ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_7803 | A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega promove un encontro arredor da crítica literaria. Será no Culturgal o sábado ás 17 horas. | Representantes da crítica literaria xuntaranse o sábado día 6 ás 17 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, no marco do Culturgal, por iniciativa da Comisión Xestora da Sección da Critica da AELG. O crítico e autor do blog "Caderno da Crítica" Ramón Nicolás é o coordinador da mesa na que participarán a crítica da plataforma dixital de crítica feminista A Sega, Lara Rozados, a colaboradora do "Faro da Cultura" e especialista en crítica da literatura infantil e xuvenil, Montse Pena Presas, o crítico de teatro e colaborador en diversas revistas, Roberto Pascual mais o crítico literario de Sermos Galiza, Mario Regueira. O crítico Ramón Nicolás sinala na súa páxina que o obxectivo do encontro promovido pola AELG é "visibilizar a súa existencia e dinamizar as súas actividades". |
PRAZA_6920 | A crise fixo que moita xente virase á esquerda e que atopase en Podemos unha nova xeración afastada do fétido cheiro a corrupción do réxime, unha nova mensaxe populista no bo sentido -o de Laclau- do termo, pero tamén unha posta a punto do que foi o punto de vista socialista, que parecía pasar a mellor vida | Nacionalización de bancos e grandes grupos industriais, quinta semana de vacacións pagas, retiro ao sesenta anos, aumento dun 10% do salario mínimo, imposto sobre as grandes fortunas, instauración dunha renda básica... É o programa económico de Podemos? Non, son algunhas das medidas tomadas polo goberno de François Miterrand no marco do Programa Común da Esquerda entre os anos 1981 e 1982. Desenvolvemento do Estado de Benestar, gran protección social e contención do déficit mediante elevados impostos, dereito a unha Renda Básica, unha distribución da riqueza máis equitativa, participación dos traballadores na xestión das empresas... Podemos? Non, medidas de Olof Palme na Suecia dos anos setenta. Enunciar aquelas medidas de goberno é útil para mostrar até que punto o campo do posible se foi reducindo até niveis inverosímiles Por suposto, todo isto podería ser matizado. Os gobernos posteriores de Mitterrand viraron ao rigor -hoxe diriamos a austeridade- despois de marzo de 1983 abandonando o Programa Común nun contexto de tremendos ataques ao franco. Por suposto, a realidade da UE condiciona hoxe toda política económica por parte dun Estado membro. Máis se a débeda alcanza o 100% do PIB. Pero enunciar aquelas medidas de goberno é útil para mostrar até que punto o campo do posible se foi reducindo até niveis inverosímiles. Inverosímiles, si. Ernesto Laclau é hoxe moi citado pola súa influencia entre os mozos dirixentes de Podemos. A súa teoría dos "significantes baleiros" parece xogar un papel na loita de Podemos por crebar o dominio dos discursos de dereita e, ao tempo, elaborar un discurso hexemónico alternativo. Con todo, alá a comezos do oitenta nunha conferencia en Madrid, nunha sala do Senado para máis detalles, Ernesto Laclau e a súa compañeira Chantal Mouffe mostraron a súa confianza en que as conquistas do Estado do Benestar eran irreversibles. Todos nos equivocamos algunha vez. Por certo, para engadir outro dato de atmosfera, os dous pasaban por ser os máis preclaros teóricos do eurocomunismo, aquel lema lanzado por Berlinguer e Carrillo para romper coa ortodoxia e propor o socialismo en liberdade. Parecería que fose hai cen anos. Así que aquí estamos, loitando polo evidente. Por afirmar que existe capitalismo máis aló do neoliberalismo, e que o modelo do Estado de Benestar pode e debe ser defendido Así que aquí estamos, loitando polo evidente. Por afirmar que existe capitalismo máis aló do neoliberalismo, e que o modelo do Estado de Benestar pode e debe ser defendido. O que Podemos propón, se o entendo ben, é unha política de corrección da actual deriva do capitalismo nunha dirección, que me perdoen se ofendo a alguén, próxima ás formulacións dos partidos socialistas unhas décadas atrás. O achegamento a Podemos de Vicenç Navarro e Juan Torres imaxino que pode implicar que o documento "Hai Alternativas" elaborado por ambos os autores pode constituír un guión posible dun goberno de esquerdas. Se a ínclita Dolores de Cospedal suxire que as medidas alí propostas constitúen un perigo para a democracia entón é que nos atopamos nunha fase superior na que hai que definir a democracia dentro das estreitas marxes do fundamentalismo da relixión do mercado. Poderíase falar con propiedade dun totalitarismo brando. Desde logo hai que saber explicar o éxito de Podemos, a súa capacidade de dar voz que, por certo, todos deberiamos agradecer pola súa contribución ao ensanche da gran conversa da liberdade. Pero tanto como iso hai que saber explicar a defección dos Partidos Socialistas ao lado da xente, o feito de que se converteron tantas veces na á esquerda da dereita. Aí está o exemplo da Gran Coalición que goberna a UE, sen demasiadas diferenzas de fondo. Desde o comezo, o social liberalismo encarnado en sucesivas figuras como Miguel Boyer, Carlos Solchaga e Pedro Solbes marcou o paso No caso español, foi posiblemente a lección francesa a que Felipe González aprendeu. Dado que pór en práctica unha política de esquerdas significaba arrostrar o perigo dunha enorme desestabilización, máis perigosa nunha democracia débil coma a española, era mellor pasar directamente á etapa do rigor, mantendo, iso si, unha certa sensibilidade social e expandindo o Benestar nun momento de crecemento e expansión. Ah, e tentando remedar na súa figura a aura cesarista de Mitterrand. Desde o comezo, o social liberalismo encarnado en sucesivas figuras como Miguel Boyer, Carlos Solchaga e Pedro Solbes marcou o paso. A diferenza entre esquerda e dereita quedou reducida ao destino ulterior -se lembro ben a frase de Solchaga- do recadado a través dos impostos. A política macro de liberalizacións, desregulación e etcétera debía ser virtualmente idéntica. A esquerda pasaba así a ser meramente compasiva desfacéndose dos seus sinais de identidade e abrindo o camiño á hexemonía ideolóxica da dereita apoiada nos grandes medios de comunicación e, se se quere, o control capilar dunha sociedade que ten nos seus xenes o desinhibido clientelismo da Restauración. A memoria histórica tamén é iso. E niso chegou Podemos. Un pouco como unha especie de Zorro, o instrumento vengador da ira social acumulada. E recompuxo os marcos de intelixibilidade apoiándose na enorme fractura social causada polas políticas en vigor E niso chegou Podemos. Un pouco como unha especie de Zorro, o instrumento vengador da ira social acumulada. E recompuxo os marcos de intelixibilidade apoiándose na enorme fractura social causada polas políticas en vigor. A crise fixo que moita xente virase á esquerda e que atopase en Podemos unha nova xeración afastada do fétido cheiro a corrupción do réxime, unha nova mensaxe populista no bo sentido -o de Laclau- do termo, pero tamén unha posta a punto do que foi o punto de vista socialista, que parecía pasar a mellor vida. Memoria histórica, unha vez máis. Memoria do socialismo democrático. E, non se enganen, da conciencia social cristiá, dun sentido do ben común que aínda xoga un papel na sociedade española, aínda que os conservadores puxesen todos os seus ovos nas cestas do individualismo posesivo. |
NOS_12903 | Outrasvozes de Alberto Pagán abre a 8ª Mostra de Cinema Etnográfico no Museo do Pobo Galego que se prolongará do 4 ao 14 de xuño. | O filme Outrasvozes de Alberto Pagán abre o martes 4 a Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego que chega a súa oitava edición. No proxecto, Pagán recolle intervencións de persoas de diversas partes do mundo que viñeron contar as situacións dos seus países, desde Colombia, o Sáhara, Xordania, Nicaragua, Bolivia, Chile, Chiapas, Perú, Venezuela ou Ecuador. Artellada en tres seccións, a mostra ofrece no apartado "Carlos Velo" filmes realizados nos últimos dous anos. Ademais da produción de Pagán, inclúe, Avión, a aldea ausente de Marcos e María Hervera, Arraianos de Eloy Enciso, Adolescentes de Angel Santos Touza, Piedad de Otto Roca, [NO-RES] Vida i mort d'un espai en tres actes de Xavier Artigas, Si près si loin de Michel Favre , An Anthropological Television Myth de Alessandro Gagliardo, Maria Helene Bertino, Dario Castelli, Fóra de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas , Seems so long ago, Nancy de Tatiana Macedo, N-VI de Pela del Álamo, Kanús e Con etiqueta de Adriana Pérez. No apartado "Cinema na historia" presentarase o Fondo do Ministerio de Agricultura, integrado nos fondos do CGAI, que está composto dun conxunto de filmes relacionados co traballo no campo galego. Documentais con imaxes de Galiza arredor da agricultura que ofrecen información histórica e antropolóxica e que compoñen a maior parte dos arredor de 100 títulos do fondo. Proxectarase o filme A cidade e o campo de Carlos Velo e A muller na comunidade rural e Lires de Francisco de la Calle. Xurxo Chirro e Beli Martínez presentarán o Proxecto Socheo unha inicitiva que se botou a andar co fin de inventariar e catalogar o patrimonio audiovisual do concello da Guarda, en colaboración coas persoas que gardaban imaxes de interese para a comunidade. Trátase dun proxecto pioneiro de recuperación da memoria histórica coa participación activa da veciñanza. Finalmente, na sección Espiello, en colaboración co Festival de Cine Documental Etnográfico de Sobrarbe, poderanse ver os filmes A rocha, Bertsolari e Espui. |
PRAZA_15320 | A lactación materna non debe ter restricións e as nais e pais deben ter acceso as 24 horas aos seus nenos e nenas no caso de que estean enfermas. | A Asociación O Parto é Noso vén de presentar o Informe sobre a Accesibilidade das Nais e Pais nas Unidades Neonatais en Galicia e o Cumprimento dos Dereitos dos Bebés Ingresados. Nel denuncia que ningún dos 13 hospitais ou clínicas con Unidades Neonatais de Galicia cumpre coas tres prácticas básicas recomendadas polo Ministerio de Sanidade e a OMS. Estas prácticas refírense a que os pais e nais deben ter acceso as 24 horas ao neno ou nena enfermas. Tamén indican que a lactación materna debe ser a libre demanda sen restricións na duración e frecuencia das tomas, e que se debe por en práctica o Coidado Canguro durante o ingreso dos acabados de nacer na unidade neonatal. O Coidado Canguro consiste no contacto pel con pel temperán, continuo e prolongado entre a nai e o seu fillo ou filla. A asociación afirma que os pais e nais ven restrinxida a súa entrada á unidade onde os seus fillos e fillas se atopan ingresados en 11 das 13 unidades. Tamén denuncian que as necesidades de nai e bebé sobre lactancia "ignóranse en todas as unidades, xa que nelas seguen a prevalecer os horarios nas tomas en lugar de fomentar unha lactancia materna a demanda". Finalmente din que o Coidado Canguro, "fundamental para a saúde dos acabados de nacer", só se realiza en cinco destas unidades. Podes ler o informe completo (.pdf) |
NOS_6884 | Colectivos feministas e organizacións convocan concentracións e manifestacións co gallo do 8 de marzo. | Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, diversas organizacións e colectivos feministas convocan accións na Galiza. Neste senso, para alén dunha manifestación nacional convocada en réxime de autoconvocatoria o 6 de marzo en Compostela, a Confederación Intersindical Galega convoca concentracións o día 8 e a Marcha Mundial das Mulleres, unha acción na cidade de Ourense. O eixo central de todas as mobilizacións son os "dereitos das mulleres" na xornada que foi fixada internacionalmente para os conmemorar. No eido laboral, social, económico ou afectivo-sexual, as organizacións e colectivos feministas tomarán as rúas para reclamar o dereito a unha vida libre de violencias en todos os planos. A manifestación do 6 de marzo sairá ás 12h o 6 de marzo da Estación de Tren de Compostela para rematar na Quintana. Convocada en réxime de autoconvocatoria está apoiada pola Plataforma Feminista Galega e por organizacións políticas como PSdeG, Anova, Esquerda Unida, CC.OO ou UGT, entre outras. Pola súa banda CIG convoca ás 12:00 horas do 8 de marzo concentracións simultáneas que terán lugar en: A CORUÑA: na Praza de Lugo, na esquina do Zara Home FERROL: diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón SANTIAGO: diante do Zara na Praza de Galiza VIGO: diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz LUGO: diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo PONTEVEDRA: na Praza 8 de marzo Aliás, a Marcha Mundial das Mulleres en Ourense convoca unha MANI-FESTA-ACCIÓN con saída desde a Alameda ás 20h. Asemade, convocan o 10 de marzo o monólogo feminista 'Bye, bye Feminity, ás 21h. no Auriense e unha charla sobre A Renda básica das Iguais o 11 de marzo ás 20h no CS A Galheira. En Vigo tamén convocan unha manifestación ás 20h o 8 de marzo desde a Praza de Portugal e un recital poético o sábado 12 ás 19.30h no Catro a Catro. Fe de grallas. Por erro a manifestación do 6 de marzo foi atribuída á Plataforma Feminista Galega cando de certo é en réxime de autoconvocatoria. |
NOS_25891 | Baixa contratación de intérpretes, escasa produción, polémicas arredor dos procesos de selección de elenco, deriva administrativa, burocratización, redución das xiras de distribución. Así describe a Asociación de Actores e Actrices de Galiza a situación do Centro Dramático Galego e así llo trasladou aos grupos parlamentarios a pasada terza feira. | En xuntanza cos partidos da oposición -co PP está pendente de concretar-, a entidade sindical explicouslles "todas estas eivas, denunciadas ao longo dos anos desde que Agadic [órgano da Xunta do que depende o CDG] decidiu en 2016 instaurar un sistema de elección de elencos baseados na libre coconcorrencia e nas leis que rexen a función pública". Este marco laboral non se axusta, di a asociación á realidade laboral do sector escénico. "A lei debe adaptarse á realidade", engade, antes de lembrar que na montaxe Divinas Palabras Revolution chegou a haber "externalización de servizos", ao hibridar o proceso de escolla de actores, sete por contratación pública e dous por unha compañía privada. A asociación solicitou unha mesa sectorial coa administración e as asociacións profesionais para tratar "a refundación da institución pública de teatro" para convertela en entidade xurídica propia con orzamentos de seu e independencia. Agadic convocou finalmente a mesa pero só para "procurar un parche aos procesos de selección de elencos". A Asociación de Actrices e Actores expuxo a En Marea, PSdeG e BNG a "necesidade de instar á Xunta a través do Parlamento para dotar o CDG dun marco legal e dunha autonomía real que permita un funcionamento hoxe entorpecido". |
NOS_28744 | Pere Aragonés (1982) é o candidato de ERC á Presidencia da Generalitat de Catalunya nas eleccións do 14 de febreiro. É vicepresident do Govern e acabou asumindo funcións de president após a inhabilitación de Quim Torra nunha lexislatura convulsa pola pandemia, a crise e as tensións no Executivo con Junts. | Ten 38 anos e 22 lévaos dentro de ERC, onde entrou aos 16. Son puntos no currículo? Unha cousa é un movemento acomodado ao sistema e outra é ERC ou outras forzas que teñen un compromiso pola independencia. É unha forma máis de activismo, que non de política institucional. Cando facía murais e penduraba carteis, non imaxinaba que sería conseller de Economía. Non entraba dentro dos plans. Ten un bisavó de ERC, un de Joventuts Socialistes, un avó alcalde franquista e un pai e unha muller converxentes. Por que non entrou en Convergència? A xente das Joventuts Nacionalistes de Catalunya [foron as mocidades de Convergència] buscoume durante un tempo. Era cando Convergència pactaba con Aznar. Con Junts non hai tantas diferenzas, e coa CUP tamén vexo máis puntos de coincidencia que antes A ideoloxía vaise forxando ao longo dos anos e ninguén nace cun corpus ideolóxico moi detallado. Eu sempre tiven moi claro que a independencia e a xustiza social teñen que ir da man. Por tanto, o meu lugar non podía ser un partido liberal conservador que non defendía a independencia. É fillo político de Junqueras. Que os separa? Oriol ten un olfato político extraordinario. É moi creativo. Ten un punto de desorde con sentido. A min gústame ser máis metódico, ordenado, co que implica que esa capacidade creativa teño que suplila con máis método e traballo. Pasemos á xestión da pandemia. En Catalunya, 19.000 mortes. Autocrítica? Foi moi doloroso o momento en que faltaban elementos de protección para os hospitais e residencias. Evidentemente que se fixeron cousas mal, teríamos que ser moito máis áxiles. É importante aprender. Hoxe temos as residencias blindadas. Todos os sanitarios teñen material de protección Hoxe temos as residencias blindadas. Todos os sanitarios teñen material de protección. Reforzouse o persoal. Aprendemos no ámbito dos gobernos e nos profesionais. Os consellers de Asuntos Sociais e de Sanidade van nas listas. Apoia a xestión que fixeron? Calquera persoa á fronte da xestión das residencias deste país tería as mesmas dificultades. O esforzo e o cambio que se fixo é extraordinario: incorporación de máis de 12.500 profesionais de diferentes disciplinas, pasamos de facer 5.000 probas PCR na segunda quincena a 370.000 probas (PCR e test de antíxenos) esta semana. Houbo un aumento da capacidade de rastrexo. Cando a situación das residencias xa non pode ser xestionada desde un punto de vista asistencial pásase a facer xestión sanitaria. Tomamos a decisión no momento oportuno. Pero Catalunya é un dos países con máis mortos. Non chegaron tarde ás residencias? Non había ningún país que estivese preparado para a pandemia. E cando vén de golpe, cométense erros. Traballamos para anticiparnos, pero nalgúns casos non puidemos. Na primeira onda, coas residencias, non nos puidemos anticipar, pero reaccionouse. Neste proceso hai momentos en que é tacticamente útil confrontar co Estado, e noutros tes que acumular forzas Por que quere pactar con Junts se non se entenden? Creo que é máis unha cuestión de retórica que de discrepancia estratéxica. Todos sabemos que para lograr a independencia necesitamos unha correlación de forzas máis favorábel. Cando tiven conversas a fondo con dirixentes de Junts, isto estaba claro. Outra cousa é a retórica diferenciada. Hoxe vin as prioridades de Junts e fálase de referendo vinculante e acordado. É o que defende ERC. Con Junts non hai tantas diferenzas, e coa CUP tamén vexo máis puntos de coincidencia que antes. E, finalmente, temos que sumar os que non son independentistas e conseguir que non vexan a independencia como algo hostil. E que se vexan animados a sumarse ás nosas propostas: autodeterminación e amnistía, que agrupan desde o PDeCAT aos Comúns. Tensar funciona? Depende das circunstancias. Tensar a favor do dereito a decidir e de autodeterminación, si. Neste proceso hai momentos en que é tacticamente útil confrontar co Estado, e noutros tes que acumular forzas. É cuestión de ir alternando. Estamos nun momento en que temos que volver agrupar, e en dúas grandes ideas: dereito de autodeterminación e amnistía. Haberá momentos de confrontación co Estado e momentos de distensión. Son cuestións tácticas. Para acabar de facer o traballo de 2017, necesitamos unhas condicións mellores que as de outubro de 2017. Tivemos unhas limitacións que temos que poder superar: necesitamos forzas no ámbito sindical que acompañen. Comeza a habelas: a Intersindical, ou a xente independentista en UXT ou CCOO, ou ás cámaras de comercio. Pero aínda estamos lonxe. Os partidos independentistas aínda non superamos 50% do voto. Un golpe a esta barreira ábrenos un novo escenario narrativo onde explorar alianzas e aliñar os intereses internacionais cos nosos. |
