organización internacional "o 80% das mozas nixerianas son vítimas de trata" e "moitas delas proveñen da rexión de Edo, onde son traídas á escravitude", sinalou o voceiro de OIM de Roma, Flavio Di Giacomo, nun comunicado de imprensa. Nunha reportaxe publicada no número 190 do semanario en papel e intitulado Explotación sexual na Galiza afondabamos na realidade das mulleres en situación de prostitución e vítimas de trata no noso país. Neste senso, as organizacións non gobernamentais que traballan con estes colectivos sinalaban Nixeria como un dos principais territorios de orixe xunto con Brasil, República Dominicana e Romanía. Os servizos de atención aos que acceden as mulleres vítimas de trata ou en situación de prostitución na Galiza son fornecidos por ONGs ou colectivos sociais, a maior parte relixiosos A lexislación galega recoñece, desde 2007, as mulleres e nenas en situación de explotación sexual como vítimas de violencia machista. Así as cousas, os servizos de atención aos que acceden son fornecidos por ONGs ou colectivos sociais, a maior parte relixiosos. A administración unicamente financia, baixo a fórmula de subvencións, os proxectos destas entidades privadas. Violencia e acoso durante a viaxe Así as cousas, para alén das consideradas como vítimas de trata con fins de explotación sexual desde ACNUR e Amnistía Internacional denuncian desde o estourido da crise de persoas refuxiadas en 2014 da realidade que atinxe as mulleres e nenas durante as viaxes. Neste senso, aseguran, as que fuxen de Siria ou Iraq, entre outros lugares, sofren violencia, agresións, explotación e acoso sexual durante os deslocamentos cara Europa. Unha realidade que padecen non só por parte das mafias senón tamén da policía e axentes europeos. Amnistía Internacional desenvolveu en decembro de 2015 unha serie de entrevistas con 40 mulleres que viaxaban desde Turquía a Grecia, algunhas delas grávidas. Un dos testemuños (23 anos) recompilados explicou como "no hotel de Turquía, un dos homes que traballaba co traficante, un sirio, díxome que se me deitaba con el non pagaría ou pagaría menos". Unha realidade que "nos pasou a todas en Xordania". Outra muller, de 20 anos, relatou como "o traficante me acosaba, tentou tocarme varias veces [...] estaba morta de medo". Relatos que se repiten tamén nos campamentos habilitados en territorio comunitario. |
NOS_52151 | O estudo do Centro Común de Investigación da Unión Europea sitúa as 4 provincias galegas entre as 5 do Estado que máis superficie agraria perderán até 2030. Galiza perderá ate 2030 por volta de 35% dos seus terreos de cultivo | En dez anos Galiza perderá un terzo da súa superficie de cultivo. Esta é a advertencia que se fai desde o Centro Común de Investigación da UE, servizo interno científico da Comisión Europea: en 2030, os terreos agrícolas do noso país serañn 35,5% menos que agora. E a superficie agraria útil que temos actualmente (por volta de 600.000 hectáreas), é consecuencia das perdas deste tipo de terreos que acumulamos desde hai décadas. Os científicos da Comisión sinalan Galiza como o territorio do Estado que máis vai sufrir esta perda de superficie de cultivo. Fai un desglose por provincias e sitúa tres (Lugo, A Coruña e Ourense) como as 3 primeiras do Estado español en perder terreos agrícolas. Pontevedra figura en quinta posición. Así, e segundo o informe elaborado a principios de ano polo Centro Común de Investigación, nunha década Lugo terá 44%% menos de superficie agraria, A Coruña perderá 42% e Ourense 30%. Pontevedra, case 26%. Que factores conducen a estas previsións? Pois a orografía, a propia estrutura agraria, o despoboamento do rural ou factores socioeconómicos. Perda continuada Entre 2007 e 2017 Galiza perdeu 17% das súas hectáreas agrarias. De 748.000 pasamos 621.000, segundo datos do INE. Unha perda que engadir á sufrida en anos anteriores. De 1985 a 2005, a superficie agraria últil (SAU) do noso país perdeu perto de 150.000 hectáreas. En Galiza a superficie agraria últil apenas supera 20% do territorio, o que supón unha das porcentaxes máis baixas de Europa. En Alemaña ou Francia supera 40%, por poñer dous exemplos. Concentración E todo isto nun contexto no que cada vez hai maior concentración de terras. Así, 3,1% das explotacións agrarias existentes na Unión Europea concentran 52 por cento da superficie agraria útil. Ao tempo, 75% das explotacións europeas de menos de 10 hectáreas representan apenas 11% da SAU, uns 19 millóns de hectáreas. Son datos ofrecidos no estudo 'Acaparamento e concentración de terras en Europa', elaborado polo TNI, Transnational Institute, en base aos datos de Eurostat, a oficina estatística europea. Os responsábeis do documento advirten de que Europa está a experimentar o que denominan "unha tremenda e rápida concentración de terras". Na década que vai de 2003 a 2013 desapareceron un terzo das pequenas explotacións agrícolas europeas. |
NOS_47787 | O presidente da Xunta, que hoxe mantivo unha reunión co presidente da Deputación, Manuel Baltar, afirma que é a "única posibilidade" que ten a terceira cidade da Galiza en poboación para ter un Executivo municipal estábel. O PSOE nega a maior e, ademais, presentará unha iniciativa contra Baltar. Mentres, as leas entre Pérez Jácome e os que foran os seus edís continúan. | O PSOE de Ourense "ten na súa man" resolver a crise política na cidade. Foron as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que esta cuarta feira -após manter unha reunión co presidente da Deputación e líder do PP en Ourense, Manuel Baltar- asegurou que continúa a ofrecer aos socialistas un pacto para crear un Executivo municipal "conxunto" entre PP e PSOE. Perante o Goberno de mínimos de Gonzalo Pérez Jácome por todas as leas internas en Democracia Ourensá (vai recorrer o auto que suspende a asemblea na que botou do partido a tres dos seus antigos edís), Feixoo sostén que "a única posibilidade que ten Ourense de saír dunha situación crítica é que se conforme unha maioría cun goberno conxunto de PSOE e PP". Esta hipótese parece bastante improbábel dado que a alianza é difícil en calquera escenario político e máis neste. Os socialistas entenden que, como lista máis votada nas municipais, deben estar á fronte do Consistorio e o PP xa tivo un pacto con Democracia Ourensá (DO). No entanto, o representante popular considera que a súa é "unha proposta razoábel". Ao seu entender o PP ten a man "tendida" desde hai moitas semanas e é o PSOE o que "bloquea a gobernabilidade" na terceira cidade do país en número de habitantes. Ruptura con Democracia Ourensá No que se refire ao partido liderado por Pérez Jácome, aclarou que cando racharon a colaboración foi porque comprobaron que "podería ter problemas moi serios" de tipo xudicial. Neste sentido, subliñou a "lealdade" dos populares, que sería tal para o PSOE "se acepta a coalición". Mais rexeita un Concello só do PSOE en "minoría" porque, ao seu xuízo, "é pasar de colapso 'A' a colapso 'B'" para a urbe. O PSOE defende a súa "xenerosidade" O voceiro municipal do PSOE local, Rafael Villarino, afirmou que "segue disposto a buscar a solución para a gobernabilidade" que o PP "non buscou". Ademais, sobre o acordo para o trámite dos salarios e a falta de achegamento de posicións para a moción de censura, Villarino dixo que "o Partido Socialista tivo unha paciencia case infinita e xenerosidade". Críticas a Baltar Por outra banda, o grupo anunciou que levará ao pleno da Deputación desta sexta feira unha iniciativa para "desaprobar as faltas de respecto institucional e a deriva demagóxica do Goberno provincial". Na opinión de Villarino, a Baltar "apetécelle botar abaixo o seu propio código ético en defensa do caciquismo". |
PRAZA_13768 | A padexeira do Morrazo competirá en Londres nos seus cuartos Xogos Olímpicos consecutivos e na busca dunha medalla que complete un palmarés cheo de éxitos. Por primeira vez, remará na modalidade na que é especialista. "A ilusión sempre é a mesma; participar nun evento así é o máximo", di. | Teresa Portela nunca falla. Cada catro anos, e desde hai doce, esta moza de Cangas acada a clasificación para os Xogos Olímpicos. Semella unha fixa e até parece doado logralo, pero non o é. "É moi complicado porque hai moita competencia, moito nivel... Hai que traballar moi duro para conseguir un posto", explica esta rapaza de Aldán, a mellor padexeira española da historia. A que acumula máis títulos. Con 30 anos, estará en Londres para intentar conseguir unha medalla olímpica, "o máximo soño de calquera deportista", tamén o dela, e un dos poucos títulos que lle queda para completar un palmarés cheo xa de éxitos. Foi dúas veces campioa mundial e tres europea na modalidade K1-200, a mesma na que competirá na capita británica e que se estrea nuns Xogos Olímpicos. "É a modalidade na que sempre competín, a que máis me gusta e na que máis gozo; que agora se inclúa no programa olímpico encántame porque, senón, tería que competir noutra cando a que realmente se me dá ben é esta", explica. Malia todo, sabe da dificultade de lograr un lugar no podio aínda que non renuncia a nada. "Conformaríame con estar na final, entre as oito mellores, pero se consigo estar aí dareino todo para conseguir un metal", conta. Teresa Portela competirá na modalidade K1-200, que se estrea nuns Xogos e na que ela é especialista Porque o seu soño segue presente e non parece renderse, aínda que leve toda a vida dedicándose a un deporte esixente como pucos. "É certo que hai momentos duros, de moito traballo e sufrimento, pero se o esforzo ten recompensa paga a pena", explica Portela, á que non se lle pasa pola cabeza abandonar o piragüismo. "Algún día terei que facelo, pero de momento non o teño en mente", aclara. Agora, chega a Londres, xa curtida e cunha mochila cargada de experiencia e de recordos das súas anteriores participacións en Xogos Olímpicos. Como nos de Sídney, aos que acudiu con tan só 18 anos "e con eses nervos e esas ganas por saber como era aquilo". E é marabilloso. "A ilusión sempre é a mesma porque participar nun evento así é o máximo". Teresa Portela, como tantos outros, xogarase todo o adestramento de meses e meses en tan só uns minutos, nuns momentos de tensión que supera coa experiencia, os exixentes adestramentos e a concentración. Esa que lle anima "a que a cabeza non vaia máis rápido que os brazos". "En Aldán, o piragüismo é tan popular como o fútbol", di Portela da parroquia onde se asenta o seu club, de onde tamén saíu David Cal Ela é a que rema pero, como di, son moitos os que lle dan forza para acadar os seus obxectivos. De conseguir unha medalla, ben sabe a quen dedicarlle o éxito, aínda que a lista é grande. "Grazas a Deus, acordaríame de moita xente: do meu marido, da miña familia, do meu adestrador, da miña fisioterapeuta, do centro de tecnificación, do meu club... De moitos", resume. Ese equipo, o club de mar Ría de Aldán, nunha parroquia de Cangas que pode presumir como poucas de éxitos de todo tipo, como os de David Cal, camiño de se converter no deportista español máis laureado da historia do olimpismo español, ou os de Carlos Pérez Rial. "En Aldán, o piragüismo é tan popular como o fútbol; estes dous deportes son como os deportes nacionais e son os que practican a maioría dos rapaces", di Portela. Ela e os seus compañeiros teñen toda a culpa. |
NOS_9887 | Nunha entrevista, o líder de En Marea tendeu a man a Podemos para traballar nunha candidatura de coalición de cara as eleccións galegas. Villares resaltou a necesidade de chegar a acordos para configurar unha alternativa ao PP na Galiza e abriu a porta a diluír o partido que lidera nesa hipotética candidatura, sempre que se respecten os seus principios programáticos. | O voceiro de En Marea, Luís Villares, estendeu hoxe unha oferta de diálogo a Podemos Galicia, no camiño a configurar unha candidatura unitaria para as eleccións galegas. Fíxoo durante a unha entrevista a Europa Press, na que engadiu que está disposto a dar un paso a un lado se así se "crean as condicións" para articular unha "alternativa" ao PP "con posibilidades de éxito". "Estamos en disposición de falar con espazos políticos cos que tivemos situacións dolorosas no pasado", avanzou o líder de En Marea, "penso que non se nos pode pedir máis". O voceiro do partido tamén se amosou partidario de diluír as súas siglas nunha hipotética candidatura unitaria, sempre que se respecten os seus principios programáticos. "Temos prioridades, pero somos capaces de chegar a acordos", afirmou. "Temos prioridades, pero somos capaces de chegar a acordos", afirmou Villares O voceiro do Grupo Mixto no Parlamento da Galiza define o proxecto de En Marea como "máis social" que o do PSOE e cunha concepción da nación galega "moito máis ampla" que o do BNG. Para Villares, xa sexa en solitario ou nunha candidatura máis ampla, En Marea "merece ser testado nas urnas". O xuíz en excedencia asegurou que unha alternativa ao PP na Galiza pasa pola pluralidade e o entendemento das forzas do centro esquerda, "antes o despois" das eleccións. "Gustaríame que non se desperdiciase ningún voto e que sexamos eficientes procurando alianzas que nos interesan a todas, iso é algo que no panorama político non todo o mundo está entendendo", destacou o líder político. Así, Villares amósase disposto a falar con "todo o mundo, por suposto tamén con Podemos", aínda que puntualiza a necesidade de cambios no "modo de relacionarse", pois "no pasado" a comunicación "non funcionou". "Gustaríame que non se desperdiciase ningún voto", sinalou o voceiro de En Marea O líder de En Marea tamén abriu a porta a posibilidade de facerse a un lado como candidato ás eleccións, matizando que esta decisión dependerá en última instancia do Consello das Mareas, o órgano de dirección do partido e das súas bases. "Estarei onde me queiran colocar as militantes de En Marea, onde poda ser máis útil ao proxecto político", afirmou. En Marea non é a única forza que estuda as posibilidades dunha candidatura de coalición. O ex alcalde de Compostela, Martiño Noriega, é o encargado de pilotar as negociacións para a integración de Anova de cara ás galegas. Cuestionado pola súa relación con Noriega, Villares afirma que a súa relación "é pouca, pero cordial", ao tempo que sinala que tanto Anova como En Marea manteñen contactos e recoñécense como "interlocutores políticos". "Non é a pulsión de En Marea desaparecer como tal", avanzou Villares Preguntado polo BNG, o maxistrado en funcións descartou unha integración na formación. "Non é a pulsión de En Marea desaparecer como tal, sempre dixen que nesta nova etapa eramos partidarios de formular alianzas electorais, pero non de disolvernos organicamente", afirmou o líder da formación. Villares non descarta, iso si, alcanzar acordos coas nacionalistas "sen ter que asumir o seu ideario nin integrarse na súa estrutura interna". Escaño de Manuel Lago Cuestionado pola marcha de Manuel Lago do Parlamento da Galiza, e pola posibilidade da entrada de Mariló Candedo, integrante de En Marea, Villares defendeu que "aa normalidad democrática en cualquera país", pasa polo "corremento de listas". O líder da formación avanzou que, de integrarse Candedo no Parlamento polo Grupo Mixto, solicitará aos servizos xurídicos que "interpreten" o regulamento e recoñezan a En Marea a condición de grupo parlamentario. |
NOS_22172 | Que Os ángulos da brasa de Álvarez Torneiro e Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño son dous dos títulos mellor recibidos no pasado ano abonda con revisar a crítica e os premios. Despois de seren os mellor valorados nos galardóns da Asociación Galega de Editores, veñen de coincidir novamente nos Premios da Crítica Española, na sección lingua galega. | Manuel Álvarez Torneiro en poesía e Begoña Caamaño en narrativa, son os dous nomes que resultaron premiados no Premio da Crítica Española que se fallou na mañá do sábado día 13 en Ponferrada. Recuncan cando se cumpre o mes de teren recibido os galardóns da Asociación Galega de Editores. Non son as únicas coincidencias entre Torneiro e Caamaño. Os dous son xornalistas e tardaron en publicar a súa primeira obra literaria, dúas sorpresas que abrirían as portas a dous nomes recoñecidos desde os seus xa maduros inicios creativos. Os ángulos da brasa de Torneiro, editado por Faktoría K de Kalandraka gañou por segunda vez este recoñecemento despois de xa telo recibido no 1999 por Luz de facer memoria. A de Álvaréz Torneiro (A Coruña, 1932) está considerada unha das voces máis sólidas da poesía contemporánea. O autor, caracterizado pola súa discreción e pola pouca participación en acontecementos literarios, volve en Os ángulos da brasa á súa poesía na que sobrancean as emocións interiores, a evocación de momentos cotiás que a través das palabras toman forma poética. Despois dunha longa traxectoria como xornalista, tamén singularmente, Torneiro deu a coñecer o seu primeiro poemario cando tiña xa cincuenta anos e publicou Memoria dun silencio. Un xurado composto por críticos literarios destacou a voz de Álvarez Torneiro para lle outorgar este galardón que o seu máis recente libro suma ao xa recibido Ánxel Casal de poesía da Asociación Galega de Editores. O crítico Xosé Manuel Eiré, que tomou parte no xurado, apunta en Ferradura en tránsito que o libro de Torneiro: "…É un poemario extraordinario, un poemario que logra ser emotivo sen deixar de ser reflexivo, unha ollada sobre a vida desde a altura dos anos e da experiencia, sobre a vida e o ser humano. Un poemario que reconciliará coa poesía a todos aqueles que estean un pouco saturados das formas e contidos da poesía máis vangardista e anovadora, porque esta poesía, como a de sempre, perfectamente medida, calculada, con cada cousa no seu sitio para que a discursividade sexa natural, deixa lugar unha expresividade que non procura o epatante, nunca hai lugar para artificio senón o sentir e a reflexión". Materia de Bretaña en clave feminista Os premios da crítica calcan os da AGE non só na poesía senón tamén en narrtiva. De novo Morgana en Esmelle (Galaxia) de Begoña Caamaño é recoñecida como mellor obra narrativa do 2012. Da súa segunda novela, a autora comentou recentemente nunha entrevista no semanario Semos Galiza que se pode "ler con claves de contempoarneidade e propón outro tipo de modelos. A cultura ten que camiñar apegada á ética. Non podes estar calada diante do que pasa, tes que tomar postura, propor alternativas". A segunda novela de Caamaño publicouse despois de que a xornalisa se dese a coñecer como escritora con Circe ou o pracer do azul. En ambos títulos, a escritora revisita a historia literaria e mítica desde a súa escrita feminista. O escritor e crítico Xosé M. Eyré, membro tamén do xurado dos premios, comenta no seu blogue Ferradura en tránsito que a novela de Caamaño recupera "a Materia de Bretaña. Recupera inclusive a Felipe de Amancia para que non haxa dúbida da filiación cunqueiriá desta novela. E de Cunqueiro tamén recupera a actuación sobre o mito para que este estea ao servizo da análise socilóxica actual e poida explicar cousas de hoxe en día. Nunha clara reivindicación do valor da opinión das mulleres, nese preciso momento de Camelot e Avalon e ao longo da historia. Cunha lectura posíbel tamén en clave «política» do valor ou conveniencia da independencia". |
NOS_57292 | Actor, director, fundador do Teatro do Morcego e un dos imprescindíbeis da escena galega. | Faleceu Celso Parada, actor, director, fundador do Teatro do Morcego e figura fundamental do teatro galego das últimas décadas, informa Revista galega de Teatro. A morte produciuse, aponta, "despois dunha longa loita contra a enfermidade". Parada, lembra a Revista,a é unha das figuras máis salientables da xeración que deu inicio ao teatro galego profesional. A súa longa carreira inclúe ducias de espectáculos, especialmente coas compañías Vía Láctea (Ubu rei, Rapsodia Pimenteliana, Misterio cómico, Macbett…), Teatro do Morcego, da que foi fundador (O Lazariño de Tormes, Morte accidental dun anarquista, Os vellos non deben de namorarse, A gran ilusión, Momo, A farsa do bululú, O burgués fidalgo…) e co Centro Dramático Galego (A comedia do gurgullo, O colaborador, A cacatúa verde, O regreso ao deserto…). Foi recoñecido por numerosos premios como o Premio Compostela ao mellor actor protagonista por Misterio Cómico, dirixido por Júlio Cardoso, en 1992; o Premio María Casares ao mellor texto adaptado polo Lazariño de Tormes, en 1998; o Xograr de Outono do Festival Outono de Teatro de Carballo en 2005; ou o Premio Roberto Vidal Bolaño ao Mérito Teatral en 2006. O pasado marzo, Celso Parada foi nomeado Académico de Honra pola Academia Galega de Teatro. Fondo pesar A nova do pasamento de Parada provocou nas redes sociais numerosas reaccións de pesar e dor. Persoas do mundo da cultura, da comunicación e mesmo da política expresaron o seu pesar e o recoñecemento á traxectoria dunha persoa imprescincíbel. Xosé A. Touriñan, César Goldi,María Reimóndez, Manuel Bragado, Kiko Novoa, Neves Rodríguez, Festival de Cans, Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, entre outros. |
NOS_24114 | Traballadoras e traballadores de Vulcano iniciaron esta segunda feira unha marcha desde Vigo a Compostela para reclamar unha reunión co conselleiro de Industria. Pola tarde, en Cee, o persoal de Ferroatlántica protestou diante da casa do concello para esixirlle á Xunta que lle reclame á empresa o plan de viabilidade. | Todas as miradas están postas na Xunta. O sector industrial non só non levanta cabeza senón que leva uns meses baixo a ameaza de liquidación. Mentres, o concelleiro de Industria por non dar atendido todas as frontes, parece que non atende ningunha. Na rúa, as traballadoras e traballadores esperan unha resposta de Feixoo. "O goberno galego comprometérase hai un ano que no momento en que se rematara o ferry, e se chegaba a liquidación, buscaría inversores para conservar os postos de traballo", lembra Nicolás Sangabrile, presidente do comité de empresa en Vulcano. "Un ano despois estamos nunha situación desesperada". Mentres agardan as cartas de despedimento, as traballadoras e traballadores mobilízanse. Van camiño de Compostela para insistir na presión diante da Xunta. En Ferroatlántica a sensación de desesperanza é a mesma. As fábricas están cos fornos rebaixados, a empresa alega un suposto "exceso de produción", denunciou a CIG estes días. E engadiu: "a materia prima que está a chegar ás fábricas de Cee e Dumbría é a que non se quere noutros centros de traballo do Grupo, a súa mala calidade pon en perigo as instalacións". Os representantes sindicais temen que despois do acordo asinado entre FerroGlobe e TPG, "FerroGlobe vai primar sempre os seus centros de traballo en detrimento dos nosos, ao darnos o trato de subcontrata por non pertencer o grupo". A Xunta "segue sumida nunha pasividade inaudita", sen reunirse co comité nin trasladar a documentación presentada pola empresa nin esixirlle un plan de viabilidade para garantir a continuidade da produción de ferroaliaxes, o mantemento dos postos de traballo e que se respecte a cláusula esencial de vinculación da actividade das fábricas e da produción de enerxía, denuncian os traballadores. En Cee e Dumbría sinalan que a Xunta preocupouse moito máis por Alcoa ou Endesa, e foi critica co Goberno español. "Pero cando se lle pide á Xunta que defenda o emprego e o futuro industrial naqueles ámbitos nos que ten plenas competencias, como no caso de Ferroatlántica, mantén un mutismo indignante e nin sequera ten a ben requirir a empresa para que cumpra a legalidade vixente en relación aos dereitos da concesión". |
NOS_13295 | Os soldados responderon con munición real contra os manifestantes que guindaban pedras durante unha mobilización de apoio aos protestos palestinos en Xerusalén e Cisxordania. | Seis mozos palestinos, de entre 15 e 22 anos, morreron esta sexta feira en Gaza tiroteados por soldados do exército israelita cando tomaban parte nunha mobilización de apoio aos protestos en Xerusalén e Cisxordania. Segundo testemuñas do sucedido, citadas por axencias internacionais, os disparos foron feitos por francotiradores que estaban nos postos de control do valado fronteitizo, a uns 400 metros da manifestación. O Exército hebreo xustificou as mortes dicindo que por volta de 200 palestinos achegáronse ao valado, queimando pneumáticos e guindando pedras, polo que os soldados abriron fogo "contra os instigadores" para "dispersar a revolta". Ademais dos 6 mortes houbo un número indeterminado de feridos, varios deles de gravidade, que algunhas fontes sanitarias cifran en por volta de 70. Hai tres días, soldados hebreos mataron a tiros un neno de 13 anos en Belén (Cirsxornadia). O Exército xustificou o feito dicindo que se limitara a "a disparar contra un dos instigadores da revolta". A xornada comezou cun palestino morto após atacar cun coitelo un policía e con 4 paklestinos e 2 israelitas feridos de arma branca. Desde que comezou outubro catro israelitas morreron en ataques e 13 palestinos. Ademais, centos de mozos palestinos resultaron feridos e ducias detidos polo exército hebreo. |
NOS_38383 | A pandemia frea o seu descenso na Galiza e percorre unha fase de meseta que mantén estábel a incidencia do coronavirus. Ás portas da Semana Santa, o alivio das restricións gradual que guiou o curso da terceira desescalada tamén se detén. As autoridades sanitarias acordaron non introducir cambios nas limitacións con respecto á ponte festiva de San Xosé. Pendentes de calquera alteración nos indicadores da Covid-19, chaman á prudencia ante o risco dunha repunta dos contaxios que acelere a cuarta vaga. | Galiza mantén unha situación epidemiolóxica estábel e "aceptábel" segundo recoñeceu nos últimos días Manuel Vázquez Lima, coordinador do Servizo de Urxencias do Hospital do Salnés e membro do Comité Clínico que asesora a Xunta. Na recta final de febreiro, o Goberno galego anunciou un alivio das limitacións pola Covid-19 que nas últimas semanas foi a máis, a vista dunha evolución positiva dos principais indicadores da pandemia, agora estancada. O descenso progresivo de novos contaxios diarios a niveis do mes de agosto acompañou o bo ritmo de altas diarias e contribuíu á caída dos casos activos, que se sitúan, tamén, en cotas descoñecidas desde o verán pasado. A mellora demorouse máis nos hospitais da Galiza, onde a baixada da presión asistencial avanzou amodo e sen descensos bruscos. A caída continúa, advirten, mais tamén tende á estabilidade. Así, o respiro que se percibe nas rúas reflíctese nas cifras que, de momento, non fan prever un cambio de tendencia que poña fin ao estancamento da pandemia. Mais o temor existe. A explosión de contaxios tras as festas de Nadal veu precedida dunha situación epidemiolóxica máis complicada que a actual. Peores datos de partida, máis frío, alta interacción social, encontros en interiores e a aterraxe da variante británica. Unha combinación que, en declaracións a Nós Diario, Vázquez Lima describiu como "a tormenta perfecta". Cambio de tendencia A experiencia da terceira onda da pandemia está moi presente no inicio dun novo período festivo no que se estenden as chamadas á cautela, a adiar os desprazamentos innecesarios e a cumprir as normas de prevención. A Semana Santa non vai traer máis cambios nas restricións, pero as autoridades non descartan un paso atrás nas limitacións se se consolida o cambio de tendencia que xa afecta a Europa. Alemaña, Francia, Italia ou Reino Unido afrontan un agravamento da pandemia que algúns territorios do Estado español tamén comezan a experimentar, cun incremento no número de casos e a repunta da taxa de incidencia. A pasada segunda feira, ás portas da Semana Santa, Alemaña anunciou un endurecemento das medidas que buscaban limitar a mobilidade, o horario de recollida, as reunións sociais e o pequeno comercio. Un retroceso na desescalada que a chanceler alemá, Angela Merkel, suspendeu dous días despois tras as críticas recibidas e a imposibilidade de aplicar as novas restricións con tan pouco tempo, dixo. Porén, a "gravidade" da situación que levou Alemaña a tomar esa decisión persiste, e responde, segundo afondou Merkel, á propagación da variante británica, que deu pé a unha nova pandemia que pon en risco o sistema sanitario e obriga a botar man do "freo de emerxencia". Non será tan estricto pero será. Haberá contención: na mobilidade, na hostalaría, nas reunións sociais. Tamén en Francia e en Italia, onde a maior contaxiosidade da variante británica do virus elevou a transmisión mais a presión hospitalaria, o que forzou o deseño de novos modelos de confinamento en ambos os dous países. Maior prudencia Estas repuntas, admite o profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Juan Gestal, "fan temer o peor". O relaxamento prematuro das medidas de prevención está detrás deste xiro, engade. "O Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades advertiuno e dixo que había que ser moi prudentes. O sensato, para comezar a abrir a man, é esperar a ter unha incidencia por debaixo de 50, e aínda mellor por baixo de 25" casos por 100.000 habitantes. A incidencia acumulada da Covid é un dos indicadores de referencia para os membros do Comité Clínico da Xunta. De prestar máis atención á incidencia acumulada a 14 días, pasaron a fixarse nos datos que ofrece a incidencia a sete e tamén a tres días. "Aí é onde se observan os primeiros indicios de repunta", explica a Nós Diario Xosé Luís Muño, médico de Atención Primaria e integrante do comité de expertos. "Cando a incidencia a sete días, multiplicada por dous, é superior á acumulada nas últimas dúas semanas entendemos que pode estar aumentando". Agora mesmo, aclara, non hai indicios de suba, "mais o descenso da incidencia a sete días é menor. Detívose. Entramos en fase de meseta ao mesmo tempo que o contorno comeza a medrar de novo, polo que en boa lóxica hai que estar moi atentos a unha posíbel cuarta vaga". Pendentes aínda dos efectos do San Xosé, a evolución negativa comeza a estenderse e fai pensar nun cambio de tendencia, pero afirmar cando e como se vai dar na Galiza aínda é "moi prematuro", di Alberto Ruano, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. "Mais quero entender que as autoridades sanitarias e políticas por fin comprenderon que ante o primeiro indicio de suba hai que tomar medidas. Canto antes se adopten e máis duras sexan, antes se controlará a situación", advirte Ruano, quen recoñece unha situación de partida máis favorábel que a previa ao Nadal. Desde o punto de vista epidemiolóxico e da vacinación, incide Muíño. "As persoas vulnerábeis, que son as de máis idade, están inmunizadas ou a piques de estalo. O risco de doenza grave e mortalidade redúcese". Mais esta mellora non abonda. "Hai que extremar as precaucións para evitar a transmisión que se deu no Nadal, sobre todo no ámbito familiar". A porcentaxe de poboación inmunizada aínda é cativa, incide Juan Gestal, que espera un avance na vacinación que protexa máis a poboación vulnerábel e dificulte o contaxio. Pero agora, di, "enriba de nós temos a ameaza das variantes, coa británica predominante na Galiza, máis transmisíbel e patoxénica". Toca pola baixo control, por iso, incide, o ideal é "achegarse á Covid Cero máis que este abrir e fechar continuo". Prioridade, as normas Cada vaga sinala o mesmo camiño. A relaxación das medidas e a interacción social desatan os contaxios. "A experiencia da terceira vaga foi catastrófica. Eu cheguei a ver no mesmo día 11 familiares positivos que se xuntaran o 1 e o 3 de xaneiro en distintos sitios, dos cales faleceu un, a avoa da familia", lembra Xosé Luís Muíño, quen con este exemplo salienta a importancia de medidas tan "impopulares e necesarias" como as reunións en interiores de só conviventes. "É lamentábel que non se cumpran as normas", láiase Muíño, ao tempo que advirte que algunhas "viñeron para quedar", como o uso da máscara en interiores. Na mesma liña, Alberto Ruano pide non baixar a garda. "Hai que ser prudente. Partimos dunha situación benigna e o tempo xoga a favor". O meteorolóxico, "que vai permitir máis actividade ao aire libre", e o cronolóxico, cun aumento da vacinación de cara á inmunidade de grupo. "Mais isto non pode supor unha relaxación das medidas porque está demostrado que a incidencia aumenta". Por iso, anima a evitar os espazos interiores, a coidar o uso da máscara, tamén nas terrazas, e a manter a distancia de seguridade. |