NOS_2975 | A estrea do documental "Andei todos os camiños" de Anxa González, a voz de Pilocha e María Manuela e a maxia de Martín Camiña comporán a quinta edición do espectáculo "Lúas de Outono" que terá lugar o próximo día 19 na Coruña, para revivir a palabra e homenaxear ao escritor que faleceu hai nove anos na cidade. | Cada ano, por volta de setembro, a Fundación Manuel María homenaxea ao escritor na cidade na que morreu por estas datas hai nove anos. Desta volta, a cita é o día 19, cando o espectáculo "Lúas de Outono" regrese ao Teatro Colón ás 20.30 con entrada libre até completar o aforo. Música, audiovisual e maxia para atoparse de novo coa obra de Manuel María e para homenaxear ao escritor da Terra Chá que pasou os últimos anos da súa vida na cidade da Coruña. A Casa de Hortas, recén inaugurada e convertida en Casa Museo Manuel María, xa ten audiovidual que se dará a coñecer no espectáculo "Lúas de Outono". Desta volta, a poucos días de se ter inaugurado a casa natal do escritor en Outeiro de Rei estrearase un novo documental sobre Manuel María, creado arredor da Casa de Hortas na que o escritor naceu e que tanto quería. "Andei todos os camiños" realizado por Pixel Films baixo a dirección de Anxa González Refoxo é o documental que se estreará no espectáculo deste ano, un percorrido pola casa natal do escritor. Como camiñante que Manuel María era, pola vida, pola obra e por un país que percorreu aldea a aldea e que quería coñecer como a palma da man, como queda á vista na Casa de Hortas que acolleu a súa importante biblioteca, a colección de obras de arte alén de documentos e obxectos persoais do autor. A casa permanece aberta o fin de semana para o público en xeral e pola semana para escolares, previa cita. Pilocha e María Manuela A música non pode faltar na homenaxe a un escritor que deu os seus versos para construír un sinfín de cancións, interpretadas en diferentes voces individuais ou colectivas, como quedou á vista no concerto que inaugurou a Casa Museo de Outeiro de Rei. Desta volta, no espectáculo conducido por Xurxo Souto, serán as voces de Pilocha e María Manuela, dúas das voces ben coñecidas que cantaron e fixeron cantar a través do seu repertorio a obra de Manuel María. Arredor do autor xirará, como todos os anos, "Lúas de Outono" e, desta maneira, o mago Martín Camiña que realizará números que teñen como motivo a figura do autor. Premiado en numerosos certames e recoñecido máis alá do noso territorio, Martín Camiña levou a súa maxia non só a todo o noso territorio senón a Portugal -onde foi premiado pola Asociación Portuguesa de Ilusionismo, Alemaña ou Xapón. A viúva de escritor e Presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goy, agradeceu á cidade da Coruña o cariño co que ela e o escritor foran recibidos cando se instalaron na cidade. "Este cariño séguese mostrando cada ano na numerosa asistencia a este acto e agardamos que tamén este ano se volva a producir". |
PRAZA_13745 | O cóctel formado polo paquete de recortes do Goberno central e as redes sociais sementa a confusión entre as persoas preceptoras do subsidio de desemprego a respecto das novas restricións, que existen pero só afectan a casos moi concretos | Rajoy nin o mencionou na súa comparecencia ante o Congreso dos Deputados. Soraya Sáenz de Santamaría pasou por riba do asunto ao informar dos asuntos tratados no Consello de Ministros. O sábado, o BOE veu inzado de sorpresas e algún confidencial de internet e as redes sociais fixeron o resto. No medio da confusión que supón atopar un Real Decreto-lei de máis de cen páxinas co maior recorte da democracia, tras o venres de dores o pasado sábado foino de sobresalto e de fondísima preocupación para moitas das máis de cinco millóns de persoas en situación de paro de todo o Estado, case 300.000 en Galicia. O ruxerruxe de que o Goberno central se dispuña a retirarlle a prestación por desemprego, "o paro", a todo aquel que saíse ao estranxeiro aínda que só fose por un día estendeuse moi rápido e só uns poucos se detiveron a ollar na disposición oficial. É certo que o Ministerio de Emprego recorta, restrinxe e endurece as condicións de deste subsidio? Si. Pero, é certo que lle será retirado a quen saia das lindes estatais? Non. O veto ás saídas ao estranxeiro cínguese a quen perciba a renda activa de inserción, que ten case 240.000 beneficiarios en todo o Estado A modificación normativa, que ademais de medo tamén xerou unha fervenza de chanzas -por exemplo, a través do hashtag de Twitter #pierdeselparo- non está relacionada co conxunto das prestacións por desemprego, senón que se cingue a unha moi concreta: a renda activa de inserción, un subsidio destinado a persoas maiores de 45 anos que leven "inscritas ininterrompidamente" como demandantes de emprego "durante doce ou máis meses" e carezan "de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75% do salario mínimo interprofesional". A estas condicións, fixadas nun Real Decreto do ano 2006, engádense agora outras. É aquí, precisamente, onde se atopa a cuestión de saír ao estranxeiro. Segundo vén de fixar o Ministerio de Emprego, "durante a inscrición como demandante de emprego", quen perciba esta renda de inserción debe "buscar activamente emprego, sen rexeitar oferta adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción ou reconversión profesional ou outras para incrementar a ocupabilidade". "A saída ao estranxeiro, por calquera motivo ou duración, interrompe a inscrición como demandante de emprego a estes efectos". Polo tanto, este lategazo non é para todas as persoas en situación de desemprego, senón só para as case 240.000 que perciben a devandita renda de inserción en todo o Estado. Restricións para as prestacións ordinarias Así e todo, o feito de que ese rumor non sexa verdade non é sinónimo de que non haxa novas e importantes restricións para quen busca un emprego e recibe unha prestación pública. Ademais da anunciada redución da contía dos subsidios, que quedan no 50% da base reguladora a partir do sétimo mes, o departamento que dirixe Fátima Báñez disponse a efectuar unha marcaxe férrea a quen perciba unha prestación. Así, por exemplo, o "incumprimento da obriga de presentar, nos prazos establecidos, dos documentos que lles sexan requeridos" poderá dar lugar "a que pola Entidade Xestora -oficina de emprego ou entidade privada, en virtude da reforma laboral- se adopten as medidas preventivas necesarias, mediante a suspensión cautelar do abono das prestacións". O pagamento reanudaríase cando "comparezan acreditando que cumpren os requisitos legais establecidos". O Ministerio non especifica que tipo de incidios son "suficientes" para a retirada da prestación por desemprego Pero non é esta a restrición máis aberta e, polo tanto, máis preocupante para a cidadanía que subsiste grazas á achega da Administración pública en concepto de desemprego. As propias "Entidades Xestoras" poderán tamén "suspender o abono das prestacións por desemprego" cando detecten "indicios suficientes de fraude no curso das investigacións realizadas polos órganos competentes en materia de loita contra a fraude". O Ministerio non especifica que tipo de indicios son eses nin cando se considera que son "suficientes", deixandolle así unha importante marxe á arbitrariedade. Nun sentido semellante, Emprego introduce mediante o Real Decreto-lei cuestións a priori obvias, como a necesidade de "proporcionar a documentación e información que regulamentariamente se determine a efectos do recoñecemento, suspensión, extinción ou reanudación do dereito ás prestacións", así como a obriga de "comunicarlles aos Servizos Públicos de Emprego autonómicos e ao Servizo Público de Emprego Estatal" o enderezo "e, no seu caso, o cambio de enderezo" facilitado "a efectos de notificacións". "Cando non quedase garantida a recepción das comunicacións", a persoa solicitante "estará obrigada a proporcionar os datos para que a comunicación se poida realizar por medios electrónicos", que de agora en diante se considerarán "documento suficiente para que o Servizo Público de Emprego Estatal inicie o procedemento sancionador que corresponda". Outros dos datos incluídos na reforma e obviados por Rajoy e Sáenz de Santamaría nas súas comparecencias refírense ao endurecemento do réxime sancionador neste ámbito, coa estipulación de novas obrigas e posibles infracións. Neste sentido, quen perciba unha prestación deberá "acreditar, cando sexa requirido para isto" as "actuacións que efectuou dirixidas á busca activa de emprego, a súa reinserción laboral ou a mellora da súa ocupabilidade". "Esta acreditación efectuarase na forma en que estes organismos determinen no marco da mutua colaboración" e a "non acreditación terá a consideración de incumprimento do compromiso de actividade" e, polo tanto, a perda da prestación. Real Decreto-lei de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade Real Decreto-lei de medidas de liquidez das Administracións públicas e no ámbito financeiro |
NOS_57520 | O terceiro grao entrará en vigor a partir desta sexta feira | A Generalitat de Catalunya concedeu o terceiro grao aos presos políticos cataláns, como propuxeron hai uns días as mesas de tratamento das prisións de Els Lledoners e Puig de les Basses. No caso de Carme Forcadell, o servizo de clasificación aínda non resolveu o seu caso e aínda non ten un terceiro grao. A fiscalía xa avanzou que presentaría un recurso ante os xuíces de vixilancia da prisión para suspender esta clasificación de prisións. O terceiro grao será efectivo a partir desta sexta feira e, polo tanto, Oriol Junqueras, Raül Romeva, Josep Rull, Jordi Turull, Dolors Bassa e Jordi Sànchez poderán participar na campaña electoral das eleccións do 14 de febreiro. "Todos están suxeitos a unha pena de privación de liberdade, pero conservan o dereito de manifestarse e participar na política", dixo o Departamento de Xustiza. Esta clasificación de prisións permítelles ir a casa de sexta feria a segunda feira e só teñen que durmir na prisión de luns a xoves. Por outra banda, os internos poderán optar por corenta e oito días de permiso durante o ano, cun máximo de sete días consecutivos. |
NOS_27846 | Unha camiñada para coñecer un dos moitos e fermosos lugares da Serra do Gerês (dentro do Parque Nacional e Reserva da Biosfera), o espazo Rocalva, Roca Negra, Coucão. | Desde o parque de estacionamento de vehículos que se atopa un pouco despois de cruzar a ponte do río Arado, no acceso á fervenza, séguese a pista até Tribela, un cruzamento de camiños sinalado con ese nome; alí collemos o da esquerda, que remata deseguido para facerse un carreiro, e por el baixamos ao río do Conho. Paraxe: Parque Nacional da Peneda-Gerês / Concello: Terras do Bouro (distrito de Braga-Portugal) / Dificultade: Alta / Percorrido: 15 quilómetros (ida e volta ou circular) Neste curto traxecto atopamos uns grandes e grosos érbedos, e mesmo ao cruzar o río pola ponte de madeira, o máis fermoso de todos eles. Guiados polas mariolas (moreas de pedras colocadas por camiñantes) remontamos o curso do río. Ao longo do percorrido iremos atopando pequenos saltos e pozas, entre os que destaca o Pozo Azul; abrigos de pastores, novos e antigos; boas sobreiras e fermosos carballos; sanguiños de bo porte e até algún teixo, tendo sempre á fronte a impresionante masa granítica do Coucão ou Cotelo das Pías. Debaixo do Coucão, onde o río se bifurca, collemos cara á dereita e subimos a encosta até acadar a divisoria de augas. Subir custa, mais chegar paga a pena; o maxestoso escenario que se descobre na outra vertente do monte recompensa o esforzo. Desde aquí, á esquerda xa achamos o principal obxectivo da viaxe. Un traxecto case chan, comparado co que acabamos de superar, lévanos ao Curral da Rocalva, un fermoso prado, braña e turbeira onde podemos descansar e gozar plenamente do que se ofrece á vista. Aínda que desde onde estamos nos pareza inexpugnábel, é posíbel subir ao cume da Rocalva se a rodeamos e o facemos pola parte de atrás. Co obxectivo conseguido xa só queda botarlle a todo unha última ollada e volver. A volta pódese facer polo camiño da ida ou buscar unha nova ruta. Cruzando o rego do Curral da Rocalva e camiñando pola beira do prado entre a Roca Negra e o Coucão, logo descubrimos as mariolas que por un carreiro pouco visíbel e bastante pendente nos levan até preto dun abrigo de pastores onde, despois de cruzar o regueiro, comezaremos a subida até a Arrocela. Desde alí, seguindo as mariolas cara ao sur, hai varios itinerarios que van saír á pista pola que fixemos o achegamento a Tribela, e por ela volvemos ao punto de partida. Desde o pé da Arrocela, xusto no punto desde o que se ve de fronte o tramo en costa que fixemos para subir ao alto, podemos guiarnos polas mariolas da dereita que seguen o curso dun regueiro afluente do río Arado e por el baixar até a zona da fervenza e saír polo camiño que leva a ela, á pista ao pé da ponte preto do estacionamento. |
NOS_49478 | Enfermeiras e fisioterapeutas da Galiza concentráronse hoxe diante da sede administrativa do Sergas, en Compostela, para reivindicar unha "contratación estábel" e máis profesionais de ambas as dúas categorías. | Baixo o lema 'Esiximos solucións. Pola nosa dignidade laboral e profesional', unhas 80 persoas, segundo datos do sindicato Satse, convocante da mobilización, concentráronse diante do Sergas, en San Lázaro, para denunciar o desleixo de "administracións públicas e partidos políticos" ante a situación da sanidade pública. Segundo sinlou a responsábel de Satse na Galiza, Malules Carbajo, a protesta é parte dunha serie de mobilizacións para reivindicar unha cota "máxima de pacientes por enfermeira" no marco da Lei de Seguridade do Paciente, que a Organización Mundial da Saúde fixa entre seis e oito. "O Goberno pon trabas e non a leva a cabo", lamentou, Carbajo. "É un erro manifesto e este sindicato non o vai admitir e estaremos na loita até conseguilo", avisou, para insistir en reclamar un incremento de persoal, porque iso "repercute nos pacientes" e na "calidade" do servizo. Xubilación Outra das demandas do colectivo centrouse na xubilación anticipada aos 60 anos, segundo explicou a representante de Satse, quen apuntou que unha profesional a esa idade "está minguada porque as súas condicións así o din". Contratos dun ano No caso concreto da Galiza, Malules Carbajo exixiu que a "contratación ten que ser estábel, con contratos mínimo dun ano" porque "iso fidelizaría moito ao persoal". "A Administración di estar moi preocupada pola falta de profesionais, pero non vemos que faga nada para que isto non ocorra", apostilou. Con todo, valorou a OPE con 1.070 prazas para enfermaría na Galiza, que se unirán ás prazas da oferta de 2022. "É gratificante, pero esperamos que a xente se estabilice nos seus traballos porque levan moitos anos con OPE aprobadas", sinalou. "É hora de que os interinos teñan unha praza en propiedade", sentenciou. Atención Primaria No caso concreto de Atención Primaria, Carbajo lembrou que se prometeu "unha enfermeira por médico" pero asegurou que "na actualidade aínda non ocorre". "Esperamos que o conselleiro cumpra a súa palabra", abundou. E engadiu que coa carteira "ampla" de funcións neste nivel asistencial "terían que ser dúas enfermeiras por médico para dar a calidade que o Sergas quere". En canto aos hospitais, advertiu que "a gravidade é moi grande". "Temos aos fisioterapeutas nunha situación extrema, cunhas listas de espera que son superpreocupantes", subliñou, para indicar que "chegan a estar de oito meses a un ano en lista". Máis fisioterapeutas Por iso, lamentou que "a poboación ten que buscar fóra esa rehabilitación e o sistema non o debe permitir", remarcou. "Para iso teñen que contratar a moitísimos máis fisioterapeutas porque é imprescindible unha boa rehabilitación porque o usuario ponse moito antes no mundo laboral", sentenciou. "Nos hospitais trabállase a correr, a facer todo rápido, a tentar chegar ao paciente, pero vemos que somos insuficientes", lamentou, para insistir en que "isto teñen que solucionalo" porque hai "moitos déficits". "A Xunta e o Goberno teñen que poñerlle solución", concluíu. |
NOS_45011 | Centos de persoas ficaron finalmente sen poder facer esta proba sen cita e gratuíta en varias áreas sanitarias. | PCR gratuíta e sen cita, un reclamo que provocou unha avalancha de persoas cara aos puntos dispoñíbeis pola Administración realizaba este test. En sitios como o CHUS, en Compostela, houbo colas de horas e numerosas persoas, ademais, ficaron se poden realizar a proba. Este punto para realizar a PCR permanecerá aberto os vindeiros días, agás os de Nadal e Aninovo, en horario de 15.30 a 21 horas. O día 24 finalizará ás 19.00 horas. Sen necesidade de cita. Abonda con chegar e facer cola até que toque a quenda. A fórmula que se deseñou nun principio para a ponte do 6 de decembro o Sergas decidiu estendelas até pasadas as festas do Nadal ante a gran afluencia e a expansión da variante ómicrom. Santiago ou Pontevedra, entre outras áreas sanitarias, son dous dos sitios onde nestas xornadas estanse a dar importantes colas e esperas para poder facer estas PCR. Sen necesidade de cita. Abonda con chegar e facer cola até que toque a quenda Segundo os último datos actualizados polo Ministerio de Sanidad na tarde desta pasada segunda feira, 20 de decembro, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 567,06 casos por 100.000 habitantes, polo que se sitúa a incidencia por baixo da media do Estado, que está en 609,38. A Comisión de Saúde Pública comunicou esta terza feira que, após un encontro de traballo entre representantes do Ministerio de Sanidade e os diferentes territorios do Estado español, decidiuse que as persoas que sexan contacto dun positivo de coronavirus pero teñan a pauta completa de vacinas non terán que gardar corentena. Nun primeiro momento considerábase necesario este período de illamento por precaución no caso de ter achegamento a unha doente da variante Ómicrom. |
NOS_33157 | Transcenden diferentes movementos e negociacións após as eleccións á Generalitat. | A conformación do novo Goberno en Catalunya entra nuns días chave. Mentres as diversas formacións comezan a súa rolda de contactos co obxectivo de acadar as maiorías suficientes para articular unha coalición que sume, diversos interlocutores e axentes sociais fan públicas as súas posicións. Se o pasado domingo, o presidente de Omnium Cultural, Jordi Cuixart, defendeu un Goberno nacionalista e chamou as forzas soberanistas a "non desperdiciar" os resultados electorais do pasado 14 de febreiro, a comezos de semana a grande patronal catalá apostaba nun Executivo presidido por ERC e apoiado por En Comú e o PSC. Foment del Treball, a filial catalá da CEOE, está a moverse moi intensamente para evitar un Goberno independentista en Catalunya. Nese sentido, segundo recolle o xornal barcelonés La Vanguardia, "a grande empresa transmitiu aos líderes de ERC que a súa opción preferida é un Goberno pactado co PSC de Salvador Illa e os comúns de Colau, tanto no formato de coalición como no dun executivo cos republicanos en solitario no Goberno e co apoio externo dos outros dous grupos no Parlamento". Ao tempo o diario destaca que na patronal "temen as medidas fiscais e económicas" de Junts per Catalunya e da CUP. A operación para impedir un Executivo independentista preocupa na base social do nacionalismo. A este respecto, o director do dixital El Nacional, José Antich, dá por feito que "a grande empresa pide a ERC un pacto de Goberno con PSC e En Comú. O obxectivo, que tamén é compartido por Moncloa, está ben claro: impedir un Goberno independentista" e observa similitudes entre a operación en marcha e a que apartou a ERC da alcaldía de Barcelona en beneficio de Ada Colau. |
NOS_9030 | Garantir a seguridade do profesorado e do alumnado, reducir ratios, facilitar a conciliación e contratar persoal son as principais reivindicacións que esta mañá trasladou o portavoz en materia de educación do grupo parlamentar do BNG, Manuel Lourenzo, en rolda de prensa tras unha reunión con representantes da comunidade educativa. | Após a xuntanza, Lourenzo puxo de manifesto a "preocupación" de representantes do profesorado, do alumnado e das familias polo "abandono" ao que están sometidos ante o inicio do curso escolar. Nun momento en que exixe "responsabilidade" e que se estea "á altura", atopamos, afirmou o deputado, "un Goberno do PP que fai absoluta deixación de funcións e que descarga as responsabilidades na comunidade educativa". A día de hoxe, sinalou, "un dos principais retos que temos como sociedade" pasa por garantir a volta ao ensino "segura". Para iso, reivindicou un protocolo de regreso ás aulas "claro e conciso" e salientou a necesidade de que esa volta sexa presencial, se así o permite a situación sanitaria, por ser "o mecanismo que garante a igualdade, a equidade e a calidade" no ensino. Parálise da Xunta "Non entendemos como nestes cinco meses, o Goberno de Feixoo estivo máis preocupado por empregar a pandemia en termos electorais e por botar balóns fóra que por adoptar medidas que son fundamentais", apuntou, para denunciar de seguido a "parálise absoluta" da Xunta, á que acusou de non contar con "ningún só sector da comunidade educativa". Lourenzo, que é profesor de instituto, apelou a non descargar a responsabilidade do Goberno galego nos equipos docentes e nas Anpas e emprazouno a dar certezas e non inseguridades. Criticou Feixoo por non afrontar os debates sobre a redución de ratios e incremento da distancia entre o alumnado; a contratación de persoal e a conciliación e reclamou "financiamento suficiente" para atender todas estas necesidades. Ademais de emprazar a Xunta a exercer as súas competencias, preguntouse que vai acontecer coa conciliación no caso dunha volta ao teletraballo e cos comedores. |
NOS_5068 | Mañá inaugúrase un Salón do Libro de Pontevedra dedicado aos animais, coa participación de María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz. Esta 17ª edición permanecerá no Pazo da Cultura até o 23 de abril. | O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra dará comezo mañá día 1 ás 18h00 no Pazo da Cultura con "As peripecias de Extravaganzza Pérez", un espectáculo creado específicamente para a ocasión e baseado no libro homónimo de Ledicia Costas, no que estará ambientado o Salón este ano. Os contos fusionaranse coa música nesta adaptación para teatro feita por María Lado no que Lucía Aldao porá a súa voz mediante cancións. O acompañamento musical correrá da conta do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Desde a súa creación hai máis de quince anos, este colectivo non cesou de traballar na dinamización deste estilo musical na sociedade por medio de ciclos, traballos discográficos ou, como neste caso, concertos didácticos para escolares. Esta obra musicada, que conta a viaxe de Extravaganzza na busca dos seus pais, transmitiralle a toda a familia valores coma o respecto pola natureza e o coidado dos animais. Apertura de portas e actividades Ás 19 horas abriranse as portas do Salón e comezará a súa actividade, que se prolongará durante tres semanas consecutivas. Como inicio e esa mesma hora, Anxo Fariña impartirá un obradoiro con entrada libre ata completer aforo -"Extravaganzza en Pontevedra"-, no que os participantes poderán encher os ocos en blanco dun panel con rodas coas súas propias ilustracións. Ás 19.30 horas, o público poderá asistir ao "Safari Contográfico" de Pavís Pavós, un grupo de contadores de contos para público infantil que traballa principalmente en Galiza con contos en galego e tratando de recuperar contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios. Ademais, tamén ás 19.30, o Pazo da Cultura acollerá o contacontos "Algo está pasando en Ilusión Ártica", que correrá da conta da Unidade de Cutura Científica do CSIC Galicia. "Cocorico en movemento" Esta tarde inaugurarase na Biblioteca Pública Antonio Odriozola a exposición "Cocorico en movemento" , baseada no pitiño do conto e agora tamén protagonista da serie da Televisión de Galicia "Cocorico". Na Biblioteca poderanse ver os capítulos da serie, escenarios, atrezzo e moitas máis cousas coas que o equipo de OQO filmes e o director Zé Carlos Pinto crearon esta produción de animación en stop-motion. |
NOS_23219 | Ademais, o festival confirma a data da estrea galega de 'Lúa Vermella', última longametraxe de Lois Patiño, que terá lugar o 9 de outubro nun acto especial que reunirá ao elenco da película por primeira vez na Galiza. | Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, afronta a súa edición número 17 de 3 a 11 de outubro. A sección Penínsulas contará cunha escolma de 12 títulos que competirán dentro dun apartado que pon o foco no cinema de autor máis arriscado do panorama estatal. Este ano, durante a celebración do festival ofrecerase a posibilidade de gozar en formato online, no Canal Curtocircuito na plataforma Filmin, das películas seleccionadas dentro das seccións competitivas Radar, Explora e Penínsulas. Como cada edición, tamén levarán a cabo proxeccións e eventos presenciais, con algunhas das cineastas. O festival vén de dar a coñecer as pezas de ficción e non-ficción que compoñen Penínsulas, unha radiografía das novas tendencia fílmicas que comprende variedade de enfoques e xéneros. O lugar común atinxe á vontade das autoras por repensar aspectos da nosa sociedade como a inmigración, o folclore, o rural, a identidade de xénero, a (post)natureza ou as relacións interpersoais nas redes sociais. Reserve, de Gerard Ortin; Gorria, de Maddi Barber; O arrais do mar, de Elisa Cela; La sangre es blanca, de Oscar Vincentelli; Los Páramos, de Jaime Puertas; Lonely rivers, de Mauro Herce; e Profecía, de Julieta Juncadella; amosarán características comúns próximas á etnografía experimental e ao realismo máxico. O ensaio fílmico tamén terá protagonismo con Correspondencias, dirixida pola gañadora do Goya Carla Simón e a cineasta chilena Dominga Sotomayor; e Autoficción, de Laida Lertxundi. Refachos de vida salvaxe, de Jorge Cantos e Panteres, de Èrika Sánchez, outras dúas ficcións que transitan maxicamente preto do cinema do real, completan a selección xunto ao retrato xeracional dirixido por Rafa Alberola, Arenal, filme que usa as redes sociais como principal fío narrativo. 'Lúa Vermella' en exclusiva Para alén do máis, Curtocircuíto confirma a data de estrea na Galiza de Lúa Vermella, o último traballo do vigués Lois Patiño, gañador no Festival de Málaga. Será a sexta feira 9 de outubro nunha proxección especial no Teatro Principal de Compostela. O acto reunirá por primeira vez ante o público ao cineasta e os protagonistas: Rubio de Camelle, Ana Marra, Carmen Martínez e Pilar Rodlos. Tamén estará o produtor, Felipe Lage, e parte do equipo técnico. |
PRAZA_12507 | Os tres colectivos sinalan como causas a ausencia dun programa forestal no parque natural -o que permitiu a extensión dos eucaliptais na zona-, a redución do caudal do Eume -utilizado para encher a lagoa artificial das Pontes-, e a redución do investimento da Xunta nas políticas de prevención e no persoal encargado de coidar os espazos naturais. Ás 20 horas constituirase en Pontedeume unha plataforma cidadá, e ás 20.30 están convocadas concentracións en todas as cidades. | Os tres colectivos sinalan como causas a ausencia dun programa forestal no parque natural -o que permitiu a extensión dos eucaliptais na zona-, a redución do caudal do Eume -utilizado para encher a lagoa artificial das Pontes-, e a redución do investimento da Xunta nas políticas de prevención e no persoal encargado de coidar os espazos naturais. ADEGA, SGHN e Verdegaia denuncian que "aínda que os responsables políticos, nomeadamente Alberto Núñez Feijoó, destacan xunto a intencionalidade do incendio, as condicións climatolóxicas de vento e escasez de humidade", as dimensións deste incendio non poden entenderse "se non é tendo en conta outros factores referentes as políticas ambientais da Xunta de Galiza". As entidades ambientalistas critican que a pesar de que o espazo foi declarado Parque Natural en 1997, as Fragas aínda non contan co obrigado Plan Rector de Usos e Xestión nin cun programa forestal, "o que favoreceu que as Fragas do Eume sufran un paulatino proceso de eucaliptización e crecemento de especies alóctonas". Os tres grupos sinalan ao respecto que unha das zonas calificadas como de Reserva Natural está rodeada por zonas de repoboacións (eucaliptais, piñeirais, etc.), multiplicando o risco de que o lume chegue ás zonas máis sensibles. A pesar de que o espazo foi declarado Parque Natural en 1997, as Fragas aínda non contan co obrigado Plan Rector de Usos e Xestión nin cun programa forestal Tamén fan referencia ás políticas de prevención e extinción, denunciando que a Xunta "primou o investimento en medios de extinción en detrimento da prevención". Por ese motivo, como sucedeu neste caso, "as Fragas do Eume, como veñen manifestando tempo atrás técnicos da propia administración, presentan zonas prácticamente inaccesibles debido ao abandono dos montes". Tamén se critica a precariedade de medios dos equipos de brigadistas e "a aposta da Xunta por reducir o persoal encargado do cuidado dos espazos naturais", e ven no chamado realizado pola Xunta ao exército "a incapacidade de afrontar unha circunstancia previsible de diferentes incendios cos medios e persoal existentes". Tamén fan referencia ás políticas de prevención e extinción, denunciando que a Xunta "primou o investimento en medios de extinción en detrimento da prevención" Finalmente, os colectivos ambientalistas chaman a atención sobre o caudal e o réxime hídrico do río Eume, "moi afectado pola detracción de auga para o enchido do oco da mina de As Pontes". Sinalan que "descoñecemos, debido á falta de información proporcionada por Augas de Galiza, se o proceso de enchido está a cumprir co obrigado caudal ecolóxico nun momento de seca como o actual" e advirten de que o menor caudal do río Eume "podería estar a reducir a evapotranspiración, contribuindo a unha menor humidade no ambiente e a un maior risco de incendio en espazos que, como as fragas, soen verse pouco afectadas polos lunes gracias ao seu elevado nivel de humidade". Os colectivos ambientalistas chaman a atención sobre o caudal e o réxime hídrico do río Eume, "moi afectado pola detracción de auga para o enchido do oco da mina de As Pontes" Por estes motivos, ADEGA, SGHN e Verdegaia esixen a convocatoria urxente da Xunta Consultiva do Parque Natural Fragas do Eume, do Consello Forestal e do Consello Galego de Medio Ambiente. ADEGA denuncia a responsabilidade da Xunta Un segundo comunicado de ADEGA, remitido aos medios o domingo pola noite, é máis explícito e duro na súa denuncia á "responsabilidade" do Goberno galego e considera que a política da Xunta é "tan delictiva coma a actuación dos pirómanos que lle puxeron lume" ao monte. En concreto, ADEGA denuncia o recorte de 20 millóns de euros nos orzamentos para prevención e 2 millóns para extinción, e critica a Lei de Montes, que -segundo denuncia- reduce as faixas de protección, o tempo para aproveitar os terreos queimados e permite masas monoespecíficas (eucaliptos, por exemplo) de máis de 50 hectáreas continuas. ADEGA considera que a política da Xunta é "tan delictiva coma a actuación dos pirómanos que lle puxeron lume" ao monte Finalmente, ADEGA chama a atención sobre "a redución e precarización dos operativos de loita contra o lume", a eliminación do voluntariado do monte, a suspensión das Brigadas de Investigación dos Incendios Forestais, a desactivación das Unidades de xestión forestal (UXFOR) e a creación das Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR), que ao seu xuízo abern a porta á especulación do monte. |
NOS_49161 | Os verdugos seguen a ser os grandes ausentes nos estudos sobre a represión. Achegamos unha primeira relación de membros das forzas de seguridade que nas dúas últimas décadas do franquismo participaron activamente na represión dos demócratas galegos. | A Brigada Político Social acubillou nas súas filas unha boa farte dos represores máis caracterizados dos anos finais do franquismo. Orientada á persecución das organizacións democráticas que combatían o réxime desde a clandestinidade, fundouse en 1941 co nome de Brigada de Investigación Social, seguindo o modelo da policía política da Alemaña nazi, manténdose en activo até 1976. A BPS, como era coñecida popularmente, conformaba unha sección autónoma dentro do Corpo Xeral de Policía, directamente dependente dos Gobernos Civís e do Ministerio de Gobernación, con presenza na totalidade das cidades galegas e nas súas vilas máis importantes. Se ben a maioría dos seus números concentrábanse nas cidades de Vigo, Ferrol, Compostela e A Coruña, onde a contestación ao réxime era máis forte, contaban tamén con efectivos en Lugo –o caso do "Cacharrón" ou do "Chino"– e en Ourense –o caso de Serxio González ou Xosé Manuel Orbán Sousa–. A actuación de Orbán Sousa mereceu a atención das publicacións antifranquistas. Segundo sinala Nova Galicia, publicación ligada ao Partido Comunista de Galicia (PCG), no seu número 20-21, a 15 de abril de 1971, son conducidos a comisaría e sometidos a malos tratos diversos militantes das Comisións Campesiñas en Verín, "destacando xa alí o policía Orbán como matón, aprendiz de matón a soldo". Os días seguintes son detidos en diferentes localidades e posteriormente maltratados algúns cadros comunistas, sinalándose as torturas recibidas por Carlos Barros. Recolle Nova Galicia que "os policías Xosé Manuel Orbán e Serxio González pegaron repetidas veces aos labregos Norberto Salgado, Serxio Sandoval e Camilo de Dios", continuando a crónica con referencias á súa participación nos malos tratos, até caracterizalo como "o imberbe señorito Orbán, que levaba pistola e procuraba un estilo como un vaqueiro das novelas de Estefanía; un señor que non sabe facer nada máis que o que fai: humillar e pegar aos nosos traballadores e tentar de vexar os cidadáns". Orbán Sousa abandonaría pasado ao tempo a policía para desenvolver a súa carreira profesional no ámbito do dereito. A tortura foi unha práctica habitual na comisaría da Coruña, segundo denunciaron os propios afectados. Os presos políticos detidos nas diversas caídas que afectaron ás organizacións democráticas recoñecen como normal entre os represores o recurso , "as táboas de ximnasia", método que "obrigaba o detido a permanecer de pé e en posturas forzadas mentres o golpeaban por todo o corpo", pero tamén "o quirófano", consistente "en estirar o retido sobre unha mesa mentres se lle peta no estómago e se lle introducen bolígrafos estriados sobre os dedos das mans". Nesta cidade, segundo recolle o voceiro comunista A voz do pobo no seu número do 23 de xuño de 1971, significaríanse nos labores represivos Benedicto Carballeira Rodríguez, Lino Fernández Gómez, Xosé Luís Rodríguez Losada, Francisco Paradela Castro e Emilio Zunzunegui. Paradela Castro, nado en Ourense, alférez de complemento nas