NOS_25592 | A CIG, así como o resto de organizacións agás Anpe, abandonaron a Mesa Sectorial onde se ía debater o repagamento do comedor, por entender que as intencións da Consellería son unha "burla". A central nacionalista anuncia que defenderá no pleno do Consello Escolar de Galiza unha emenda á totalidade na que esixe a retirada do novo decreto | A CIG Ensino rexeitou participar no "pariré" no que, denuncia, a Consellaría pretende converter a Mesa Sectorial Docente non Universitaria e decidiu abandonala. Unha decisión adoptada tamén polo resto de organizacións sindicais representadas agás Anpe. A Xunta convocara para hoxe unha xuntanza deste organismo. O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, afirmou que "resulta inadmisible que se nos convoque a unha reunión da Mesa Sectorial para negociar o decreto de comedores cando o decreto xa foi ditaminado pola Permanente do Consello Escolar de Galiza. Para máis, convocala á unha da tarde significa que se quere cumprir unicamente cun mero trámite e non levar a cabo unha verdadeira negociación". Diante desta situación, as organizacións sindicais que forman parte da Mesa Sectorial solicitaron por escrito a Consellaría de Educación o cambio na data da convocatoria e o compromiso de iniciar un novo trámite para ditaminar o proxecto de decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia, "previa negociación na Mesa Sectorial tal como recolle o proxecto decreto". Sen ter aconta as achegas Na Mesa Sectorial desta sexta, "a administración comunicounos a súa intención de non reconsiderar a súa actuación e de seguir adiante coa xuntanza advertindo ademais que non se ían ter en conta achegas que supuxeran cambios substanciais do decreto". No Pleno do Consello Escolar de Galiza, convocado para o próximo 17 de abril, a CIG-Ensino defenderá "unha emenda a totalidade para solicitar a retirada de proposta de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios", polo que supón de prexudicar o ensino público. A centralnacionalista defenderá nese organismo que se aga un novo decreto no que se garanta o uso gratuíto do comedor escolar a todo o alumnado beneficiario do transporte escolar e daquel cuxa renda mensual familiar non exceda tres veces o salario mínimo interprofesional. |
NOS_50807 | Ana Pontón pide por carta a Núñez Feixoo unha reunión para abordar a saída da crise e Gonzalo Caballero propón un "grande pacto político, social e territorial para acordar a reconstrución da Galiza". | Por carta. Así se dirixiu a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ao presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, co obxectivo de solicitarlle formalmente unha reunión en que tratar a saída da crise sanitaria e socioeconómica. A nacionalista incidiu en que "o adversario" a "bater" é "o virus, o paro e o fechamento de empresas", polo que solicitou o encontro, ao que quere trasladar catro propostas: reforzar a sanidade pública e deseñar un plan de vacinación para administrar doses durante as 24 horas do día "cando haxa subministración"; articular un plan de rescate "real" para os sectores que "de verdade están a sufrir" a crise; e alcanzar unha posición "de país" para pór os intereses da Galiza "por diante" na negociación dos fondos europeos Next Generation. Aliás, o BNG tamén quere abordar a necesidade dun "novo modelo de coidados", principalmente nas residencias, que "evite volver ver as persoas maiores convertidas nun modelo de negocio" para as empresas, dixo Pontón en rolda de prensa. "Desde a súa responsabilidade como presidente do Goberno galego e desde a miña como líder do principal partido da oposición, considero que os galegos e galegas esperan de nós que sumemos esforzos para saír desta durísima crise", explica a misiva. A preguntas dos medios, a dirixente nacionalista asegurou ver Feixoo "moi nervioso", despois das constantes críticas vertidas nas últimas semanas desde as filas do PP contra o BNG, acusando tanto a formación como a súa líder de "radicalidade", e criticando alianzas con outras forzas soberanistas, como Bildu, Esquerra e a CUP. O virus "é o inimigo", reiteroulles Pontón. Preguntado polos medios sobre a resposta que dará o Goberno á nacionalista, o portavoz do PP, Pedro Puy, remitiu á contestación que se dea desde a Presidencia da Xunta. Gonzalo Caballero pide reunión a tres Tamén o secretario xeral do Partido Socialista, Gonzalo Caballero, instou Núñez Feixoo a reunirse. Nunha rolda ofrecida esta segunda feira, 1 de marzo, na Cámara galega, Cabellero emprazou o presidente da Xunta a manter un encontro coas portavocías dos partidos da oposición, PSdeG e BNG, para "falar da reactivación e do impulso" da Galiza nun contexto en que o país "está a quedar atrasado" na recuperación pola ausencia de plans por parte do Goberno galego. Nese sentido, tras referirse ás dificultades que atravesan sectores como a hostalaría, o comercio, a cultura ou o deporte, mostrou a súa preocupación pola planificación da Xunta para optar a fondos europeos. "Non hai estratexia na Galiza para os fondos europeos a inicios de marzo", censurou Caballero, e incidiu en que Feixoo debe convocalo tanto a el mesmo como á portavoz do BNG, Ana Pontón, para "pactar a folla de ruta da reconstrución" e para "conseguir fondos europeos de acordo ás distintas convocatorias que existan". O socialista, que pediu ter en conta os axentes económicos e sociais e as administracións territoriais para alcanzar ese acordo, chamou a "non perder o tempo". "Un erro máis no proceso de reactivación terá efectos nefastos", advertiu. Ese acordo, considerou, ten que "dar futuro" a toda a cidadanía e, especialmente, á xente nova. "Hai unha xeración nada a finais do século pasado e na primeira década deste século que sempre viviu en tempos de crise", manifestou, avogando por "dar esperanza e posibilidades de futuro" á xuventude. Puy celebra os 12 anos da primeira vitoria de Núñez Feixoo O portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, destacou este 1 de marzo, con motivo dos 12 anos da primeira vitoria de Alberto Núñez Feixoo nunhas eleccións galegas, a "confianza maioritaria" outorgada pola cidadanía ao mandatario ao longo deste período", dixo. Puy subliñou que Núñez Feixoo enfrontou dúas crises "que non tiñan precedentes" na historia recente -a financeira e a pandemia da Covid-, que deixaron "tempos difíciles" e "de moitos cambios". Alén da efeméride, Pedro Puy, que compareceu ante os medios após a reunión semanal do grupo do Partido Popular no Parlamento, quixo chamar "á prudencia" na desescalada iniciada a pasada semana. "É unha preocupación", dixo, "a necesidade de que na desescalada non haxa minorías que incumpran as normas e nos poidan levar a unha nova restrición da actividade. Sería, certamente, unha pena", expresou. Para ilustrar este impacto no conxunto do país o portavoz do PP deu cifras que o Foro Económico da Galiza estima para este ano 2021: "No suposto de volver tomar medidas restritivas despois da segunda onda e a terceira, a economía galega volvería caer un 1,5%", sinalou. Iso si, de acordo con estas previsións, o crecemento do produto interior bruto (PIB) galego elevaríase 8,8% en caso de que no verán xa haxa unha "inmunidade de grupo" polo avance da campaña de vacinación. Pero, no caso de que a chegada de dose "se siga atrasando", a suba da economía sería só de 4,8%, matizou Puy. Por iso, constatou que a na desescalada hai que ter "coidado", porque a Galiza xógase "a saúde" e "o futuro". |
NOS_31775 | Coa moción de censura que se votará no pleno de hoxe ás 12:00 horas en Boimorto, o PP tumbará por vez primeira un goberno saído das eleccións do 24M. O voto dun edil que se presentara pola lista do PSOE sérvelle ao PP para avalar o que o BNG define como "fraude electoral" e que botará abaixo o goberno presidido polo nacionalista Xosé Luís Rivas, Mini. | Tan só algo máis de dous meses despois de acceder ao cargo a través dun pacto entre o BNG e o PSOE, Xosé Luís Rivas, Mini, deixará, se as previsións se cumpren, ao longo desta mañá de ser alcalde de Boimorto. A presidencia do goberno municipal pasará ao PP, partido que se vale do voto dun edil que se presentara nas listas do PSOE para botar abaixo o goberno por medio dunha moción de censura. Unha campaña de apoios respaldan ao alcalde nacionalista, Xosé Luís Rivas, membro do dúo Mini e Mero e histórico defensor dos dereitos nacionais, do futuro para o rural, da nosa cultura e da recuperación da memoria histórica. De todos os ámbitos no que actúa, súmanse mostras de solidariedade co alcalde que se puxo á fronte das mobilizacións na defensa do futuro do agro. Tamén na organización na que milita e da que encabezou a lista electoral que o levou á alcaldía, o BNG pechan filas arredor de Mini. O voceiro nacional Xavier Vence, a vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsábel de política municipal, Goretti Sanmartín e a voceira en Europa, Ana Miranda, anunciaron que, entre outros cargos, asistirán ao pleno que se celebrará ás 12 horas en Boimorto. "Fraude electoral" para o BNG Xavier Vence definiu a moción, como "fraude electoral" e "burla premeditada e ilegal" que, ao seu ver, está a vulnerar a vontade da veciñanza. O BNG lembra tamén que, de triunfar a votación, presentará un recurso contencioso administrativo contra a moción de censura. Para o BNG, a moción preséntase contra o recollido no pacto contra o transfuguismo. Previamente, a organización nacionalista dirixírase a Feijóo e ao PP para esixirlle parar a moción de censura xa que, de seguir adiante, botaría por terra as súas promesas de "rexeneración democrática". "É hora de deixar de comprar a vontade de concelleiros e cargos de outras organizacións para conquistar o poder que a cidadanía non lle deu" sinalou entón Vence. "Trátase dun caso claro de transfuguismo mais moi premeditado. É unha operación e gran calado. Nun momento no que aínda nin se constituíra o grupo municipal do PSOE un deles forma grupo independente. Aquí estamos a falar de mafia pura e dura. Unha operación de altura, propiciada polo PP, que tira a pedra e agocha a man, ese PP que sabemos como funciona, que mantén o caciquismo e segue a facer da política unha nube de esterco", afirmou o alcalde de Boimorto, nunha entrevista publicada por Sermos Galiza xusto despois de se coñecer a presentación da moción de censura. |
NOS_17552 | O Goberno central aprobará mañá, día 9, un real decreto coas normas que se deberán seguir unha vez decaia o estado de alarma para evitar rebrotes polo coronavirus, e que obrigarán a usar máscaras sempre que non se poida garantir o mantemento de distancia de seguridade. O uso de máscaras, que se aplicará tamén en transporte público, non será obrigatorio para persoas con problemas respiratorios e crianzas menores de seis anos. | "Unha vez superada a fase aguda requírense outras medidas, que se están traballando xa no seo do Consello Interterritorial do Sistema de Saúde e que rexerán mentres se manteñan a emerxencia sanitaria", avanzou Pedro Sanchez onte, na conferencia con dirixentes territoriais, onde confirmou o uso obrigatorio das máscaras nos meses vindeiros. O documento que o Executivo prevé aprobar esta terza feira recollerá tamén medidas organizativas de prevención e hixiene para estabelecementos de traballo, centros docentes, centros sanitarios, comercios, medios de transporte público ou instalacións deportivas, entre outros, "para evitar a coincidencia masivas de persoas". A nova orde incluirá tamén medidas sobre medicamentos e produtos sanitarios, que, segundo asegurou Sánchez, garantirán o abastecemento de medicamentos esenciais. Ademais, está previsto que a Axencia Española de Medicamentos poida outorgar "licenzas excepcionais" para a fabricación de máscaras e outros equipos de protección. O documento fixará tamén a obriga das Autoridades de saúde pública competentes de facilitar todos os datos necesarios" para o seguimento dos casos da COVID-19 para "coñecer de maneira inmediata os casos e os rebrotes", sinalou Sánchez. "A todo caso sospeitoso realizaráselle unha proba diagnóstica por PCR ou outra técnica tan pronto como sexa posíbel", subliñou o presidente do Executivo, quen advertiu que os Gobernos territoriais "deberán garantir a capacidade de responder" perante posíbeis rebrotes a través da elaboración de plans de continxencias e deberán garantir "un mínimo" de asistencia en Atención Primaria e hospitalaria. |
NOS_10712 | Co inicio do mes de xullo arrinca a campaña de alto risco de incendios forestais na Galiza que se estenderá até o vindeiro 30 de setembro. Traballadoras e traballadores dos servizos de extinción de incendios lamentan a perda de 150 efectivos menos este ano e apuntan a necesidade dun cambio de modelo onde se prime a prevención. | Inicia a campaña de alto risco de incendios forestais na Galiza desde esta segunda feira 1 de xullo até o vindeiro 30 de setembro. Refórzase así o dispositivo que estabelece o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de 2019, segundo informa un comunicado da Consellaría de Medio Rural, cun total de 7.000 efectivos que conforman o operativo neste verán entre persoal da Xunta, concellos, ministerio, exércitos e corpos de seguridade do Estado. O comunicado indica que a Galiza conta cunha trintena de medios aéreos e 260 motobombas, ademais de cisternas e outros vehículos. Puente afirma a Sermos Galiza que a perda de 150 efectivos se debe a que a Xunta convocou 548 prazas mentres que Seaga e Tragsa contaban con 700 efectivos Porén, Josafat Puente, presidente do comité de Seaga, lamenta que este ano se perdesen 150 efectivos. A orixe está en que durante este verán o persoal de extinción pasa directamente a depender e estar contratado pola Xunta, en lugar de facelo as empresas Tragsa e Seaga, que pasan a ocuparse maiormente da prevención. A este respecto, e en declaracións a Sermos Galiza, Puente sinala que a perda de 150 efectivos débese a que a Xunta convocou 548 prazas mentres que Seaga e Tragsa contaban en total con 700 efectivos. "Tal e como se fixo este cambio o que acontece é que hai moita xente con pouca ou ningunha experiencia", advirte Puente, quen confirma que persoal de Seaga con moita experiencia non se apuntou ben nas listas abertas pola Xunta debido á pouca duración do prazo. "A Xunta puntúa a experiencia pero ao moita xente experta terse apuntado mal, vemos que actualmente a través das listas da Xunta temos xefes de brigada con cero puntos", sinala Puente, para quen nun traballo destas características a experiencia é necesaria. Puente sinala que a Galiza "é quen máis incendios padece de todo o Estado" e advirte tamén que debido ao cambio climático os veráns son máis longos e "os incendios serán cada vez máis virulentos". Ante o aumento desta problemática, Puente agarda que a Xunta cambie de políticas Ante o aumento desta problemática, Puente agarda que a Xunta cambie de políticas e considera que "a resposta non pode ser a mesma que se leva mantendo durante vinte anos, precisamos prevención, ordenación do monte e control das especies que se plantan". O presidente do comité de empresa de Seaga sinala que precisamente esta empresa non comezou aínda a realizar as franxas de seguridades nos núcleos de poboación que se terían que ter marcado en xuño, e engado que "o momento de limpar o monte non é xullo e agosto, pois tíñase que ter realizado previamente". Desde Medio Rural indican que para alertas de posíbeis incendios está dispoñíbel o teléfono gratuíto 085 e este ano, como novidade, existe o teléfono 900 815 085, anónimo e gratuíto para denuncia dos incendiarios. |
NOS_47761 | O vicepresidente venezolano, Nicolás Maduro, confirmou que emprenderán accións legais contra o xornal español pola publicación dunha fotografía falsa de Hugo Chávez moribundo. "El País terá que pagar xudicialmente esta ofensa que se lle fixo ao pobo de Venezuela" | "Iso que fixo o periódico El País vaino pagar caro, porque nós imos demandar a El País e imos até o fondo, coas leis que haxa que utilizar, sexa aló, en España, ou na Conchinchina". Así de contundente se manifestou nunha entrevista televisada o vicepresidente venezolano, Nicolás Maduro, ao anunciar que o goberno emprenderá accións legais contra o xornal español após publicar este medio unha foto falsa do presidente bolivariano entubado e moribundo. "El País terá que pagar xudicialmente esta ofensa que se lle fixo ao pobo de Venezuela nun momento tan especial da nosa historia", insistiu Maduro. O xornal español, que levaba a foto falsa na portada, pediu desculpas aos seus lectores. Mais non "a Chavez, nin á súa familia nin aos venezolanos". Unanimidade no repudio A Asemblea Nacional de Venezuela aprobou por unanimidade (cos votos tanto d@s deputad@s da formación de Chávez como da oposición) un acordo de repudio á publicación desa foto. |
NOS_22635 | As escolas infantís manterán grupos burbulla, mais poderán coincidir varios en exterior e reláxanse outras medidas. As crianzas poderán ter o calzado que levan da casa e o novo protocolo posibilita tamén deixar os carriños no centro. | A chave do funcionamento das escolas infantís galegas para o próximo curso seguirá sendo, no marco da pandemia, manter os coñecidos como grupos 'burbulla' -as unidades estábeis de convivencia-, así como as pautas reforzadas de hixiene e outras medidas, como a distancia de seguridade entre o persoal ou o control de acceso ao centro a provedores e terceiros. Iso si, relaxaranse outras exixencias incorporadas no pasado curso debido á Covid-19, de forma que as nenas e nenos poidan usar dentro do centro o calzado que levan da casa e os centros poderán estabelecer o seu plan de continxencia e, segundo as súas características, o acceso restrinxido das nais e pais á aula nos períodos de adaptación e mantendo as medidas de prevención adecuadas. Tamén se poderán deixar os carriños nos lugares habilitados para tal fin antes da pandemia e, aínda que o protocolo "recomenda manter na medida do posíbel" os grupos estábeis de convivencia á hora da actividade, contempla a posibilidade de que se poidan "mesturar grupos", aínda que se aconsella que sexa "en actividades ao air libre e no alumnado do mesmo grupo". O protocolo, recolle tamén de forma expresa que en espazos exteriores poderán confluír diferentes grupos estábeis de convivencia se son do mesmo grupo de idade. E que nas 'burbullas' formadas por un número de nenas e nenos e os seus educadores non será preciso manter a distancia de seguridade. E haberá outros cambios nas escolas infantís galegas, xa que, desde setembro, as e os profesionais non terán que realizar a enquisa de autoavaliación, non será necesario que se fagan entradas e saídas graduadas do persoal, permitiranse actividades grupais no centro e as asociacións de proxenitores poderán realizar reunións no mesmo, sempre que sexan fóra do horario de atención educativa. O plus de hixiene e a ventilación continúan Co fin de seguir na mesma liña, mantéñense algunhas medidas do plan inicial e seguirá sendo necesaria a ventilación (coa natural como opción preferente), a limpeza e a desinfección de mans e dos espazos. Tamén será obrigatorio o uso de máscaras para o persoal, deberá efectuarse un control adecuado de acceso ao centro de provedores e terceiros, e manterase a distancia de seguridade entre o persoal do centro, ademais de evitar coincidir en espazos reducidos. O protocolo foi actualizado conforme aos avances en vacinación e a evidencia científica, segundo argumenta a introdución do documento, no que se subliña que os datos de casos e gromos durante o pasado curso "confirman a baixa incidencia" nas escolas infantís e reafirman que os centros educativos son "espazos seguros e poden e deben garantir o seu funcionamento". Pasos a dar ante sospeita de contaxios O protocolo tamén relata os pasos para dar nos casos sospeitosos de Covid-19 fóra ou no centro en persoas vinculadas co mesmo. Se os síntomas aparecen nun neno ou nena, deberá ser trasladado á sala habilitada para o illamento e o acompañante usará unha máscara tipo FFP2 xunto cunha pantalla. A persoa 'responsábel Covid' que debe ter o centro procederá a informar a familia, que deberá facerse cargo da menor o máis rápido posíbel. Se se confirma un positivo no centro, a 'responsábel covid' chamará a central de seguimento de contactos para identificar os contactos estreitos do ámbito educativo. Non acudir ao centro con máis de 37,5 graos Entre as pautas que continúan está tamén a obrigación das familias de tomar a temperatura das e dos nenos en casa antes de levalos á escola infantil. Non acudirán os que teñan máis de 37,5º, tose ou síntomas respiratorios. De igual modo, aqueles que mantiveron contacto cunha persoa afectada dentro ou fóra da unidade familiar deberán permanecer no domicilio. Previa á nova incorporación ao centro, as familias asinarán unha declaración responsábel e, de ser detectada febre ou outros síntomas, deberán presentarse o máis axiña posíbel, polo que deberán estar localizábeis en todo momento. |
PRAZA_702 | Unha campaña por internet pídelle á directiva do club que cumpra coa súa promesa e recupere para a entidade coruñesa o equipo feminino, que gañou cinco Copas e foi o mellor conxunto do Estado nos anos 80. | Máis de 10.000 sinaturas para que o Deportivo recupere o seu equipo feminino. Esa cantidade foi a reunida por un afeccionado deportivista nunha campaña levada a cabo a través da plataforma Change.org e na que se solicita ao consello de administración do club que poña en marcha o conxunto feminino, tal e como prometera o actual presidente, Tino Fernández, durante a campaña electoral á presidencia. Un seareiro reuniu 10.000 sinaturas para que o presidente do Deportivo cumpra a promesa de crear o equipo feminino Na petición, que será enviada xunto aos milleiros de firmas ao consello do club, faise alusión aos logros históricos do equipo, á igualdade de oportunidades para as mulleres, á falta de oportunidades de moitas rapazas para xogar nun dos grandes de Galicia ou ás vantaxes que suporía tanto para a entidade como para a cidade e Galicia contar cunha sección feminina no Deportivo. Pero tamén se recorre á figura de Verónica Boquete, "a mellor futbolista española do momento, unha galega moi orgullosa de selo que é un espello inmellorable no que se poden mirar as mozas da nosa terra, o exemplo de que con esforzo e humildade todo se consegue". Foi precisamente Vero Boquete unha das primeiras asinantes do manifesto. A futbolista, que actualmente milita no Fránkfurt, sempre apostou por que Celta e Deportivo creasen os seus equipos femininos, algo que "sería un gran paso adiante" para o fútbol feminino en Galicia e que "non lles suporía nada aos clubs". "Outros equipos galegos xa o están facendo e non lles vai mal", dicía nunha entrevista en Praza. A figura de Verónica Boquete é un dos reclamos para destacar as vantaxes de contar cun equipo de mulleres Cristian Villaverde, impulsor da campaña, non nega que foi a xogadora compostelá unha das súas grandes inspiracións para empezar a recoller sinaturas. A súa figura e tamén o feito de que "as opcións reais das nenas e mulleres galegas de xogar profesionalmente ao fútbol estean moi lonxe da nosa terra, tendo que emigrar a Euskadi,Catalunya ou Madrid". "Iso desanima as rapazas, xa que teñen que renunciar a moitas cousas, mentres que os nenos teñen todas as facilidadedes ao contar con entidades deportivas de primeiro nivel", explica. Unha vez reunidas as 10.000 sinaturas marcadas como obxectivo, seranlle enviadas ao consello de administración do Deportivo, xunto coa proposta que, tal e como lembra Villaverde, "coincide cunha promesa electoral do actual presidente". Sabe que a precaria situación económica do Deportivo, así como as prioridades deportivas do primeiro equipo, dificultan o reto, pero está convencido de que o patrocinio sería a solución. "Estou 100% convencido de que moitas empresas coruñesas e galegas apoiarían a iniciativa, porque lles daría maior reputación entre unha sociedade que busca constantemente rachar as barreira da desigualdade". De feito, mesmo non descarta contactar con compañías interesadas e presentar a súa proposta xunto as sinaturas. O impulsor da campaña está "convencido" de que habería empresas interesadas nun patrocinio que faría rendible a creación do equipo Villaverde ten claras as vantaxes que suporía a creación do Depor feminino, algo que cre que sería "positivo para os clubs que xa existen, tanto na ciade como no resto de Galicia", pero sobre todo para que "aumente o número de nenas galegas que queiran dedicarse ao fútbol e facer deporte". Recoñece, non obstante, que a aparición do conxunto branquiazul podería xerar "dúbidas", por exemplo, nos dous equipos femininos que ten A Coruña en categoría estatal: o Orzán e o Victoria. "Aínda así, creo que finalmente sería tamén beneficioso para eles", di. A petición, no caso do Deportivo, ten un compoñente aínda "máis simbólico" polo pasado exitoso que o equipo feminino branquiazul -o Karbo Deportivo- tivo non hai tanto tempo. Fundado a finais dos 60, pasou en 1980 a ser a sección feminina do club coruñés e un dos grandes impulsores do deporte entre as mulleres na Península. Gañou cinco copas (dúas delas de carácter oficioso e as tres primeiras oficiais entre os anos 83 e 85) e foi subcampión do torneo das Sete Nacións tras perder ante o Borussia. Ademais, foi a base da primeira selección galega feminina, campioa de España en 1985 tras vencer a Euskadi no Camp Nou. A proposta alude tamén aos éxitos do Karbo Deportivo, que gañou cinco copas e foi o mellor equipo do Estado nos 80 Naquel equipo xogaban figuras como Lis Franco -filla do mítico xogador deportivista dos 50, Rafael Franco- ou Pilar Neira, seleccionadora galega de fútbol e fútbol praia. A repercusión daquel conxunto na Coruña foi fonda e amplificouse nas portadas logo de gañarlle un partido ao equipo masculino do Laracha (4-2). En 1988, xusto antes de que se crease a Liga feminina, a falta de apoios acabou co Karbo Deportivo e o club coruñés non volveu propoñer a súa recuperación, nin tan sequera nos seus maiores anos de gloria. "Algunhas das persoas que non son tan optimistas coa proposta dinme que non había necesidade real da sección feminina, xa que o Karbo non tivo continuidade no tempo e ninguén o volveu mencionar, pero creo que temos que ter presente un feito indiscutible: as nenas e mulleres que asisten aos partidos de fútbol en Riazor e as que practican o fútbol a diario na cidade e na provincia aumentaron considerablemente dende aqueles anos", explica Villaverde, que cre que, "precisamente por iso, o Dépor feminino é necesario para a nosa terra". Agora, dependerá do Deportivo a decisión. Cristian Villaverde agarda o apoio social -que xa comprobou en forma de sinaturas e que non chegou só de deportivistas senón de centos de defensores do fútbol feminino de toda Galicia- pero tamén empresarial para asentar o proxecto. "É seguro que non é imposible porque o programa electoral do actual presidente do club aclara a vontade de formar o equipo", insiste. Cando? "Supoño que depende da economía", remata. |
NOS_31517 | Alcalde e veciñanza reclámanlle á administración que free o proxecto até que "se modifique a lei". | O alcalde da Baña e representantes das asociacións veciñais O Outeiro, de San Mamede de Monte, e A Fonte Seca veñen de solicitarlle á Xunta da Galicia que paralice a tramitación do parque eólico de Troitomil e dos demais parques que se queren implantar na comarca "até que se adapte a lei a situación actual". O rexedor, Andrés García Cardeso, acompañado de Carme Varela e Cándido Iglesias, voceiros da veciñanza, pediu pór fin "ao asedio e ao expolio eólico" que está a sufrir o municipio. "Utilizaremos todas as ferramentas que temos ao noso alcalce", afirmou. Colectivos contra a invasión eólica de Cantabria poñen como exemplo de "saturación" Galiza Neste sentido, o Concello da Baña avanzou que pon a disposición da veciñanza un equipo técnico para axudarlle a presentar alegacións contra a declaración de utilidade pública do parque de Troitomil, cuxo anuncio foi publicado no DOG do pasado día 16. "Déixannos sen futuro" Carme Varela, da asociación O Outeiro, asegurou que os seis parques eólicos que se están a tramitar na Baña, dos 300 que afectan ao conxunto da Galiza, "déixannos sen futuro e anulan totalmente o PXOM", polo que pediu unha moratoria na tramitación de todos os proxectos "até que se modifique a lei para adaptala a situación actual. Antes os muíños tiñan 70 metros de alto, e agora 200", dixo. A Xunta reducirá á metade o prazo de tramitación de proxectos eólicos que subministren enerxía a industrias No mesmo sentido se pronunciou o vicepresidente da asociación A Fonte Seca, Cándido Iglesias, quen asegurou que o parque eólico de Troitomil é "a base dunha pirámide" doutros moitos parques que van ocupar case todo o territorio. "Vannos deixar sen auga", aseverou, e pediulle ao Concello que se presente contra a tramitación destes miniparques e que mesmo presente un contencioso. Grandes complexos García Cardeso coincidiu cos representantes veciñais ao asegurar que se están tramitando como individuais parques eólicos que, en conxunto, conforman un gran complexo que ocupará boa parte do municipio. "Pedimos que se tramiten os proxectos completos, e non partilos en pequenos parques", reivindicou, antes de anunciarlle a toda a veciñanza que o Concello porá á súa disposición un equipo técnico até o 1 de agosto para que poidan presentar as alegacións que estimen necesarias contra o parque eólico de Toitomil. Rede Natura chega aos seus 30 anos afectada por 54 parques eólicos A vindeira quinta feira, día 30, terá lugar un pleno extraordinario no que a corporación volverá reclamar de novo a paralización de todos os proxectos de parques eólicos. |