milicias universitarias, presidente na década dos sesenta e setenta da Sociedade Cinexética da Coruña, arredor da cal vertebrou unha rede de delatores, comisario xefe da policía nacional en Monforte de Lemos durante os primeiros gobernos do PSOE e autor nos anos noventa de dous libros ideoloxía neonazi, titulados El talmud: código sagrado y secreto e Cuestiones judeomasónicas o el eterno contubernio. [Podes ler a información íntegra no número 359 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_11447 | O estudo conclúe que as persoas que levaron a cabo estas tarefas durante máis de dez anos teñen o dobre de risco de padecer esta enfermidade, sexan fumadores ou non. Recomendan traballar en lugares con boa ventilación e empregando medidas de protección. | As persoas que levaron a cabo actividades habituais de bricolaxe durante dez anos ou máis teñen o dobre de risco de padecer un cancro de pulmón, sexan fumadores ou non. É a principal conclusión dun amplo estudo desenvolvido en catorce hospitais de Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid, e nun hospital de Portugal, no que a meirande parte dos participantes foron galegos.As persoas que levaron a cabo actividades habituais de bricolaxe durante dez anos ou máis teñen o dobre de risco de padecer un cancro de pulmón, sexan fumadores ou nonNo estudo, que vén de ser publicado na revista Environmental Research participan investigadores da Universidade de Santiago, como Alberto Ruano, así como médicos dos hospitais de Ourense, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago de Compostela.A investigación, que analizou a 1.528 doentes que foron diagnosticados de cancro de pulmón, constata que aquelas persoas que realizan actividades de tipo bricolaxe, pintura, modelismo ou restauración de mobles no seu tempo libre, posúen un maior risco de desenvolver cancro de pulmón. Moitas das sustancias empregadas nestas actividades son análogas a outras empregadas en ocupacións con maior risco de cancro de pulmón, tales como carpinteiros, ebanistas, industria da goma ou do calzado, e implican a exposición a disolventes orgánicos, colas, pegamentos, vernices ou po de madeira.A partir de sete horas semanais o risco de padecer cancro de pulmón é catro veces mais alto. E tamén multiplica o risco entre os fumadoresA maior incidencia da enfermidade prodúcese cando a actividade se realiza de maneira habitual e continuada, durante dez anos ou máis, duplicándose o risco de padecer un cancro. O risco aumenta entre as persoas que dedicaron máis tempo a facelas; de feito, a partir de sete horas semanais o risco de padecer cancro de pulmón é catro veces mais alto. Así mesmo, a perigosidade aumenta no caso dos fumadores. "O risco de cancro pulmonar tamén é elevado e estatisticamente significativo nos nunca fumadores, tendo estes últimos tres veces maior risco de cancro pulmonar se fan estas actividades dez anos ou máis en comparación cos que non realizan ditas actividades", afirman os autores do estudo. O equipo investigador destaca que a mellor maneira de evitar o cancro de pulmón é non fumar e no caso dos nunca fumadores, saber se teñen niveis elevados de radon no seu domicilioEste estudo é o máis grande, en termos de participantes, dos realizados ata o de agora en relación coa influencia deste tipo de actividades de tempo libre e o desenvolvemento de cancro de pulmón. Todos os resultados tiveron en conta o sexo, a idade dos participantes, o nivel de estudos, o consumo de tabaco e a exposición a radon residencial. Os autores deste traballo xa publicaran indicios desta asociación, se ben os resultados obtidos neste estudo confirman os achados previos. O equipo investigador destaca que a mellor maneira de evitar o cancro de pulmón é non fumar e no caso dos nunca fumadores, saber se teñen niveis elevados de radon no seu domicilio ou se realizan actividades de bricolaxe, pintura, modelismo ou restauración de mobles ou mesmo outras nas que as exposicións sexan similares. Neste senso, recomendan facelas en lugares con boa ventilación empregando medidas de protección.Recomendan realizar as actividades de bricolaxe en lugares con boa ventilación empregando medidas de protecciónEste traballo, financiado por varios proxectos de investigación competitivos, forma parte da tese de doutoramento de María Lorenzo González, do programa de doutoramento de Epidemioloxía e Saúde Pública da USC. O investigador principal do mesmo é o profesor Alberto Ruano Raviña, coordinador do Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia en Epidemioloxía e Saúde Pública. |
NOS_899 | Unha planta de hidróxeno "verde", outra de biogás a partir de puríns e unha factoría de fibras de celulosa son os tres proxectos estrela aos que fía Núñez Feixoo e o comité de expertos a recuperación da economía galega. O plan, aínda sen datas, servirá para compensar parte do emprego destruído nos últimos anos. | O futuro industrial da Galiza pinta negro. Ao feche da factoría de aluminio de Alcoa, que non está disposta a dar o seu brazo a torcer, e da central térmica de Meirama (Cerceda), que deixarán na rúa máis de 600 traballadoras, sumarase nos vindeiros meses o da central das Pontes. De momento, nin Alcoa, nin Endesa, nin Naturgy, propietarias destas instalacións, puxeron sobre a mesa ningún plan industrial alternativo que permita garantir o emprego e salvar a actividade industrial nos territorios nos que se asentan. Neste tempo, a Xunta tampouco puxo da súa parte para promover alternativas. Tivo que ser o seu comité de expertos económicos o que lanzase varias propostas encamiñadas a mobilizar investimentos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, deu a coñecer a pasada cuarta feira estes proxectos, "chaves para a necesaria transición cara á sustentabilidade, a dixitalización e a competitividade do tecido produtivo galego" e deseñados no marco da Estratexia de especialización intelixente da Galiza (RIS3). Como apuntou, están concebidos para que encaixen nas políticas do pacto verde europeo, o que lles permitirá obter financiamento de Bruxelas. O resto dos cartos virán de investimentos públicos e sobre todo privados. "Presentamos tres proxectos tractores deseñados co comité de expertos: viábeis, con demanda, que responden a unha oferta desatendida e que teñen moito que ver coa Galiza e co obxectivo de mobilizar investimento, innovación e emprego", indicou Feixoo na presentación dos mesmos. O papel das empresas Detrás deste anuncio, do que moitas economistas ven un marcado carácter electoralista, ocúltanse os proxectos de empresas como Naturgy e Endesa para compensar o feche das súas centrais térmicas. De feito, dous deles enmárcanse no ámbito enerxético. O primeiro é unha planta de produción de hidróxeno verde de 50 megavatios (MW) para o seu uso na industria, na mobilidade como combustíbel e a súa inxección na rede galega de gasodutos. Trátase dunha aposta arriscada, xa que o futuro da mobilidade podería ir por outra liña diferente á da pila de hidróxeno. Tamén no eido enerxético, o segundo dos proxectos consistiría na creación dun centro de produción de biogás e fertilizantes a partir dos excedentes dos xurros procedentes das gandarías galegas e no que tamén se poderían reciclar plásticos e téxtiles, o que permitiría camiñar na liña dos obxectivos de reciclaxe que marca a Unión Europea para 2030. Este centro de gas renovábel podería ser do que falara Naturgy cando deu as claves do seu proxecto industrial para Meirama após o seu feche, previsto para finais do presente mes de xuño. De momento non deu máis pistas sobre este proxecto. As recomendacións das expertas van precisamente nesa liña, na de sustentarse na capacidade de tracción de grandes empresas estabelecidas na Galiza ─que non galegas─ nas súas respectivas cadeas de valor, ou en alianzas lideradas por estas nas que tamén participen pemes e outras empresas vencelladas a dita cadea de valor, como poden ser os clústers. Neste senso, Galiza xa experimentou este modelo de colaboración en iniciativas como a Unidade Mixta Gas Natural Renovábel, impulsada por Naturgy e EnergyLab, xunto a EDAR de Bens na Coruña. Reganosa e Ence Todo ese hidróxeno e o gas renovábel podería inxectarse nas rede gasista galega e reducir así a dependencia exterior. É seguro que Emilio Bruquetas, director xeral de Reganosa e membro do comité de expertos que asesora a Feixoo, xa ten botadas as súas contas sobre os beneficios que esta medida pode achegar á empresa participada polo empresario Roberto Tojeiro, presidente de Gadisa, e a propia Xunta. O mesmo sucede no sector forestal, ao que está vencellado o terceiro dos proxectos. Trátase da creación dun centro de fabricación de fibras téxtiles a partir da madeira, fundamentalmente celulosa e residuos alimentarios, agrícolas e forestais, un campo no que traballa desde hai tempo Ence, que mesmo incluía nos seus plans de futuro a creación dunha liña de produción de viscosa na súa fábrica asturiana de Navia que agora podería quedar na Galiza. O obxectivo deste centro, segundo Feixoo, é impulsar a xestión sustentábel dos bosques e a biodiversidade forestal e fechar así o círculo do aproveitamento da madeira no país, aínda que na práctica só servirá para consolidar un modelo baseado no monocultivo de eucalipto. |
NOS_5973 | No noso país, áchanse situadas 13 das 16 áreas de produción de moluscos bivalvos co nível máis alto de contaminación fecal, pondo de relevo o fracaso da política medioambiental da Xunta. | A Xunta ten atribuídas competencias sobre a calidade das augas das rías galegas. Os últimos dados disponíbeis mostran o fracaso absoluto da súa xestión nesta materia. Segundo o proprio Ministerio de Agricultura, o 80% das zonas C -áreas que apresentan un alto nível de contaminación fecal- se achan no noso país, onde está a única zona D de todo o Estado, na Ría de Ferrol. Alí até apañar marisco pode constituír un delito contra a saúde pública. Precisamente as deficiencias en materia de saneamento propiciaron a visita dunha delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ás rías de Vigo, O Burgo e Ferrol o pasado mes de febreiro. A información íntegra, no número 61 do Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques e librarías do país. Tamén na nosa loxa. |
PRAZA_4589 | Cadeas (Xabier López), Sobre Ruínas (Xesús Rábade Paredes) e Feminismos (Olga Castro e María Reimóndez), mellores libros de narrativa, poesía e ensaio, respectivamente. Ramón Nicolás (mellor crítico), Culturgal (mellor iniciativa) e Praza Pública (mellor medio de comunicación), entre os premiados | Os lectores e lectoras da web cultural Fervenzas Literarias escolleron, un ano máis (e van xa sete anos consecutivos), as obras, autoras e iniciativas vencelladas á literatura galega máis destacadas do pasado ano. En total os responsables de Fervenzas recibiron 439 enquisas, un corpus realmente amplo que consolida esta iniciativa. Cadeas (Xabier López), Sobre Ruínas (Xesús Rábade Paredes), Feminismos (Olga Castro e María Reimóndez), Isóbaras (Gustavo Pernas), Operario (Jano) foron seleccionados como os mellores libros de 2013 de narrativa, poesía, ensaio, teatro e banda deseñada, respectivamente. Ramón Nicolás (mellor crítico), Culturgal (mellor iniciativa) e Praza Pública (mellor medio de comunicación) tamén aparecen entre os premiados. Mellor libro de... Narrativa: Cadeas (Xerais). Xabier López López Mellor libro de... Poesía: Sobre ruínas (Alvarellos). Xesús Rábade Paredes Mellor libro de... Ensaio: Feminismos (Xerais) Olga Castro e María Reimóndez Mellor libro de... Teatro: Isóbaras (Xerais). Gustavo Pernas Cora Mellor banda deseñada: Operario (Demo) Jano Mellor libro de... Tradución para adultos: Ulises (Galaxia) James Joyce. Tradución de Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle Mellor libro de... Xuvenil: Nubes de evolución (Xerais). Andrea Maceiras Mellor libro de... Infantil: Un rato díxolle á lúa (Xerais) Antonio García Teijeiro e ilustracións de Xosé Cobas Mellor libro de... LIX traducida: A evolución de Calpurnia Tate, Jacqueline Kelly (Faktoría K de Libros). Tradución de Carlos Acevedo Autor/a do 2013: Xabier López López Ilustrador/a do 2013: Manel Cráneo Mellor portada de... Adultos: A luz da colleita (Galaxia) Mellor portada de... Literatura Infantil e Xuvenil: Pan de millo (Kalandraka). Ilustración de Dani Padrón Mellor editorial do 2013: Xerais Mellor crítico/a do 2013: Ramón Nicolás O mellor acontecido no 2013: Culturgal 2013 O peor acontecido no 2013: Os recortes en cultura Mellor Libraría do 2013: Andel (Vigo) Mellor medio de comunicación do 2013: Praza Pública Mellor blog do 2013: Caderno da Crítica. Ramón Nicolás |
PRAZA_13371 | O blog Se o vello Sinbad tivese fillos, o espazo de Praza dedicado á paternidade e maternidade e ás moitas cousas que xiran ao redor desa actividade que se realiza a tempo completo, pregúntase polos distintos tipos de familias. E acha que hai catro: Pitiñas, Mouchas, Domingueiras e Morticias. Cal é a túa? | O blog Se o vello Sinbad tivese fillos, o espazo de Praza dedicado á paternidade e maternidade e ás moitas cousas que xiran ao redor desa actividade que se realiza a tempo completo, pregúntase polos distintos tipos de familias. E acha que hai catro: Pitiñas, Mouchas, Domingueiras e Morticias. Cal é a túa? E contestando á galega diría: depende. Nos tempos pre-legado xenético nos que non existían os horarios, vía as familias saír á rúa ás tres da tarde a plena soalleira e non podía máis que pensar: "diola, co ben que estarían na sesta!". Nunca tomei o tempo coma unha limitación que me impedira facer cousas, un cárcere imposto no que non só te limitan senón que entras nunha dinámica gris. Ollo, non digo que non haxa que ter horarios senón que estes sonche ben flexibles. Nestas idas e voltas distinguín ata catro familias diferentes e función dos horarios Toda esta filosofía de Faino Ti (FT= barateira) vén por un dos moitos defectos que eu teño. Non paro de mirar á xente e cómo se comporta, sonche unha "mirichas", ou "guichona" como dín no meu país, e eso deume pé a poder observar que nas cidades os espacios de lecer para ás familias son mínimos (e naquelas nas que chove máis do 80% do tempo son ridículos) e moitas rematan facendo os mesmos percorridos cal ratos na roda na que todos conflúen. Nestas idas e voltas distinguín ata catro familias diferentes e función dos horarios (españois…) Pitiñas: Todo o fan antes ca todos. Érguense antes do sol poruqe cando este raia, xa teñen preparado todo e listo. Sempre andan apuradas e móvense a velocidades pasmosas cunha organización medida ao milímetro digna dos marines e independentemente dos fillos que teñan. Non durmen sesta e saen cedo da casa chova, faga sol ou neve. Son esas que cando tí chegas ao parque ou ludoteca elas xa están de volta cara á casa a facer ceas, baños e poñer pixamas antes das oito da tarde, hora de se deitar. Se vas de viaxe con algunha deste tipo perpárate a vivir todo antes que todos e máis rápido. Mouchas: Son todo o contrario das anteriores. Aproveitan o tempo doutro modo. Érguense cando o sol raiou hai tempo e na mesa do almorzo só quedan as migallas. Pensan que o tempo é chicle para eles e fan todo paseniño, sen présa.Chegan a todo depois das Pitiñas. De feito, son as que te cruzas cando marchas do parque cara á casa. Deitan aos nenos non antes das nove-dez da noite e aínda así o día aínda non rematou para eles pero o día ten o tempo que ten e cando se dan de conta do tarde que é ven que na axenda quedaron cousas sen facer. Se vas de viaxe con elas acumula paciencia a lotes porque vala necesitar se queres seguir o seu ritmo a trás-pés. Domingueiras: Concentran todo o lecer nun só día e son as 24h máis intensas do mundo. Serían unha perfecta combinación entre as pitiñas e as mouchas se non fora porque só saen os domingos. Son as que aproveitan a almorzar rápido de paseo polo centro, ir de tapas no xantar, tomar o café ao sol, ir ao cine e depois ao parque (co cal entran coas pitiñas e saen cos mouchos) e cean fóra. Todo esto antes das dez que o luns apremia. Son fácilmente recoñecibles. Domingo, familia ao completo, levan lambetadas nas máns e globos de Bob Esponja no carriño. Se vas con elas de excursión prepárate a vivir o domingo máis intenso e concentrado do mundo. Morticias: Non saben que tempo vai ese día. Se chove ou fai sol, se neva ou se escampa. Non falan de parques nin de prazas pero saben un lote de tendas e chikibolas e de qué centro comercial é o mellor da cidade. Estas familias case viven nos CC.CC porque son felices alí e porque son 24 horas eternas no que os horarios non existen . Dis que din que unha destas familias intentou saír fóra dun, e estoupou… así que se ides de viaxe con elas, ollo. Entón di: de que familia vés sendo? |