NOS_55784 | Centos de persoas participaron en Maceda, o seu concello natal, no serán deste sábado día 27 na primeira homenaxe póstuma a Francisco Carballo, que finou en Salamanca o pasado sábado 29 de novembro en Salamanca. | "A semente non caeu nas pedras, senón no rego", era unha frase que a Francisco Carballo lle gustaba repetir e tamén se sentiu na homenaxe que este sábado se lle rendeu en Maceda, o seu concello natal. A semente agromaba na voz de todas as persoas que construíron o seu perfil de home de principios, con rexo compromiso nacionalista e coa vontade e a ilusión nunha Galiza liberada que conservou até o fin dos seus días. Co Salón Multiusos do Concello de Maceda completo e todos os lugares ocupados, a primeira homenaxe póstuma a Francisco Carballo percorreu todas as facetas da súa figura, completando o retrato do home de sólidos e inquebrantábeis principios, aberto e comprensivo coas diferencias, comprometido nas organizacións que pulan por unha Galiza liberada e con enerxía para tirar por iniciativas e proxectos que contribuísen a o anceio dun país de seu, sen subordinación. Da semente que Carballo plantou na vida estaba composto o auditorio de Maceda, de veciños e veciñas da súa terra de orixe e tamén de persoas que foron cadrando canda el no transcorrer da vida, de maneira máis intensa na súa actividade pública e comprometida co nacionalismo e o activismo cultural e social. Desa figura ampla e xenerosa deu conta o vídeo "Francisco Carballo, sempre no corazón" que, con guión e elaboración do xornalista Xan Carballa, traería de novo as reflexións e a serenidade da fala do historiador nacionalista por medio, principalmente, das súas propias palabras. Sería o propio Xan Carballa quen lembraría aquel activismo de Carballo que o levou a traballar arreo polo proxecto de A Nosa Terra, que partillaron durante tantos anos, no que tamén foi testemuña de como nucleou o grupo de historiadores entre os que se atoparon Luís Obelleiro, bieito Alonso, Dionisio Pereira, Anselmo López Carreira ou Francisco Calo e que tiñan como obxectivo, desde o relato histórico, darlle a volta á visión que, desde o poder, se daba da Galiza contribuíndo así a loitar contra a imposición dun carácter subalterno. Carballa lembrou tamén o ilusionado coa creación de Sermos Galiza da que lle falou a última vez que o topou en Vigo, co entusiasmo que camiñou con el durante toda a súa vida e que o levou a comprometerse, xa nos seus últimos anos, co proxeto de Sermos Galiza. Volver a Asadur Achegouse o xornalista e editor a esa face máis humana e persoal que estivo presente durante toda a homenaxe, de maneira especial na intervención da súa sobriña Milagros Calvo que destacou o carácter rompedor e revolucionario de Carballo, mesmo á hora de morrer. Milagros lembrou que, mesmo as dificultades, cumpríronse os seus desexos para despois da morte, ser incinerado -o primeiro dos paules que o fai- e que as cinzas se depositaran no cemiterio de Asadur, á beira da nai. A sobriña destacou que, malia non ser ela crente, nunca tivo o maior problema de entendemento co seu tío, un home aberto que, a pesar das diferencias, entendía as distintas opcións con respecto á fe. Da súa beira compartindo crencias situaríase o presbítero Manuel Peleteiro, alumno seu de cando chegou a Salamanca. Peleteiro lembrou o episodio do debate teolóxico no que un grupo de alumnos, procedentes de Mondoñedo, cuestionaron o tema da inculturación, que el defendía desde a propia igrexa. A súa era unha visión aberta e transformadora, defensora dos oprimidos e liberadora, distinta á da xerarquía que se había de impoñer no poder eclesiástico, como lembrou o seu antigo alumno. Militante e candidato nacionalista Home de ideas claras e rexas, que defendeu até o seu último día, Francisco Carballo foi tamén militante nacionalista e comprometido co BNG desde a súa fundación. Foi o voceiro nacionalista, Xavier Vence o que destacou esa faceta súa de lealdade e traballo organizativo que se iniciou coa participación na fronte cultural da ANPG e que o levou a se posicionar activamente como candidato en distintos procesos electorais e activista social e cultural. Cesáreo Sánchez, a través dunha intervención gravada dado que nesta xornada se atopaba fóra de Galiza, achegou o seu perfil de home de letras polo que foi recoñecido pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega co premio "Bos e Xenerosos". A presenza dos textos do propio Carballo foi continua nun acto que Santiago Prol, amigo e coñecedor a fondo da súa biografía e a súa obra, deseñou á medida da súa figura. Prol é autor, canda Xan Carballa, do libro Conversas con Francisco Carballo (A Nosa Terra) e foi o condutor e organizador da homenaxe. No acto interviron tamén o alcalde e o ex-alcalde de Maceda, Xabier Oviedo e Bieito Seara. Oviedo agradeceu a organización do acto convocado polo propio concello e evocou a última visita que lle fixeron a Carballo desde Maceda a Salamanca no mes de maio. O que fora alcalde do concello remontouse aos seus primeiros mitins no concello e como regresou ao lugar no que nacera para colaborar a organizar o nacionalismo. Lembrou Bieito Seara que unha das primeiras iniciativas que botou a andar ao chegar a alcalde foi o recoñecemento de Francisco Carballo no concello no que nacera. E por iso a biblioteca leva o seu nome e tiña a condición de fillo predilecto de Maceda. O acto, como tantos nos que participou, rematou co canto do himno galego. Vídeo "Francisco Carballo, sempre no corazón", de Xan Carballa: Imaxes da homenaxe: Sara Recondo e Xoán Carlos Garrido |
PRAZA_20503 | Plácido debería estar máis vivo entre nós. No seu ideario, por exemplo, atoparía o nacionalismo galego, na difícil tesitura en que se atopa, unha concepción ben acaída para enxergar un discurso coherente para os tempos actuais, defensor acérrimo da identidade con piares sustentábeis pero igualmente partícipe dunha visión do mundo sen valados, humanista, democrática, sensible no social | No cemiterio de Santa Mariña de Cambados, honraremos este luns 17 a memoria de Plácido Castro ao se cumpriren os cincuenta anos do seu pasamento. Será esta unha ocasión para reivindicar tamén a súa faceta humana, intelectual e política e, sobre todo, para chamar a atención da sociedade galega sobre a súa figura, espello de tantos outros reconducidos, no mellor dos casos, aos libros de texto. E sen embargo, Plácido debería estar máis vivo entre nós. No seu ideario, por exemplo, atoparía o nacionalismo galego, na difícil tesitura en que se atopa, unha concepción ben acaída para enxergar un discurso coherente para os tempos actuais, defensor acérrimo da identidade con piares sustentábeis pero igualmente partícipe dunha visión do mundo sen valados, humanista, democrática, sensible no social, transpartidaria na súa vocación mais alargada. Ese Plácido intelectual, tan descoñecido aínda, ese Plácido político, tan incómodo e que algúns quixeran disimular, é expresión do mesmo home de cultura que tanto fixo polo ennobrecemento da nosa tradución e igualmente do persoeiro comprometido, por exemplo, coas arelas irlandesas daquel esperanzador tempo que lle tocou vivir ata a chegada da guerra civil. Inimigo dos tópicos (os ingleses flegmáticos, a saudade tristeira...), Plácido soubo ser ata un pedagogo creativo, innovando en algo pouco común entón, a aprendizaxe de linguas, especialmente do inglés logo de homologar os seus estudos ante o Ministerio de Educación optando a unha praza cun paper sobre as semellanzas entre Christina Rossetti e Rosalía de Castro. Na homenaxe do vindeiro luns contaremos cun bo grupo de ex alumnos, aguilloados por Luís Silva, do Instituto Laboral de Vilagarcía, onde impartiría aulas tras regresar de Londres cos 15 anos de inhabilitación absoluta cumpridos que lle foran impostos como parte da condena ditada polos tribunais fascistas. Hoxe deberamos achegarnos a Plácido e a outros coma el, da súa xeración, co respecto debido, con vontade de comprensión, con ánimo de reler e de aprender. A Plácido bastáballe con ser e estar no mundo da discreción; non precisaba dos recoñecementos e poucos tivo en vida. Poida que se sigan demorando pero seguro é que non caerá no esquecemento. |
NOS_223 | A coligación liderada por Artur Mas, e maioritaria en CiU, e a plataforma do ex-conseller de ERC Joan Carretero asinan un pacto para pular pola soberanía plena. "Non somos os do dereito a decidir, somos os da declaración unilateral de independencia", dixo Carretero. | Convergència Democrática de Catalunya, o partido de Artur Mas e socio maioritario de CiU, e Reagrupament, a plataforma independentista impulsada polo ex-conseller de ERC Joan Carretero, asinaron esta semana un acordo de colaboración entre ambas as dúas formacións. Un pacto, "para atinxir a independencia de Catalunya", tal e como recollen os medios cataláns. Desde a prensa española, por contra, faise fincapé en que o acordo se adoptou "de costas a Unió", o outro socio de CiU. Mais o certo é que o pacto rubricado esta semana non é unha novidade, pois vén completar o que CDC e Reagrupament asinaran en outubro do ano pasado. Daquela, ambos partidos falaran da necesidade de "tirar para adiante nun proceso de transición nacional que remate na independencia catalá", en palabras de Josep Rull, secretario de Organización de Convergència. Aliás, Reagrupament pedira nas últimas eleccións cataláns o voto para CiU. Por si propia Artur Mas manifestou, unha vez asinado o acordo esta semana, que xa é hora de que "Catalunya se goberne a si propia", incidindo en que temos unha oportunidade única de que ese goberno sexa pleno". O president tamén quixo advertir: Hai xente no Estado español con moito interese en que o proceso soberanista "descarrile". Joan Carretero, que falou antes que Artur Mas, fixo unha intervención sen medias tintas: "Non somos os do dereito a decidir, somos os da declaración unilateral de independencia". |
PRAZA_17849 | En total comunicáronse 3.525 protestas no país, un número inferior ao do 2016 (3.935). Porén, as motivadas por cuestións sanitarias pasaron de 45 a 271. Galicia foi, de feito, a comunidade autónoma con máis marchas convocadas por este tema, máis dun terzo do total das realizadas en España | Galicia rexistrou 3.525 manifestacións durante o ano 2017, segundo os datos do Ministerio do Interior. Son 400 menos das que houbo no ano 2016 (3.935), mais a cifra é semellante á do 2015 (3.524). No conxunto de España, en cambio, o número incrementouse o pasado ano (29.091 fronte ás 27.880 de 2016), despois de catro anos consecutivos de descensos na conflitividade social, dende o máximo acadado en 2012. O que máis chama a atención é o importante crecemento das manifestacións relacionadas con cuestións sanitarias, que pasaron de 45 a 271 no último ano. Galicia foi, de feito, a comunidade autónoma con máis marchas convocadas por este tema, máis dun terzo do total das realizadas en España. Pontevedra volveu ser un ano máis a provincia galega con máis manifestacións Por territorios, Pontevedra volveu ser un ano máis a provincia galega con máis manifestacións (1.937, máis da metade do total), seguida a gran distancia pola Coruña (922) e Lugo (498). Ourense pecha esta lista con apenas 168. En Galicia houbo, ademais, 153 manifestacións prohibidas, menos da metade das que se prohibiran en 2016 (309). Iso si, Galicia foi a segunda comunidade na que se prohibiron máis protestas (só por detrás de Andalucía, con moita máis poboación) e Pontevedra foi a provincia do Estado con máis marchas vetadas. En canto ao tipo de convocatorias, volven ser maioría as promovidas por "asociacións cidadás" (1.787), que superan ás impulsadas por sindicatos (1.314). No 2017 creceron as manifestacións convocadas directamente por grupos de traballadores ou comités de empresa (251, fronte ás 70 de 2016). En cambio, seguen descendendo as lideradas por estudantes, grupos independentistas e, sobre todo, por partidos políticos, que pasaron de superar a centena ata o 2014 para ficar apenas en 36 o pasado ano. O pasado ano Galicia levou a cabo o 40% das protestas sanitarias de todo o Estado Finalmente, o que máis chama a atención dos datos publicados polo Ministerio do Interior é o importante crecemento das manifestacións relacionadas con cuestións sanitarias. Se no 2016 foran 45, no 2017 multiplicáronse por seis ata as 271, a cifra máis alta dende o ano 2012, cando menos. No conxunto de España houbo un total de 695 protestas deste tipo, o que quere dicir que Galicia levou a cabo o 40% das protestas sanitarias de todo o Estado. Andalucía (150), Castela-León (53) e Madrid (51) son as seguintes comunidades con máis manifestacións por temas relacionados coa sanidade. Cómpre lembrar que nesta estatística non se inclúen os datos de Cataluña ou Euskadi. Destacaron as mobilizacións (na Mariña, no Salnés, en Monforte...) contra a supresión das áreas sanitarias, unhas manifestacións contra a nova Lei de Saúde que continuaron neste 2018 e que levaron a milleiros de persoas a Compostela o pasado mes de febreiro. Estas e outras protestas (por exemplo as que se están a producir pola falta de pediatras) poden facer que neste 2018 se superen os rexistros do pasado ano. En todo caso, as manifestacións máis frecuentes en Galicia seguiron sendo en 2017 as relacionadas con temáticas laborais (1.261) e veciñais (1.187). O pasado ano incrementáronse as protestas contra a violencia de xénero (un total de 61 en toda Galicia) e descenderon as relacionadas co ensino ou o medio ambiente. |
PRAZA_11740 | O Consello da Xunta aceptou sen anuncialo a renuncia da licenza de V Televisión, que este 23 de decembro publica o DOG. As dúas televisións privadas autorizadas polo Goberno de Fraga en funcións pecharon sen chegar a cumprir as condicións da concesión, que o gabinete de Feijóo evitou rescatar concedendo senllas prórrogas en 2014 e 2016 | O 22 de xullo de 2005, apenas dez días antes de ter que abandonar oficialmente o poder pola toma de posesión do novo Goberno de PSdeG e BNG, a Xunta de Manuel Fraga adxudicou en funcións dúas licenzas de Televisión Dixital Terrestre (TDT). As adxudicatarias das que prometían ser as dúas primeiras televisións autonómicas privadas foran o Grupo Voz e Popular TV. Segundo os proxectos que ambas presentaran, a suma de ambas concesións ía traer consigo uns 100 millóns de investimentos e uns 180 postos de traballo.O Consello da Xunta aceptou sen anuncialo a renuncia da licenza de V Televisión, que este 23 de decembro publica o DOGEsas promesas nunca se cumpriron. As dúas canles comezaron a emitir máis tarde do previsto e cun despregamento técnico e humano menor ao anunciado: Popular TV, do grupo da Cadena COPE, botou a andar en novembro de 2009 e pechou no verán de 2013. V Televisión, do Grupo Voz, comezou a emitir en marzo de 2010, pechou en xaneiro de 2018 e agora vén de renunciar á súa concesión. A renuncia aceptada polo Consello da Xunta o pasado día 19, pero sen facelo público. Este 23 de decembro publícase no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Secretaría Xeral de Medios.As dúas televisións privadas autorizadas polo Goberno de Fraga en funcións pecharon sen chegar a cumprir as condicións da concesiónO Goberno galego "acepta a renuncia e declara a extinción da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de ámbito autonómico outorgada a Medios Digitales de Galicia S.A.U.", a compañía a través da cal o Grupo Voz lanzara a súa canle televisiva. Esta empresa aínda dispuña ata 2021 para cumprir as condicións da concesión grazas á última de dúas prórrogas outorgadas pola propia Xunta, que a través das leis de acompañamento dos Orzamentos de 2015 e 2017 evitou ter que rescatar as dúas licenzas da TDT galega privada por incumprimento das súas condicións.A Xunta aprobou senllas prórrogas en 2014 e 2016 para evitar rescatar as licenzas de Popular TV e V TelevisiónA primeira destas prórrogas chegou no outono de 2014. Daquela, a Xunta deu "un prazo de dous anos", ata 2017, para "materializar os compromisos asumidos" ás canles que obtivesen licenzas antes da lei de comunicación audiovisual do ano 2010 e do decreto galego na mesma materia do ano 2012. Cando estaban a piques de cumprirse eses dous anos, en decembro de 2016 o propio Goberno de Alberto Núñez Feijóo introduciu outra prórroga pola mesma vía, neste caso de catro anos, ata 2021. Nesta ocasión non cumprirá unha nova ampliación, porque o Grupo Voz renuncia á licenza.O fracaso da TDT autonómica privada uniuse ao panorama de incumprimentos masivos do medio cento de licenzas da TDT local, neste caso outorgadas en tempos do bipartito entre unha quincena de empresas e grupos. Das apenas oito que chegaron a emitir, varias pecharon nos últimos anos -caso de TeleLugo, Santiago TV ou Correo TV- sen chegaren a adquirir a dimensión prometida en emprego, contidos ou uso do galego. Outras moitas, como as concedidas a grupos mediáticos como Prisa, La Capital ou Prensa Ibérica, nin sequera chegaron a funcionar. |
PRAZA_3499 | O pronunciamento do Supremo ratifica a sentenza na que o TSXG deu por probado o "nepotismo" na creación dunha praza docente na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra que tivo como beneficiaria á cuñada dunha alto cargo da propia Xunta. A CIG-Ensino, que recorreu o caso, pide a dimisión da conselleira Carmen Pomar | En outubro de 2018 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulaba unha praza docente creada dous anos antes pola Consellería de Educación na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. O alto tribunal galego atendía así un recurso da CIG-Ensino e ratificaba que a praza fora creada á medida nunha "evidente mostra de nepotismo" agravado polo feito de que a beneficiada era cuñada dunha alto cargo da Xunta.Contra aquel ditame xudicial que daba por feito o enchufismo só cabía recurso de casación ante o Tribunal Supremo. O Goberno galego interpúxoo e o TS vén de desbotalo. Nin sequera o tramitará porque, segundo indica nunha providencia ditada o pasado 24 de febreiro e a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, na sentenza do tribunal galego non hai "maior contido de xeneralidade" que derive nunha "posible proxección ao outros litixios no futuro".O pronunciamento do Supremo ratifica a sentenza na que o TSXG deu por probado o "nepotismo" na creación dunha praza docente na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra que tivo como beneficiaria á cuñada dunha alto cargo da propia XuntaFica así ratificada unha sentenza na que a sala do Contencioso-Administrativo do TSXG observou un "claro caso de desviación de poder" e unha "torcida actuación da Administración", neste caso a Xunta. Os feitos remóntanse ao ano 2014, cando a Consellería de Educación incorporou á súa lista de persoal temporal "de forma irregular" a esta mesma persoa, que daquela era funcionaria en Asturias, e despois a excluíu tras unha reclamación da propia CIG-Ensino.Pouco despois, non obstante, a mesma funcionaria obtivo un cargo de asesora no Museo Pedagóxico de Galicia, tamén dependente da Consellería de Educación, e pouco despois accedeu pola vía da libre designación -posto de confianza- á dirección dese centro, en cuxo equipo directivo segue na actualidade. Levaba apenas un ano á fronte do Mupega cando a Consellería de Educación creou na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra unha praza de docente da materia de Conservación e Restauración de Documento Gráfico. Segundo a propia Escola, esa praza non era "necesaria", entre outras cousas porque alí "nunca se impartiu" esa especialidade, segundo consta na sentenza. Naquela altura, alumnado do centro uniuse tamén ao rexeitamento.Foi así como a propia Escola secundo á CIG-Ensino nas peticións para que a adxudicación da praza fose paralizada ata que o caso chegou aos tribunais. No seu duro ditame, que agora fica ratificado, o TSXG anulou a adxudicación da praza por "nepotismo" e criticando ademais o "ocultismo" no que incorreu a Xunta por impedir ao sindicato denunciante o acceso á información sobre unha adxudicación que foi "en detrimento da calidade da docencia"."Lonxe de perder arraigo na Administración, o nepotismo parece reforzarse", sinalaba a sentenzaPara o Tribunal Superior, a "torcida intencionalidade" do sucedido viuse "agravada" por todo o sucedido anteriormente, pero tamén pola "relación de parentesco entre a adxudicataria e a señora López Abella", secretaria xeral de Igualdade da Xunta, cargo que veu exercendo dende 2011 e do que cesou esta mesma semana para incorporarse ás listas electorais do PP pola provincia de Lugo. O acontecido, acrecentaba a sentenza, deixaba claro que "lonxe de perder arraigo na Administración pública", o "nepotismo" parece "reforzarse".A CIG-Ensino pide a dimisión da conselleiraPara a CIG-Ensino, central sindical denunciante e maioritaria na escola pública galega, que o Tribunal Supremo rexeitase o recurso da Xunta vén "confirmar" o que definen como "escandaloso caso de enchufe". A xuízo do seu secretario xeral, Suso Bermello, este pronunciamento xudicial debera traer consigo "a dimisión da conselleira de Educación", Carmen Pomar, xa que aínda que os feitos son anteriores á súa chegada ao posto -remóntanse á etapa de Jesús Vázquez e Román Rodríguez-, "asumiu persoalmente a defensa do enchufe"."A conselleira non tiña necesidade de manchar as mans neste tema, pero asumiu a responsabilidade en primeira persoa", di a CIG-Ensino sobre Carmen Pomar, que da por zanxado o caso porque a sentenza "está acatada dende 2018Cómpre lembrar, resalta o sindicato, que Pomar "fixo bandeira do caso" e "defendeu a presentación do recurso de casación". Ademais, agregan, a propia conselleira "aproveitou unha intervención no Parlamento galego para atacar á CIG-Ensino como denunciante do enchufe". Esa intervención fora unha resposta a PSdeG e BNG sobre o caso en novembro de 2018 e nela, Pomar atribuíra a denuncia a unha intención do sindicato por "preservar prazas ocupadas por persoal interino ou non especialista fronte a unha funcionaria de carreira". Ademais, a conselleira aseguraba que "non houbo desviación de poder" porque a praza tiña como "único obxectivo ampliar a oferta de coñecementos que se imparten" na Escola pontevedresa."A conselleira non tiña necesidade de manchar as mans neste tema, porque ela non estaba á fronte da Consellería cando se promoveu este caso de nepotismo", sinala o sindicato, toda vez que "a responsabilidade quedou claramente fixada na sentenza e afectaba tanto á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos como á Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente", que "informou favorabelmente no expediente". Pero o caso é que "Carmen Pomar asumiu en primeira persoa a responsabilidade dos feitos" e por iso, "as consecuencias dos seus propios actos esixen agora que se depuren responsabilidades", conclúen. Pomar, pola súa banda, daba este mércores o asunto por zanxado. "Dende 2018 está acatada" a sentenza, respondeu á prensa en Vigo. |
NOS_23557 | O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) acusa a Consellaría de Educación da Xunta da Galiza de "privatizar" a elaboración dos protocolos de actuación e a adaptación de instalacións educativas cara ao inicio do vindeiro curso, así como de deixar "sen información ningunha" aos axentes da comunidade educativa. | O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) acusa a Consellaría de Educación da Xunta da Galiza de "privatizar" a elaboración dos protocolos de actuación e a adaptación de instalacións educativas cara ao inicio do vindeiro curso, así como de deixar "sen información ningunha" aos axentes da comunidade educativa. STEG informa nun comunicado que a empresa Cualtis estivo a contactar coas direccións de diferentes centros públicos galegos "comunicándolles que foi contratada pola Consellaría de Educación para proceder á elaboración dos protocolos de actuación para o inicio do curso que vén, e preguntando, ademais, sobre se esas direccións tiñan pensado xa algo de cara a setembro, así como que medidas contemplaban, pedindo ao tempo arquivos dos planos dos centros para estabelecer divisións e anunciando a súa visita ás instalacións en días sucesivos". En declaracións a Nós Diario, STEG indica que eses contactos foron cun "número reducido de centros, o que fai pensar que é unha manobra previa a unha acción de máis calado que acabaría por afectar a moitos máis". Con respecto á falta de información sobre este movemento da Consellaría de Educación, o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza explica que souberon do tema "por responsábeis da empresa que chamaron para facer preguntas, o que denota que non teñen nin a máis mínima idea de como funciona o sistema educativo". Para o STEG, "o mínimo é informar aos axentes da comunidade educativa", e consideran esta actuación "especialmente grave e ilustrativa do modo de funcionar desta Consellaría, do Goberno Feixoo e da progresiva privatización de elementos do público dos que aínda poden sacar tallada". |
NOS_15835 | Ese día terán liugar accións simultáneas en Europa e América do Norte. Organizacións e entidades como a CIG denuncian o ''secretismo'' e ''escurantismo'' das negociacións. Unhas xornadas de Ecoar debullarán o que supón o tratado. | O 18 de abril haberá mobilizacións e actos de rexeitamento ao TTIP ((Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e CETA (Acordo Económico de Comercio Global) en Europa e América do Norte. Unha xornada de mobilización xeral simultánea na que tamén estará Galiza, onde ese día decorrerán diferentes accións. A CIG vén de anunciar que se suma a esta campaña mobilizadora "coa previsión de organizar actos en todas as localidades posíbeis cuxo contido concreto se irá definindo nas vindeiras semanas". O sindicato nacionalista está a desenvolver unha campaña informativa sobre as consecuencias do tratato. En febreiro de 2013, Obama e Durão Barroso anuncian oficialmente as negociacións para aprobar o Tratado de Libre Comercio e Investimento entre Estados Unidos e Unión Europea (TTIP). Un acordo cuxa orixe remóntase á Declaración Transatlántica asinada en 1990 por George Bush pai e Giulio Andreotti como presidente do Consello Europeu. "Non é só un macro-acordo comercial" O TTIP non é só un macro-acordo comercial entre EUA e UE. "É o proxecto de libre comercio máis ambicioso e de máis envergadura do mundo", como afirma o xornalista e activista Victor Yustres. "Responde á estratexia de Bruxelas e Whashington por manter a lideranza global fronte ao medre dos países emerxentes (BRICS)". Unha estratexia que se concretiza nun acordo que vai ter efectos moi directos sobre o día a día das persoas. Elites políticas e económicas defenden o TTIP como unha oportunidade de medre económico e creación de postos de traballo. Visión moi distinta ten a ampla rede deopositores a este tratado, desde sindicatos e organizacións de esquerdas até ambientalistas, defensores de dereitos humanos, xuristas, colectivos sociais... "Vai traer unha privatización salvaxe dos servizos públicos, un desregulamento de moitos sectores económicos fulcrais, unha perda de dereitos laborais, recortes en protección ambiental...", sinalan. Xornadas Ecoar: Susan George A Coruña, Santiago e Compostela acollerán do 23 de marzo a 16 de abril as xornadas 'Recuperar a soberanía, desarmar o TTIP', impulsadas por Ecoar e para cuxa realización hai unha campaña aberta de crowdfunding en Goteo. Entre as persoas que participarán como poñentes destacan grandes nomes como Susan George, Arcadi Oliveres ou Florent Marcellesi. Ademais das charlas, as xornadas contarán con diferentes eventos (videodebate, proxeccións,...) en diversas localizacións. No número 121 de Sermos Galiza, aquí na nosa loxa, tratamos nunha ampla reportaxe a dupla páxina o Tratado de Libre Comercio UE-EUA |
NOS_12335 | A CIG presentou un recurso de reposición mentres que a dirección do centro acudiu á Fiscalía. | A Confederación Intersindical Galega (CIG) e a propia Escola de Restauración de Pontevedra iniciaron novas accións para denunciar a creación dunha praza na especialidade de Conservación e Restauración de Documentos gráficos, inexistente no centro. A Escola insta a Fiscalía a investigar o que acha un proceso "irregular" Segundo apuntan diversas fontes consultadas por Sermos Galiza a persoa adxudicataria, actual directora do Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA), ten unha relación de parentesco cun alto cargo da Xunta de Galiza, no concreto coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella. Perante a adxudicación final da vacante creada ad-hoc, malia os recursos presentados pola CIG, a central sindical decidiu presentar un outro recurso, desta volta de reposición, para exixir á Consellaría de Educación que rectifique. Para alén diso a propia Escola de Restauración dirixiuse á Fiscalía através dun escrito no que a instan a investigar o que achan é un procedemento contrario a dereito. Aliás, están a recoller sinaturas através da plataforma Change.org. Con esta campaña denuncian o "enchufismo" no proceso. CIG: "Seguiremos até o final para denunciar esta cacicada" A CIG levará ao Parlamento o caso Desde a CIG advirten que "seguiremos até o final para denunciar esta cacicada e falcatruada" que tildan de "inaceptábel" máxime, acrecentan, "ao comprobar que hai relación de parentesco cun alto cargo da Xunta". Neste senso, a central sindical elevará o caso ao Parlamento de Galiza através dos grupos parlamentares e exixirá explicacións ao goberno galego. |
PRAZA_12829 | A revista satírica Mongolia nace co obxectivo de facer rir e chorar a partes iguais. Praza fala cun dos seus codirectores, Fernando Rapa | É martes 26 de abril. O segundo número da revista satírica Mongolia, recén estreada nos quioscos, esgótase seis días despois da súa distribución, o que lles obriga a sacar unha segunda edición de dez mil exemplares. Ese mesmo día Praza ten unha cita con Fernando Rapa, un dos codirectores. "Pregunteille a un quiosqueiro pola revista. Espetoume: 'Foder, macho, coa revista Mongolia. Chegáronme tres exemplares e vendinos o primeiro día. Desde entón veñen en veintenas a preguntar por ela. Non pensei que fora a venderse tanto'". "Que pasada -di Fernando Rapa- Sabiamos que a xente quería un producto así, pero non imaxinamos nunca que sucedería isto". Mongolia é unha revista satírica de periocidade mensual que entrou de cheo nos quioscos a finais de marzo, no medio dunha tormenta que asola á prensa escrita do país. Lonxe de considerar este feito desalentador, como explicaron no seu lanzamento, é para eles "un aliciente". "Consideramos que o humor é o mellor antídoto ante as dificultades e o papel un soporte de comunicación que aínda ten moito recorrido se se sabe explotar en sintonía cos novos soportes dixitais", explican na súa web. Para Rapa, o máis importante de Mongolia é que se trata dun medio feito por profesionais do sector que foron desprazados. "Botáronnos do traballo e ademáis todos vimos como nos últimos anos as colaboracións dos que eran freelance ían quedando fora. O esencial é que creamos a revista que queriamos ler". "A xente estaba esperando un produto como Mongolia. O que me máis me gusta ver é como gusta tanto á xente xoven como aos maiores, estes últimos sobre todo porque recordan a época na que tiñan nas súas mans, por exemplo, Hermano Lobo" Hai quen podería pensar que é unha locura sacar agora un produto en papel. En realidade, o papel sepultouse antes de tempo. O que sucede agora mesmo é que hai produtos moi semellantes nese soporte, pero ese feito deixa moito espazo para facer cousas diferentes, cousas que aínda non se probaron. A xente estaba esperando un produto como Mongolia. O que me máis me gusta ver é como gusta tanto á xente xoven como aos maiores, estes últimos sobre todo porque recordan a época na que tiñan nas súas mans, por exemplo, Hermano Lobo. Para os primeiros é algo novo. O máis parecido agora é El Jueves. El Jueves é outro tipo de humor. Así como en política, deportes... Hai diferentes campos que se poden tocar, no humor tamén. Hai moitos niveis de humor: está o satírico, debuxado... Sucede o mesmo na televisión, onde podes ver por un lado a José Mota e por outro a Muchachada Nui. O satírico desde sempre foi un costume moi español, que non sei por que desde hai un tempo foi quedando só en El Jueves, pero que non é exactamente un satírico. A min gústame definir a nosa revista como un rir e chorar. Tes unha primeira parte moi salvaxe, onde rimos a saco de todo, e logo temos información seria que é para chorar vendo o que está sucedendo. Pero aquí hai lugar para moitas máis publicacións desde tipo. Ogallá salgan máis e fagamos piña. "O satírico desde sempre foi un costume moi español, que non sei por que desde hai un tempo foi quedando só en El Jueves, pero que non é exactamente un satírico" Ademáis de Hermano Lobo, cales son os vosos satíricos de cabeceira? El Satiricón, Mengano, Mad, La Codorniz, as revistas francesas como Le Canard Enchaîné, a revista Barcelona... Pasou algo en España para que se perdera ese costume dos satíricos? Penso que todo se debe a situación que se foi vivindo nestes últimos anos. Como en diferentes ámbitos, fomos acomodándonos, apalancámonos. Aquí produciuse un proceso bestial no que a xente comezou a hipotecarse de por vida e de súpeto a máxima preocupación foi únicamente coidar o cu no traballo por un medo fundado de quedar sen nada. Houbo un medo tremendo a perdelo todo, a criticar e que te foderan no curro. Agora a situación está a cambiar. A xente comeza a perder o medo. A min isto recórdame moito ao menemismo en Argentina, cando a xente só pensaba en consumir e en conseguir guita e máis guita. E pasou o que pasou. Pero iso ao final provocou que a xente comezase a dedicarse ao que realmente quería. Non quero entrar no tópico de que a crise é unha apertura de oportunidades pero si que é certo que moitas persoas pensan: "se nos van foder, que sexa facendo o que realmente queremos facer". Aquí en España pode haber un despertar similar ao de Argentina. Por exemplo, alí a revista Barcelona naceu despois de todo ese proceso de crise, como agora nace Mongolia. De feito, Barcelona é como unha curmá nosa. Temos moita complicidade con eles. Antes de xurdir Mongolia, falamos e non dubidaron. Dixéronnos que para adiante, que unha revista así era necesaria. "Aquí produciuse un proceso bestial no que a xente comezou a hipotecarse de por vida e de súpeto a máxima preocupación foi únicamente coidar o cu no traballo por un medo fundado de quedar sen nada. Houbo un medo tremendo a perdelo todo, a criticar e que te foderan no curro" Pero si parece que a política española non ten moito sentido do humor. Por desgracia, non. O que pasou cos guiñois franceses foi patético. Tirámonos dos pelos porque uns bonecos de peluche falaron mal duns deportistas. Non se dan conta de que iso é humor? A sátira é vital, necesaria, poder rirse dun mesmo é esencial. Non podemos cortar a sátira. Cando nos rimos en Mongolia, en realidade, estamos a rir de nós mesmos, non doutros. Se rimos dun político, estamos a rir do noso político. Alguén pode pensar que somos antiespañois pero non é certo. Ríome de min mesmo. Non podo rir dunha persoa de Portugal, por exemplo, porque non a coñezo. Eu por exemplo, son arxentino e cágome da risa co humor que hai sobre nós, iso do egocentrismo... É verdade! É moi saudable rir dun mesmo. Nestes tempos de crise, o humor é un remedio vital. Primeiro porque a risa é como unha forma de resistencia e segundo porque tamén serve como crítica. Tedes constancia dalgunha opinión do Goberno ou da Casa Real sobre a revista? Non, pero seguro que teremos noticias deles. "Un secuestro sen dúbida sería bo para publicitar a revista, pero fatal para a idea dun corpus democrático. O retroceso sería bestial. De todos modos, si que temos un equipo de avogados" Temedes un secuestro? A verdade é que non me gustaría que pasese, iría en contra de todas as liberdades. Sen dúbida sería bo para publicitar a revista, pero fatal para a idea dun corpus democrático. O retroceso sería bestial. De todos modos, si que temos un equipo de avogados. Foi o primeiro que saímos buscar. Todos sabiamos que cun produto así hai que estar ben preparado. Todo o que publicamos pasa antes por eles, aínda que ata o de agora non nos quitaron máis que algunha coma. Iso é bo. "Ás veces non nos damos conta de en que locura vivimos coa monarquía. É un símbolo moi patético e está fatal iso de alimentar zánganos" Unha portada de El Jueves sobre a monarquía foi secuestrada no seu día. E a última vosa... ("El rey podría violarte", reza a tapa do número dous de Mongolia). O peor é que máis que un chiste, a nosa tapa é verídica! A constitución di que o rei é inimputable! Ás veces non nos damos conta de en que locura vivimos coa monarquía. É un símbolo moi patético e está fatal iso de alimentar zánganos. Web da revista Mongolia |
NOS_41140 | O Comité intercentros da CRTVG considera que a retransmisión responde aos intereses da "idea de España" do PP. Serán altos cargos da Dirección de Informativos os que conduzan esta retransmisión, "marcando a liña editorial dos contidos e comentarios que se produzan", denuncian os representantes dos traballadores e traballadoras deste medio público. | Esta sexta feira, 12 de outubro, a TVG emitirá ao vivo e integramente o desfile das forzas armadas españolas polo 12 de Outubro, 'Día de la Fiesta Nacional'. De 11:00 a 13:00 horas a pantalla da televisión pública galega encherase de desfiles de diferentes corpos do exército español. Para o Comité Intercentros da CRTVG, unha emisión que "carece de interese e xustificación na grella da televisión pública de Galiza". É a primeira vez en 36 anos que a TVG adica dúas horas da súa programación á retransmisión íntegra deste evento, que xa é emitido "por TVE para todo o territorio do estado". O Comité denuncia que, mentres se está a atender "esta cobertura innecesaria", estase a abandonar "a retransmisión doutros eventos representativos da sociedade, a cultura e o deporte galegos, incumprindo unha das principais misións que teñen os medios públicos do país, como é defender a identidade de Galiza". Considera, aliás, que, con esta retransmisión, a dirección da CRTVG, "nomeada polo Partido Popular, está facendo novamente unha utilización política dos medios públicos, xa que reflicte unha idea de España contraria ao recoñecemento da pluralidade nacional, lingüista e cultural dos pobos do estado". Tamén nesta ocasión, prosegue afirmando o Comité, "serán altos cargos da Dirección de Informativos os que conduzan esta retransmisión, marcando a liña editorial dos contidos e comentarios que se produzan, sen marxe á pluralidade de perspectivas sobre a celebración do 12 de outubro e o modelo territorial que implica". |
NOS_4015 | Escena Galega e a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) avogan polo mantemento da actividade cultural na Galiza malia a Covid-19. | Baixo a consigna "A cultura é segura, non nos canceles" Escena Galega e a Federación galega de municipios e provincias avogan polo mantemento da programación escénica nos concellos galegos. A pandemia da Covid está a bater forte no conxunto do sector cultural e as artes escénicas non son alleas a esa realidade. Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) quer preservar a programación de teatro, danza, novo circo e monicreques nos espazos escénicos das cidades e vilas galegas. Ao longo das últimas semanas estase a dar un gran número de suspensións e adiamentos que as súas compañías asociadas están a soportar e incide en que estas cancelacións non responden ao marco legal vixente arestora, entanto que as medidas aprobadas pola Xunta -que entraron en vigor o pasado 7 de novembro- permiten a realización de funcións en teatros e auditorios cumprindo as restricións de capacidade. A campaña conta co respaldo da Federación Galega de Principios e Provincias (Fegamp), que coincide en que o mantemento da programación cultural non só axuda a este sector cultural, senón ao conxunto da sociedade. Escena Galega fai un chamamento ao mantemento da programación escénica artellada para o presente semestre, e lembra que teatros e auditorios son seguros grazas aos protocolos hixiénicosanitarios das organizacións responsábeis, así coma os adoptados polo propio sector profesional. "Desde o comezo da desescalada non se ten detectado ningún gromo no desenvolvemento de espectáculos na comunidade galega e, sen deixar de ser conscientes da problemática da situación actual, as dúas entidades queremos pór en valor o labor de todos os profesionais para a implementación de protocolos hixiénico-sanitarios que garantan a seguridade", sinalan. "Impacto" O impacto da pandemia da Covid-19 na industria cultural galega é preocupante. Mídeuno a respecto da primeira vaga da Covid o Consello da Cultura Galega (CCG) nun informe, onde se recollía que 49% das empresas culturais galegas tivo que cesar a súa actividade a causa do estado de alarma ás que se lle engadiu un 5% que tamén tiveron que facelo por razóns técnicas e operativas. No sector das artes escénicas e musicais, esta cifra incrementouse até 82,4%. Máis de 300 empresas dun universo total de 1318, distribuidas nos diferentes ámbitos temáticos da cultura, participaron no informe. |
NOS_5747 | No acto intervirán os portavoces dos catro grupos parlamentarios, entre outros. | Esta sexta feira, 11 de novembro, réndeselle homenaxe ao político, enxeñeiro e economista Camilo Nogueira. O acto terá lugar ás 19:00h no Auditorio de Galiza, en Compostela. Estará conducido por Fernanda Tabarés, Manolo Rivas e Suso de Toro. Intervirán Pencha Santasmarinas, Ana Gandón, Ana Miranda, Xaquín Leiceaga, Ana Pontón, Pedro Puy e Luís Villares. Ademais, actuarán os grupos musicais Tundal, Pardal na rúa e Uxía. Máis de 700 persoas xa se sumaran a esta iniciativa a finais da semana pasada. "A idea de facer esta homenaxe é que Camilo é unha referencia deste país, unha persoa que tivo moito a ver na construción da autonomía, en que hoxe teñamos un goberno galego", declarou Fernández Prieto, un dos promotores desta homenaxe. Pencha Santamarina lembra que o acto no Auditorio vai ser aberto, de entrada libre e de balde, "un acto aberto a todo o mundo porque Camilo meréceo". Nogueira é un dos nomes máis significativos do nacionalismo galego. Defendeu os dereitos da Galiza como pobo, ao tanto que a lingua e a cultura galega. A súa loita tamén está vencellada aos dereitos laborais e aos sectores produtivos galegos. Desde moi novo participou no movemento nacionalista de posguerra, participando e promovendo formacións como a Asemblea Nacional Popular Galega, o Partido Obreiro Galego, Esquerda Galega e a Unidade Galega. Ademais, colaborou nos movementos obreiros de Vigo no 1972. Foi deputado do Parlamento de Galiza e do Parlamento Europeo. No 2005 a Associaçom Galega da Língua elixiuno membro de honra. Este ano recibiu o premio Trasalba. A Fundación Otero Pedrayo destacou a súa entrega á causa de Galiza e a súa vocación e compromiso europeísta, na mellor tradición da xeración Nós. |
NOS_19804 | O Condado, o Baixo Miño e a Louriña, na raia que traza con Portugal o tramo final do Miño, sufriron con especial intensidade a violencia fascista a partir de 1936. A asociación cultural Levada Libre traballa por recuperar a memoria democrática e, a partir do serán deste sábado, programa para cumplir co obxectivo un ciclo de actos e conferencias: Día da Memoria. | Ás 19.30 horas deste sábado 3 de marzo, no instituto San Paio de Tui, organiza a representación de A Lola, de Manuel Ayán, polo grupo de teatro Avelaíña. A quinta feira 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora, Xosé Álvarez ofrecerá a palestra República e educación. Será no Centro Cultural Castelao de Salceda de Caselas ás oito do serán. Dous días máis tarde, o sábado 10 de marzo ás cinco da tarde, na Volta da Moura -entre os termos municipais de Salceda de Caselas e Tui-, reconstruíran o monumento de recordo ás vítimas da represión fascista e ás súas viúvas. No lugar, os franquistas asasinaron nove cidadáns porriñenses. Foi en 1936. Música, poesía e a plantación de tres oliveiras contribuíran á rehabilitación do monolito -estragado por vándalos. Días da memoria concluirá a quinta feira 15 de marzo no Porriño. Será ás oito do serán na antiga escola unitaria, onde María Torres falará sobre a participación viguesa e a achega do Porriño á Segunda Guerra Mundial. |
PRAZA_4520 | A Marca España identifícase co capitalismo castizo do BOE, condenado ao fracaso como todos os capitalismos que non respectan dúas liñas vermellas: a cohesión social e a libre concorrencia. Diante desta catástrofe, é absurdo subordinar a Marca Galicia a esta decadente referencia | O 2014 comeza co máis baixo recoñecemento internacional da Marca España: a Monarquía atinxida por un escándalo de lavado de capitais e malversación de cartos públicos, Sacyr chantaxeando á Autoridade da Canle de Panamá para obter o tan español "reformado" despois de eliminar á competencia internacional cunha oferta temeraria ou un Ministerio de Industria que subvenciona en 1300 millóns de euros á REE para potenciar o transporte da enerxía no canto da produción e autoconsumo, como recomendan os expertos internacionais. A marca España identifícase co capitalismo castizo do BOE, condenado ao fracaso como todos os capitalismos que non respectan dúas liñas vermellas: a cohesión social e a libre concorrencia A marca España identifícase co capitalismo castizo do BOE, condenado ao fracaso como todos os capitalismos que non respectan dúas liñas vermellas: a cohesión social e a libre concorrencia. Rajoy, como bo Rexistrador da Propiedade, acredita máis nos aranceis, nos basculeiros e nos listeiros ca na innovación e competencia. Mentres Madrid, cun 20% do PIB estatal, duplica o nivel que por economía produtiva habería acadar. Velaí a Marca España. Diante desta catástrofe, é absurdo subordinar a Marca Galicia a esta decadente referencia. Como tamén, probabelmente, confrontala. O máis intelixente é facer marca propia, de noso. Porque Galicia é relativamente ben coñecida no ámbito europeo, latinoamericano e, potencialmente, lusófono, sobardando con moito os 500 millóns de persoas de público obxectivo que reside nos espazos territoriais que coñecen o noso País no mundo. E desfrutamos de elementos referenciais tan sobranceiros como o Camiño de Santiago, a mesta rede de Centros Galegos no exterior, Inditex, as Rías Baixas ou o Deportivo da Coruña, canda unha marca Galicia Calidade, ben potente no que atinxe ao sector agroindustrial e ao complexo mar-industria e que precisaría da súa referenciación sobranceira no complexo monte-industria, nas novas tecnoloxías agrogandeiras e acuícolas, no téxtil e nas tecnoloxías da información e comunicación. Diante desta catástrofe, é absurdo subordinar a Marca Galicia a esta decadente referencia. Como tamén, probabelmente, confrontala Galicia ten unha nidia vocación portuaria, ponte entre América e Europa e atópase xusto a carón da principal autoestrada do mundo, que dende London, a desembocadura do Rhin e a área do Ruhr amorea máis do 20% do PIB europeo. Unha caste de Quinta Avenida de New York fronte á que Madrid e o centro do Estado constitúen algo semellante ao Bronx. Aínda seremos quen a dubidar cara onde temos que ollar? |
NOS_49694 | O Bloque critica a "improvisación" e a "irresponsabilidade" do presidente da Xunta ante "unha cuestión de saúde pública", e demanda "concentrar os esforzos en atallar o rebrote e darlle á veciñanza a oportunidade de votar coas máximas garantías sanitarias". | O BNG, tras unha reunión de urxencia da súa Executiva nacional, pide a suspensión das eleccións na comarca da Mariña ante a dimensión do rebrote da COVID19 con un cento de persoas contaxiadas polo virus e máis de 600 confinadas, nun contexto ademais no que "falta un protocolo de actuación por parte do Goberno da Xunta, un plan de actuación que determine con meridiana claridade que pasos dar, que medidas tomar, que medios mobilizar ou cal debe ser a cadea de mando". Nestas circunstancias, o Bloque considera que a única prioridade ten que ser "a saúde das persoas, atallar o rebrote e minimizar as súas consecuencias, e que non se lle pode someter á veciñanza da comarca ao dilema de escoller entre a preservación da súa saúde no medio dun rebrote da pandemia e o seu dereito ao voto". "Por contra, a veciñanza da Mariña ten dereito a poder exercer o voto coas máximas garantías de seguridade sanitaria que, a xuízo do Bloque, non se dan cando apenas faltan seis días para a cita coas urnas", din. A formación que lidera Ana Pontón considera que, controlado e superado o rebrote, será momento de buscar a fórmula máis acaída para que a cidadanía da Mariña poda exercer o seu dereito ao voto "con todas as garantías tanto democráticas como sanitarias". O BNG denuncia "a improvisación e a irresponsabilidade" coa que ten actuado desde o inicio deste rebrote o presidente da Xunta e candidato do PP, "primeiro tentando minimizar o problema e despois tentando eludir a súa responsabilidade nos concellos". "De feito, a día de hoxe, Galiza segue se ter un protocolo de actuación para afrontar un rebrote, que o BNG leva semanas reclamando", conclúe a formación nacionalista. |
NOS_41508 | Chega aos mercados o último disco da cantante María Xosé Silvar | Hoxe sae á venda o último traballo de Sés, Liberar as arterias. A súa música, sen abandonar a súa habitual mensaxe combativa que a caracteriza desde as súas orixes, continúa coa exploración dos ritmos latinos percorrendo América de norte a sur, pasando sempre a influencia do outro lado do charco polo seu ineludíbel filtro de cantareira, desa gorxa que canta igual blues que muiñeira. Para alén do sinxelo xa adiantado, "Espiña sen rosa", o disco deléitanos con outros 11 temas profundamente inseridos na identidade de María Xosé Silvar, entre o cantar íntimo e persoal e o sentir colectivo contra a opresión, os prexuízos e a intolerancia. Pois "hai quen fala e hai quen louba / eu ben sei quen son os meus", canta con determinación na segunda pista do álbum. A súa voz chega ao global desde o propio, sen perder nunca o norte nin a orixe, coa lingua como peza fundamental. Homenaxe a Luz Fandiño O título é unha homenaxe á poeta e activista Luz Fandiño, no que a compositora conclúe que non quere ser escrava da xenreira. "Neste momento, politicamente nefasto, hemos de ter especial coidado con non caer no enredo dun sistema que nos prefire anuladxs, enfadadxs, coléricxs... descontroladxs", advirte a cantautora no limiar do disco. "Neste momento, politicamente nefasto, hemos de ter especial coidado con non caer no enredo dun sistema que nos prefire anuladxs, enfadadxs, coléricxs... descontroladxs", advirte a cantautora no limiar do disco "A ira gasta os teus dentes, coloniza a túa voz", manifesta no tema "Trampa de odio". Igualmente, identifícase con Fandiño en "Liberar as arterias", canción que comparte nome co propio disco, musicando os versos desa inspiradora muller: "Son a poeta dos que loitan por saír de escravos". A obra ábrese tamén cunha emotiva dedicatoria a ao activista independentista Afonso Mendes Souto, que falecía o pasado ano. Os concertos de presentación terán lugar no vindeiro mes de marzo. O día 6 Sés estará no Teatro Afundación de Vigo e o 22 no Pazo da Ópera da Coruña. Coas entradas todas vendidas nestas dúas citas na Galiza, visitará Madrid e Barcelona, após retornar da actual xira por Latinoamerica. |
PRAZA_17433 | Estas son as preguntas que a Xunta debe aclarar: por que Galicia é a CC.AA na que máis medra a débeda, catorce veces máis que a media, 540 millóns máis ata chegar a máxima cifra da nosa historia? Cal é o custo da mala xestión para o sector público e cales foron os bancos que se beneficiaron desta práctica? | O Banco de España vén de publicar os datos sobre a a evolución da débeda pública no primeiro trimestre de 2018 que contén información negativa e preocupante para Galicia. En primeiro lugar porque a débeda pública galega alcanzou en marzo de 2018 o seu máximo valor: xa debemos 11.750 millóns de euros, a cifra máis alta da nosa historia. En 2009, cando Feijóo empezou a gobernar, a débeda era de 3.954 millóns de euros e agora é de 11.750 millóns de euros: multiplicouse por tres veces, exactamente o 297%. Feijóo endebedounos en 7.796 millóns de euros en nove anos, o dobre que nos vinteoito anos anteriores. En 2009, cando Feijóo empezou a gobernar, a débeda era de 3.954 millóns de euros e agora é de 11.750 millóns de euros: multiplicouse por tres veces, exactamente o 297% Estas cifras demostran a falsidade do discurso oficial sobre unha suposta xestión ortodoxa, de non gastar o que non se ten, de eficiencia na xestión ou de control das contas públicas. Exactamente todo o contrario: Galicia nunca se endebedou tanto como baixo a presidencia de Feijóo. En segundo lugar, ese recurso á débeda non é algo do pasado, senón que continúa e mesmo se agrava no primeiro trimestre de 2018. En tan só tes meses a Xunta incrementou a súa débeda en 540 millóns de euros, de forma que Galicia é a Comunidade Autónoma na que máis aumentou o endebedamento entre as 17 que conforman o Estado no comezo deste exercicio. No conxunto das CCAA a débeda incrementouse en 1.570 millóns de euros, dos que 540 millóns corresponden a Galicia, o que implica que soportamos un de cada tres euros nos que aumentou a débeda total, o 32% exactamente do endebedamento das dezasete Comunidades Autónomas do Estado. Expresado en porcentaxe, nos tres primeiros meses do ano a débeda pública galega increméntase o 4,8% mentres que no resto das CCAA o incremento medio é do 0,3%, isto é, o dato de Galicia multiplica por 14 veces a media do resto de territorios. No conxunto das CCAA a débeda incrementouse en 1.570 millóns de euros, dos que 540 millóns corresponden a Galicia Como se pode explicar esta evolución tan diferente e tan negativa, esta anomalía da débeda pública galega? Hai tres razóns diferentes pero complementarias. A primeira é que a decisión de peche anticipado do exercicio de 2017 antes de tempo tería xerado obrigacións de pago ––facturas no caixón e aprazamentos de operacións–– que ao materializarse nos primeiros meses de 2018 obrigan a acudir ao endebedamento para pagalas. A segunda é que, a pesar do discurso oficial, Galicia teña un desequilibrio entre os seus ingresos e gastos superior ao do resto das CC.AA e mesmo do que a Xunta recoñece, aínda que este desequilibrio sexa temporal. A última razón, pero posiblemente a mais relevante, é a mala xestión de tesourería que fai a Consellería de Facenda, que formaliza as operacións de préstamos cun exceso de anticipación que mesmo resulta sorprendente. A propia Consellería recoñece este inusitado incremento da débeda pero di que se debe, exclusivamente, a que as primeiras amortizacións de préstamos non se producen ata abril de 2018. Porén, a Xunta pide préstamos con varios meses de antelación. Por que Galicia é a CC.AA na que máis medra a débeda, catorce veces máis que a media, 540 millóns máis ata chegar a máxima cifra da nosa historia? Unha mala xestión financeira que reitera o erro de 2017, porque no primeiro trimestre do ano pasado sucedeu o mesmo: a débeda disparouse cun incremento de 728 millóns de euros. Non é unha préctica de exceso de prudencia, senón un grave erro de xestión, porque pedir un préstamo en febreiro para pagar vencementos en abril ou maio implica pagar xuros durante ese tempo, o que supón un sobrecuste para a administración publica pero un beneficio para os que conceden o préstamo. Cal é o custo da mala xestión para o sector público e cales foron os bancos que se beneficiaron desta práctica? Recursos públicos que se malgastan por culpa dunha xestión ineficiente e inaceptable, en especial se os beneficiarios son bancos privados, tal e como sucedeu en demasiadas ocasións nas que a Xunta se endebedou con entidades bancarias en vez de acudir aos mecanismos públicos de financiación. Estas son as preguntas que a Xunta debe aclarar: por que Galicia é a CC.AA na que máis medra a débeda, catorce veces máis que a media, 540 millóns máis ata chegar a máxima cifra da nosa historia? Cal é o custo da mala xestión para o sector público e cales foron os bancos que se beneficiaron desta práctica? Publicidade |
NOS_20946 | O primeiro ministro chamou a acadar "un acordo produtivo e xusto" que evite "a ruptura das negociacións". O importe dese novo rescate podería andar nos 50.000 millóns. | Alexis Tsipras compareceu no Parlamento europeo, onde chamou a traballar para atopar "un acordo produtivo" e "xusto" que evite unha "ruptura das negociacións". Entre aplausos e apupus de deputad@s, o primeiro ministro heleno dixo que nos últimos 5 anos e medio Grecia convertérase "nun laboratorio de probas da austeridade que fracasou". Tsipras reclamou un acordo que deixe aos gregos "ver a luza ao final do túnel" e sinalou que a historia da Unión Europea está marcada "polos conflitos que terminan en entendemento". Na súa intervención comprometeu "reformas críbeis" nos vindeiros días para que se lle conceda un terceiro rescate, mais pediu aos socios europeos un acordo "equilibrado". "Temos un mandato claro e rotundo do pobo grego, non estamos para entrar en colisión con Europa, senón para cambiar as mentalidades e propostas que se cargaron a nosa economía". O primeiro ministro destacou que a situación "sen saída" da economía helena non é consecuencia dos 5 meses de goberno Syriza senón dos "5 anos de programa que condenaron á economía grega". Fontes da UE sinalaron que un novo acordo vai implicar para Atenas "asumir condicións máis duras" e, ademais, que o debate sobre unha quita quedaría adiado. |
NOS_41428 | A candidatura presentada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío foi a escollida para organizar a edición número 24 do Congreso Estatal de Astronomía. Será entre o 30 de abril e o 3 de maio de 2020. | A decisión coñeceuse no 23º Congreso, que estes días se celebrou en Cuenca. "É o principal punto de encontro das asociacións astronómicas do Estado", sinalan dende Ío, "e reúne arredor de 300 afeccionadas e afeccionados á astronomía para pór en común o seu traballo. O seu obxectivo é dar a coñecer experiencias e avances na astronomía amdaora". O proxecto da asociación Ío para 2020 "conta co aval das principais institucións da Coruña e de Galiza, incluída a Universidade, que cede o edificio do rectorado". Trátase da primeira vez que o país acolle o encontro, despois de 42 anos e 23 edicións. Premios galegos No Congreso de Cuenca foron distinguidos varios socios da agrupación coruñesa Ío no Concurso de Astrofotografía. O traballo de Ángel R. Arós foi galardoado como 4ª mellor do concurso xeral de fotografía e en Time-Lapse; Óscar Blanco, 2º premio en Gran Campo; César Blanco, 1º en Ceo Profundo; e Alfredo Madrigal, primeiro en Time-Lapse e Gran Campo, e premio ao mellor traballo do concurso. Martin Pawley obtivo o premio da Federación de Asociacións Astronómicas de España á Divulgación Astronómica 2018. Foi a primeira vez que se outorgaron e Pawley gañou en categoría masculina "pola súa actividade de sensibilización arredor da contaminación luminosa". |
NOS_6993 | Segundo a imprensa brasileira, no momento de se iniciaren as lapas por volta de 400 moz@s celebraban unha festa universitaria | O incendio nunha discoteca de Rio Grande do Sul, no Brasil, deixou 232 mort@s e por volta de 120 tiveron que ser hospitalizad@s. Segundo informa a imprensa brasileira, no momento en que prenderon as lapas no local había entre 300 e 400 moz@s que facían parte dunha festa universitaria. A discoteca tiña capacidade para dúas mil persoas e, de acordo coas declaracións dos bombeiros que se personaron no lugar, a porta principal estaba ficou trancada durante un bocado de tempo desde que o fogo xa se iniciara. O empresario propietario do local pensou que a premura con que @s moz@s querían saír era porque pretendían evitar que lles cobrasen. "Boa parte dos mortos estaban amoreados á porta. A maioría morreu por asfixia", sinalou o responsábel do corpo de bombeir@s en declaracións que recolle o xornal O Globo, quen acrecentou que a discoteca "era unha ratoeira" ao non dispor de saídas de emerxencia e pola abundancia de material sintético. Tal e como recolle o mesmo diario, bombeiros e cidadá(n) apuraron un buraco na parede para facilitar as tarefas de rescate. As primeiras investigacións apuntan a que un espectáculo pirotécnico tería sido a causa do suceso. |