PRAZA_1674 | "Ahora en Común" é unha chamada dos de abaixo, da cidadanía asoballada. Un chamamento que foi desbordado polos acontecementos e pola repercusión non esperada. Hoxe en día "Ahora en Común" non é nada, pero pode chegar a ser todo. | O pasado día 9, presentábase o manifesto "Ahora en Común" que fai un chamamento a unha candidatura unitaria da xente e para a xente nas vindeiras eleccións xerais. A proposta pretende ser un espazo de encontro que permita a constitución dunha candidatura que, a imaxe das candidaturas municipalistas de Madrid, Barcelona, Compostela, Coruña ou Zaragoza, permita mediante un proceso amplamente participativo, recuperar as institucións, neste caso o goberno do estado, para a xente. Este chamamento faise sen apriorismo ningún, máis que o protagonismo cidadán. Enténdese do chamamento que o que se prantexa nel é que os partidos que asuman esta postura non concorran ás vindeiras eleccións e apoien e subsúmanse na candidatura xurdida do proceso. A repercusión mediática deste chamamento vén dado, sen lugar a dúbidas, polas simpatías e adhesións que este está a recibir. Entre os primeiros asinantes, atopamos unha maioría de persoas procedentes dos procesos de confluencia cidadá nas recentes eleccións municipais, xentes sen adscrición partidaria, dos movementos sociais, do 15M e de partidos como Podemos, EQUO ou "Izquierda Unida". Mesmo dende as mareas galegas chegan mostras de simpatía, xa sexa coa adhesión dalgún alcalde -Ferrol- como coa benvida doutros -Compostela e Coruña-. É lóxico que os partidos que se viron referenciados nos movementos municipalistas cidadáns vexan como unha proposta amigable a "Ahora en Común" "Ahora en Común" non é un instrumento de ningún partido político, nen xurde deles. É lóxico que os partidos que se viron referenciados nos movementos municipalistas cidadáns vexan como unha proposta amigable a "Ahora en Común". A maioría dos asinantes do manifesto, alo menos dos iniciais, provimos destas candidaturas municipais e se algún partido está máis representado que outros nos asinantes é Podemos, con numerosos cargos electos e fundadores do partido, hoxe condenados ao ostracismo interno. "Ahora en Común" non é un partido político, nen o vai ser, pese a aparición de páxinas "troll" nas redes sociais, algunha delas en Galicia que anuncian que "este es un proyecto que surge de IU y EQUO y que proximamente se registrará como partido político para concurrir a las elecciones" "Ahora en Común" non vai concorrer ás eleccións xerais, non é o seu fin. Tampouco vai concurrir como tal a unhas posibles primarias dentro do proceso de confluencia cidadá que poida darse. É moi probable que asinantes do manifesto ou promotores do mesmo participen en ditas primarias. Despois de asistir a unha reunión da coordinadora de "Ahora en Común" dou fe de que non hai ningún partido detrás. Ningún instrumento dun partido político pode ser tan "liquido" e tan falto de "organización" Despois de asistir a unha reunión da coordinadora de "Ahora en Común" dou fe de que non hai ningún partido detrás. Ningún instrumento dun partido político pode ser tan "liquido" e tan falto de "organización". "Ahora en Común" é unha chamada dos de abaixo, da cidadanía asoballada. Un chamamento que foi desbordado polos acontecementos e pola repercusión non esperada. Hoxe en día "Ahora en Común" non é nada, pero pode chegar a ser todo. Imos máis aló, máis aló do grupo parlamentar galego propio, máis aló do compromiso de apoio a un posible goberno ou participación no mesmo. Defendemos a participación dende Galicia na elaboración do programa estatal para as eleccións xerais E nese escenario, Galicia ten que xogar algún papel e non quedar illada. Quen, dende Galicia vimos seguindo ou participando no proceso, estamos a defender, que o proceso de confluencia en Galicia é un proceso propio, xa posto en marcha con distintos chamamentos e coa experiencia acadada no proceso electoral municipal polas "mareas" que tarde ou cedo terán que confluír nun único chamamento que salve as pequenas diferencias que aínda hoxe existen. Pero tamén imos máis aló, máis aló do grupo parlamentar galego propio, máis aló do compromiso de apoio a un posible goberno ou participación no mesmo. Defendemos a participación dende Galicia na elaboración do programa estatal para as eleccións xerais e, como non, que dende a candidatura estatal se asuma como propio o programa electoral específico que se elabore dende a candidatura galega. Pero todo isto son propostas e o único apriorismo para a confluencia é a cidadanía. O camiño é difícil, pero seguimos a pensar que o que nos une é moito máis co que nos separa, aquí e alá. |
NOS_57730 | Vinte anos despois de dirixir o Calígula de Camus, Manuel Guede volve enfrontar a obra, desta vez coa Companhia de Teatro de Braga. | Di o tango que vinte anos non é nada, pero vai resultar que si, que en vinte anos se aprende moito da vida, e do teatro. Vinte anos despois, Manuel Guede volve ao Calígula de Camus. E se na versión de 2000 –que protagonizara Morris co Centro Dramático Galego– Guede non acababa de deixar a un lado esa visión máis popular da crítica ao tirano, da loucura que arrastra os poderosos a sentirse inmunes, na nova montaxe coa Companhia de Teatro de Braga a lectura vai máis ao fondo, a ese sentido da liberdade ao que o emperador quere chegar, a ese "acadar a lúa" tan imposible coma inhumano. Diríxese sen atallos á verdadeira preocupación de Camus cando refixo unha obra escrita en 1939 para estreala en 1945: é dicir, despois da guerra e dos campos de concentración. Calígula, de Albert Camus / Director: Manuel Guede / Companhia de Teatro de Braga / Estrea no Theatro Circo de Braga o 22 de decembro de 2020. Hoxe non existe un pensamento filosófico que certifique ese debate sobre a liberdade, aínda que si hai un empobrecemento do concepto, unha banalización levada a cabo, principalmente, polos que tenden a recortar ás liberdades e os dereitos á primeira ocasión que se lles presenta. E por iso mesmo, a obra é pertinente: porque descobre que non existe a liberdade absoluta e que todo absoluto é unha fantasía totalitaria. A función non se refuxia no histrionismo do emperador: nese sentido, a idea de que Calígula sexa interpretado por unha muller –unha oportunamente introspectiva Solange Sá– abre a porta a unha visión máis repousada que prefire poñer a proba o nihilismo do emperador –e a súa intelixencia– que recrearse na súa crueldade. Para a personaxe de Camus, a vida carece de valor xa que o único certo é que "os homes morren e non son felices". Xa que logo, se non é posible cambiar o mundo, se o universo é absurdo, o imperio non pode operar baixo a éxida da razón. O seu erro –o xermolo da súa traxedia– é negar a humanidade, non decatarse de que non pode destruílo todo sen destruírse a si mesmo. Guede desafía o conservadurismo estético de Camus acelerando o tempo, introducindo referentes contemporáneos (como o lap dance diante dos patricios), engadindo cores hipnóticas que traspasan o simbólico para achegarse ao especulativo. Mais tampouco renuncia á porción máis política da obra, invitando ao público a que sinta o medo, o instrumento favorito da tiranía para gobernar. Camus deixou escrito que "as forzas que se enfrontan na traxedia son igualmente lexítimas, están igualmente armadas de razón. No drama e no melodrama, pola contra, só unha é lexítima. Dito doutra forma, a traxedia é ambigua, o drama é simplificador". A ambigüidade deste Calígula é, ademais de estarrecedora, moi oportuna. |
NOS_11335 | A CIG critica, ademais, a situación "ao bordo do colapso" na que se atopa o centro que xestiona Política Social en Oleiros. | A secretaria da sección sindical da CIG de Politica Social da Coruña, Mar Peteira, denuncio ante a Xefatura Territorial que "falta moito persoal por vacinar nas Residencias de Maiores, sin que pola Xunta da Galiza se tomen medidas inmediatas para así evitar posíbeis riscos de contaxios nuns centros que están a convivir vacinados con non vacinados en primeira liña de atención sociosanitaria". A central sindical clamar por unha "segunda rolda de vacinacións" nas que se inclúa o persoal "que non foi chamado no seu momento por atoparse de vacacións, situación de permiso ou por recomendacións ante posíbeis contraindicacións que xa foron revogadas". A residencia de Oleiros, "ao bordo do colapso" Por outra banda, a CIG tamén denuncia a situación actual na residencia de maiores de Oleiros, de titularidade pública da Consellería de Política Social, na que "se están a soportar unhas condicións de traballo de absoluto desbordamento pola falta de persoal auxiliar de enfermería, o que impide atender debidamente as necesidades dos e das residentes nas distintas plantas do centro, así como o estrito cumprimento das normas sinaladas polos protocolos Covid-19". A CIG pediulle ao director do centro "que non escape das súas responsabilidades" e tome "con urxencia" medidas para evitar a "paralización" da atención nas plantas e evitar así "un colapso que pode suceder en calquera momento, dado o sobre esforzo co que se está a traballar". "Responsabilizamos destes feitos directamente á conselleira Fabiola Garcia, sempre despreocupada e carente de empatía cos problemas e situacións que se están a soportar nas residencias de maiores, moi lonxe do panorama idílico e bucólico que a conselleira vende nos medios de comunicación que, por desgraza, solo difunden a súa versión propagandística", conclúe. A conselleira Fabiola Garcia debe habilitar de inmediato un incremento de plantillas nas residencias de maiores que no caso referido da de Oleiros é unha necesidade urxente e inaplazable. Na consecución dunha soluión definitiva para a acumulación de traballo e sobre explotación do persoal que se da na Residencia de Miores de Oleiros. |
NOS_23907 | Por vez primeira na historia do actual réxime político español un presidente do goberno en exercicio terá de declarar presencialmente nun xuízo por corrupción do seu partido. O dubidoso honor cábelle a Mariano Rajoy. El quería declarar vía videoconferencia. A Audiencia Nacional denega a súa petición: o testemuño terao que prestar na sede do tribunal. | Duro varapau político para Mariano Rajoy que chega, alén do máis, no pior momento para el, nas vésperas da moción de censura de Podemos. A Audiencia Nacional -por dous votos a un- acaba de determinar que a súa comparecencia sexa presencial e non através dunha pantalla de plasma. Os maxistrados entenden que os motivos alegados pola Moncloa para afastar Rajoy do trance de ir fisicamente ao tribunal non son "consistentes". Rajoy terá de estar fisicamente no tribunal para declarar. De o facer através de vídeoconferencia podería conculcar, entende a AN, os principios de contradicción e inmediación que deben caracterizar o xuízo. A única concesión á Moncloa é que a declaración poderá ser desde "os estrados" laterais e non desde o banco dos reos. Nada poderá evitar, porén, a foto, sen precedentes, da chegada de Rajoy ao tribunal. No auto a meio do cal se sustancia esta decisión, os maxistrados recalcan que "a comparecencia das testemuñas perante o Tribunal sempre foi e é unha comparecencia física". Nega tamén o tribunal un dos argumentos esgrimidos pola Moncloa -o da comparencia física supor un despregamento importante de recursos - e, destarte, e con certa ironía, a Audiencia Nacional remarca que a súa sede se acha a apenas 18 quilómetros do palacio presidencial. |
NOS_22217 | A Iniciativa Defende Meirás difunde a segunda parte do catálogo de móbeis que a familia herdeira do dictador quere sacar do lugar. | A Iniciativa Defende Meirás difunde a segunda parte dos bens incluídos no catálogo do Pazo de Meirás que a familia Franco pretende retirar (ou xa retirou nalgún caso) amparándose en controvertidas decisións da Xustiza española e con fondas reminiscencias franquistas. Nesta ocasión a organización trata tres elementos, as lousas do chan da capela, o retablo e pezas do conxunto e as cadeiras e reclinatorios. En canto a capela das Torres de Meirás, un espazo de culto relixioso que non podía faltar en ningunha casa nobre, re-acondicionado no seu día baixo a supervisión de Emilia Pardo Bazán, converteríase co tempo nun dos lugares máis fotografados do Pazo durante as estancias do ditador. No chan hai dúas pedras que son dúas lousas, unha delas cunha inscrición á memoria do fundador da casa medieval, Roi de Mondego, do século XIV. É a peza co número 27 do catálogo. Ademais, consérvase un retablo, orixinario do Pazo ou Torre de Sada, de finais do século XVII ou comezos do XVIII, incorporado ás Torres na súa construción a finais do século XIX. Na RAG hai depositada unha fotografía coa lenda: "Altar maior de igrexa non identificada", e datada entre os anos 1900 e 1920, que é o retablo orixinal da capela. Estes bens en perigo de seren trasladados polos Franco forman parte en realidade do legado de Pardo Bazán. Todas as figuras do retablo son as orixinais da época de Pardo Bazán, coa excepción da máis importante. A virxe que figura na parte inferior da sección central non é a orixinal. A orixinal era unha figura de Nosa Señora "da Antiga", que se reproduciu nunha postal que Pardo Bazán remitiu desde Meirás a Santiago de la Iglesia. A parte lateral esquerda do retablo ten simboloxía relativa á ascendencia de Emilia Pardo Bazán, e probablemente foi tallado á imitación do central, moi anterior no tempo. A da dereita ten simboloxía e heráldica relativa a Franco, pode ser unha reprodución dos anos da ditadura realizada a imitación da outra. Na capela tamén se atopa o sepulcro mandado labrar pola escritora co fin de acoller os seu restos. Mais finalmente foi soterrada en Madrid e nunca se cumpriu esa vontade súa. Por último, están as cinco cadeiras de estilo neogótico con tapicerías bordadas por Pardo Bazán e outras mulleres da familia. Orixinalmente estaban situadas no despacho da planta baixa da Torre de Levante, tamén coñecida como a da "Quimera". A máis grande, a do retrato de Catalina de Alexandría, formaba parte do escritorio de Pardo Bazán. Os reclinatorios son tamén da época da escritora. Un deles mesmo leva as súas iniciais (PB). O único que non se pode confirmar é o de maiores proporcións, situado no centro e que empregaba Franco. O ditador e a súa dona axeonlláronse nesa capela en multitude de ocasións diante dos focos dos fotógrafos e do Nodo para exhibir a súa fe en Deus mentres saqueaban o país. Desde a iniciativa piden a cidadanía que se dirixan a título individual á Consellaría de Cultural e soliciten que se publique "de inmediato" o catálogo de bens móbeis de Meirás, incorporándoos como anexo na declaración de Ben de Interese Cultural e asociados á categoría de sitio histórico. |
PRAZA_5883 | Segundo o publicado por Enagás a produción no mes de maio da planta situada no interior da ría de Ferrol foi do 16%, unha diminución do 57% con respecto do mesmo mes do 2013 (38%). A plataforma lembra que a planta ten un custe de 60 millóns de euros anuais en cartos públicos. | Segundo os datos publicados por Enagás, xestor técnico do sistema gasístico, a produción de gas da planta de Reganosa, en Mugardos, foi no mes de maio tan só do 16%, unha diminución do 57% con respecto respecto do mesmo mes do 2013, cando a media de produción foi do 38%. O Comité Cidadán de Emerxencia lembra a este respecto que a planta, ademais "da súa ilegalidade e ameaza para a poboacion", ten un custe para os orzamentos públicos de ao redor de 60 millóns de euros ao ano, e forma parte do chamado déficit tarifario, que no caso do gas acada os 700 millóns de euros "e é utilizado polas empresas enerxéticas, neste caso os promotores de Reganosa, coa complicidade dos gobernos de turno, para timar a cidadanía a través das tarifas eléctricas e do gas". Enagás, "está a cobrar" a amortización por "retorno do investimento" que se carga á factura dos usuarios da rede de distribución de gas. Reganosa operou entre xaneiro de 2011 e xaneiro de 2012 un total de 260 días por debaixo do mínimo técnico de seguridade, que no caso da planta ubicada na Ría de Ferrol, se sitúa en 60 GWh por día, un 10% da capacidade total. Ademais, outros 65 días operou exactamente nese mínimo, cumprindo de forma moi axustada coa legalidade. O Comité Cidadán de Emerxencia lembra que a planta ten un custe para os orzamentos públicos de ao redor de 60 millóns de euros ao ano Para a plataforma, os últimos datos coñecidos veñen "demostrar as falsidades aducidas no seu momento polos promotores da planta de Reganosa para acadar a autorización de construción". Naquel momento argumentaron que a perigosa e cara planta era necesaria para subministrar gas aos ciclos combinados, "a sabendas de que o gasoducto de Tui tiña a capacidade suficiente para iso", denuncia o Comité Cidadán. Nos últimos anos construíronse tres ciclos cun investimento de 700 millóns de euros "que a maior parte do tempo están parados", lembran dende o Comité Cidadán, que sinala igualmente que dende o 2007 mantense pechado o gasoducto de Tui. O Comité Cidadán conclúe que "a planta de gas de Reganosa é produto dun caso gravísimo de corrupción financeira e política" O Comité Cidadán conclúe que "a planta de gas de Reganosa é produto dun caso gravísimo de corrupción financeira e política, que ademais incumpre a máis básica normativa de seguridade industrial e medioambiental estatal e europea". "Os problemas que plantexa a planta de Reganosa, resultado da corruptela, son insubsanábeis. Por iso, a planta debe desaparecer da ría", engaden. |
NOS_31431 | A falta de profesionais no Hospital da Mariña deriva pacientes á privada. | A Xunta da Galiza leva investidos na reforma do Hospital da Mariña, en Burela, arredor de 13 millóns de euros, alén dunha nova partida de 15 millóns comprometida este mesmo ano para proseguir as melloras no centro. Mais os "avances" na atención médica anunciados polo Goberno galego en 2016 a respecto deste proxecto, cando se iniciaron as obras, semellan non terse traducido aínda en melloras substanciais para o cadro de persoal e as persoas doentes. Neste senso, a CIG-Saúde ten denunciado nos últimos meses a falta de profesionais de especialidades como a cardioloxía ou a uroloxía. Así, o sindicato pediu a finais de agosto a dimisión da xerente do hospital, María José Cortés Canay, pola "paralización de todas as consultas, cirurxías e traslado de urxencias a Lugo" no que atinxe á uroloxía, ao quedar o centro durante quince días —repetindo o que xa acontecera un ano atrás— sen ningún profesional deste servizo. "Gustaríanos saber cales son os máis e mellores servizos que ían implantar, onde está a blindaxe do hospital ou cales son os numerosos profesionais que ían vir para Burela", lamentan. Un urólogo a media xornada en Burela A falta de recursos está a padecela en primeira persoa Estanislao Moreda, veciño de Foz, que pediu explicacións ás altas instancias do hospital ao levar máis de tres anos agardando por unha consulta nesta especialidade: "Dixéronme antes había dous urólogos. Un deles marchou a outro destino, e como ao outro cargárono de traballo sen lle ofrecer a chegada dun reforzo, decidiu mudar a media xornada. Agora a consulta naturalmente está saturada, é o que hai...", critica. A odisea de Estanislao Moreda comezou en setembro de 2018, cando acudiu ao médico de cabeceira no hospital burelao. "O médico deume un tratamento, mais non estaba a ser efectivo e decidiu derivarme ao urólogo. Para iso tiña que facer dúas probas, unha ecografía e unha análise de sangue. Esta última fixéronma dúas semanas despois daquela primeira consulta", explica. "Dixéronme que antes había dous urólogos. Un deles marchou a outro destino, e como ao outro cargárono de traballo sen lle ofrecer a chegada dun reforzo, decidiu mudar a media xornada. Agora a consulta naturalmente está saturada, é o que hai..." Desde entón, ninguén volveu contactalo para realizar a ecografía e acudir ao especialista de uroloxía. "Só me dicían que xa me chamarían, mais nada concreto, así que pasados seis meses, en marzo de 2019, presentei unha queixa. A resposta foi que a ver se tiña sorte e polo menos me facían a ecografía. Mais eu estaba inquedo e, entre tanto, decidín facela nunha clínica privada. Como o resultado afortunadamente foi positivo, quedei tranquilo e decidín seguir agardando por unha consulta en uroloxía na pública", engade. Cando Moreda daba "todo por perdido", en setembro deste mesmo ano, foi citado por fin co urólogo. Mais a ecografía e a analítica, co paso do tempo, quedaran obsoletas. "Agora toca volver empezar todo o proceso, outros tres anos para ter as probas [bromea]. É unha vergoña. É evidente que están caducadas, porque en tres anos sen que ninguén as revise nin me dean cita xa puiden morrer de cancro...", sentencia. |