NOS_20809 | A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer o caso dun vigués ao que se lle impediu acceder a un consentimento informado para unha intervención cirúrxica en galego. | Imposíbel. Esta foi a resposta que recibiu un vigués que o pasado mes de febreiro solicitou recibir o consentimento informado para a intervención cirúrxica á que ten que ser sometido en galego. O usuario recorreu á Unidade de Atención ao Paciente do Hospital Álvaro Cunqueiro para esixir un consentimento informado en galego no prazo de 20 días mais transcorrido o prazo, non recibiu notificación ningunha. O pasado ano, 2018, lembra a Mesa pola Normalización Lingüística, a Liña do Galego tramitou 303 queixas, das que un 12% estaban relacionadas co Servizo Galego de Saúde. Desde a entidade de defensa da lingua saliéntase que "a administración autonómica con funcións e competencias para garantir estes dereitos non só abdica da súa responsabilidade, senón que é a primeira en incumprir as súas propias normas en relación ao galego". "A Liña do Galego só recolle unha mínima parte das discriminacións e vulneracións de dereitos que acontecen todos os días e que en moitos dos ámbitos son sistemáticas", lamenta a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, para quen os "pasos atrás" da Xunta en materia de política lingüística son evidentes. "Quen máis debería facer cumprir a lexislación que protexe e respecta o galego, é precisamente quen máis a incumpre e vulnera", agrega. A Liña do Galego A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara á garantía do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, a Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego co obxectivo de proporcionar ás usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda. |
NOS_45289 | O primeiro Executivo central de coalición desde a II República española bota a andar co seu primeiro Consello de Ministras e Ministros, que ten lugar esta terza feira, 13 de xaneiro, após asumiren onte as súas carteiras. Quen non está é a xa ex ministra de Xustiza, Dolores Delgado, ao non revalidar no cargo e ser proposta polo presidente Pedro Sánchez como Fiscala Xeral do Estado. Este nomeamento é para o PP unha afronta á separación de poderes e anunciou que o recorrerá nos tribunais. | Oito meses pasaron no Estado español cun Executivo central en funcións. Lonxe quedan xa aqueles comicios xerais de 28 de abril de 2019 que levaron á repetición das urnas no mes de novembro, dada a ausencia de acordos para a conformación de Goberno. Finalmente, e após callar o pacto entre o PSOE e Unidas Podemos, no día de hoxe reúnese por vez primeira o Consello de Ministras e Ministros do Executivo de coalición. O cumio prodúcese apenas 24 horas despois do acto de toma de posesión das carteiras ministeriais, que decorreu na mañá de onte no Palacio da Zarzuela. Os nomes das ministras e ministros foran xa comunicados a Filipe VI polo presidente Pedro Sánchez o pasado domingo vía telefónica, e non de maneira presencial na propia residencia real, tal e como viña sendo habitual. Mais o equipo de Sánchez non só é novidoso por estar conformado por persoas propostas por dúas formacións políticas, senón que tamén o é polo seu tamaño, pois alcanza os 23 membros, entre os que se atopan catro vicepresidencias. Todas elas tomaron posesión onte ante o rei, nun acto sen simboloxía relixiosa e coa man pousada sobre a Constitución española. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_21709 | En Portugal, malia estar recollido, non se emprega co confinamento | As situacións insólitas adoitan traer consigo unha recua de novas palabras que conquistan o noso discurso diario. Corentena, confinamento, resiliencia, pandemia ou máscara incrementaron de maneira abisal o seu uso nos últimos tempos. Se algúns termos xa se atopaban na lingua, outros novos poden xurdir, como é o caso da 'desescalada', tan empregada nas últimas semanas. Este neoloxismo, de forma idéntica en castelán, espertou polémica por parte da Real Academia Española, que nun primeiro momento o desaconsellou por consideralo calco do inglés, mais rematou por admitilo como unha alternativa válida. Que acontece co galego? Cómpre falarmos de desescalada? Manuel González, coordinador do seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG) e director do Servizo de Terminoloxía Galega (Termigal) do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, non atopa en principio un gran conflito con esta palabra. 'Escalada' está recollida no dicionario da RAG, procedente do inglés 'escalation', para referir un "aumento brusco ou gradual de certos fenómenos" 'Escalada' está recollida no dicionario da RAG, procedente do inglés 'escalation', para referir un "aumento brusco ou gradual de certos fenómenos", aplicada con frecuencia a conflitos armados, na enésima mostra do discurso bélico co que o Goberno estatal enfrontou a COVID-19. "Unha vez admitida 'escalada', nada impide crear unha derivada con sentido negativo", explica González. De facto, como destaca Inés Veiga, traballadora do Termigal, atopamos equivalentes da palabra en linguas veciñas como o portugués ou o francés. Dado que é 'escalada' o substantivo que figura, esta solución sería preferíbel fronte a 'desescalamento' ou 'desescalado', que tamén foron empregadas. Para alén do máis, cómpre destacar que existen outras palabras na lingua que poderían empregarse igualmente quer no sentido positivo ('ascenso', 'subida', 'aumento') quer no negativo ('descenso', 'baixada', 'redución'). Máis problemática resulta a nova acepción que está a adquirir a voz, como "o proceso de recuperación da normalidade", opina González Máis problemática resulta a nova acepción que está a adquirir a voz, como "o proceso de recuperación da normalidade", opina González. En lugar de falarmos dunha "desescalada das medidas de confinamento", onde o termo refire o descenso, esténdese o seu uso como fase de retorno ao status quo: "Feixoo presentará unha proposta de desescalada para a Galiza". Este novo significado xa é máis discutíbel, se ben é certo que "está a ter moito uso en redes sociais e medios de comunicación", valora González. Noutras linguas 'Desescalada' é un neoloxismo recente. "En castelán e catalán, por exemplo, aínda non se rexistra nos dicionario de referencia, aínda que algunhas institucións están a pronunciarse favorabelmente acerca do seu uso", explica Veiga. A primeira aparición no corpus do español data de 1986, se ben noutras linguas é anterior. "O francés 'désescalade' incluíuse por primeira vez nunha obra lexicográfica xa en 1968", apunta. Atópanse ademais equivalentes no italiano 'de-escalation' ou 'deescalazione', no inglés 'de-escalation' e no propio portugés 'desescalada', que apoian a creación do antónimo da voz 'escalada' recollida nas obras de consulta galegas. Mais sobre a súa inclusión na norma, o importante sería agardar a ver se se consolida, entendendo que "os dicionarios non poden fechar os ollos ao uso", opina González. A resposta do portugués A entrada de novas palabras na lingua é un fenómeno que acontece decote, mais do que non adoitamos ser conscientes. No galego esta inclusión tende a facerse "coa mesma semántica e morfoloxía do castelán. As persoas reintegracionistas estamos pendentes de como entran as palabras e procuramos a solución máis próxima á adoptada nos países lusófonos", explica Eduardo Maragoto, presidente da Associaçom Galega da Língua. "As persoas reintegracionistas estamos pendentes de como entran as palabras e procuramos a solución máis próxima á adoptada nos países lusófonos", explica Eduardo Maragoto Curiosamente 'desescalada', introducida a raíz do discurso político estatal, é unha palabra recollida en dicionarios de portugués. Porén, en Portugal non se está a empregar para nomear esa fase de volta é normalidade. Quer o Goberno quer os xornais falan máis ben de "desconfinamento progressivo", empregando o adxectivo para outorgar ese valor gradual dunha "transição controlada". Sería esta, pois, a fórmula máis achegada á "coordinación que procuramos coa lusofonía", apunta Maragoto, que entende ademais que encaixa coa tendencia de precisión da prensa portuguesa. |
NOS_3074 | A apertura do pequeno comercio, un dos sectores económicos máis prexudicados polo estado de alarma, non comezou con bo pé. O BOE facilita a realización de rebaixas a través de internet, favorecendo as grandes marcas pola súa implantación, cando as tendas teñen mercancía sen vender desde marzo. | "O das aglomeracións nas rebaixas rematou". Esta afirmación tan contundente procede de José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio. Os pequenos estabelecementos que abriron esta semana por entrar Galiza na fase 1 do desconfinamento non recibiron moi ben a disposición adicional publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) na que se indica que "non poderán anunciar nin levar a cabo accións comerciais que poidan dar lugar a aglomeracións de público, tanto dentro do estabelecemento comercial como nas súas inmediacións". Mais esta restrición "non afectará as vendas en rebaixa nin tampouco as vendas en oferta ou promoción que se realicen a través da páxina web". A situación, entenden desde a federación, prexudica o pequeno comercio, que ten toda a mercancía paralizada desde que se decretou o estado de alarma, e conta con darlle saída agora para, logo, poñer as rebaixas. Vendas por internet As vendas por internet supoñen unha parte importante dos ingresos das grandes marcas, mais no pequeno comercio unha maioría non conta con esa ferramenta e para os estabelecementos que a teñen non lles significa aumentar moito a facturación mensual. Mario é propietario, desde hai anos, dun estabelecemento de venda de material deportivo no centro histórico de Compostela. Conta con páxina web máis para promover o seu comercio que para vender. "Eu trato coa clientela, coñécenme e é a maneira que teño de vender", explica a Nós Diario, "a posibilidade de que as grandes marcas poidan facer descontos por internet é unha ruína para nós", engade. Sinala que o Goberno estatal debe controlar a venda por internet. "Facer pagar impostos a esas grandes compañías, non temos as mesmas condicións por moito que hai quen confíe que venderemos a través de Amazon", asegura. A poucos metros ten o seu comercio María. Vende téxtil mais coa característica de que traballa o sector das celebracións. "Eu non teño internet e agora mesmo non podo permitirme facer rebaixas", explica a Nós Diario, "de seguir así acaban co comercio". A revolta do comercio A petición unánime do pequeno comercio galego é que se regule o período de rebaixas. "Antes da pandemia xa pediamos normalizar as datas para facer descontos, agora pedimos que se adíen até finais de agosto como mínimo", indica a Nós Diario Seijas. Diante desta situación algúns comercios galegos decidiron realizar rebaixas igual nos seus estabelecementos malia a orde publicada no BOE. "Tal e como está redactada, se eu poño un cartel no escaparate xa podería facer descontos", sinala. |
NOS_20434 | Un 28 de xuño de 1984 os restos de Castelao chegaban a Compostela, no medio da polémica e con carga policial incluída. | Non era esta a Galiza liberada á que Castelao aspiraba volver. Non foi o seu un soterramento abeirado ao calor do pobo, porque as autoridades así o impediron. Sermos Galiza lémbrao neste A Fondo, baixo a coordenación de Xoán Carlos Garrido, que conta coa participación de Manuel López Foxo, Pilar García Negro; Cesáreo Sánchez Iglesias e o xornalista X.M. Pinheiro. En senllas entrevistas, o concelleiro pontevedrés Luis Bará e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, son os encargados de dar conta da situación do legado de Castelao tanto en Pontevedra, onde residiu ao longo de vinte anos, como na súa vila natal. "Só querían traer os seus restos para enterralos co seu pensamento político", sentenza o divulgador cultural Manuel López Foxo, que viviu en primeira persoa aquel 28 de xuño de 1984. Lembra como un campo de guerra os arredores de Bonaval trala carga policial e dá conta da conversa mantida naquel día con Xosé Benito Abraira, un dos máis achegados colaboradores de Castelao no exilio arxentino. O xornalista de Sermos Galiza, X.M. Pinheiro, rianxeiro, era por aquel entón só un neno, mais recorda, nunha persoal crónica, a súa visita a Compostela na comitiva organizada polo concello natal de Castelao para recibir o cadaleito do seu veciño en Lavacolla. A comitiva volveu ao rematar o acto en Compostela pois o Concello non quixo formar parte do que consideraba un "paripé" montado polas autoridades ao redor da traída dos restos de Castelao. "Nós, hoxe, non podemos levarlle flores frescas a Rosalía ou Castelao, pois as súas tumbas só poden ser visitadas con permiso eclesiástico", destaca no seu artigo o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, que repara na situación na que se encontra hoxe o Panteón de Galegos Ilustres, baixo a tutela da Igrexa. Para a profesora Pilar García Negro, foron varias as mortes de Castelao: en 1950 na Arxentina; en 1984, no medio do escándalo da traída dos seus restos; agora, secuestrado nun Panteón de Galegos Ilustres baixo control eclesial e tamén coa sucesiva manipulación da súa mensaxe, mesmo polas máis altas institucións culturais galegas, e sobre a que fai unha análise detida. Luis Bará denuncia, por parcial, o modo en que o legado de Castelao é exposto no Museo de Pontevedra, en mans da Deputación, nunha entrevista na que afirma que unha visión íntegra de Castelao, non só artística, senón tamén política, non é asumíbel polo PP. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, fala do legado de Castelao en Rianxo. Repara, en particular na casa de Castelao na vila, propiedade da familia Baltar. Coida que este é o momento idóneo para recuperala para a cidadanía galega, como un proxecto público liderado polo goberno galego. |
PRAZA_16447 | Como profesional da saúde paréceme insultante cando unha ministra de Sanidade di publicamente que "las lenguas no curan, los que curan son los profesionales". Quen gañamos a vida a través do nivel asistencial sabemos que o persoal sanitario só somos un gran de area na praia da saúde loitando contra o mar de fondo | A miña primeira infancia paseina en Suíza, como tantas fillas da migración dos anos 80. Este feito agasalloume coa riqueza de ter dúas linguas maternas: o galego e o francés. E así foi como no corazón da bisbarra do Xallas, xa retornada, había unha nena de aldea que falaba galego con acento francófono. De cativa, nin tan sequera era consciente do meu sotaque, xa que me sentía tan da terra coma as crianzas que naceran aquí: ía ver as rás ao lavadoiro, pedaleaba na bici costa abaixo sen freos, criaba ratos no faiado dalgunha veciña, xogaba a sacarlle as ás as moscas, a ser mestra ou astronauta dependendo do día, e facer falcatruadas co único teléfono que había en toda a vila. Nada doutro mundo, que para algo as crianzas son crianzas en todas as partes do planeta. Porén, un día, alguén decidiu que a miña forma de falar non era a correcta e urxía reparala. Unha logopeda da Xunta de Galicia viña na miña procura no medio da aula para levarme aparte e aprender a colocar a lingua no padal e botar aire pola boca. A política lingüística da era Fraga non gostaba de como pronunciaba os /r/, herdanza do meu pasado suízo. Quizais porque deixaba en evidencia que uns pais tiveran que deixar a terra na procura dun futuro mellor para a súa filla. E foi así, como cada vez que a logopeda chamaba á porta da aula para levarme facer "rrrrrrrrrrrrr....." durante horas, eu sentía que algo en min estaba errado. Algo da miña identidade estaba mal. A miña maneira de falar tiña que ser arranxada. Harmonizada. Normativizada. Ao pouco tempo, aprendín a dicir os /r/ como se supón que unha nena de Santa Comba debía dicir os /r/. Tan de rápido como esquecín o francés, a única maneira que os meus ollos inexpertos toparon como forma de sobrevivir a unha política cultural na que saber linguas paradoxalmente estaba considerado unha pobreza lingüística. A día de hoxe aínda certas persoas que compartillan a miña intimidade din que fago uns /r/ raros. Mais eu sei que os meus /r/ foron roubados por unha logopeda no ano 1991. No ano 2018, nos hospitais públicos, o persoal de enfermaría moi habitualmente facemos de tradutoras Noutro contexto e noutro milenio diferente, a fala segue a acompañarnos sen posibilidade de escapatoria. No ano 2018, nos hospitais públicos, o persoal de enfermaría moi habitualmente facemos de tradutoras: "Tiene usted una isquemia mesentérica" di a facultativa mirando para as gráficas con apuro antes de fuxir para un quirófano. A ti tócache calar, e cando marcha traducir esa explicación por un "fáltalle o riegho nunha tripa, é por iso que sente esa dor". Igual non é moi exacto, igual con esa nomenclatura nunca aparecerás nun artigo de 'The Lancet'. Pero á enfermaría (gremio altamente feminizado e invisibilizado) nunca se preocupará dunha autoría nun paper mentras estea ocupada facendo de sostén na aceptabililidade e na accesibilidade do sistema sanitario, elementos básicos do dereito á saúde, segundo o DESC. Se algo teño que agradecer á precariedade do Sergas é que durante moitos anos tiven que ir por moito sitios diferentes percibindo os diferentes variables dialectais no mesmo país. Os contratos dun día (ou de dunhas horas) ofrecéronme a posibilidade de observar a riqueza cultural que temos. E así foi como un día no servizo de urxencias, cando preguntei o motivo de entrada ao hospital me dixeron: "levo asghumitindo tres días". Sabedora do biopoder que leva implícito un uniforme, non quería dicirlle que non o estaba entendendo. Non quería ser a logopeda de ninguén, polo que optei por preguntar dunha maneira, despois doutra... ata darme conta de que o paciente se refería ao xerundio do verbo vomitar e esa era a forma na que se dicía na zona. Grazas a iso, souben que tiña que descartar unha alteración electrolítica secundaria á pérdida de líquidos corporais e ir adiantando probas e tempos de espera antes de que o vise o persoal médico. Se non soubese que cando unha señora de Cabo de Cruz me di que "non ten solás", é que lle falta a vida; como persoal sanitario non sabería que teño que descartar inmediatamente unha patoloxía coronaria aguda, principal causa de morte no mundo occidental Outro día, unha señora veu correndo nun punto de atención continuada: "Acudide! Que está carpindo!". Eu que non tiña nen idea do que era carpir, non me quedou mais remedio que facer un voto de confianza cara á señora, visiblemente afectada. Nese momento aprendín que carpir era como se dicía na zona de Rianxo e Porto do Son "chorar emitindo ao mesmo tempo queixas ou lamentos de dor ou de desesperación" (RAG). E como é de presupoñer, a dor e a saúde son extremadamente incompatibles. Se non soubese que cando unha señora de Cabo de Cruz me di que "non ten solás", é que lle falta a vida; como persoal sanitario non sabería que teño que descartar inmediatamente unha patoloxía coronaria aguda, principal causa de morte no mundo occidental. O coñecemento do idioma de quen tes diante leva implícito unha mellora da calidade asistencial Estes exemplos tan só visualizan que a lingua e a saúde están intimamente ligadas e que o coñecemento do idioma de quen tes diante leva implícito unha mellora da calidade asistencial. O noso corpo, ademais dun conxunto de órganos é o compendio da fala, da cultura, das vivencias e dos sentires, sendo imposible desligar uns ítems dos outros. Non podemos dar unha boa atención sanitaria só estudando algoritmos, protocolos e escalas numéricas. Nunca seremos boas profesionais se non sabemos darlle a importancia que ten a parcelaria para unha señora de Lalín, á influencia socioeconómica do mar no Barbanza, do impacto na saúde dos traballos feminizados, ou da renda per cápita dunha comunidade. Tampouco se descoñecemos a lingua dun pobo. É por iso que como profesional da saúde me parece insultante cando unha ministra de Sanidade di publicamente que "las lenguas no curan, los que curan son los profesionales". Quen gañamos a vida a través do nivel asistencial sabemos que o persoal sanitario só somos un gran de area na praia da saúde loitando contra o mar de fondo. Porque quizais o concepto de saúde, comece por devolver os /r/ roubados a todas as bocas. |
NOS_50236 | O PQ, de tendencia soberanista, gobernaba en minoría, ao ter nas eleccións de 2012 o 32% dos votos e 54 dos 125 escanos. As sondaxes apuntan a que agora podería rozar a maioría. | Tan só 18 meses despois das últimas eleccións (setembro de 2012) o goberno soberanista de Quebec disolveu o Parlamento e convocou eleccións anticipadas. Se ben non se fixou aínda a data dos comicios, as especulacións de círculos políticos e mediáticos apuntan ao 7 de abril, segundo o dario Ara. A primeira ministra, Pauline Marois, do Parti Quebecois (PQ), defendeu a medida criticando a actitude da oposición, responsabilizándoa de bloquear a aprobación dos orzamentos. O PQ non tiña maioría dabondo (posúe 54 dos 125 escanos) para aprobalos. As enquisas pronostican que a formación independentista PQ aumentaría en votos e que estaría rozando a maioría absoluta de se realizar agora as eleccións. O 'Journal de Montreal' publicou unha sondaxe na que o 45% dos francófonos do Quebec afirmarían a intención de votar PQ mentres que só un 25% optarían polo Partido Liberal (federalista). No Parlamento actual o PQ ten 54 dos 125 deputados após atinxir o 32% dos votos nas eleccións de 2012. O federalista Partido Liberal obtivo 46 escanos (30% dos votos). E o nacionalista Coalition Avenir Quebec, co 27% dos sufraxios, logrou 19 deputad@s. |
NOS_2053 | A deputada e voceira do PPdeG carga contra o acordo para as europeas de BNG e EH Bildu e mesmo di que o Bloque "ten dificultades para condenar Resistencia Galega". | Non pasaran nin 10 minutos da sinatura en Bilbo por BNG e EH Bildu do acordo para concorrer en coligación a Europa e xa o PPdeG emitía un comunicado oficial sobre este tema. A portavoz popular, Paula Prado, afirma que "coa súa decisión de aliarse con Bildu, o BNG está pedindo aos galegos lexitimar 50 anos de terrorismo en España". Mais non só dixo isto, a voceira do PP de Galiza tamén criticou "as dificultades que ten o BNG para condenar accións que a propia Audiencia Nacional considera terroristas, como é o caso das de Resistencia Galega". Prado afirma que "o sector máis radical do Bloque impúxose", tomando unha decisión que "é froito da deriva que está a experimentar este partido, que vai de camiño a converterse nun partido puramente residual e marxinal". |
NOS_24256 | O Goberno estatal acepta a petición realizada oficialmente esta sexta feira polo Executivo galego e o día 15 entra na denominada "nova normalidade". | Galiza sae do estado de alarma o 15 de xuño, a segunda feira. O primeiro territorio do Estado en dar este paso. O Goberno galego solicitou hoxe oficialmente ao Executivo español o levantamento do estado de alarma na Galiza a partir do día 15 e este deu o seu acordo. "Cumprimos todos os requisitos", manifestou Núñez Feixoo esta sexta feira após o Consello da Xunta. O presidente galego considera que a situación epidemiolóxica permite dar por superada a Fase 3. "Galiza abandonará a tutela do estado central e meterémonos no que o Goberno español chama nova normalidade", dixo Feixoo. O presidente galego anunciou que este sábado o DOG publica unha serie de medidas e normas para esa fase. Medidas que complementarán as fixadas no real decreto aprobado polo Executivo estatal. Esa publicación no DOG constará de tres capítulos, avanzou o mandatario: un centrado nas medidas de hixiene e desinfección, outro sobre a capacidade (como regra xeral amplíase até 75%) e un terceiro no que "decaen as limitacións de todos os dereitos fundamentais" limitados durante o estado de alarma. Feixoo incidiu en que a fin do estado de alarma non significa "abrir Galiza a outras comunidades en situación epidemiolóxica peor", senón a aquelas que están "igual". Por iso, apuntou, non pode haber "mobilidade" entre Castela e Galiza mentes o territorio castelán non saia do estado de alarma. Porén, advertiu que saír do estado de alarma non supón a fin do coronavirus, e advertiu sobre a posibilidade de "riscos de rebrote", polo que hai que estar alertas. Aínda que o Executivo galego aínda "ultima" estas medidas, que publicará este sábado o DOG e que entrarán en vigor a segunda feira, Feixoo incidiu en que se mantén a "obrigatoriedade de medidas de hixiene e prevención" á hora de realizar diversas actividades e incidiu con especial intensidade na distancia de seguridade de metro e medio, e o uso de máscara cando non sexa posíbel. A Xunta promoverá o pago con cartón de crédito e articulará medidas específicas para centros comerciais, establecementos comerciais, recintos deportivos, lugares de culto ou piscinas, entre outros, e ampliará os aforamentos, aínda que sempre cumprindo coa distancia de seguridade predeterminada ou coa obrigación de levar máscara se facelo non fose posible. No caso dos velorios, explicou que se subirá a capacidade a un límite de 60 persoas en espazos abertos, e de 30 en espazos pechados. Ademais, a comitiva fúnebre poderá estar integrada por un máximo de 75 persoas. O aforamento subirá a un 75% "en boa parte dos establecementos regulados como locais e centros comerciais" (agora estaba a 50%); mentres que as zonas comúns dos centros comerciais pasarán dun aforamento permitido do 40 a 50%. No caso de bares, restaurantes, hoteis e aloxamentos turísticos o aforamento tamén pasará do 50 a 75%, salvo nas terrazas, que se elevará até o 80% (agora o límite era do 75%). Así mesmo, regularase a presenza de persoas en museos, recintos deportivos ou piscinas, por exemplo. O aforamento será do 75%, cun límite de 300 persoas en recintos pechados e mil en espazos abertos. Os parques infantís ao aire libre poderanse utilizar, coas correspondentes medidas e protocolos de hixiene; pero "por precaución" os que estean en instalacións pechadas non se abrirán aínda. "Veremos nas seguintes semanas que pasa co resto", destacou o xefe do Executivo galego. |
NOS_19661 | [ACTUALIZADA O 10.04.2016 ÁS 15h] Unha moza de 24 anos, Tatiana V.A., apareceu morta nun coche en Lugo na mañá do sábado. Investígase agora se a morte violenta representa un novo caso de asasinato machista. | O Xulgado número 3 de Lugo e a Policía chegaron a investigar o pasado ano se a moza atopada asasinada nun coche este sábado –Tatiana V.A., de 24 e natural de Castro de Rei- sufría violencia machista por parte da súa parella a raíz dunha denuncia posta por unha terceira persoa en maio de 2015. Segundo publica Europa Press, non figuran denuncias por violencia de xénero da moza e as dilixencias abertas ficaron arquivadas após o Xulgado non conseguira localizar a moza -tras citala en tres ocasións- e após de que esta negara ante a Policía os feitos recollidos na denuncia desa terceira persoa. É o Xulgado número 3 de Lugo quen está a investigar os feitos, xunto coa Policía. A Asociación contra a violencia de xénero Si hai saída manifestou a súa repulsa a este asasinato, do que non se teñen novos dados, nun comunicado de prensa. |
PRAZA_15563 | Fomos Armala Raptando Temporalmente Ao Susiño (FARTAS), que hai uns días secuestrou a figura do Belén que o Concello de Santiago instalou no Obradoiro en protesta polos recortes e os desafiuzamentos, amosa que o neno se atopa en bo estado. Vídeo no interior. | Fomos Armala Raptando Temporalmente Ao Susiño (FARTAS), que hai uns días secuestrou a figura do Belén que o Concello de Santiago instalou no Obradoiro en protesta polos recortes e os desafiuzamentos, vén de facer público un vídeo no que amosa que o neno se atopa en bo estado. E anuncia que nos vindeiros días "volverá aparecer na nosa cidade de xeito simbólico estre elemento decorativo". Anuncia que nos vindeiros días "volverá aparecer na nosa cidade de xeito simbólico estre elemento decorativo" No vídeo as integrantes de FARTAS afirman que "con esta acción pretendemos chamar a atención sobre a situación na que se atopan moitas familias este nadal. Os recortes, o desemprego, os desafiuzamentos e outras consecuencias da crise afectan a cada vez máis persoas da nosa cidade". Denuncian que "as autoridades non só non fan nada para defender as vítimas desta estafa chamada crise, senón que seguen empeñadas en que paguemos nós, os de abaixo, os pratos rotos. Eles constrúen grandes edificios baleiros, centros comerciais que agreden o pequeno comercio local, ou lexislan en beneficio da banca e das grandes fortunas". "Deixamos incompleto o Belén da Praza do Obradoiro porque este nadal para moitas familias tamén será incompleto: sen casa sen traballo sen diñeiro e sen políticos que os representen" Neste senso explican que "desafiuzar o neno Xesús non é un acto vandálico, é unha acción de propaganda. Deixamos incompleto o Belén da Praza do Obradoiro porque este nadal para moitas familias tamén será incompleto: sen casa sen traballo sen diñeiro e sen políticos que os representen". E conclúen: "Se a política é un chiste, queremos rirnos todas". |
PRAZA_18377 | As peñas dos tres principais equipos de Galicia rexeitan a proposta da LFP para que o Girona-Barcelona se despute en Miami o 26 de xaneiro e critican a "nova estratexia do fútbol negocio", que prexudica a socios, afeccionados e hostalaría, sobre todo dos chamados "clubs pequenos" | As federacións de peñas de Deportivo, Celta e Lugo fixeron público este sábado o seu rexeitamento a que a Liga xogue partidos "en ningunha das súas categorías" fóra do Estado Español, en resposta á proposta de que Miami acolla o Girona-Barcelona da segunda volta da competición. Representantes das peñas dos tres conxuntos realizaron un acto na Praza do Obradoiro, no que explicaron o seu posicionamento, un "non rotundo" ante o que entenden como "a enésima pretensión de grandeza e con finalidade exclusivamente económica do que consideramos un modelo de fútbol que non nos representa". A proposta da LFP para que o Girona-Barcelona do vindeiro 26 de xaneiro se xogue en Miami conta tamén co rexeitamento da Federación de Fútbol (RFEF) e da Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) e nos últimos días coñeceuse igualmente a negativa da FIFA a autorizalo. "Alguén imaxina un derbi galego en Miami, Los Ángeles, Dubai ou onde queiran os designios dos dirixentes de La Liga que se celebre? Nós non. Máxime cando agardamos con fervura cada día de festa no noso estadio" As peñas denuncian que "en ningún momento se lles consultou para poder expresar a súa opinión" e subliñan que "a desputa deste ou calquera partido lonxe da casa supón un prexuízo irreparábel para o socio e para o afeccionado en xeral, que o que quere é ver o seu equipo no seu estadio 19 veces por temporada no caso da Primeira Dvisión, 21 veces na Segunda División". "Alguén imaxina un derbi galego en Miami, Los Ángeles, Dubai ou onde queiran os designios dos dirixentes de La Liga que se celebre? Nós non. Máxime cando agardamos con fervura cada día de festa no noso estadio", engaden. Lembran así mesmo que "levar un partido da competición doméstica fóra, a un campo neutral, supón unha adulteración da competición (...) Propor, sequera, que un deles teña lugar nun campo neutral é cambiar as regras do xogo de maneira inxusta". Afirman, igualmente, que este traslado dun encontro a outro país "xera unha perda monetaria para a hostalaría local, vítima colateral deste novo proxecto de sistema". As peñas conclúen que "no momento en que un deses partidos se chegue a celebrar sentarase un precedente que fará un dano irremediábel ao noso fútbol e ao afeccionado", sobre todo "ao do coñecido como 'club pequeno', que será, segundo se dera a entender polos movementos das últimas semanas, o que saia prexudicado dentro desta nova estratexia do fútbol negocio". As peñas convidan aos seus clubes a unirse ao rexeitamento desta "nova estratexia do fútbol negocio" O comunicado finaliza pedíndolles aos seus respectivos clubes que "rexeiten de maneira pública ese ou calquera outro partido fóra do Estado Español" e animando ás peñas e federacións de peñas dos restantes equipos a que tamén se manifesten contra esta posibilidade, convidándoas a unirse ao comunicado difundido. |