NOS_34370 | Ademais dunha mortalidade directa moi elevada, a Covid-19 deixa un aumento de patoloxías graves que complica a supervivencia entre pacientes con enfermidades curábeis e reduce tanto a calidade como a esperanza de vida. Son consecuencia da deterioración do propio sistema sanitario, paralizado tras a chegada do coronavirus. Profesionais e usuarias urxen reactivalo. Piden circuítos seguros na Atención Primaria e a redución das listas de espera hospitalaria. | Só na Galiza estímase que durante a pandemia de coronavirus se deixaron de facer 3.000 intervencións cirúrxicas, 600.000 consultas e 20.000 probas diagnósticas. Así o expuxo o voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, no Parlamento galego durante a súa comparecencia na comisión especial non permanente para a reactivación económica, social e cultural da Galiza, o pasado 9 de novembro. As primeiras estimacións dan conta dun custo moi elevado para a saúde da poboación, incalculábel a medio e longo prazo Son cifras aproximadas, recoñecen, a falta de que o Goberno galego faga público o balance de 2020 e as mudanzas nas listas de espera, as primeiras afectadas pola pandemia. Porén, as primeiras estimacións dan conta dun custo "moi elevado" para a saúde da poboación, "incalculábel" a medio e longo prazo malia as apreciacións iniciais das organizacións integrantes da plataforma, entre as que tamén se atopan asociacións de pacientes e representantes das usuarias do Servizo Galego de Saúde que coñecen de primeira man as consecuencias da suspensión da actividade sanitaria. A paralización do sistema para darlle prioridade á atención das doentes con coronavirus ten e terá "efectos sobre a mortalidade" difíciles de concretar polo momento, pero "moi importantes" para a calidade de vida e a supervivencia da poboación con enfermidades crónicas ou patoloxías agudas, curábeis sempre e cando se diagnostiquen ben e a tempo. Urxe un cambio na atención ás doentes con patoloxías distintas á Covid-19 "Está todo paralizado e non temos datos. A Administración segue ocultando as cancelacións e as demoras que axudarían a explicar a seriedade da situación, a necesidade de reabrir os servizos clausurados e de incrementar a actividade para atender as listas de espera acumuladas desde o mes de marzo", asegura a Nós Diario Jesús Araújo, membro de SOS Sanidade Pública. "Superada a primeira vaga da pandemia, cando todo era máis descoñecido e imprevisíbel, urxe un cambio na atención ás doentes con patoloxías distintas á Covid-19, porque non deixan de aumentar en número e complicación. Isto non pode seguir así". Desmantelamento crónico "A falta de camas, recortadas nos últimos anos malia a dispor xa dunha ratio inferior á media europea, e a carencia de persoal determinaron que nas primeiras etapas da pandemia os servizos sanitarios e en particular as Unidades de Coidados Intensivos se visen apremadas, sen chegar a unha situación de colapso" lembran desde SOS Sanidade Pública. Os hospitais reduciron de forma drástica a súa actividade. "Cancelaron miles de consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, o que supuxo un aumento exponencial das listas de agarda que o Sergas mantén ocultas para evitar que a poboación coñeza a gravidade da situación", inciden. Moitas persoas enfermas descoñecen aínda a data das súas citas para operarse, acudir a unha consulta especializada ou facer unha proba Moitas persoas enfermas descoñecen aínda a data das súas citas para operarse, acudir a unha consulta especializada ou facer unha proba, recalcan desde a plataforma. "As repercusións desta situación para morbilidade e mortalidade son imposíbeis de calcular por agora, pero en todo caso, serán relevantes e afectan ao dereito á atención da saúde da poboación". Urxen maior orzamento, contratación e transparencia á Administración A pandemia e a xestión da mesma empeorou as condicións da sanidade pública afectada xa pola "precariedade e o desmantelamento" dos que xa viñan avisando tanto a cidadanía como as organizacións profesionais, políticas e sindicais, que urxen maior orzamento, contratación e transparencia á Administración. O silencio por parte do Servizo Galego de Saúde, din, impide coñecer o incremento da mortalidade respecto a anos anteriores na Galiza, "mais no conxunto do Estado estímase unha suba dun 40%, debida a enfermidades non relacionadas coa Covid-19". "Temos que pensar seriamente no que está pasando coa outra patoloxía. Que está pasando cos ictus, cos problemas cardíacos, co control dos factores de risco cardiovascular. Se non prestamos atención a todo iso, se descoidamos a vixilancia dos doentes crónicos porque non hai persoal suficiente e as consultas están desbordadas, con pouco máis dun 20% de citas presenciais, a situación complicarase aínda máis", sinalan profesionais médicos consultados por este xornal. No conxunto do Estado estímase unha suba dun 40% da mortalidade debida a enfermidades non relacionadas coa Covid-19 O medo a contaxiarse afasta as persoas máis vulnerábeis, as persoas maiores, que tamén baten co atranco das consultas telemáticas moitas veces. Sen acceso aos medios tecnolóxicos tamén se perde a accesibilidade á Atención Primaria. A xente acaba indo a Urxencias, saturando este servizo e facendo un mal uso desa atención prioritaria", sinala Jesús Araújo. Mais tamén "foxe cara a privada, presencial, pero discriminatoria para os grupos con menor capacidade exonómica", censuran desde SOS Sanidade Pública. Incrementar a actividade Nove meses despois da chegada do novo coronavirus as xerencias hospitalarias "seguen fechando plantas chave como as de cirurxía ou traumatoloxía, mentres derivan cara centros privados os doentes máis graves", denuncian. Por iso, no canto de anular citas e trasladar pacientes á privada, piden "reabrir os quirófanos e incrementar a actividade dos hospitais públicos, mesmo polas tardes, co fin de evitar a acumulación de pacientes e atender os casos mais graves". Atención presencial prioritaria A Plataforma SOS Sanidade Pública emprendeu a comezos de novembro unha iniciativa para identificar as localidades galegas nas que se vive unha "situación crítica" como consecuencia dos déficits sanitarios agravados pola pandemia da Covid-19. O informe, aínda en fase de elaboración, recolle xa as queixas da veciñanza de máis dunha trintena de concellos galegos ratificadas polas súas corporacións municipais. "Cambados, Rianxo, Cee, Fisterra, A Laracha, Corcubión, Lugo, Betanzos, O Rosal, Viveiro, Outes, Salvaterra, Muros, Ames, Forcarei, Moaña, Malpica, Porto do Son, Carballo, O Grove... En todos estes lugares hai carencias sanitarias. Faltan pediatras, faltan médicos, recursos, acceso aos centros de saúde e sobra burocracia". En en todos estes concellos aprobaron a moción que SOS Sanidade Pública quere trasladar tamén ás deputacións para chamar a atención sobre as consecuencias da paralización da actividade asistencial tanto na Atención Primaria e hospitalaria. "Isto determinou o adiamento da actividade asistencial preferente e cirúrxica non urxente", recolle o texto ratificado polos Gobernos locais, "tamén cos votos a favor do Partido Popular nalgunhas localidades", destacan os promotores. As demoras aumentaron, para consultas especializadas, probas complementarias e intervencións. Mais tamén se incrementáronse nos centros de saúde, ao mesmo tempo que crecían os temores da cidadanía e o seu posterior enfado ao ver reducida a atención ás consultas telefónicas. Desprotección "A Administración fechou os centros de saúde e limitou o acceso das usuarias aos mesmos. Ademais reduciu a capacidade das salas de espera obrigando ás pacientes a facer cola fóra dos centros para recibiren atención presencial", moi reducida. Estas restricións, defende a moción impulsada por SOS Sanidade Pública "xa non son comprendidas pola cidadanía e orixina nela sentimentos de afastamento e desprotección do sistema público de saúde. Así o ven expresando na rúa desde o pasado verán a veciñanza de Cangas e Moaña. "As consultas telefónicas deterioran a Atención Primaria e prexudican a saúde da cidadanía", critican, para poñer o acento nas dificultades de permanencia e mobilidade segura dentro do centro de saúde, onde en sintonía coa solicitude a recoller o sentir da plataforma pola sanidade pública reclaman circuítos seguros de mobilidade con franxas horarias específicas para persoas maiores e vulnerábeis. As restricións de acceso aos centros de saúde, con ringleiras de persoas ás portas, esperando para seren atendidas, "ao frío con dor e febre" xa non se poden xustificar co argumento de "evitar contaxios" dentro das instalacións, advirte Carmen Nores en declaracións a Nós Diario. "Desde o inicio da desescalada dixéronnos que cumpría potenciar a Atención Primaria porque ía ser a primeira liña de control da pandemia e do coidado da saúde, pero nin se reforzou nin se buscaron alternativas para retomar a normalidade, e sobre todo a atención presencial", recoñece a presidenta da asociación A Voz da Sanidade de Cangas. A indignación crece entra a poboación do Morrazo, que sinala a "falta de vontade para reorganizar a actividade no centro de saúde "a pesar da precariedade agravada pola Covid-19", incide Nores, e pide poñerlle fin. E engade que a falta de recursos e de profesionais sanitarios para dar cobertura á poboación non pode impedir a creación dun protocolo anticovid que ofreza unha asistencia segura e de calidade. |
NOS_11232 | Coincidindo coa reivindicación anual pola despatoloxización trans falamos con Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, que dedica o seu traballo a acompañar menores trans que carecen de apoio familiar e a informar e asesorar familias no ámbito legal, sanitario, escolar ou deportivo. | Que significa a patoloxización trans e que supón para as persoas que a sofren?As persoas trans, se queren acceder a dereitos básicos como o DI, o pasaporte, ou a tarxeta sanitaria, e por suposto a tratamentos, precisan un diagnóstico patoloxizador e unha tutelaxe de saúde mental. Eses dereitos pasan pola imposición dun diagnóstico, o de disforia de xénero. Non importa se sofren ou non esa disforia. A despatoloxización é unha reivindicación de moitísimos anos que reclama que as persoas trans deixen de ser consideradas persoas ás que tutelar, que deben pasar obrigatoriamente por un sistema de saúde mental que tutela as súas vivencias, a súa forma de entenderse. Isto, no imaxinario colectivo, crea un estigma: se tes que pasar por saúde mental sobreenténdese que tes algunha desorde mental e que a culpa é túa. Cal é o seu enfoque?Que a transexualidade existe porque se fai unha etiquetaxe dos bebés con base na súa xenitalidade. Se deixásemos de dicir que se ten pene é neno e se ten vulva, nena, non existiría. Trátase dun erro na etiquetaxe que fai unha persoa de fóra, non nas persoas trans. As crianzas trans non teñen problema de identificarse co que son, o problema pode vir despois, coas vivencias. E o enfoque médico?Hai sempre un cuestionamento, a presunción dun trastorno mental que inflúa, algo que non ocorre coas persoas CIS heterosexuais, nas que se dá por feito que teñen a identidade e orientación correctas. Ademais, nos casos en que estas persoas rexeitan o seu corpo, o que non sempre sucede, o ámbito da saúde mental non ten en conta a transfobia social que leva a alguén a entender que o seu corpo non é normal. A perspectiva hai que poñela nas persoas de fóra. Cales son os problemas principais que detectan en Arelas?Hai moito descoñecemento. Nas familias, nos centros educativos... Hai centros que descoñecen os protocolos educativos de identidade de xénero para un bo acompañamento, onde non se ten que pedir informe, e aínda os requiren para chamar á rapaza ou ao rapaz polo seu nome. No colexio pode haber patoloxización, e tamén no ámbito legal e, ás veces, no deportivo... Hai poucas semanas coñecíase un caso de acoso LGBT+ que acabou no suicidio da menor. É unha cuestión moi complexa, non hai fórmulas matemáticas, pero o acoso LGBTfóbico ten na raíz o enorme descoñecemento, que trae estereotipos e prexuízos. Falta moita formación, tamén no ámbito educativo. É certo que desde que se aprobou o protocolo educativo de 2016, Arelas recibe unha demanda importante de obradoiros, charlas... Ese é o primeiro paso para tentar acabar co acoso. Nos centros nos que se fala con máis naturalidade, onde se traballa o tema, hai moito máis alumnado visíbel, porque o espazo enténdese como respectuoso e libre. Tamén o apoio familiar é moi importante. A sensación de exclusión –sentirse fóra dun grupo, na clase, nas redes sociais ou no lecer– mingua a autoestima. Isto, xunto cunha familia que non está e co ciberacoso, xunto, é unha bomba de reloxaría. Hai hoxe unha maior visibilidade das identidades trans?Creo que esta rapazada está indo 20 pasos por diante da sociedade. Ten curiosidade, infórmase, busca asesoramento, contacta coas súas iguais. Temos unha rapazada empoderada forte que sae do armario, pero isto non vai acompañado pola sociedade. O problema está nunha sociedade que, a estas alturas, ten que pórse as pilas. Un certame para "visibilizar realidades" Arelas é unha das entidades que colabora co I Certame de Microrrelatos Nós Diario sobre a Diversidade Sexual, que fecha esta sexta o prazo de presentación de traballos. "Estas actividades culturais son importantes para visibilizar e para que estas temáticas estean presentes na cultura, e non unicamente dentro dos colectivos LGBT+. Do que se trata é de visibilizar realidades. Hai que transversalizalas, abrilas a todo tipo de públicos", reflexiona Palacios. A presidenta de Arelas apunta ademais a importancia do relato en primeira persoa. "É moi necesario tomar a palabra en primeira persoa, visibilizar as vivencias, e certames como este axudan a sacar fóra eses relatos, mesmo en menores de idade –que poden participar con autorización–. Visibilizar, sensibilizar e crear conciencia social e deixar de pensar que estas persoas só existen en datas sinaladas", salienta. |
NOS_22543 | Nado en 1943 en Ferrol, Ramom López-Suevos licenciouse en Ciencias Económicas e incorporouse como profesor á Universidade de Santiago en 1970. Hoxe participa dun debate en que se presenta a reedición de 'Problemática nacional e colonialismo: o caso galego' (1978), escrito en colaboración con Francisco Rodríguez. | —Unha das teses que desenvolveu en Problemática nacional e colonialismo: o caso galego é a caracterización da Galiza como colonia. 44 anos despois, considera que a Galiza segue a ser unha colonia?Si, así é, quizais con pequenas variacións. Hai xente á que lle chirría o termo colonia porque pensa na situación de territorios alén mar e que iso non se pode dar no noso contexto. Se non queren, que non lle chamen colonia, mais o que aquí hai é un territorio dominado e administrado por outra potencia e, curiosamente, o concepto de colonia refírese a un territorio dominado por unha potencia estranxeira. Non controlamos os nosos medios naturais nin riqueza, a lingua en que atenden é outra, a economía é un desastre, sufrimos a emigración... A iso chámaselle unha opresión de tipo colonial. Este non é un país libre e necesita selo. —O traballo formula unha análise crítica do modelo europeo que adianta en certa medida o exposto nun artigo seu publicado en 1985 baixo o título Galiza e adesom espanhola à CEE. Que lectura fai deste proceso após 37 anos?Foi peor do que esperabamos. Eramos os únicos que falabamos disto. Para entrar na Comunidade Económica Europea (CEE), hoxe Unión Europea (UE), déronse unha serie de negociacións sobre cuestións que España tería que facer, e habíaas tremendas para Galiza: estaba claro que ía desaparecer a industria naval, así o dixemos algúns e asi foi. Quen entraba na UE era España, non Galiza, non houbo unha Galiza negociando, foi España quen negociou o que lle interesaba, e como nós nin por demografía nin poder económico tiñamos moito peso, estaba claro que para Galiza aquilo non ía saír ben. Podo estar disposto a admitir que hai unha cultura europea en base á historia, ideas comúns, que pode haber interese en comprar e vender nos países veciños, que haxa interdependencia, que non haxa alfándegas, si libre circulación de mercadorías... mais a UE non era necesaria nin progresista e moito menos cando en 1999 deciden crear a zona euro. É curioso que España non é nacionalista cando se trata de multinacionais americanas ou emitir moeda. Co euro desaparece a peseta e o Banco de España, emisor de moeda (símbolo de existencia dun Estado con poder propio), perde a súa función. É o Banco Central Europeo quen decide a quen e como prestar diñeiro. É quen di o que podemos e o que non podemos facer. —É autor dunha abondosa bibliografía no ámbito económico, que títulos destacaría?Do que máis gostei foron tres libros e algúns escritos que sen eu tomar a iniciativa chegaron a ter unha edición portuguesa. De todas formas, na metade da miña vida profesional deixei de escribir libros. O último que publiquei foi A sede da terra (Laiovento, 1995). Pero o que escribín con moito maior traballo detrás foi Socialismo e mercado (Laiovento, 1992). —Como ve o momento actual?Hoxe, se me preguntas polo capitalismo, segue a parecerme igual de tremendo que cando era novo. A diferenza é que daquela para min a solución estaba clara: o comunismo. Mais o comunismo acabou como acabou, non só en Rusia. Non funcionou ese sistema con esas estratexias. Agora a xente crese de clase media, cun traballo parcial e salarios de miseria... cada vez hai máis desigualdade, máis extrema dereita... Pero preferiría falar de algo máis positivo: Eu, que desde hai moitos anos non estou en ningún partido, noto un avance importante do nacionalismo. A situación do BNG está hoxe moi por riba en todos os planos do que o foi en calquera momento da súa historia e con calquera líder anterior. Está máis unido e en crecemento. Pode darse o salto. Tempo Galiza rescata unha obra chave Tempo Galiza é unha nova editora orientada á publicación de ensaio: lingua, cultura, teoría política… abordando a realidade do país e a internacional "desde unha visión de avance para unha nova Galiza nun mundo máis xusto". Con motivo do lanzamento por parte de Tempo Galiza da segunda edición de Problemática nacional e colonialismo: o caso galego -editado por primeira vez en 1978 por Xistral-, a Agrupación Cultural O Galo reúne esta quinta feira nun coloquio en Compostela os dous autores da obra, Ramom López-Suevos e Francisco Rodríguez. A mesa redonda, que decorrerá no espazo enocultural Vide, Vide! a partir das 20 horas de hoxe, abordará unha obra chave na que os autores adiantaban a finais dos anos 70 unha análise de conxunto sobre os aspectos basilares da cuestión nacional galega e as súas derivadas asociadas á mesma no plano da acción política. |