NOS_11946 | Caída oito puntos superior á media estatal. | As vendas da industria galega caeron en 48,3% en abril na Galiza en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE). Este retroceso é o segundo maior do Estado, só por detrás de Euskadi (-50%) e co mesmo descenso que Nafarroa (-48,3%). A baixada galega é case oito punto máis acusada que a media estatal (-40,8%). De tal forma, co impacto do coronavirus prodúcense dous descensos interanuais consecutivos --marzo e abril--, logo dos incrementos de xaneiro e febreiro cos que se comezou o ano. No acumulado do ano, entre xaneiro e abril prodúcese unha diminución do 12,2%, neste caso menor que o 14,1% de caída media estatal. |
NOS_2542 | Francisco Jorquera critica que "Feijoo tache de antiga a nosa proposta de crear unha Banca Pública Galega, mentres ve moderno entregarlle 15.000 millóns de recursos públicos á banca e recortar 10.000 millóns na sanidade e no ensino públicos" | O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, advertiu que o "corralito" que anuncian para o Estado español destacados premios Nobel de economía, como Paul Krugman ou Joseh Stiglitz "xa o temos en Galiza, o das participacións preferentes, do que o señor Feijoo é tamén responsábel". Seguindo o mandato da Convención Nacional de trasladarlle á sociedade as iniciativas do BNG, Jorquera presentoulle a un grupo de economistas a proposta do BNG de crear unha banca pública galega, unha iniciativa aberta a suxestións "da que detectamos unha grande receptividade". O candidato nacionalista á presidencia da Xunta lembrou que "un dos principais problemas que ten neste momento a economía é a falta de crédito ás empresas e ás familias". Unha crise financeira de que as causas para Jorquera están claras: "A falta de regulación dos mercados e a excesiva concentración financeira". Neste sentido, advertiu de que "as novas exixencias de capital dictadas polo Goberno aínda van pechar máis o crédito e a creación de oligopolios financeiros polos que aposta Rajoy vai afondar máis os problemas". "Feijoo ve mal que se cree unha banca pública galega, mais parécelle ben que se entreguen 15.000 millóns á banca" Por iso, unha das solucións a esta crise financeira vén para o BNG pola creación dunha Banca Pública Galega, que garantiría que o aforro galego quedase en Galiza e contribuíse á recuperación económica, abrindo o crédito ás empresas e ás familias. "Para el o moderno é recortar 10.000 millóns de euros en sanidade e ensino públicos e entregarlle 15.000 millóns á banca para socializar as súas perdas, e así poida seguir lucrándose e facendo negocio", retrucou Jorquera. Pola contra, o candidato do BNG á presidencia da Xunta subliñou que "a nosa proposta está de plena actualidade, é posíbel e ademais temos exemplos, dende Alemaña, onde a banca pública é moi importante, até os países emerxentes, que están a medrar grazas á súa potente banca pública". Por este motivo propuxo varias vías complementarias para artellar un sistema financeiro público, desde reformar a lexislación estatal para converter Novagalicia Banco nun Banco Público Galego; crear un Instituto de Crédito Galego; crear unha Caixa de Aforros Galega ou reforzar as cooperativas de crédito existentes. "O corralito que se anuncia para España xa o temos en Galiza: as participacións preferentes" O candidato do BNG á presidencia da Xunta rematou advertindo que "destacados premios Nobel de Economía xa están a advertir dun corralito para España, e ese corralito xa o temos en Galiza: a fraude das participacións preferentes". Unha situación da cal responsabilizou ao Goberno de Aznar, por permitir que se crease este produto financeiro, e a Feijoo "porque el apoiou a conversión das caixas galegas nun banco e chegar a esta situación". Por iso, Jorquera subliñou que "da profunda crise actual só podemos saír cun cambio radical das políticas económicas, e a creación dunha banca pública galega que defende o BNG é unha das medidas imprescindíbeis que se deben tomar". |
NOS_55368 | As principais rúas da capital de Galiza bloqueadas por centos e centos de tractores na primeira xornada dunha mobilización que se mantén até a quinta feira e podería se converter en "indefinida", advirten os produtores. E gandeir@s mantéñense en Lugo, onde permanecen desde o 3 de setembro. | As tractoradas poderían tornarse en indefinidas se os gobernos español e galego, mais tamén os demais representantes da cadea de valor (industria e distribución) non alcanzan un acordo para fixar un prezo mínimo en orixe para o leite. Así o manifestaron @s gandeir@s concentrad@s en Compostela e @s que se manteñen en Lugo desde o pasado día 3 de setembro. Na capital de Galiza, máis de 5.000 tractores segundo a organización -800 para a Subdelegación do goberno español-, procedentes de diferentes comarcas do país, ateigaron as principais vías e arterias para mandar unha clara mensaxe: "Non imos parar até conseguir un prezo xusto para o leite". Malia os prexuizos e molestias que poideran causar as retencións e cortes de tráfico, a postura da veciñanza compostelá foi clara: aplausos ao paso dos tractores. Se ben en principio van ser tres días de tractorada, sindicatos e produtores non descartan que de non haber acordo e solución para un probloema que afoga milleiros de explotacións, a protesta tornarase "indefinida". E, a maiores, hai quen avanza que podería conxugarse cunha greve de entrega de leite. As explotacións lácteas que continúan mobilizadas na cidade amurallada fixeron público un documento co que remitirán as súas principais demandas á Consellaría de Medio Rural "perante a grave situación" que, din, veñen "soportando" por mor dos "abusos das industrias" o que sitúa "a maior parte das explotacións en risco de fechamento ou desaparición". Destarte, demandan, "a constitución da mesa do leite na que se garanta a participación directa dos gandeiros produtores" así como a creación da "figura de mediador/árbitro gratuíto". Aliás, exixen sexan declarados nulos "os contratos variábeis e os contratos abusivos asinados na actualidade que non cubren os custos de produción"; "que se garanta a recollida de cobro do leite, así como a sinatura e cumprimento de contratos que garantan a cobertura dos custes mínimos de produción existentes en cada momento". Exixen a anulación dos contratos "variábeis" e "abusivos" asinados e a "cobertura dos custes mínimos de produción existentes en cada momento" Asemade, reclaman que se estabeleza un "prezo mínimo que garanta a cobertura dos custes de produción" fixados actualmente, sinalan, en "0,34 €/litro + calidades + IVE". Valor que será "revisábel anualmente", acrecentan. Tamén así demandan a creación dunha "mostra lacrada" con "mostra para o gandeiro" e máis para o Ligal ao tempo que se supriman as "sancións desproporcionadas por mostras que non cumpren os requisitos legais, implantando un sistema de sancións puntuais e proporcionadas que non impliquen a paralización das explotacións". A asemblea de gandeir@s constituída en Lugo acordou manter a mobilización, cando menos, até a quinta feira en que sexan valorados os acordos adoptados polo Consello de Ministros, sinalan. Porén, non descartan prolongala se as decisións adoptadas por Madrid e Bruxelas non satisfacen as demandas das explotacións lácteas. |
NOS_1680 | Foi un auténtico campo da morte. O dique do arsenal de Ferrol e unhas embarcacións de cabotaxe e pasaxes atracadas no mesmo remataron convertidos nun auténtico inferno para milleiros de demócratas entre 1936 e 1939. A memoria do centro de reclusión segue a espera de reconciliarse co presente. Eis un estrato da peza publicada no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza. | O campo de concentración do dique mantívose en funcionamento desde xullo de 1936 até cando menos abril de 1939. A penitenciaría aberta no Arsenal de Ferrol estaba conformada por uns barracóns instalados no dique do arsenal para acoller os detidos, sendo auxiliados durante un breve período de tempo por unhas embarcacións atracadas no dique da base militar. Así o buque de pasaxe "Plus Ultra", propiedade da compañía Transmediterránea, manteríase en activo desde xullo até outubro de 1936, sendo transferidos nesa data os detidos do mesmo ao "Genoveva Fierro", unha embarcación propiedade da "Compañía marítima Fierro", interceptado polo destrutor Velasco cando facía a ruta de Valencia a Santander e que operaría como prisión durante os meses de outubro e novembro de 1936. O outro navío empregado no arsenal como centro de detención auxiliar foi o trasporte da armada "Contramestre Casado" que permanecería en funcionamento desde decembro de 1936 até xaneiro de 1938. Un cárcere para catro mil persoas O centro de detención aberto no Arsenal de Ferrol acolleu milleiros de presos ao longo de tres anos. Segundo os dados fornecidos por Xosé Manuel Suárez foron máis de catro mil persoas as que pasaron pola prisión coñecida como "Escollera", significándose setembro e outubro de 1936 como o período onde foi maior o número de reclusos. Atendendo a información achegada por este autor, a maiores das persoas concentradas nos barracóns instalados no dique, debemos sumar os demócratas detidos no "Plus Ultra", arredor de cincocentos por mes, no "Genoveva Fierro", sobre duascentas cincuenta, e o "Contramestre Casado", cun número de prisioneiros próximos aos cento vinte e cinco. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_17405 | O rexedor reclámalle que "no actual marco aberto" polo Goberno central para modificar ou aplicar a Lei de Memoria Histórica no Valle de los Caídos se inclúa tamén a recuperación de Meirás. Lémbralle que é "urxente" modificar a lexislación para evitar a apoloxía franquista e pide que actúe xa. | O alcalde de Sada enviou neste martes unha carta ao presidente do Goberno de España reclamándolle que o novo Executivo socialista leve a cabo as accións administrativas e xudiciais necesarias para botar a familia Franco do Pazo de Meirás e recuperar o inmoble para o patrimonio público. Na misiva, o rexedor lémbralle que é "urxente" a modificación das leis que correspondan para evitar así "tanto que a Fundación Francisco Franco propague e difunda un réxime de terror" como para posibilitar a "incorporación" das Torres aos bens públicos do Estado. O rexedor lémbralle a Sánchez que é "urxente" modificar as leis para evitar que os Franco continúen no Pazo e "difundan un réxime de terror" A carta --asinada polo alcalde en funcións e concelleiro de Urbanismo, Francisco Montouto-- advirte do "actual marco aberto" polo novo Goberno "en canto á aplicación e, no seu caso, modificación da Lei de Memoria Histórica no relativo ao Valle de los Caídos". E lembra que á posible exhumación e retirada do corpo de Franco do monumento fascista debería acompañala tamén "a fin da vergonza e anacronismo histórico de que a familia do ditador siga a detentar a propiedade do Pazo de Meirás". Sada reclama que no "marco aberto" polo Goberno central para modificar ou aplicar a Lei de Memoria Histórica no Valle de los Caídos se inclúa tamén a recuperación de Meirás A vía que "demanda" o Concello de Sada a Pedro Sánchez para "a incorporación ap patrimonio público do Pazo coa titularidade e uso públicos que demanda a inmensa maioría da cidadanía" é a que se active a partir do informe elaborado por historiadores e xuristas expertos para a Deputación da Coruña. Nel "consta acreditada a nulidade radical do título de propiedade e posesión por Franco e os seus habente-causas do devandito inmoble, cualificado desde 2008 como BIC (Ben de Interese Cultural)". Por iso, reclámalle ao Goberno que "se exerciten as accións administrativas e xudiciais-civís reivindicatorias" que permitan a reversión ao público das Torres. Segundo o devandito informe, a operación ficticia de compravenda en 1941 foi realizada polos Franco e o réximen fascista para evitar que o Pazo pasase a ben púbico tras a aprobación meses antes da Lei de Patrimonio Nacional, en cuxo inventario debería incluírse agora. "Valle de los Caídos e Pazo de Meirás deberían ter un tratamente e actuación conxuntos por parte do Goberno", pide o alcalde de Sada a Sánchez "Valle de los Caídos e Pazo de Meirás deberían ter un tratamente e actuación conxuntos por parte do Goberno", insiste o alcalde de Sada a Sánchez, a quen quixo "trasladar a preocupación existente na sociedade galega pola continuidade na detentación polos herdeiros do ditador franco da propiedade", algo que xerou "persistente alarma social, ampliada pola xestión do réxime de visitas por parte da Fundación Francisco Franco". Isto último, recórdalle o rexedor, "supón unha afrenta á memoria histórica e ao debido recoñecemento das vítimas da represión e do propio proceso de espolio acontecido e documentado nas terras de Meirás". Ademais, o alcalde advirte a Sánchez que o Concello de Sada "é o máis directamente afectado" no proceso de demanda, "non só pola orixe e antecedentes da devandita detentación da propiedade, senón poruqe o Pazo está dentro do termo municipal de Sada e as competencias e potestades muncipais tamén se estenden, mal que lles pese aos Franco, ao Pazo". |
PRAZA_11877 | A Casa promoveu certames como o Outono Fotográfico ou a Bienal do Cómic | A Casa da Xuventude de Ourense vive a súa época máis difícil tralo pasamento do seu director, o galeguista Benito Losada, por mor da reorientación que os responsables da consellería de Traballo e Benestar implantaron coincidindo coa desaparición de Losada. Tras 32 anos de existencia e ser a segunda máis antiga do Estado, despois da de Pamplona, A Casa ten unha nova directora que está implantando unha novo modelo á marxe do sistema de coxestión polo que se viña rexendo dende a Transición política. O presidente Lalo Gómez Rosales, nomeado en época de Losada polos socios, non recoñece a institución que preside que "ata lle cambiaron o nome polo de Espazo Xove" e asegura que "a pesar de que nos puxemos en contacto coa Xefatura Territorial e lle levamos os estatutos polos que nos viñamos rexendo que contemplan unha participación do movemento asociativo e cultural ao mesmo nivel que a Administración non recibimos unha resposta clara". É máis, segundo relatou Lalo Gómez a Praza Publica, o xefe territorial, José Selas, aclaroulles que "non sabía, que non tiña ningunha alternativa" e engadiu "do mesmo xeito que vós tardastes un tempo en redactar os estatutos eu necesito un tempo para estudalos". O actual presidente, sen funcións, trala implantación do novo sistema de goberno só sacou en claro "que temos que esperar ao que mande a nova directora que é unha persoa da máxima confianza do Xefe Territorial". Sen comunicación oficial ao persoal Daquela, funcionarios e funcionarias e socios da Casa están pendentes das decisións de Mercedes Valeiras, sucesora do finado Benito Losada dende o verán de 2011. Segundo puído saber Praza, a actual responsable accedeu á dirección a través dun concurso público aberto o 23 de xuño 2011, un ano e sete meses despois de que Losada pedise a baixa por enfermidade. A Xunta comunicou aos funcionarios a apertura do proceso a través dunha carta cun prazo para presentar candidaturas de 5 días dende a data da recepción do oficio. Fontes da Casa aseguraron que "en ningún momento houbo listas públicas para saber os que estaban interesados en ocupar o posto e para coñecer a lista de candidatos, ou polo menos nos non as vimos". Finalmente, o posto foi para Valeiras, antiga directora do Centro de Menores de Montealegre e familiar do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, (a nai do presidente e a nai de Mercedes Valeiras son curmás). Segundo diversas testemuñas, foi ela mesma a que se presentou nas instalacións dicindo que era a nova directora, sen mediar ningunha comunicación oficial aos traballadores. A carreira da nova responsable no seu novo destino vén precedida pola polémica ao ser denunciada, segundo confirmaron fontes do sindicato CIG, pola súa xestión en Montealegre (centro destinado a menores con problemas de adaptación e integración social) perante a Fiscalía de Ourense polos recortes orzamentarios aos que someteu a entidade educativa durante o seu mandato. Ao marxe da súa xestión anterior, os funcionarios e representantes do tecido cultural e asociativo de Ourense, manifestaron a este diario electrónico que "esta señora foi responsable dun centro de menores e nunca tivo relación cos adolescentes nin coa dinamización cultural". De feito comentan que a súa primeira decisión foi cambiar as pechaduras das portas e a súa achega a día de hoxe "comprar un futbolín para o tempo de lecer". |
PRAZA_2595 | A maioría deles únese ás críticas do persoal e da cidadanía e remite un escrito á xerencia para expresarlle a súa "perda de confianza no equipo directivo" ante "a falta de solucións efectivas" aos problemas no Álvaro Cunqueiro. O xerente recoñécese "preocupado" e Feijóo anuncia medidas ENTREVISTA Manuel Martín: "Povisa é o gran beneficiado das deficiencias no Álvaro Cunqueiro" | Xefes de servizo da área sanitaria de Vigo únense xa ás críticas á xestión levada a cabo no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) que antes expresaran traballadores e cidadanía e que derivou en múltiples e masivas protestas contra a Xunta. Malia que moitos deles presumiran durante tempo das prestacións do HAC e limitaran os problemas a cuestións puntuais e a esaxeradas queixas, a paciencia parece terse esgotado. Así, 28 dos 40 xa lle trasladaron á xerencia un escrito no que declaran a súa "perda de confianza no equipo directivo" e na que reclaman medidas para arranxar todas as problemáticas. A maioría dos xefes de servizo escríbenlle á xerencia para expresarlle a súa "perda de confianza no equipo directivo" Foi precisamente a "falta de solucións" a que lles fixo perder a confianza na dirección á maioría dos xefes de servizo, que envían agora esta carta -adiantada este mércores por La Voz de Galicia- logo das dimsións do supervisor de Enfermería de Urxencias, do subdirector e director de Procesos sen Ingreso e Urxencias, dos doutores Lázaro Anguís e Caramés e do coordinador de Medicina Interna. Os xefes de servizo lembran a súa "colaboración con todo o compromiso" á hora de intentar "resolver os problemas xurdidos tras a posta en marcha do HAC e coa reordenación da actividade no Meixoeiro". No entanto, "a falta de solucións efectivas a estes por parte da actual dirección da EOXI de Vigo" levounos a expresar "a perda de confianza neste equipo directivo". Os xefes de servizo denuncian a "falta de solucións efectivas" aos problemas e reclaman medidas urxentes Ademais, reclama que se "cumpra cos compromisos adquiridos de mellora asistencial" a través de medidas urxentes que non dan chegado malia a reunión mantida co novo conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuíña, hai xa case un mes, e onde deixaron clara a carencia de material, así como todas as eivas organizativas e de xestión. Coñecidas esta rebelión dos altos cargos do HAC, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu o xerente da área sanitaria, Félix Rubial, ao que cualificou de "bo xerente". Ademais, anunciou "cambios" nas estruturas organizativas e relevos de persoal, sen especificar moito máis. Feijóo advirte que haberá "cambios" e o xerente da área sanitaria recoñécese "preocupado" Precisamente, Rubial recoñeceu estar "preocupado" polo comunicado dos xefes de servizo e adiantou que isto o levará a facer "autocrítica" e a "redobrar esforzos". Ademais, apelou a incrementar o diálogo e non foi quen de negar que non fose a haber cambios entre a directiva. Un "paso adiante" Por outra banda, o presidente da xunta de persoal, Ángel Cameselle, ve esta rebelión dos xefes de servizo como algo positivo e un "paso adiante", pero lembra que durante moitas semanas foi precisamente este colectivo o que "apoiou e defendeu publicamente a xestión e mesmo houbo quen chegou a dicir que estabamos ante o mellor hospital de Galicia e do Estado". A xunta de persoal valora o "paso adiante" pero lembra que os xefes de servizo defenderon a xestión durante meses Ao tempo, Manuel González, secretario comarcal de CIG-Saúde, ao igual que a xunta de persoal, lembra que as eivas no centro "foron denunciadas desde hai tempo polas traballadoras e traballadores da sanidade pública e pola cidadanía". E destaca tamén que o Foro de Xefes de Servizo non só non criticou "o modelo de financiamento, construción e xestión a través dunha empresa concesionaria ou as condicións en que se planificou o traslado", senón que chegou a "xustificar os problemas detectados". "Acaso non eran os xefes de servizo responsables de supervisar se todo estaba en condicións para efectuar o traslado, garantindo a seguridade de usuarias e traballadores nas súas áreas de responsabilidade?", pregúntase a CIG, que advirte que son eles os encargados de que o persoal "conte con todo o material necesario para traballar" ou de que o labor se faga "nunhas instalacións en condicións dignas para os traballadores e os pacientes". "Eles terían que ser os primeiros en denuncialo e non permitir que se inciarra o traslado sen cumprirse estas condicións", insiste. Os traballadores piden un diálogo que vaia máis aló dos máximos responsables e que implique os traballadores e a sociedade Ante esta situación, a xunta de persoal pide "que se restableza o diálogo", pero esixe que non se limite á comisión técnica anunciada pola consellería e formada polos xefes de servizo e persoal da xerencia. Reclaman un cónclave máis amplo, que inclúa traballadores, enfermeiros, sociedade, sindicatos... En definitiva, que se convoquen os órganos de participación do propio hospital que tanto levan sen reunirse, xunta técnico asistencia ou comisións de participación cidadá. Todo porque, como recorda Ángel Cameselle, "as cousas non cambiaron" tras a chegada do novo conselleiro. "Houbo acordos e avances na problemática dos celadores, pero no resto seguen a suspenderse operacións, seguimos sen laboratorio nin área de esterilización, problemas nas Urxencias, falta de persoal e malas comidas", resume quen cre que, "aínda que os modelos sanitarios que se propoñan sexan distintos", iso non debe impedir "que se fale para intentar solucionar os problemas". |
NOS_53719 | A formación presentou en Compostela as súas candidaturas para o 25S e afirma estar "en condicións" de desputar o PP as eleccións galegas. | O compostelán Parque de Galeras foi o escollido por En Marea para presentar este domingo as súas candidaturas para as eleccións do 25 de setembro, unhas listas saídas dun proceso de primarias no tomaron parte máis de 10.000 persoas. Martiño Noriega, alcalde de Santiago, foi o encarregado de presentar o acto, onde fixo unha defensa da necesidade dun "cambio neste país que poña as institucións ao servizo dos e das máis". "Feijóo é a miseria moral e política de quen abandona aos seus, é a mensaxe de insolidariedade de traballar so para os amigos" O cabeza de lista de En Marea pola Coruñla, Antón Sánchez, afirmou na súa intervención que a formación "está en condicións de desputar o Partido Popular" as eleccións galegas e enfatizou que se Feijóo fala tanto contra En Marea é para non ter que falar do seu balanzo nestes anos de xestión. Carmen Santos, número 1 por Pontevedra, considera que "Galiza non pode deixar pasar este momento", e que En Marea ten como finalidade "facer política para o 99%". A continuación interviu a candidata por Ourense, Ánxeles Cuña, que salientou o "colectivo talentoso, enérxico e forte" que conforma as candidaturas de En Marea- "Dignidade" Luis Villares, candidato de En Marea á presidencia da Xunta, afirmou que "Galiza tivo uns gobernantes que non merecía, non estiveron á altura da xente".Falou de despexos, de emigración , de desemprego e precariedade laboral como marcas destes sete anos de gobernos de Núñez Feijóo. "A indignación e a fase de alerta de espertar do letargo, o paso seguinte é o compromiso, e iso é o noso compromiso coa xente deste país. Queremos ser a solución dos problemas de Galiza", dixo Villares. "Feijóo é a miseria moral e política de quen abandona aos seus, é a mensaxe de insolidariedade de traballar so para os amigos. Nos somos a maioría da solidariedade, da dignidade" afirmou. Villares tamén lembrou que Feijóo dixo que se non gañaba as eleccións marchaba, para engadir que "xa podes ir facendo as maletas". |
NOS_12842 | Ana Pontón (Sarria, 1977) é a portavoz nacional do BNG e a líder parlamentaria nacionalista nesta lexislatura. A entrevista ten lugar xusto despois da primeira sesión de control ao presidente da Xunta neste período de sesións. Pontón, que vén de anunciar que vai ser nai, advirte contra a solución do "bipartidismo harmónico" como saída á crise institucional do Estado e pide "cambiar o marco autonómico para poder ir a un modelo no que realmente teñamos poder político". Eis un extracto da entrevista publicada na íntegra no número 364 do semanario en papel Sermos Galiza | Como describiría o momento político actual no Estado? Galiza está desaparecida no debate. Outras nacións sen Estado si que están aí. Pero Galiza está muda. Ninguén falou de Galiza nas negociacións para a investidura de Pedro Sánchez. Teño a sensación de que a política estatal está dominada polos egos e polo infantilismo. A crise política e institucional do Estado cada vez se agudiza máis. E se facemos unha análise do que pasou desde as eleccións de abril e maio até hoxe vemos que o nacionalismo ten máis sentido de Estado que quen vai dando golpes no peito na defensa de España. Como lle afectaría ao BNG a repetición das eleccións xerais? Estamos expectantes e preparadas e preparados para afrontar ese reto. Non nos parece o mellor escenario, pero tamén é certo que supón unha oportunidade para que Galiza recupere unha voz propia a través do BNG. Vexo moito nerviosismo nun Partido Popular cada vez máis enrocado en posicións autoritarias Como están Feixoo e o PP neste último ano de lexislatura respecto dos remates das dúas lexislaturas anteriores? Aprecia vostede diferenzas? Vexo moito nerviosismo nun Partido Popular cada vez máis enrocado en posicións autoritarias, de manipulación e de propaganda, e incrementando o control dos medios públicos. O próximo ano van insistir en todo isto e teremos unha campaña de endeusamento de Feixoo. Non teño ningunha dúbida de que será Feixoo o candidato á presidencia da Xunta. E Feixoo? Agora mesmo é a cara máis españolista do PP, pero disfrazado de galeguista. Paréceme un pouco o que foi Ruiz Gallardón, cando ía de 'progre' pero realmente nunca deixou de defender toda a ideoloxía máis reaccionaria da dereita. Feixoo ten ese perfil, ademais dunha obsesión polo control dos medios públicos e da información. Máis aínda que Fraga? Si. O que contan as traballadoras e traballadores da radio e da televisión públicas galegas é que nunca houbo tanta presión, tanto control e tanta manipulación como desde que está Feixoo, e sobre todo nesta última lexislatura. Feixoo é unha persoa amoral e paréceme que iso é un perigo para a democracia. Na política, sen principios, valores e ética, o poder é unha arma moi perigosa. Non ten nada que ofrecerlle a Galiza. Envólvese na bandeira simplemente para levar adiante a súa carreira política e no PP. Pero vostede di que vai rematar aquí, como candidato á Xunta… Estou convencida diso, pero penso que é porque non ten outra saída. Aínda non sabemos que razóns lle impediron liderar o PP no seu momento. Tivo que resignarse, e vímolo chorar cando anunciou que non se ía para Madrid. Creo que chorou porque non puido facer algo que estaba nos seus plans. Precisamos dun cambio de paradigma. Ter poder de decisión, e para iso hai que cambiar o marco autonómico para poder ir cara a un modelo no que realmente teñamos poder político nos asuntos que son centrais na economía e na vida das persoas O Bloque empeza o curso con dous obxectivos marcados. O primeiro é o de ampliar a súa base social. Que está facendo o BNG para conseguir iso? Desde hai tres anos estamos incorporando moita xente: xente que nunca participara en política, xente que estivera e volveu, xente que estivo noutros espazos e caeu na conta de que é necesario construír unha forza de país. Foi un proceso de actualización tendo en conta a defensa da auto-organización, porque sen iso non hai nacionalismo posíbel. O segundo obxectivo é a defensa da Galiza "en todos os grandes temas". Máis aló da análise da situación, cal é a proposta de país do BNG? Entendemos que as políticas centralistas de Madrid están sendo un lastre para Galiza. Precisamos dun cambio de paradigma. Ter poder de decisión, e para iso hai que cambiar o marco autonómico para poder ir cara a un modelo no que realmente teñamos poder político nos asuntos que son centrais na economía e na vida das persoas. Para apostar en que aquí se pechen os ciclos produtivos e pola innovación; poder contar cun concerto económico que evite que o Estado se quede cunha parte moi importante dos recursos que recada na Galiza. Cando se fai unha arquitectura centralista, Madrid xoga ao seu antollo cos nosos recursos. Hai outras dúas cuestións que son claves. Unha é enfrontar a emerxencia climática que estamos vivindo e darlle unha resposta en clave galega, é un problema global, de modelo, pero desde cada territorio hai que darlle unha resposta. Aquí non podemos seguir co modelo forestal actual, temos que sanear as rías e ver como se 'descarboniza' o país pero con alternativas de emprego. A segunda cuestión é que a loita feminista e contra a violencia machista ten que ser unha prioridade. [Podes ler a peza íntegra no número 364 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_21191 | Os socialistas queren conseguir a abstención do BE. A líder desta última formación, Carolina Martins, agarda que os socialistas dean "outro paso". | Catarina Martins, coordinadora do Bloco de Esquerda (BE), manifestou que é preciso que o Partido Socialista (PS) corresponda ao paso de achegamento que foi dado polo seu partido no ámbito das propostas de Orzamento do Estado para 2021 (OE 2021). Fíxoo esta segunda feira en conferencia de prensa tras unha reunión, por videoconferencia, con representantes do sector da hostalaría. O 27 de outubro, o Goberno do socialista António Costa logrou en sede parlamentaria a aprobación inicial do OE 2021. Fíxoo malia o voto en contra do BE, o seu socio nos últimos anos, e grazas ao único apoio dos 108 deputados do PS. O Partido Comunista de Portugal (PCP), o ambientalista Pessoas–Animais–Natureza (PAN), o Partido dos Verdes (PEV) e as deputadas non inscritas Joacine Katar Moreira e Cristina Rodrigues abstivéronse. Durante as dúas últimas semanas os membros do Gabinete de Costa pasaron polas distintas comisións parlamentarias para analizar as políticas sectoriais a respecto do OE 2021. Tamén compareceron diferentes entidades como o Tribunal de Contas ou a Associação Nacional de Municípios. Dez propostas A pasada sexta feira foi o derradeiro día para presentar propostas de alteración, que serán votadas entre os días 20 e 26 de novembro. O PS presentou dez para, segundo os medios lusos, lograr a abstención dos seus antigos socios o 26, cando será tamén a votación final global. Martins, cuestionada sobre se houbo algunha evolución nas conversas co Goberno, afirmou que o BE presentara algunhas propostas "ligeiramente diferentes no sentido de se aproximar mais das posições do PS". "Fizemos um grande esforço de convergência nas propostas que apresentamos, indo ao encontro de algumas matérias que eram importantes para o PS. Precisamos agora que seja dado o outro passo também de alguma aproximação", pediu a líder do BE. |
PRAZA_188 | En abril estrearase o documental En todas as mans, producido pola cooperativa Trespés e dirixido por Diana Toucedo, un traballado proxecto que afonda na realidade e posibilidades das comunidades de montes. | En todas as mans está a piques de ver a luz. O documental sobre os montes comunais producido pola cooperativa Trespés (formada por Tania Martínez, Paulo Jablonski e Alberte Román) e dirixido por Diana Toucedo, atópase en proceso de posprodución e prevé a súa estrea o vindeiro mes de abril. O proxecto leva construíndose varios anos, coa colaboración constante das comunidades de montes galegas, fai un repaso polas orixes e características desta figura de propiedade e busca difundir as súas posibilidades económicas e sociais, analizando algunhas das exitosas iniciativas que nos últimos anos destacan en distintos puntos de Galicia. O proxecto leva construíndose varios anos, coa colaboración constante das comunidades de montes galegas, fai un repaso polas orixes e características desta figura de propiedade e busca difundir as súas posibilidades económicas e sociais Hai dez días puxo en marcha unha campaña de crowdfunding para acadar os últimos fondos que necesita para completar o seu traballo e iniciar a distribución. Entre os detalles que restan por incorporar está a ambientación sonora, que vai realizar o músico Germán Díaz, ademais doutros elementos de montaxe. "Consideramos que é preciso realizar un exercicio colectivo de reflexión que nos permita analizar esta realidade e ser capaces de visualizar un futuro para este modelo de titularidade, avaliando as potencialidades que ten o monte veciñal", destacan os seus impulsores. O filme busca incrementar o coñecemento que a sociedade galega ten sobre unha figura de propiedade anterga e singular, a medio camiño entre o público e o privado, emulada na actualidade por conceptos emerxentes coma o procomún e que, a pesar do retroceso experimentado ao longo da ditadura, representa en Galicia 700.000 hectáreas, perto do 25% da superficie galega. "Debemos facer un esforzo como sociedade por coñecer mellor os montes comunais" -destaca Alberte Román- "É unha figura moi interesante no que respecta aos modelos de participación: Todas as persoas que están empadroadas nese lugar poden participar de forma directa na xestión dos montes comunais, é un mecanismo de integración nesa sociedade". "De igual xeito, agora que se fala moito do dereito de revogación dos cargos electos, hai que lembrar que ese dereito de revogación existe dentro de todas as comunidades de montes, de forma que se unha determinada porcentaxe do censo de comuneiros está en desacordo coa xestión da xunta reitora, esta debe someterse a un novo proceso electivo. É un mecanismo de control democrático moi importante", engade. "Ninguén nos contou isto nunca, nas escolas non explican o que son as comunidades de montes, como funcionan, que significan para a economía deste país, que significan para a xestión territorial" Alberte Román subliña que "ninguén nos contou isto nunca, nas escolas non explican o que son as comunidades de montes, como funcionan, que significan para a economía deste país, que significan para a xestión territorial. Moitas veces mirouse o monte comunal máis como un problema ou, como moito, como algo que simplemente estaba aí, e non foi considerado como unha oportunidade". O documental fai un repaso por numerosas iniciativas postas en marcha en comunidades de montes de todo o país. "O noso obxectivo non é tanto destacar unha figura que existiu e que tivo importancia na sociedade galega, senón estimular o debate sobre a súa actualidade" -di Alberte Román- "Os montes comunais nacen ligados a un modelo de sociedade galega rural e agraria, pero hoxe en día a sociedade galega xa non é así, mudou, e o monte veciñal está reubicando o seu papel na propia sociedade. E iso vémolo en moitos proxectos moi interesantes que están desenvolvendo as propias comunidades". "Os montes comunais nacen ligados a un modelo de sociedade galega rural e agraria, pero hoxe en día a sociedade galega xa non é así, mudou, e o monte veciñal está reubicando o seu papel na propia sociedade" En moitos lugares, o monte segue sendo moi importante para o desenvolvemento rural, pero noutras comunidades de montes xa non se produce ese aproveitamento directo por parte dos comuneiros, pero si se manteñen outros vínculos de necesidade non necesariamente ligados á produción senón a elementos afectivos, sociais ou culturais. O documental fai un percorrido exhaustivo por oito comunidades de montes galegas e unha portuguesa (baldío). "A nosa forma de traballar coas comunidades tamén foi singular. Non se trataba de chegar a un sitio, estar tres ou catro horas para gravar nese tempo un par de entrevistas e uns planos, senón que o que faciamos era permanecer varios días na comunidade, coñecendo mellor os seus proxectos", explica. No filme aparece o traballo realizado en Covelo, onde destaca a posta en marcha de varios proxectos de diversificación económica que serviron para a valorización dos patrimonios -arqueolóxicos, culturais, naturais- existentes nos montes e que levaron á incorporación de xente nova. Tamén en Zobra, na Serra do Candán, cun interesante un aproveitamento de turismo rural. Ou en Lira, onde a comunidade de montes realiza un grande aproveitamento do mato, que permite unha mellor xestión da masa vexetal e unha maior protección ante os incendios forestais e ao mesmo tempo permite darlles oportunidades ás persoas novas e a fixar poboación. "Estamos vendo como esa maior participación das mulleres está dando lugar a unha forma distinta de xestionar e de resolver os problemas e os conflitos" O documental viaxa tamén ao Rosal, onde a explotación da masa forestal realizada pola comunidade de montes,que dá traballo a 18 persoas, é unha das máis importantes empresas da zona. Tamén nos leva a Abadín, para presentar o exemplo de aproveitamento dos pastos comunitarios, cun papel moi importante para as explotacións gandeiras, e onde son igualmente interesantes as fórmulas de xestión comunitaria do gando. Esta comunidade está ademais presidida por unha muller, como destaca Alberte Román, que di que "aínda que as mulleres sempre participaron moito nas comunidades, non era tan habitual que estivesen nas xuntas directivas, e iso afortunadamente está cambiando. E estamos vendo como esa maior participación das mulleres está dando lugar a unha forma distinta de xestionar e de resolver os problemas e os conflitos". "O cinto forestal que rodea a cidade de Vigo son todos montes veciñais, e resulta interesante como perviven estas prácticas nunha contorna urbana, con novos usos" O filme destaca tamén o traballo da comunidade de montes de Teis, un bo exemplo dos moitos montes comunais periurbanos existentes en Galicia. "En realidade o cinto forestal que rodea a cidade de Vigo son todos montes veciñais, e resulta interesante como perviven estas prácticas nunha contorna urbana, con novos usos", explica Alberte Román. En todas as mans tamén viaxou a Portugal, ao Baldío de Vilarinho, preto de Coimbra; "Queríamos presentar a relación histórica e as similitudes entre as comunidades galegas e portuguesas, que na súa orixe eran o mesmo e aínda hoxe son moi semellantes", di. Un traballo de anos O filme quere ser un traballo de referencia para dar a coñecer a importancia dos montes comunais. Para iso coidou todos os seus elementos, dende a base documental, a incorporación de voces diversas (destaca a participación de profesores e investigadores dos campus de Vigo -como Xavier Simón-, Santiago -como Araceli Freire-, Lugo, Coimbra ou do xuíz Luís Villares, especializado nas dimensións legais dos montes veciñais) e tamén os aspectos técnicos. "Podes elixir entre distintos niveis de calidade, e iso determina que un filme teña un custe e uns tempos. Sempre quixemos facer un documental que dende o punto de vista narrativo e técnico se aproximase aos estándares cinematográficos. E iso obrigaba a contar cuns recurso económicos importantes", lembra Alberte Román. "Queremos que o documentario se poida visionar en cantas máis comunidades mellor" En poucos meses poderemos ver o documental, tanto en DVD coma nas proxeccións que se realizarán en comunidades de montes e noutras entidades. "Queremos que o documentario se poida visionar en cantas máis comunidades mellor" -destacan dende Trespés- "Temos un acordo coa directora, de xeito que neste tipo de proxeccións non se inclúa ningún tipo de reclamación de dereitos". O filme, ademais, incorporará subtítulos en inglés e español, e os seus responsables buscarán distribuílo en América Latina, onde este tipo de prácticas comunitarias son habituais e viven un crecemento nos últimos anos. |
PRAZA_14752 | A intención ministerial de continuar restrinxindo os dereitos de expresión do descontento colectivo ante o reparto da pobreza atópase cos límites da imaxe externa. Unha novidade especialmente chamativa do 2012 é a apresurada depreciación da suposta "marca España", un dos assets que peor cotiza hoxe nos mercados internacionais da acumulación secundaria. | Cando Manuel Fraga, entón emerxente ministro de Información y Turismo, comezou a popularizar a expresión Spain is different non podía imaxinar que útil seguiría sendo, tantas décadas despois, para caracterizar o modelo hispano de garantía de dereitos e liberdades. Mesmo mais: o segundo adxectivo que de forma implícita, latente, acompañaba aquela proclama (Spain is different….and cheap) continua tamén sendo especialmente apropiado para empregar o logo en materia do paradigma de tutela de dereitos. Spain is different….and cheap continua tamén sendo especialmente apropiado para empregar o logo en materia do paradigma de tutela de dereitos Esta mesma semana o Ministerio do Interior, dentro da batería contraditoria de medidas policiais que leva anunciando nos últimos seis meses, deu un paso máis para honrar aquel singular lema turístico. No país no que cre –ou quere- vivir Jorge Fernández Díaz, ministro do interior, está prohibido tomar imaxes de policías, na medida en que se entende que poden poñer en perigo a súa seguridade, a súa honra, ou o normal desenvolvemento das súas funcións. Esta intención, anunciada polo director xeral Ignacio Cosidó, non por acaso nunha xuntanza de sindicatos policiais, tense analizado nos pasados días desde dúas perspectivas que seguramente non son as mais acaídas. Por unha banda, tense salientado a colisión desta proposta co dereito á información. Non está mal reclamar a presenza de tal liberdade, mais o problema é que nunha época de difusión masiva de aparellos portátiles de captación de imaxes e de redes sociais, a interpretación xurídica dese dereito parece lastrada por unha certa rixidez obsoleta. Por outra banda, o Ministerio ten afirmado que a prohibición de captar e difundir imaxes de policías pretende evitar que estes sexan aldraxados ou mesmo ameazados en páxinas de internet. Por moi plausible que poda parecer esa intención, xorden en relación con ela dúas preguntas: a) Por que razón os policías deben contar con semellante protección preventiva, cando carecen dela outras persoas, sinaladamente outros funcionarios públicos? b) É isto necesario, é dicir, temos que crer que realmente os formidables medios dispostos para a persecución da delincuencia en entornas telemáticas non ten recursos para depurar as eventuais responsabilidades? No tempo dos smartphones e das redes sociais o principal quebradeiro de cabeza é o monitoreo xeneralizado dos excesos O dubidoso de ambas as perspectivas obriga a encadrar a materia desde outro punto de vista. Non hai dúbida de que nos medios policiais existe unha elevada preocupación polas inxurias e ameazas en internet. Mais hai algo máis. No tempo dos smartphones e das redes sociais o principal quebradeiro de cabeza é o monitoreo xeneralizado dos excesos. Nun Reino coñecido internacionalmente pola pobreza dos esquemas de depuración de infraccións polas extralimitacións policiais (ausencia de verdadeiras responsabilidades disciplinarias, ausencia de institucións independentes non xurisdicionais con capacidade sancionadora, xeneralización dos indultos en casos de condena, etc.) é moi sorprendente, mais real, que unha das maiores preocupacións dos membros das forzas policiais sexa a posibilidade de seren sancionados e, no seu caso, inhabilitados, polos abusos no emprego da coerción e da forza. Precisamente por iso, na cultura policial tense afirmado desde hai tempo a idea de que non poden ser captadas as súas imaxes, a pesar de que tal idea carece por completo de base lexislativa ou xurisprudencial. Até o momento a policía viña impoñendo esa idea con denuncias por desobediencia ou mesmo por atentado contra quen quebrantase esa norma non escrita. Mais isto faise cada vez mais difícil cando todo manifestante leva un móbil con cámara e vídeo. Por iso o Ministerio quere agora sancionar esa captación de imaxes, realizada en xeral para garantir o control mais diseminado e democrático posible dos eventuais excesos. E quere facelo, non por acaso, na tantas veces xustamente criticada Lei de Protección da Seguridade Cidadá. En realidade, o Ministerio traballa nesa proposta urxido por dúas necesidades propias, ningunha das cales ten nada que ver, obviamente, coa mellora da garantía dos dereitos e liberdades (da poboación). En primeiro lugar, nun momento en que o Executivo central é plenamente consciente de que estamos no corazón da crise, e de que está en xogo nada menos que o reparto inequitativo da pobreza dunha sociedade que camiña irremisiblemente cara á Periferia do Sistema-mundo, a súa preocupación polo goberno do descontento social é da máxima preeminencia. Nese cadro, lograr restrinxir as posibilidades de que a poboación poda cortocircuitar o modelo do recorte de dereitos, neste caso mediante o control das vulneracións da libre expresión do descontento social, é da máxima utilidade. En segundo lugar, para que o Ministerio poda seguir implementando o seu plano de imposición dunha determinada -e nova- orde social é necesario facer concesións a quen está encargado de executala. Dito con suma claridade: se os recortes de fondos e de salarios tamén alcanzan ás forzas policiais, é preciso garantir a súa adhesión á nova orde emerxente mediante outro tipo de atribucións. Nese plano, que mellor que facer norma a aprehensión policial ás imaxes das súas actuacións, agora que as cámaras son ubicuas? A intención ministerial de continuar restrinxindo os dereitos de expresión do descontento colectivo ante o reparto da pobreza atópase cos límites da imaxe externa Con todo, do mesmo xeito que en materia de débeda, na redefinición da orde de dereitos e liberdades que prefigura ese novo país imaxinado desde o Ministerio, o Goberno camiña sobre o fío da navalla. A innovación política nestes campos ten notables custes. Non precisamente porque o modelo hispano de garantía de dereitos teña amosado unha especial capacidade para previr os excesos gobernativos, como podería ser o caso, por exemplo, dos esquemas anglosaxóns. A razón ten que ver con instancias internacionais. A intención ministerial de continuar restrinxindo os dereitos de expresión do descontento colectivo ante o reparto da pobreza atópase cos límites da imaxe externa. Unha novidade especialmente chamativa do 2012 é a apresurada depreciación da suposta "marca España", un dos assets que peor cotiza hoxe nos mercados internacionais da acumulación secundaria. Aos que non queremos vivir nese novo país que se imaxina desde o Goberno se cadra non nos queda moita esperanza nun modelo de dereitos e liberdades que, fronte ao que pensaría Kelsen, está cheo de lagoas de protección. Mais tal vez podamos ter algunha expectativa no monitoreo internacional da profundísima crise política e democrática que acompaña á Grande Recesión. Pola miña banda, voume poñer agora mesmo a tentar traducir isto ao inglés. |
PRAZA_4918 | Os meteorólogos trataban de contar que tal primavera podería ser explicada por unha anomalía no jet stream debida a unha menor diferenza de temperatura entre os polos e o ecuador o que, a súa vez, era unha das consecuencias do famoso cambio climático. O cambio climático era isto, afáganse. | Algunhas veces toca avergoñarse de onde a un lle tocou vivir. A min pasoume dende finais da pasada primavera ata o outono. A historia comezou como moitas o fan hoxe, cunha absurda información xornalística, carente de rigor e, xa non digamos, de profundidade. O resumo que algún –quero pensar- bolseiro fixo foi que "os franceses" dicían que podíamos pasar un ano sen verán e que esa primavera anómala que tivemos, con chuvia intensa e mesmo frío ata xullo se prolongaría indefinidamente. Como se a guerra da Independencia tivera rematado o día anterior, foron moitas as voces que se apresuraron a desmentir esta suposta información francesa. Aínda en setembro, con sol e bo tempo, era frecuente escoitar conversas burlonas sobre as hipotéticas predicións dos "gabachos" cunha carga de desprezo xenófobo digna de preocupación. Os meteorólogos trataban de contar que tal primavera podería ser explicada por unha anomalía no jet stream debida a unha menor diferenza de temperatura entre os polos e o ecuador o que, a súa vez, era unha das consecuencias do famoso cambio climático Que estaba a pasar en realidade? Que había detrás desa suposta nova? Moi sinxelo de comprobar. Na Europa atlántica, sometida á mesma primavera anómala que nos, estábase a debater sobre as posibles causas da mesma. Para comprobalo non había máis que pinchar nas webs dalgúns xornais, por exemplo The Guardian ou Le Monde. Non vale a escusa de non saber inglés ou francés: Google traduce suficientemente ben como para poder seguir o fío das novas. Editores e xornalistas aliados, neste caso, con meteorólogos trataban de contar didáctica e sosegadamente que tal primavera podería ser explicada por unha anomalía no jet stream, ou corrente de chorro, e que tal alteración no jet stream era debida a unha menor diferenza de temperatura entre os polos e o ecuador o que, a súa vez, era unha das consecuencias do famoso cambio climático. Cando era apenas un crío, alá nos 80 do século pasado, algúns falabamos deste tema e mesmo os medios de comunicación timidamente comezaban a tratalo, mais a realidade é que nada se fixo Respecto ao cambio climático son moitos os momentos que teño gardados na memoria e permítome rescatar algún. Cando era apenas un crío, alá nos 80 do século pasado, algúns falabamos deste tema e mesmo os medios de comunicación timidamente comezaban a tratalo, mais a realidade é que nada se fixo. E hai non moito tempo, unha vez popularizado o concepto/negocio (véxase Al Gore, mercado de emisións, por exemplo) aínda nun xornal coruñés había viñetas cómicas nas que uns vellos dicían que o cambio climático non estaba tan mal tras ollar unhas señoritas en biquini, algo similar ao panorama pintado nunha conferencia aló polo ano 2007, creo lembrar, polo único representante galego entón no Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático: faría máis calor pero teríamos oliveiras e mellores viños… En fin. Vaia por diante que a miña profesión é a bioloxía non a meteoroloxía polo que non quixera meterme onde non me chaman. Creo que o máis importante que cómpre saber sobre o cambio climático é que co quecemento global hai máis enerxía na atmosfera polo que os fenómenos vanse facer máis frecuentes, extremos e impredicibles, ademais de que, efectivamente, globalmente vai facer máis calor polo que os polos, por exemplo, estanse a derreter e iso eleva o nivel do mar. O jet stream é unha corrente circular de aire a gran altitude próxima a cada polo terrestre; prodúcese como consecuencia do rotación da terra e da diferenza de temperatura entre os polos e o ecuador, como dicía, e que esa diferenza é menor tras o quecemento global, así a corrente viaxa máis a modo e ademais as súas ondulacións son máis profundas o que provoca o estancamento do tempo na súa área de influenza. Mentres na primavera pasada a chuvia non paraba na fachada atlántica de Europa, en Oriente Medio chegaban aos 50ºC nunha situación, tamén, impropia da época. Neste inverno, que nos transforma en grises animais anfibios, podemos contemplar como o leste do continente norteamericano queda sepultado baixo sucesivas vagas polares ao mesmo tempo que en California sofren a maior seca en anos, mentres ondas de calor golpean Brasil ou Australia. Non todo eran señoritas en biquini e viños. Os medios de comunicación maioritarios e convencionais informan das consecuencias da anómala situación mentres que da orixe dan explicacións superficiais Ante esta situación climatolóxica, os medios de comunicación maioritarios e convencionais informan das consecuencias da anómala situación mentres que da orixe dan explicacións superficiais. Por iso, e tal e como acontecía en tempos de Franco, hai que recorrer á prensa estranxeira para entender o que está pasando, por exemplo podemos ler The Guardian esta nova asinada por un tal Nicholas Stern, membro da Grantham Research Institute on Climate Change and the Environment na London School of Economics e presidente da British Academy. Non é cuestión facer un inventario sobre os danos que o cambio climático leva aparellados: mariñeiros e labregos xa comezan a intuílos. Menos coñecida é a mortalidade de aves mariñas no Cantábrico e Atlántico tras meses de temporais, por exemplo: problemas para a biodiversidade anuncian problemas para as persoas. Tan só un apunte, unha case inapreciable subida do nivel do mar modifica a altura de onda significativamente, o suficiente para destruír infraestruturas e bens no litoral: un paseo marítimo destruído, unha farola derrubada, simplemente non deberían estar aí, pero a teimosa ignorancia dos nosos representantes (e a nosa, claro) farán que se repoñan, quizais para distraer algún que outro sobre. Mentres aos políticos, solucionar isto quédalles moi grande, a natureza ten preparada xa unha solución simple: o petróleo acabará bastante pronto polo que as emisións da súa queima diminuirán. Isto colapsará a civilización tal e como hoxe a coñecemos E como nos peores pesadelos, as cousas poden ir a peor: o que causou o cambio climático foi sobre todo, a queima dos combustibles fósiles, carbón e petróleo. Mentres aos políticos, solucionar isto quédalles moi grande, a natureza ten preparada xa unha solución simple: o petróleo acabará bastante pronto polo que as emisións da súa queima diminuirán. Isto, por se aínda alguén non o sabe, colapsará a civilización tal e como hoxe a coñecemos, loxicamente, tamén a nivel económico. Xusto no momento que precisaremos unha inxente cantidade de recursos para facer fronte ao cambio climático. Non, parece que non nos decatamos: pais e nais afán aos seus nenos a ir en coche á escola, o Ministerio de Fomento pretende construír unha autovía máis a meseta (suxiro que valoren poñer un carril para cabalos e outros animais de tiro), a Xunta destrúe un dos mellores bancos de bivalvos na ría de Noia, fai circunvalacións e portos exteriores, grupos financeiros pretenden empregar o fracking para obter unha enerxía que nos dea uns segundos máis de vida... o pasotismo co que foi acollido o cambio climático reprodúcese agora co teito do petróleo. O cambio climático era isto, afáganse. |
NOS_21061 | Fai parte dun dos conxuntos arqueolóxicos máis importantes de Galiza. | Unha plantación ilegal de eucaliptos danou unha das mámoas que fai parte de Pena Grande en Vilalba, un dos conxuntos arqueolóxicos máis importantes de Galiza. Denúnciano Adega e Mariña Patrimonio, que puxeron os feitos en coñecemento do Seprona. "Este ben patrimonial foi danado como consecuencia dos profundos sucos realizados sobre a masa tumular no transcurso dos traballos forestais. Todo parece indicar que esta plantación afectou tamén a cámara da mámoa ao remover parte da súa estrutura", afirman. A Mámoa 9 forma parte dun sitio arqueolóxico de gran valor, conformado por dez túmulos xunto con dous abrigos paleolíticos. En novembro de 2017 Pena Grande foi noticia ao pretender o Ministerio de Facenda subastar por 7.700 euros os terreos onde se atopan os importantes vestixios arqueolóxicos. A poxa paralizouse grazas ao labor desenvolvido por varias asociacións que defenden o patrimonio. |
PRAZA_9874 | En Común advirte dunha "problemática" que está "fóra da axenda política" e que afecta especialmente a xente máis nova. Propón actuar ante unha actividade "normalizada na sociedade" e que "move 40.000 millóns de euros ao ano". | En 2016, último ano con datos dispoñibles do Ministerio de Facenda, os galegos perderon 28 millóns de euros nas salas e máquinas de apostas. Xogaron uns 134 millóns de euros e obtiveron uns premios duns 106 millóns. Non se inclúen aí os cartos apostados por Internet, que se elevaran ata os 11.000 millóns de euros en todo o Estado, onde o diñeiro xogado aumenta, ao igual que a expansión dos locais onde apostar. A tal hora, hai un total de 136 salóns de apostas en Galicia e 3.171 terminais en na hostalaría e outros 682 nas propias tendas e salóns.Unidas Podemos propón subir impostos ás multinacionais das casas de apostas e vetar a súa publicidade ante unha "problemática" que pode ser como "a heroína nos anos 80" Unidas Podemos advertiu este luns dunha "problemática" que pode virar nun problema para a mocidade como o foi "a heroína nos anos 80". Así o dixo a candidata ao Congreso por Navarra da formación, Ione Belarra, que participou nun acto xunto a candidatos da coalición En Común Unidas Podemos, a marca galega do partido. Aí, todos avanzaron a súa proposta de subir os impostos ás multinacionais que controlan as casas de apostas e erguer un veto á publicidade dos xogos de azar semellante aos que hai sobre a de bebidas alcohólicas de alta graduación. No acto, que contou coa presenza de Juan Lamas e Gerardo Rodríguez, membros da Federación Estatal de Jugadores de Azar Rehabilitados (Fejar). Xuntos alertaron sobre a proliferación das apostas que ven como "un problema social de primeira orde no que todo o mundo mira cara a outro lado". "Está fóra da axenda política", denunciaron.Unha actividade controlada por "fondos voitre""A ludopatía non é un xogo, é unha enfermidade que ten unha gravísima incidencia social e que ten que ser previda con fondos públcios", dixo Yolanda Díaz, número un de En Común por Pontevedra, que cualificou de "asedio" a presenza das casas de apostas en "barrios, internet, deportes ou prime time da televisión". "En todos os lugares", insistiu. Unidas Podemos propón unha suba de impostos para as multinacionais que controlan estas empresas de apostas e a prohibición de anuncios ao nivel do tabaco ou do alcohol. Así, lembraron que neste negocio son habituais os "fondos voitres" que "non pagan impostos" no Estado e "non contribúen a que mellores os servizos sociais". Juan Lamas, director terapéutico da Asociación Galega de Xogadores, cualificou os xogos de azar e as apostas como "o opio do pobo", como foi "a heroína nos anos 80" e pediu a intervención da Administración ante unha actividade "normalizada na sociedade" e que "move 40.000 millóns de euros ao ano". |
NOS_20854 | Só a presenza da grande voz de Irma Thomas abondaría para confirmar o Outono Códax como o gran festival de referencia do soul. Mais canda a grande figura de Nova Orleans a nova edición traerá tamén a Hannah Williams, Sonny Knight, Ray Gelato e TT Syndicate. | O Outono Códax supérase en cada edición e, se a pasada conseguiu xa consolidarse como un dos programas internacionais de máis altura da coñecida como música negra, desta volta, só a presenza de Irma Thomas, a grande diva de Nova Orleáns, fai do festival de Compostela unha das citas estelares do ano. Gañadora dun Grammy, Irma Thomas actuará por primeira vez na Galiza na cuarta edición do festival. O Outono Códax Festival ofrecerá, como nas anteriores edicións, un ciclo de tres concertos na Sala Capitol onde soará o mellor soul, rythm&blues, funk e rock´n roll dos 60 e tamén dos nosos días. O encontro promovido por Raíña Productions e A Reixa e patrocinado por Martín Códax convida a marcar na axenda tres datas para tres concertos estelares que terán lugar os días 20 e 27 de setembro e 11 de outubro. O festival conta tamén coa colaboración de Pousadas de Compostela, Estrella Galicia e Merc ademais de case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais da capital galega. Alen de Irma Thomas, o programa convida a catro sólidas bandas que baten forte no escenario internacional da "música negra".Trátase de Hannah Williams&The Tastemakers; Sonny Knight&The Lakers; Ray Gelato&The Giants e TT Syndicate que chegan desde USA, Reino Unido e Portugal. The Lákazans, The Absenters e Mad Martin Trío serán a proposta galega do Outono Códax Festival. Será o día 20 de setembro cando Compostela reciba aos portugueses TT Syndicate ao norteamericano Sonny Knight cos seus The Lakers e aos galegos The Lákazans no primeiro concerto do Outono. A noite do 27 será, sen dúbida, a cita estelar do festival, cando ao escenario do Capitol suba a diva Irma Thomas, unha lenda da música negra e artista de culto que comparte reinado no soul con Aretha Franklin ou Etta James. Gañadora dun Grammy en 2007 ao mellor álbum de blues contemporáneo, con After the rain, Irma Thomas continúa cargada de enerxía nos escenarios de todo o mundo, espazos que domina e nos que se acompañou de Bruce Springsteen ou Elvis Costello. A banda galega The Absenters compartirá noite coa grande Irma Thomas. O peche do festival terá lugar o 11 de outubro, cando na Capitol se dean cita dúas bandas británicas de referencia Ray Gelato&The Giants e Hannah Williams&The Tastemakers. |
PRAZA_8580 | O presidente da Xunta di que en xullo se saberá se empresas galegas poden construír embarcacións para a petroleira por importe de 240 millóns mentres alimenta as expectativas de investimentos do país azteca en Galicia | Hai xa un ano que Pemex é unha convidada habitual dos discursos políticos e económicos en Galicia. Xa logo van alá doce meses dende o eufórico acto do Pazo de Raxoi no que o presidente da Xunta, acompañado de altos directivos da petroleira mexicana, anunciaba que estaleiros galegos se poderían encargar de catorce barcos remolcadores, sete deles integramente e outros sete en colaboración con empresas do país centroamericano. Sería un investimento de 310 millóns de dólares, "máis de 2,6 milóns de horas de traballo" e 2.500 empregos "entre directos e indirectos". Un ano e moita polémica despois ningún estaleiro galego traballa, polo momento, en barcos para Pemex e Alberto Núñez Feijóo, acabado de chegar da outra beira do Atlántico, recoñece agora que a posibilidade de que empresas de Galicia participen na renovación da flota menor da petroleira depende, como no caso dos incertos floteis, dun concurso público. "Veremos antes de xullo a adxudicación e eu espero e desexo que a oferta dos estaleiros galegos sexa a gañadora", sinalou Feijóo este xoves ao remate da reunión semanal do Consello da Xunta. "O presidente" mexicano, Enrique Peña Nieto, "non pode adxudicar un contrato de 240 millóns de dólares", evidencia, para a continuación expresar que o que trae de México, cando menos polo momento, son boas sensacións: "O que si digo é que saín moi satisfeito" da reunión con Peña Nieto "e que a oferta que presentan pode gañar ese concurso de 240 millóns de dólares". O encontro, di, serviu tamén para a "confirmación do acordo con PMI", isto é, do acordo para a construción dos floteis que el mesmo deu por feito hai meses. Feijóo evidencia que o presidente mexicano "non pode adxudicar o contrato" se ben asegura que saíu "moi satisfeito" da reunión Mentres o naval galego agarda, agora ata xullo, para saber se pode ser "o adxudicatario definitivo da flota menor", isto é, "barcazas, remolcadores e buques tanque", Feijóo prefire poñer o acento noutra "posibilidade", a de que "Pemex participe no capital dun estaleiro galego", cuxo nome "prefiro omitir, porque non me corresponde a min facer a negociación", pero que podería ser Barreras, segundo apuntan diversas voces nos últimos días. "Si me corresponde trasladarlles" aos dirixentes mexicanos "un interese en que invistan en estaleiros galegos" porque, se isto sucedese, a empresa beneficiaria sería "unha empresa do grupo Pemex" e isto traería consigo "facilidades para contratar" porque "non sería necesario licitar", isto é, non cumprirían os concursos públicos que agora son imprescindibles. Neste escenario, e á espera de que algún proxecto se concrete, o titular do Executivo galego amosou este xoves ante a prensa todas as expectativas que trouxo na maleta. O gabinete de Peña Nieto está a desenvolver o denominado Pacto por México, un plan que contempla "40.000 millóns de dólares en investimentos anuais" dos que, afirma, Galicia se podería beneficiar en ámbitos diversos. Por este motivo "nos poremos en contacto con empresas de consultoría para que presenten ofertas para estradas, hospitais" ou "investimentos hidráulicos". Do mesmo xeito, afirma, o "director da empresa pública do programa de acción social" do país azteca viaxará a Galicia para "ver a posibilidade de exportar leite galego". Resta saber, polo tanto, cantos destes plans teñen tradución en investimentos e, polo tanto, en emprego. |
NOS_57949 | A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou na súa última xuntanza a realización dun Congreso de Poesía Galega no inicio do outono do vindeiro ano 2017, que terá lugar na cidade de Pontevedra. "É importante que os poetas e as poetas reivindiquemos o peso social da poesía no noso país", afirma Cesáreo Sánchez. | Esta actividade responde á necesidade de facer unha revisión da poesía galega nos últimos 40 anos, xa que "desde a morte do ditador até hoxe xa pasaron corenta anos e pensamos que é o momento de reflexionar colectivamente, non só sobre o xa feito, senón tamén fundamentalmente coñecer e partillar cal é o momento actual da poesía e cales son os camiños do futuro que se poden intuír", comenta en conversa para Sermos Galiza Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. "Persoalmente creo que tamén é importante que os poetas e as poetas reivindiquemos o peso social que na realidade se ten no conxunto da actividade cultural do país, a que se ve e a que non se ve", engade. Mediante este congreso procúrase achegar un exame da situación actual da poesía e do peso desta no sistema literario e na sociedade galega porque "é importante visibilizar o que se está facendo e o feito ao longo destes últimos anos, así como pensar conxuntamente como vemos o futuro", tendo en conta a relevante diversidade de propostas, achegas e temáticas que mostran as diferentes poéticas existentes, e tamén analizar colectivamente os retos para o futuro. "Será moi transversal, aberto ao traballo de todo o corpo asociativo da AELG, dos 430 asociados que ten", engade Cesáreo Sánchez. O Congreso de Poesía Galega decorrerá en Pontevedra por tratarse dunha "cidade con vocación literaria que sempre apoiou e acolleu as actividades da AELG e froito dese apoio tamén retornaremos aí a Pontevedra". Polo de agora abrirase un tempo para que os membros da AELG acheguen as súas propostas para definir contidos, formato e tipoloxía do congreso. "Esta é a primeira pedra deste edificio que construiremos entre todos", adianta o presidente da AELG. |
NOS_39475 | Tras dunha faixa na que se podía ler "Liberdade detid@s" arredor dunhas 100 persoas concentráronse en solidariedade c@s 6 detid@s esta segunda feira en Compostela. | Por volta dun cento de persoas concentráronse esta segunda feira na Praza do Toural (Compostela) para se solidarizaren coas 6 persoas detidas no marco dunha operación policial que, segundo as axencias de noticias e a imprensa española, estaría relacionada coa manifestación da frota do cerco decorrida o 11 de marzo. Ao berro de "Liberdade para as detidas" e "Contra a represión, solidariedade" @s manifestantes responderon ao chamado en réxime de auto-convocatoria no mesmo día en que se produciron as 6 detencións. Descoñécense as razóns das detencións Neste senso, denunciaron @s asistentes, nen os avogados da defensa sabían aínda as razóns polas que se produciu o operativo que resultou no arresto destas persoas, maioritariamente estudantes, e que poderían pasar a disposición xudicial esta terza feira. Após media hora de concentración iniciouse unha manifestación que tivo como punto de chegada a comisaría de policía da capital galega. Alí agardában@s media ducia de axentes que lles impediron achegarse aos accesos da escuadra policial. Pouco despois, uns 9 axentes máis sumábanse ao dispositivo portando material anti-disturbios. As persoas concentradas demandaron a posta en liberdade d@s detid@s perante as dependencias policiais. Por volta das 21.30 horas a concentración disolveuse. |
NOS_13176 | A formación Anova valora os resultados das eleccións municipais como "negativos porque se deu un retroceso na aposta realizada pola unidade popular", mais considera que "aínda hai materia" para proxectar nun futuro, outra vez, "un proxecto de ruptura". | A coordinadora nacional de Anova avaliou en Teo como "negativos" os resultados das pasadas eleccións municipais e anunciou que iniciarán os debates de cara á súa IV Asemblea Nacional. Segundo informou o portavoz nacional, Antón Sánchez, os resultados foron cualificados polo órgano de dirección como "negativos porque se deu un retroceso na aposta realizada pola unidade popular nos concellos" Os resultados foron cualificados polo órgano de dirección como negativos As causas do descenso nas urnas foron tanto externas como internas, segundo apuntou Sánchez. Por unha banda, sinalou que espazo "de ruptura" en Galiza "tivo un grande desgaste nas mareas municipalistas" con "debates estériles prolongados no tempo que xeraron frustración na sociedade". Engadiu como factor interno o tamén "forte intento de recomposición do réxime para volver ao momento anterior do 15M". Sánchez lamentou que durante este mandato municipal "os gobernos da decencia" foran fortemente "asediados" no plano político, mediático e cunha "enorme criminalización" por parte dos poderes que se vían ameazados pola acción de goberno das mareas municipalistas, afirmou. Sánchez lamentou que "os gobernos da decencia" foran "asediados" no plano políticon e mediático O portavoz nacional de Anova apuntou a necesidade de abrir debates e anunciou que o partido abrirá un período de reflexión e autocrítica"non estridente" e considera que "hai materia para proxectar no futuro outra vez un proxecto de ruptura que desafíe os poderes estabelecidos". Nese sentido, avanzou que nas vindeiras semanas iniciarán un proceso de debate no seo das asembleas territoriais de Anova de cara a celebración da IV Asemblea Nacional". Ante a proximidade das eleccións galegas de 2020, Sánchez apuntou que a "reflexión non pode ser a golpe de convocatoria electoral", e debe de ser máis profunda para relanzar un proxecto político de ruptura. O portavoz apuntou que a "reflexión non pode ser a golpe de convocatoria electoral" O grupo parlamentario de En Marea En declaracións aos medios sobre a situación do grupo parlamentario de En Marea e a súa portavocía, que ostenta Luís Villares, Sánchez afirmou que "o panorama político sufriu un cambio" e, pese a non querer pór datas, anunciou que o proceso de reflexión aberto de toma de decisión será en todos os ámbitos. Xosé Manuel Beiras A Coordinadora Nacional de Anova contou coa presenza do seu fundador Xosé Manuel Beiras. Após a xuntanza, Sánchez foi preguntado polo chío en que Beiras, a raíz dos malos resultados electorais de Compostela Aberta, ironizaba cunha teoría arredor da orixe de Compostela en "depósito de restos humanos en descomposición". Sánchez insistiu en que a intención non foi faltar o respecto á cidadanía de Santiago A ese respecto, Sánchez manifestou que o seu "traballo non é interpretar" os chíos de Beiras aínda que insistiu en que a intención non foi faltar o respecto á cidadanía de Santiago porque ese chío dirixiuse os poderes que quixeron acabar coas mareas. |
NOS_47370 | A CIG-Ensino presentará un recurso contra a adxudicación de profesorado provisional "porque non se están cubrindo todos os catálogos de centros que están publicados" | O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, asegura que neste principio de curso foron perto de 200 os centros de ensino que non viron satisfeitas as súas demandas de profesorado. Aliás, denunciou que a Consellaría de Educación está a castigar "con máis contundencia a aquel alumnado que máis o necesita e que precisa reforzo educativo ou que ten necesidades educativas especiais", porque, en lugar de dotar de profesorado a tempo completo de PTAL o que fai é compartilo entre centros, na maioría dos casos. O secretario nacional da CIG-Ensino puxo xemplos concretos de centros nos que se están incumprindo compromisos adquiridos, como é o caso do centro Vales de Villamarín de Betanzos, onde se creou un centro novo que sería independente do existente, pero que finalmente foi anexionado ao que xa había, ficando relegado a aulario e con máis de 1.000 alumnos en total e 2 edificios que están a unha distancia de 500 metros. A CIG convoca mobilizacións esta cuarta feira ás 11.15 horas diante das Xefaturas Territoriais da Coruña e Pontevedra O mesmo ocorre co novo centro de Sigüeiro que xa está a funcionar e no que o Concello tivo que asumir a xestión do comedor escolar. "Antes había un centro, agora hai dous pero entre ambos teñen menos profesorado do que tiña antes un só". Suprimiuse un docente de Pedagoxía Terapeútica, un especialista de Audición e Linguaxe e unha coidadora asignada a NEAE (Necesidades Educativas de Apoio Específico). O secretario nacional da CIG-Ensino lembrou tamén que a falta de profesorado está a provocar a demisión de equipos directivos como o do IES Vilar Ponte e actuacións nas que en lugar de substituír ao conserxe como no caso do Camiño de Santiago de O Pino o que se ten feito, informa o sindicato en comunicado de imprensa, é "pór un [conserxe] a tempo parcial por catro horas nun horario que abrangue das oito e media da mañá ás dúas e media da tarde, con comedor e actividades extraescolares". Mobilización Após 20 días de comezo de curso en Infantil e Primaria e 15 en Secundaria persisten os recortes e seguen sen cubrirse as necesidades máis imperiosas dos centros, fundamentalmente as súas demandas de profesorado, denuncia a CIG. Fronte a isto, e no canto de atender a esas necesidades, o sindicato nacionalista ve unha actitude "intimidatoria" por parte das Xefaturas Territoriais da Coruña e Pontevedra contra estes centros, mesmo utilizando a páxina web da consellaría para os desprestixiar. Por iso ten convocado unha mobilización diante de ambas as dúas para esta cuarta feira ás 11:15 horas. Os cadros de persoal de Infantil e Primaria están fixados por unha Orde que se publicou no DOG do ano 2010. Malia isto, a CIG-Ensino denuncia que este ano, e incumprindo a súa propia orde, a consellaría négase a cubrilos, o que está a provocar que neste momento haxa mobilizacións e conflitos en múltiples centros. Marta Dacosta, membro da Executiva da CIG-Ensino, acusa á Xefatura Territorial de Pontevedra de desatender as demandas de profesorado de centros como o CPI Suárez Marquier do Rosal; o CI Feliciano Barrera en Ponteareas; o CEIP de Barrantes en Tomiño; o CEIP de Abelendo e da Escola de Educación infantil de Berducedo en Moaña. "A todos fáltalles un profesor ou profesora que lles corresponde por catálogo", afirma. Recurso Ante esta situación, a CIG-Ensino decidiu presentar un recurso contra a adxudicación de profesorado provisional "porque non se están cubrindo todos os catálogos de centros que están publicados". Ademais en dous casos, no do CPI Suárez Marquier, ao que lle falta o segundo profesor de Educación Física, e do CI Feliciano Barreras, ao que lle falta o cuarto profesor/a de Educación infantil con Inglés, están con mobilizacións nas que xunto co profesorado está implicada o conxunto da comunidade educativa . |
NOS_42721 | O Goberno colombiano e mais as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército do Pobo (FARC-EP) están a piques de concluír o acordo definitivo que fecha os diálogos abertos no marco do proceso de paz. Tan só fican detalles por resolver que terían a ver, segundo a FARC, coa ética. | Timoleón Jiménez, alcumado Timochenko, líder das FARC-EP, avanzaba, mediante un chío publicado en Twitter, a culminación do acordo definitivo dos diálogos co Goberno colombiano en aras da paz. "Acaban de terminar unha nova xornada. Séguese traballando intensamente en función do acordo final", apuntaba perto das 20h (hora local). Acaban de terminar una nueva jornada. Se sigue trabajando intensamente en función del acuerdo final #VamosPorLaPaz https://t.co/MZYYdNEdQC— Timoleón Jiménez (@Timochenko_FARC) 24 de agosto de 2016 Ademais, Jesús Santrich, membro da delegación das FARC-EP, escribía tamén en Twitter un chío máis esclarecedor, aínda que apelaba á prudencia: "Tamén espero que mañá sexa un día histórico. Mais aínda non finalizamos". También espero mañana sea día histórico. Pero todavía no hemos finalizado. Amanecerá y veremos dijo el ciego. https://t.co/NjbzU1UGzM— Jesús Santrich (@JSantrich_FARC) 24 de agosto de 2016 Aliás, a conta oficial de Twitter dos membros do Goberno na Mesa de Conversas de La Habana sinalaba hai oito horas que "Se achega o día... Imos camiño á Paz". Diversos medios de comunicación aseguran que o groso do pacto está xa fechado e que tan só fican por resolver aspectos técnicos do documento, que se faría oficial esta terza feira en La Habana, segundo o Alto Comisionado para a Paz. A emisora colombiana Caracol Radio daba a coñecer hai escasas horas que "as partes se puxeron de acordo no deseño dunha nova proposta de reintegración máis sensata para as FARC-EP e no compromiso do Goberno para a presentación do proxecto de lei sobre a amnistía". Un proceso que comezou en 2012 O diálogo para a paz entre o Goberno colombiano e as FARC-EP encetou en novembro de 2012 en La Habana co fin de chegar canto antes a un acordo que puxese fin ao conflito armado interno, que durou máis de medio século. |
NOS_33980 | A Sala Alterarte do Campus de Ourense da Uvigo acolle até o 7 de abril a exposición 'Ser son', unha instalación sonora de Monica Mura que parte da investigación sobre a presenza da muller nas 18 máscaras do Entroido galego que levan incorporado elementos sonoros. En conversa con Nós Diario, descubre algunhas das características que atopou partindo da experiencia previa no seu pobo natal: Sardeña. | Cal é a orixe de 'Ser Son'? É unha creación específica para a sala Alterarte. Cando Sara Donoso me propuxo participar nun ciclo para mulleres, decateime de que coincidía co Entroido e decidimos relacionalo cun proxecto anterior, titulado Sonallas, no que traballei o carnaval de Sardeña para o CGAC. Daquela afondei na presenza de chocallos nas súas diferentes máscaras na contorna pastoral e descubrín que as levaban os homes. Interesoume que se mantivese unha tradición sen que evolucionase cos tempos. Mantiñan que era mellor que as mulleres non vestisen esas figuras por ser, na orixe, rituais que se facían para afastar o maligno. Nalgún momento comentaron que era polo peso mais agora voltaron á idea da protección da muller. Na Galiza acontecía igual? Cando traballei coas máscaras de Ourense o que fixen foi procurar entender cales eran as que estaban en activo que levaran chocallos campaíñas, cascabeis, cinzarras, cinzarros, axóuxeres, chocas ou chocarelos. Atopei 18 máscaras das que algunhas eran antigas, como era o caso dos peliqueiros, e outras recuperadas recentemente a través das lembranzas da xente maior. Realicei unha investigación a partir dun cuestionario no que preguntaba, por exemplo, quen levaba a máscara, como era o son que producían e de onde sacaban os elementos sonoros. O resultado final na Galiza foi moi diferente. De todas as que levaban compoñente sonoro quedaba unha en Viana do Bolo que a levaban sempre os homes, até este ano, que tamén pasou a ser mixta. Hai varias teorías que explican esta situación. Unha delas apunta á prohibición durante o franquismo e a falta de homes, polo que as mulleres tentaron que non se perdese a tradición. Outra sinala que ten que ver coa apertura unha vez pasada a ditadura e sinalaría unha procura da igualdade que se demanda na actualidade. Implica que na Galiza a tradición evoluciona co tempo, sobre todo aquelas que teñen un compoñente machista. Pola contra, o aspecto negativo era que os chocallos ou as campaíñas non se producían aquí, mercábanse en Portugal ou en feiras fóra da Galiza. Aquí só se montaban os cintos onde tiñan que estar colocadas. Como se configurou a instalación final que poden ver as persoas que a visiten? Na sala hai colocadas unhas cordas desde as paredes que chegan ao centro, onde hai un cinto de coiro ao que están enganchadas. Cada unha leva o peso dunha máscara que foi cedida para a ocasión polos diferentes grupos que organizan o Entroido en cada un dos municipios. A instalación creouse un pouco como se fose un instrumento musical. En total estamos a falar de 30 quilos de carga. Comeza cos Felos de Maceda, que empregan os chocallos máis grandes, e fecha cos Felos de Esgos, que son os que teñen un maior número. A activación da instalación realízase colocándome o cinto e movéndome, axudándome polas mans. Primeiro presentei o son de máscara e rematei tocando o conxunto. Ao estaren as cordas en tensión, hai un efecto rebote no resto, creando un diálogo entre as distintas máscaras, semellante ao que podería darse entre lugares achegados na xeografía real. A montaxe está gravada e pode verse na sala. Que representa para vostede o 8-M como artista? Defínome como artista e activista. A miña produción non deixa de ter unha ollada feminista por reflectir como son eu. Esta mesma instalación está pensada para ver como estabamos en relación á tradición e, neste caso a evolución foi en positivo. Unha vez levas as lentes lilas, miras o mundo doutra maneira. Daquela, non só observas os machismos, estás atenta aos micromachismos e tentas que iso mude. Para conseguilo, primeiro tes que identificalos. |
NOS_52643 | Este galardón recoñece a traxectoria de persoas científicas de menos de 45 anos que xa teñen aportado investigacións de valor á comunidade médica desta especialidade. | O investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rubén Nogueiras, ve recoñecido o seu traballo grazas ao European Journal of Endocrinology Award que entrega a Sociedade Europea de Endocrinoloxía. Nogueiras, que ten o seu posto no Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), obtivo o premio polos seus avances pioneiros na descuberta do papel que xoga o "sistema nervioso central na homeostasis enerxética". Fontes da USC explicaron que isto se concreta cun impacto na obesidade e as súas complicacións vinculadas ao metabolismo. Nesa lista de expertos a nivel europeo, pero con proxección tamén internacional, xa estaba outro nome ligado á USC: Miguel López. O agora premiado científico é doutor en bioloxía pola USC e completou os seus coñecementos con formación en laboratorios de Estados Unidos de América, Alemaña e Suíza. Hoxe en día é parte en distintos grupos de investigación e asesora en proxectos nacionais e internacionais. Rubén Nogueiras recollerá o galardón no Congreso Europeo de Endocrinoloxía, fixado para o mes de maio de 2021 en Praga. Esta honra recae sempre no labor de persoas científicas de menos de 45 anos que xa contribuísen á endocrinoloxía. |
NOS_40924 | ETA dá máis un paso e reafirma o seu compromiso coa paz en Euskal Herria, como vontade da expresión popular que desexa conquerir a paz e a liberdade para o pobo vasco. | Nun comunicado enviado aos diarios vascos Gara e Naiz, ETA reafirma o seu compromiso co fin da loita armada e di redobrar esforzos para abrir novos camiños ao diálogo coa constitución dunha delegación interna. No seu comunicado, ETA apostou polo mantemento do proceso de paz inda que mantivo unha análise e lectura do decorrer dos acontecementos nestes meses, moi crítica ante o que consideran "unha axenda dos estados contra a paz". A banda armada, denunciou a instrumentalización do proceso de paz por parte dun grupo de axentes, entre os que sinalan aos estados español e francés. Segundo ETA, ningún dos dous gobernos deu resposta positiva algunha ao cesamento da loita armada anunciado o pasado 20 de outubro. Así mesmo, a banda entende que as detencións producidas nestes últimos meses "están provocando situacións de alto risco", ao seren empregados os intentos por reunir o material en condicións "seguras e estábeis" para desenvolver dispositivos policiais. Despois de oito meses dende o anuncio do cesamento permanente da loita armada -de acordo coa primeira das resolucións aprobadas na Conferencia de Ariete, a banda salienta a vontade de Euskal Herria a prol dunha solución ao conflito vasco e lembra, a resposta ilusionante do país ante a apertura dun proceso de paz "como demostran as diferentes mobilizacións rexistradas". No seu comunicado, a banda debulla en cinco puntos as liñas a seguir a prol do mantemento do proceso iniciado, entre elas, "actuar con responsabilidade e de maneira construtiva"; ou a arenga ao PNV -á súa base social e militantes, a loitar conxuntamente polos intereses de Euskal Herria e a súa cidadanía. Así mesmo, fai énfase no papel protagonista que debe xogar a sociedade vasca á fin de "empurrar e dar corpo" ao proceso. A vía Nanclares e o Programa Integral de Reinserción, os pequenos pasos do goberno español no proceso de paz Entre as críticas da banda, sitúanse os programas achegados polo goberno español como parte da solución ao conflito e que, segundo ETA, pretenden "lexitimar a situación de excepción que padecen @s pres@s" servindo de obstáculo ao propio proceso nas cadeas. A vía Nanclares foi ideada polo goberno español daquela en mans dos socialistas e propuña a reinserción d@s pres@s que se desvinculasen da loita armada e da banda, renunciasen á súa pertenza ao conlectivo de pres@s polític@ vasc@s (EPPK); aceptasen a política penitenciaria, pedisen desculpas ás vítimas e se comprometeran a pagar a responsabilidade civil das mesmas. Ante o seu fracaso, o goberno de Mariano Rajoy anunciou a implementación do denominado Plan Integral de Reinserción, que en liñas xerais mantén as mesmas prerrogativas que o anterior mais sen a obriga de pedir perdón. Segundo a esquerda abertzale o plan do goberno español non é máis que unha "cortina de fume" que non dá un paso para alén da política penitenciaria que vén desenvolvendo, o estado español, dende os últimos vinte anos. Así mesmo, Aralar considera que a iniciativa non responde á "raíz da problemática e que, polo tanto, non será eficiente". A coalición Amaiur lembrou ao goberno español que @s pres@s políticos vasc@s "non están na cadea como consecuencia dun desarraigo social", polo que non precisan medidas de reinserción senón "resolver o conflito político" que deveu na súa privación de liberdade. O comunicado da banda, finaliza cunha arenga a continuaren até o final cos obxectivos marcados dende a Conferencia de Ariete e o cesamento do fogo, á fin de conseguir a paz e a liberdade en Euskal Herria. |
NOS_31068 | Elimina Madrid nos penaltis e xogará a finalísima esta cuarta feira contra Andalucía. | O 7 de xuño do 2022 xa forma parte da historia do fútbol feminino galego. Nesta terza feira, na localidade murciana de Cartaxena, a Irmandiña Sub-15 logrou a clasificación para a gran final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas tras eliminar o potente combinado madrileño na quenda de penaltis tras un partido de poder a poder. As roldas previas facían prever que as novísimas xogadoras galegas podían ser quen de dar a sorpresa, como así foi, nunha semifinal que non defraudou. E iso que o guión foi o esperado, cunha selección madrileña protagonista no xogo, acaparando a pelota, e unha Galiza xuntando liñas e agardando pola súa oportunidade. O respecto mutuo que acompañou os primeiros compases do encontro axiña foi decaendo de modo directamente proporcional ao cansazo acumulado polas futbolistas de ambos os equipos, sucedéndose as ocasións especialmente sobre a porteira galega, que tivo un aliado inesperado nos postes, que afastaron até en tres ocasións o balón da meta defendida por Naiara. Co resultado gafas, o empate a cero inicial, chegouse ao descanso, un paso por vestiarios que non implicou un cambio na tónica do duelo galego-madrileño, pois o público congregado nas bancadas do San Xoán Bosco asistiu a unha serie de infrutuosas oportunidades até que, por fin, Madrid conseguiu materializar un tanto grazas á efectividade de María Valladolid no minuto 65. Porén, a selección galega, lonxe de tirar a toalla, agardou polo seu momento, que chegou cinco minutos máis tarde nunha rápida transición que acabou co empate de Luíta tras un axustado lanzamento ao segundo pau. Na recta final a semifinal converteuse nun caos para ambas as escuadras contendentes, mais foi a Galiza quen máis sufriu o -infrutuoso- asedio rival. Xa na quenda de penaltis, Madrid botou unha pelota fóra e as galegas executaron todos os lanzamentos á perfección, marcando Minerva o quinto e definitivo. Agora só queda completar a fazaña derrotando o non menos poderoso combinado andaluz na finalísima, un choque previsto para as 9.30 horas desta cuarta feira. Alba Merino deixa o Deportivo Xa na categoría sénior, o fútbol feminino galego rexistrou importantes movementos no día de hoxe. O primeiro é o adeus de Alba Merino ao Real Club Deportivo da Coruña. A veterana xogadora estremeña de 33 anos, capitá e unha das grandes estrelas branquiazuis, finalizou a súa etapa herculina após catro anos nun adeus con polémica, pois a través dunha extensa publicación nas súas redes sociais criticou o seu equipo até o día de onte. "Teríame gustado despedirme doutro modo, pero nin sequera me deron a opción", apuntou unha Alba Merino que engadiu que "por desgraza, levantar a voz segue a molestar". "Quero que quede claro que a miña intención sempre foi a de continuar aquí, pero eu marcho coa conciencia moi, moi tranquila", engadiu. Outra vella roqueira, Mari Paz Vilas (34), tamén cambiará de aires na campaña 2022/23. A dianteira, que desde hai dous anos defendía as cores verdibrancas do Betis, despediuse -dun modo moito máis amábel que o de Alba Merino- da escuadra heliopolitana sinalando que a levará "sempre no corazón". |
NOS_24226 | A ex amante de Juan Carlos I falou nun programa de investigación da ETB, a televisión pública vasca. | Corinna Larsen, ex-amante de Juan Carlos I, acusou o rei de España, Felipe VI, da campaña de ameazas e coaccións da que dixo ser obxecto e anunciou que levará este tema á xustiza. A empresaria, residente actualmente en Londres, respondeu por escrito ás preguntas da televisión pública vasca para un programa sobre o negocio fraudulento da monarquía. O programa repasou o historial empresarial persoal de Juan Carlos I entrevistando principalmente a xornalistas, incluídos os que destaparon as investigacións en curso en Suíza e o xornalista de The Telegraph que revelou que Filipe VI figura como herdeiro das contas dunha das fundacións do seu pai, noticias que provocaron unha declaración da casa real española para tratar de desculparse. Durante a emisión explicáronse as conexións do rei emérito con todos os seus negocios privados ao longo da súa vida e as investigacións sobre estes negocios realizadas polas autoridades xudiciais suízas. Tamén o papel que xogou Corinna Larsen neste tema. A propia Larsen respondeu ás preguntas do equipo redactor. Ela denunciou que está a ser perseguida e acosada polas autoridades españolas nunha operación que considera "franquista" e confirmou que o actual rei, Felipe VI, está ao corrente de todo o que está a suceder. Segundo a ex amante do seu pai, Felipe VI pode deter estes ataques e ameazas pero non quere facelo, o que, ao seu xuízo, acabará perante os tribunais ingleses. Finalmente, no programa da ETB xornalistas especializados desmantelan a defensa do propio Felipe VI, que quería distanciarse do negocio do seu pai, asegurando que non sabía nada diso, a pesar de que era o beneficiario dunha das empresas offshore de Juan Carlos I. |