NOS_45644 | O ex presidente defendeu o españolismo máis rancio no acto en Sevilla no marco da Convención do PP, así como o monolongüismo. | O convidado estrela na cita esta quinta feira en Sevilla da convención estatal do PP foi José María Aznar. O ex presidente do Goberno español volveu defender e incidir no discurso de españolismo puro e duro. Cargou contra o independentismo e contra o Goberno español de coalición, con contundencia: "España é unha nación, non sete, nin catro, nin vinte e unha. Non é un estado plurinacional, nin multinivel, nin a nai que os pariu". Aznar, que apoiou o PP de Pablo Casado no seu relanzamento, estendeuse na cuestión territorial, que considera que é a máis grave que sofre o Estado español a día de hoxe. E cargou as súas armas contra o Goberno estatal. Primeiro, polas súas alianzas parlamentarias: "Unha organización terrorista como Bildu é socio do Goberno. Os que fixeron un golpe de estado... son socios do goberno". Tamén contra o papel da Avogacía do Estado no asunto Puigdemont: "Que sexa utilizada para impedir que un prófugo sexa extraditado á xustiza española é un auténtico escándalo e unha vergoña". E saíu en defensa do monolingüismo nas institucións do Estado: "Nas institucións de Madrid fálase castelán, que é o idioma que todo o mundo entende". "Nas institucións de Madrid fálase castelán, que é o idioma que todo o mundo entende" (Aznar) Tamén cargou contra o Papa, após que o Papa Francisco pedise perdón pola conquista de México. Non o citou directamente, pero entendeuse perfectamente: "Nestes momentos en que se pide perdón por todo, eu non o farei, dígao quen o diga". Saíu en defensa da historia de España: "Cos seus acertos e os seus erros, eu síntome orgulloso e non pido perdón". E en referencia ao actual presidente do Partido Popular dixo: "Serás presidente do Goberno de España". E remachou: "Ademais, faralo ben". "Após Grecia e Roma España é a máis importante da historia da humanidade en canto á contribución ao resto de países" (Casado) Neste contexto de inchazón de españolismo Pablo Casado non quixo ser menos. Saíu en defensa da nación española, "despois de Grecia e Roma a máis importante da historia da humanidade en canto á contribución ao resto de países". E remachou: "O fenómeno da Hispanidade débenos enorgullecer a pesar da lenda negra, a cultura da cancelación e esa parvada do revisionismo histórico patrocinado polas formacións que ocupan o Goberno español". |
NOS_11395 | O 23 de xaneiro de 1622 o tribunal da Inquisición pronunciou sentenza contra María de Solina, viúva de Pedro Barba, pescador da vila de Cangas, morto catro anos antes. | Pedro Barba morreu catro anos antes de se iniciar o proceso contra María de Solina, "cuando los moros quemaron la villa de Cangas" segundo podemos ler no libro de Bernardo Barreiro de W. Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano, impreso na Coruña en 1885, e que reproduce o proceso seguido contra María de Solina e moitas outras persoas, fundamentalmente mulleres. Na Cartografía de apelidos de Galiza non aparece ningún "Soliña". Pola contra, 1538 levan apelido Soliño e deles 538 en Cangas. Un irmán de María era chamado Antonio Soliño.For cal for o apelido, na conciencia de xente, perante aquel proceso que, segundo todos os indicios tivo como finalidade quedar o Santo Oficio cos bens da encausada, a quen ninguén acusara de nada durante sesenta e seis anos a pesar de estar comprobado que representantes da Inquisición vivían na vila de Cangas, for cal for o apelido, María de Solina foi para sempre María Soliña e así foi evocada pola literatura, polo cinema e pola memoria colectiva. "O 23 de xaneiro de 1622 o tribunal da Inquisición pronunciou sentenza contra María de Solina, viúva de Pedro Barba, pescador da vila de Cangas" Polos camiños de Cangasa voz do vento xemía:ai, que soliña quedache,María Soliña.Nos areales de Cangas,muros de noite se erguían:ai, que soliña quedache,María Soliña.As ondas do mar de Cangasacedos ecos traguían:ai, que soliña quedache,María Soliña.As gueivotas sobre Cangassoños de medo tecían:ai, que soliña quedache,María Soliña.Baixo os tellados de Cangasanda un terror de auga fría:ai, que soliña quedache,María Soliña. María Soliña. ( Celso Emilio Ferreiro ) Bernardo Barreiro de W, no citado libro, xulga, en nota final, o proceso de Maria de Solina totalmente inxustificado, cruel e oportunista, chegando a considerar esta muller, filla de Cangas, non como bruxa, mais como "benemérita de la patria" até o punto de sentenciar que "só nos países salvaxes teñen lugar, e non moi frecuentemente, escenas como a do tormento aplicado con rigor a unha pobre vella de setenta anos" "O 22 de xaneiro de 1622 María, de setenta anos, espida, escoitou do tribunal a sentenza". O 22 de xaneiro de 1622 María, de setenta anos, espida, escoitou do tribunal a sentenza. O escribán transmítenolo así: "Esta reo foi votada "incompletum tormentorum" e en 22 de xaneiro de 1622, estando na Cámara do tormento, antes de a espir en presenza dos inquisidores, declarou ser verdade que renegara de Deus e cría que o demo a había de salvar, e pediu por Deus misericordia aos seus xuíces; e pasadas as 24 horas despois do tormento ratificouse e dixo que non se atrevera a confesar antes todo pola vergoña que tiña; e o 23 de xaneiro foi votada a ser reconciliada en forma e confiscación de bens, que non se acharon por ser moi pobre, e así foi sentenciada a levar o hábito penitencial tan só por medio ano" "Barreiro coloca Galiza fronte a fronte con España e atribúelles sensibilidades a unha e a outra ben diferentes" En 1885, cando Bernardo Barreiro publica o libro, Rosalía acababa de morrer. Resulta curioso comprobar como, nesta nota ao proceso de María de Solina, de maneira similar a como fixera Rosalía no prólogo de Cantares Gallegos, Barreiro coloca Galiza fronte a fronte con España e atribúelles sensibilidades a unha e a outra ben diferentes: " Esto envergüenza á España fuera de toda duda en el siglo XVII, pero no puede avergonzar á Galicia en cuyos hábitos no entra generalmente el crimen del asesinato lento y terrible de la tortura contra mujeres ancianas y mucho menos por despojarlas de pobres intereses familiares" concluíndo que eran ordes de Madrid, quen sabe se de Roma, as que movían estes verdugos, que tampouco eran galegos "por ventura nuestra" E finaliza chamando a xente a valorar e tomar en consideración o que Galiza ten de positivo: "Hay que advertir que Galicia tiene aptitudes ... para ser un gran pueblo, y lo será todavía, y hemos de consagrar toda nuestra vida y juramentar á nuestros hijos a que la consagren para que así suceda" Xuramentémonos escoitando a voz do vento con María do Ceo, Luar na Lubre, Carlos Núñez e Teresa Salgueiro, Los Tamara, Benedicto, Amancio Prada ou Xavier del Valle. |
NOS_47514 | Milleiros de persoas manifestáronse na mañá deste domingo na Coruña en contra do peche das plantas de Alcoa, multinacional dedicada ao aluminio. | A marcha iniciouse ás doce da mañá na Praza da Palloza e rematou perante a Delegación do Goberno. Unha gran pancarta coa palabra de orde "Alcoa déixanos sen futuro" e portada por cativos abriu o paso ao desfile de traballadores, cidadanía e representante dos catro partidos con escanos no Hórreo. O alcalde da cidade, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) tamén asistiu. Os manifestantes esixiron aos gobernos galego e español que procuren unha solución para evitar os despedimento dos obreiros das factorías. "A inquedanza é moi grande e é normal que a xente exprese o seu anoxo co que sucede", expuxo o presidente comité de empresa Juan Carlos López Corbacho. De non haber solución gobernamental, a multinacional iniciará os despedimentos o 15 de xaneiro. "Hai moito apoio político e moi boas palabras pero ao final non se define unha aposta do Goberno", engadiu López Corbacho, quen afeou ao Executivo de Pedro Sánchez que estea "contemplativo". A nacionalización das dúas plantas -a da Coruña e a de Avilés, en Asturies- ou a busca de investidores que se fagan cargo son as dúas vías que a representación sindical entende que pode transitar o Goberno central. "Non sabemos a que agarda o Goberno para tomar unha decisión valente. Somos o metal do futuro", sinalou. O 15 de xaneiro, terza feira, Alcoa fará efectiva a súa proposta: manter 200 postos de traballo en Avilés e na Coruña e despedir o resto, máis 350 persoas. En Marea e BNG Os líderes dos grupos da oposición no Hórreo amosaron a súa solidariedade coa loita dos traballadores. Para Luís Villares, portavoz de En Marea, Alcoa "debe paralizar o ERE anunciado e permitir así seis meses para negociar a viabilidade da empresa cun inversor. E o Goberno do Estado ten que se implicar activamente na busca dese inversor e, ao tempo, empregar a Sociedade Española de Participacións industriais e poñéndose na posición de antigo propietario no caso de que decida non continuar". Ana Pontón, a líder do BNG, considera ademais unha "tomadura de pelo" que Xunta e Ministerio de Industria avalen "o despedimento barato de 400 traballadores e traballadoras da factoría". "Xunta e Goberno central son responsábeis de non se poñer á fronte dunha estratexia que permita recuperar o futuro de Alcoa, que é viábel, só cómpre vontade política", dixo, "hai unha proposta sobre a mesa para que o Estado interveña nas fábricas e leve adiante o proceso de venda". |
NOS_19610 | O Sergas defende a inoculación da dose de reforzo da vacina contra a Covid-19 nestes centros de referencia e alega que, quen non poida acudir, recibirá o fármaco na "repesca" no centro de saúde ou o domicilio. | O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG denunciou esta cuarta feira as "dificultades" dos maiores de 80 anos que son convocados para a dose de reforzo da vacina contra a Covid-19 para acudiren aos centros de vacinación, os coñecidos como 'vacinódromos'. Segundo remarcan nun comunicado, trátase de persoas que, na súa maioría, xa non conducen, e ás que lles supón tamén "un trastorno enorme" trasladarse desde os seus lugares de residencia aos hospitais de referencia. Como exemplo, sinalan que as persoas chamadas a vacinarse que viven do outro lado da ría de Vigo "teñen que coller primeiro un barco e despois un taxi para chegaren ao hospital", algo que cualifican de "despropósito". E engaden que, co inverno xa próximo, "non é de recibo facer que as persoas maiores que veñen do rural teñan que percorrer 30, 40 ou 50 quilómetros, facer colas de pé, ao frío e quizais baixo a choiva". É por iso que o colectivo reclama que se reforce o persoal sanitario nos centros de saúde e que sexa nestes lugares, "máis próximos aos fogares", onde se inocule a dose de reforzo. Comeza a administración da cuarta dose da vacina contra a Covid-19 Mocións do PSdeG Na mesma liña, o secretario xeral do PSdeG en Lugo, José Tomé, anunciou que os socialistas presentarán mocións nos concellos da circunscrición para "exixir" á Xunta que vacine da Covid-19 nos centros de saúde ou PAC de referencia, a fin de que o Goberno galego "rectifique unha medida que está a provocar gran malestar nos veciños". "A diferenza do que se fixo en campañas de vacinación anteriores, na que os maiores acudiron ao centro de saúde e ao PAC de referencia, agora obrígaselles a realizar, en gran parte dos casos, un longo desprazamento de ida e volta, de moitos quilómetros, para poder vacinarse", remarcou Tomé. Consideran tamén que a Xunta estabelece con esta medida un "copagamento" aos maiores para poderen recibir a vacina, "xa que teñen que pagar do seu peto o custo do desprazamento, co que a gratuidade da prestación sanitaria deixa de ser tal". Sonia Villapol, neurocientífica: "Cada reinfección aumenta o risco de padecer unha Covid persistente" O Sergas defende os 'vacinódromos' Fronte a isto, o Sergas defendía en días pasados as citas en grandes recintos polo alivio de presión que supón para a Atención Primaria, por unha parte, e por outra indicaba que foron os propios colectivos os que pediran acudir a recintos máis grandes, entendendo que "é máis fácil aparcar" e que "hai un servizo de axuda" para os maiores con problemas de mobilidade ou de calquera outro tipo. Esta argumentación sostíñaa tamén o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a semana pasada durante a rolda de prensa de presentación da campaña da gripe. Desde o Sergas precisan, aliás, que no caso de que non se poida acudir á cita, está planificada desde o principio a vacinación como "repesca" nos centros de saúde de cabeceira, así como nos domicilios para pacientes inmobilizados. En aproximadamente 15 días, aseguran, chámase aos maiores para seren vacinados nos seus centros de saúde ou nos seus domicilios no caso de que for preciso. "O obxectivo é vacinar toda a poboación no menor tempo posíbel, facilitando todos os dispositivos posíbeis e sendo flexíbeis e sensíbeis a todas as circunstancias persoais e de saúde na poboación", conclúen. África González, inmunóloga: "Este virus vai máis rápido que a capacidade de obter novas vacinas ou antivirais" |
PRAZA_7957 | Este Entroido volveron pasearse os Felos de Maceda percorrendo un bo números de lugares da Serra de San Mamede, sendo un dos desfiles rurais con máis tradición de Galicia. | Este Entroido volveron pasearse os Felos de Maceda percorrendo un bo números de lugares da Serra de San Mamede, sendo un dos desfiles rurais con máis tradición de Galicia. Galería de imaxes de Óscar Dacosta |
NOS_13042 | O Goberno central vén de suprimir o principio de discriminación positiva que estabelecera a mediados da década pasada na política de fomento industrial en zonas sensíbeis que sufriran os efectos da reconversión. A comarca de Ferrolterra era, até o de agora, unha delas. Hoxe xa é un feito a desaparición do criterio territorial e, con ela, rematan perto de tres décadas de plans falidos. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 320 de Sermos Galiza. | A reconversión industrial dos anos 80 trouxo consigo unha crise sen precedentes na comarca de Ferrol. Milleiros de traballadores do sector naval, cualificados naquela altura de excedentarios, foron obrigados a marchar para a casa pola esixencia dunha Comunidade Económica Europea que quixo repartir os sectores produtivos con criterios que pouco tiñan a ver coa capacidade. "Foron tempos moi duros", lembra Juan Gómez, un dos "excedentes" daquela primeira reconversión. "Botáronnos fóra dun día para outro e moitos de nós non soubemos que facer, estabamos totalmente perdidos", engade. Lembra este ex traballador de Astano que "algúns, e non poucos, resistíanse a recoñecer a realidade e seguían indo á primeira hora da mañá á entrada do estaleiro… Coñezo xente que caeu en depresión ou no alcoholismo. Foi un verdadeiro desastre a maneira que tiveron de mandarnos para a rúa". O testemuño de Juan é só un dos centos que poderían relatar unha historia repetida, habitual na meirande parte das familias da comarca. O Goberno, entón, propuxo alternativas para tratar de recolocar parte dese excedente en novas industrias con posibilidades de desenvolverse e, de paso, mitigar o peso do sector naval. Así xurdiron os plans da Zona de Urxente Reindustrialización, primeiro, e a Zona Industrializada en Declive, despois. De primeira man viviu eses programas o enxeñeiro e economista Ramón Yáñez, nomeado polo Instituto Nacional de Industria (INI) para a Oficina de Promoción Industrial na División de Construción Naval. Yáñez encargábase, canda outras persoas, de buscar proxectos viábeis para a zona. "Eu vivín esa época dun xeito diferente, pero podo dicirche que a meirande parte dos compañeiros vivírona cun gran desacougo porque ninguén cría naquel momento que fóra do sector naval se ían conseguir alternativas industriais duradeiras. E a xente xa era moi escéptica no sentido de que dar subvencións podía crear empresas de palla por parte de empresarios oportunistas que viñan só polas subvencións". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 320 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_10964 | Por toda a parte, en rúas e prazas, nenos e nenas inundaron Redondela para asistiren á 13 edición do Festival de Títeres, unha cita que revoluciona a vila da ría de Vigo. Para todos os públicos mais, en especial, para a xente miúda. | Como se o frautista de Hamelín tivese chegado á vila, así foi o ambiente que, en especial nesta fin de semana, se viviu en Redondela. A XIII edición do Festival de Títeres congregou na vila un incalculábel número de persoas -a organización contaba con máis de 35.000 e non parece cifra desmedida- que encheron unha vila da que os coches desapareceran. Polo medio das rúas, así se camiñaba en Redondela, co programa na man á procura de espectáculos de toda sorte de especialidades titiriteiras. Auditorios ao ar libre con carpas agromaban por todas as prazas e espazos públicos e así non era difícil pasar de atopar xigantes con zancos a unha obra de monicreques ou un teatriño de madeira tradicional. En todos eles, un público entregado que visitaba a vila para participar, cando menos, en catro ou cinco deles no programa que se estendía de mañá a entrada a noite. Redondela respira nestes días o ambiente dos grandes festivais de teatro Redondela respira nestes días o ambiente dos grandes festivais de teatro. A vila enteira aparece "tomada" polos títeres e son moitos os viciños e viciñas que colaboran de modo voluntario na organización. Coa camiseta oficial do festival e unha pucha de palla, en cada un dos espazos catro ou cinco persoas colocan ao público, supervisan os distintos elementos e están alerta diante de calquera cuestión. Son arredor de cincuenta, algunhas pertencentes á Asociación Xente Titiriteira e outras que se suman en cada convocatoria. Identifícanse con claridade porque portan o extraordinario deseño gráico que Pablo Giráldez, "O Pastor" preparou para esta edición e que se repite en cada tenda, bar ou praza da vila. Tirando da propia escenografía teatral, con moito colorido, Pablo afonda nas liñas de edicións anteriores, dándolle marca da casa xa que del é a autoría da imaxe desde o inicio do certame. A Pablo non é difícil velo polo festival, nos postos de venda de camisetas ou nos distintos puntos de actuacións. Un activo xa do propio encontro. Monicreques por toda a parte Compañías de toda a parte compuñan un programa de calidade polo que pasaron, entre outros, o Teatro de Formas Animadas de Portugal, a galega Tanxarina, Onírica Mecánica de Murcia, Bambalina Teatre Practicable de Valencia, Sofie Krog Teater de Dinamarca ou El retablo de Madrid na programación de sala, a única de pago do festival, iso si, con prezos populares. De todos xeitos, o grande espectáculo estaba na rúa, onde compañías como Rod Burnett de Reino Unido, Birloque de Cantabria, o Teatro Estatal de Marionetas de Varna ou Los Claveles de Murcia ademais de Cascanueces, Charanga Mecánica e Titireficciós de Galiza daban corpo a un programa que se completaba tamén con espectáculos de gorra aplaudidos por unha cativada entusiasta. O mercado titiriteiro con artesanía e a posibilidade de facerse co monicreques de distintos materiais é tamén un lugar de visita obrigada durante os días do festival. O Festival entrou tamén nos centros de ensino do concello e proba diso é a mostra de títeres feitos a man polos nenos e nenas que se expoñen durante o encontro para que, máis unha vez, as persoas de Redondela sexan partícipes do Festival Os títeres non son só cousa de crianzas mais, nos días do festival, Redondela amañece preparada para o desembarco de Hamelín. Centos de nenos e nenas en cada obra gozan cunha especial atención ao falar dos monecos e fan que a maxia, o misterio, a alegría e a participación sexan a realidade destes días no inicio da Ría de Vigo, |
NOS_45064 | Xavier Queipo (Compostela, 1957) participa na colección 'Relatan... Nós' con Katy Shark, unha historia ambientada no Morrazo. En conversa con Nós Diario o autor de Final Feliz (Xerais, 2022) reflexiona sobre esta comarca e o traballo no mar. | No seu relato recupera a idea da transmisión oral a través das tabernas. Seguen a ser lugares propicios para contar historias?A transmisión oral é algo moi importante no mundo do mar. Non tanto, se cadra, nas baiucas das vilas ou dos barrios mariñeiros, que tamén, como sobre todo a bordo dos barcos de pesca de grande altura. Ese é un ambiente moi particular, que eu coñecín de primeira man, pois non en van pasei máis dun ano navegando en barcos de pesca e case outro tanto en barcos de control que, as máis das veces, eran barcos de pesca reconvertidos en patrulleiras. Comeza coa afirmación rotunda da falsidade da historia, mais hai autores que acostuman a introducir elementos reais nos seus textos. É o seu caso?É rotunda porque é mentira. En toda narración adoita haber algo de realidade e algo de ficción, do mesmo xeito que no ar hai varios gases e cando respiramos non somos quen de distinguilos. As historias que se contan e non se cren, sempre poden ter un algo de realidade, cando menos na mente de quen escribe. Xavier Queipo e Ramón Neto presenta o seu libro de poemas a dúas mans Algunhas delas, se chegado o momento se dan por certas, resulta inverosímil que se produzan no noso país ou na época en que nos ten tocado vivir, pois máis parecen, como esta Katy Shark, historias rescatadas no devalo do tempo. Mais a literatura existe, tamén, para contar o que ninguén quere escoitar e non só para entreter con tramas enxeñosas e reiteradas. Centra a historia no Morrazo, unha comarca cunha personalidade moi forte. O escenario é fundamental para encadrar esta e outras obras que ten escrito? A meirande parte dos mariñeiros cos que eu convivín eran orixinarios do Morrazo. Coñezo pois o Morrazo desde o mar e non tanto desde terra. Convivín con eles e sei como senten a idealización da familia, como os máis deles sofren depresión e ansiedade, como ás veces reciben mensaxes de amigos ou familiares contándolles que na casa familiar entra outro home (algunhas veces tonsurado), ou como eles viven con amargura a desafección dos fillos. O escenario dunha narración adoita ser parte integrante dela, como unha especie de pano de fondo, mais non hai que lle dar máis valor que ese: o de pano de fondo. Onde realmente se tecen as historias é no comportamento humano, sexa este real ou ficticio, puramente onírico ou con connotacións realistas. Un dos temas de actualidade é a conciliación familiar. Traballar no mar é o exemplo máximo da imposibilidade de contar con ese dereito laboral? O traballo é duro, mais aquí vostede pregunta, entendo eu, exclusivamente pola conciliación familiar, non polas condicións de traballo a bordo ou a seguridade laboral. Depende moito da arte á que un ande ao mar. Traballar no mar cando un anda ao día, coma nos pequenos barcos artesanais (nasas, betas, pequeno palangre) ou aínda no cerco, adoita ser semellante a traballar nunha factoría. Xavier Queipo gaña o premio de poesía erótica Illas Sisargas con "O Home Invisíbel" Son aquelas horas, aquelas quendas e xa está, e moitos días nin tan sequera un sae a faenar pois vai mal tempo. Xa no arrastre costeiro, con cinco días de traballo, é máis complexo, mais non máis que traballar de axente comercial e regresar a casa só nas fines de semana. O traballo no alto mar é outra cousa. Estar fóra da casa tres semanas, como os barcos do Gran Sol ou cinco ou seis meses, como os de Malvinas ou Terranova, xa é outra historia. Aí non hai conciliación posíbel. Os fillos medran cunha aparición intermitente -a do pai- non sempre desexada. Os convenios de traballo teñen moitas eivas, mais non só na duración máxima das mareas, senón tamén nas condicións de traballo a bordo case sempre sen quendas, traballando arreo mentres haxa peixe sen descansos acordados, iso é realmente grave e os sindicatos pouco fan, pois non teñen forza. |
NOS_7750 | Apela a "contornas burbulla" para frear os contaxios. | A Consellería de Sanidade estuda ampliar a 14 días a duración das restricións acordadas no seo do comité clínico e apela a "contornas burbulla" para frear os contaxios de Covid-19 na Galiza. Así o explicou en rolda de prensa para concentrar as medidas acordadas na tarde-noite de onte o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen lembrou que até a data teñen unha vixencia de sete días segundo se publica no Diario Oficial da Galiza (DOG). Con todo, destacou que traballan para que "sexan por 14 días". Julio García Comesaña apuntou que o reforzamento das medidas obedece á necesidade de frear a expansión do virus, tras constatarse nos últimos días un aumento no número de casos positivos vencellados, sobre todo, a ámbitos familiares e de confianza. Así, explicou que este é un dos principais motivos que levou ao Comité clínico a limitar a 5, o número de persoas nunha reunión para toda Galiza, unha conxuntura, que foi preciso reforzar no concello de Santiago e na localidade do Milladoiro (Ames), onde tan só se poderán reunir persoas conviventes. O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, debullou polo miúdo o conxunto de restricións que serán publicadas no día de hoxe no Diario Oficial de Galiza (DOG), que entrarán en vigor desde as 00:00 horas desta medianoite. Nivel 3 Fuentes especificou que Santiago e Milladoiro pasan ao nivel 3 de restricións de aforos, coa limitación de reunións a persoas conviventes e o peche da actividade no interior de bares e cafeterías. Así mesmo, apuntou que seguirán manténdose as medidas vixentes, desde o pasado 7 de outubro, nos concellos de Ourense e Barbadás; así como o novo establecemento de restricións de mobilidade entre os concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, que tamén pasan ao nivel 3. Entre as novidades incorporadas polo Comité clínico na xornada de onte, destaca tamén a decisión de manter o nivel 3 nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, onde ademais se establece a limitación de mobilidade perimetral, e onde se pechará toda actividade considerada non esencial. Limitacións Sobre este particular, nestes tres concellos ficará limitada a actividade de todos os establecementos vencellados a espectáculos públicos e actividades recreativas, incluídos no anexo do Decreto 124/2019, en que se insire o catalogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público. Nomeadamente, pecharán cines, teatros, auditorios, establecementos de espectáculos deportivos, salas de bingo, salas de xogo, estadios deportivos, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios, piscinas, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencia, restaurantes, cafeterías, bares e centros de lecer infantil, entre outros. Porén, a medida non afectará aos establecementos de actividade minorista que poderá permanecer abertos; nin aos locais de hostalería e restauración que desempeñen os seus servizos en centros hoteleiros ou en centros de traballo. |
PRAZA_17401 | A celebración, o 28 de xuño, conxuga a reivindicación dos dos dereitos das persoas LGTBI e a conmemoración da aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936. Chan da Pólvora Editora publicará os Seis poemas galegos do autor andaluz nunha versión ata agora inédita, recollendo a forma orixinal dos textos. | En 1935 a Editorial Nós publicou os Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca, que o autor andaluz escribira recollendo as impresións da viaxe que o poeta realizara a Galicia en 1932. Esta edición, cunha introdución de Eduardo Blanco Amor, efectuara algúns cambios respecto do texto orixinalmente escrito por Lorca e corrixido por Ernesto Guerra da Cal. Porén, Blanco Amor gardou durante décadas os manuscritos das seis composicións, actualmente depositados na Biblioteca da Deputación de Ourense. A partir deses manuscritos Luís Cochón e Manolo González veñen de rematar unha nova edición dos Seis Poemas, que recolle a versión orixinal dos textos. O Día do Orgullo Galego conxuga a reivindicación dos dereitos das persoas LGTBI e a conmemoración da aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936 Chan da Pólvora Editora publica esta nova edición Seis poemas galegos, que se presentará o vindeiro 28 de xuño, coincidindo coa celebración do Día do Orgullo Galego, que conxuga a reivindicación dos dereitos das persoas LGTBI e a conmemoración da aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936, e que nesta ocasión estará dedicado á figura de Federico García Lorca. Esta conmemoración foi creada hai dous anos pola comunidade de Chan da Pólvora con Ramón Suárez Picallo como personaxe aglutinador. Foi entón ando se publicou Querido Eduardo, volume que recolle as cartas que Suárez Picallo lle escribiu a Eduardo Blanco Amor. O volume inclúe, ademais, achegas de Xosé Luís Méndez Ferrín, Isabel Bugallal, Antón Lopo, Arturo Casas, Sánchez Reboredo e Arcadio López Casanova, que debullan para os lectores aspectos como a relación do poeta andaluz con Galicia, a súa homosexualidade, a posición no sistema literario galego ou a organicidade poética da propia obra. "Estamos ante un acontecemento editorial histórico que nos descubre algo que ninguén esperaba xa: un Lorca inédito", destaca dende Chan da Pólvora Editora. O volume presentarase o vindeiro 28 de xuño, xoves, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro 74, Compostela), nun acto que se celebrará a partir das 20.30 horas e que, ademais, coincide coas festas do barrio de San Pedro. "Estamos ante un acontecemento editorial histórico que nos descubre algo que ninguén esperaba xa: un Lorca inédito" Este ano celébrase o 120 aniversario do nacemento de Lorca, que visitou Galicia por primeira vez en 1916, con apenas 18 anos. En 1932 o poeta regresaría a Galicia, ficando fascinado pola cidade de Compostela. O 27 de nadal de 1935 Nós publicou a edición de Seis poemas galegos que hoxe coñecemos. Para esta nova edición, Luís Cochón, contou co apoio do académico Manuel González. |
PRAZA_19914 | A Policía detivo cinco persoas e citou outras dúas como investigadas tras dous anos de investigación dunha presunta "trama" ideada polo propietario dunha academia privada ourensá para captar ata medio millón de euros en subvencións para cursos mediante "documentos falsificados" A academia investigada foi obxecto dunha queixa ante o Valedor dous anos antes da denuncia policial | A academia investigada foi obxecto dunha queixa ante o Valedor dous anos antes da denuncia policial Nova operación contra unha presunta fraude en cursos de formación e novo foco xudicial sobre a Deputación de Ourense. A Policía detivo nos dous últimos días en Ourense cinco persoas e citou como "investigadas non detidas" -antiga imputación policial- outras dúas como presuntas integrantes dunha fraude en cursos de formación de diferentes Administracións públicas que chegou a obter, segundo a investigación, máis de medio millón en subvencións da Xunta, do Concello e da Deputación de Ourense e mesmo da UE entre os anos 2005 e 2012. Un dos investigados é o xefe de persoal da entidade provincial ourensá, José Luis Suárez, tamén alcalde de Monterrei polo PP. A orixe desta operación, na que se investigan delitos de falsidade documental, branqueo de capitais, estafa, suborno, contra a Facenda Pública e mais contra a Seguridade Social e a Administración Pública, remóntase a unha denuncia presentada ante a Policía no ano 2015. Este primeiro movemento "destapou unha trama ideada polo responsable" do ourensán Centro de Estudios San Pablo -unha academia privada actualmente pechada- para a "obtención fraudulenta" das subvencións "mediante falsidades e enganos". O detido contaría coa colaboración "activa" da súa esposa, funcionaria da Xunta cuxo "cargo de responsabilidade" lle permitía "ter acceso a un selo de compulsa persoal" co que facer pasar por "válidos" diversos "documentos falsificados". Ambos foron detidos. Sempre segundo a investigación, a devandita academia era unha das pólas da presunta trama fraudulenta e a outra, unha asociación sen ánimo de lucro, AEXPA, isto é, a Asociación de Alumnos e Ex-Alumnos do Centro San Pablo. As pescudas policiais dan por "acreditado" que esta entidade foi impulsada pola propia academia e mantivo unha "actividade ficticia" durante unha década, ata 2015, durante a cal "falsificou actas e sinaturas", chegando a incluír como membros da asociación a "persoas que o descoñecían" para simular unha actividade que realmente, indican, só consistía na "recepción de ingresos públicos". Documentación validada cun selo da Xunta Sobre a base da academia e mais da asociación os investigadores sosteñen que as persoas investigadas cometeron "diversas irregularidades" para "xustificar os gastos vinculados" aos cursos subvencionados, tales como achegar "facturas falsificadas" con "cantidades desmesuradas" en concepto de compra de material ou "copias de documentos bancarios" con "supostas transferencias" a empresas e persoal. "Pagamentos de locais" ou de servizos "asesoramento" que "non existen" formaban parte tamén, segundo a Policía, dun xeito de operar que obtiña apariencia de "veracidade" mediante a "compulsa das fotocopias" co selo oficial da Xunta. A devandita funcionaria da Administración autonómica está agora acusada de utilizar ese selo de xeito irregular, o que implica valerse "do seu posto de traballo de responsabilidade no edificio administrativo" da Xunta na capital ourensá para validar "documentación fraudulenta". Aos dous membros do matrimonio a Policía atribúelles tamén a apertura e peche de "numerosas contas bancarias" para "dificultar o control dos movementos bancarios realizados ao nome da asociación ficticia". Contacto coa Deputación "Varias declaracións" recollidas pola Policía "fan referencia" a "un contacto" na Deputación que "lles ofrecera" traballo a cambio de cartos Xunto á xustificación de cursos non realizados, cuxos presuntos impulsores pasaron este venres a disposición xudicial e quedaron libres tras prestar declaración, a presunta rede corrupta realizou tamén "contratacións fraudulentas de alumnos". É neste punto onde a Policía ubica a ligazón directa coa Deputación, alén do "engano" do que tamén foron obxecto o resto de Administracións. "Varias declaracións" recollidas polos investigadores "fan referencia", segundo a Policía, a que o considerado cerebro da trama "tiña un contacto" na entidade provincial, que utilizaba para "introducir neste organismo a determinados alumnos", varios dos cales "indicaron que lles ofreceran unha praza na Deputación" a cambio do "pago de determinadas cantidades de diñeiro", que a Policía cifra en "ata 12.000 euros". Dous deles "conseguiron contratacións temporais", segundo a investigación. O xefe de persoal nega relación coa academia investigada e Baltar anuncia un expediente contra o tamén alcalde de Monterrei, co que mantén unha tensa relación Neste contexto o xefe de persoal da Deputación, quen agora depende dunha directora xeral cuxo nomeamento formalizou José Manuel Baltar en xuño de 2016, confirma que foi citado para acudir á Comisaría de Ourense este xoves, onde non declarou por estar ausente ao seu avogado. Cuestionado ao respecto pola edición ourensá de Faro de Vigo Suárez negou ter relación co Centro San Pablo, do que di ademais descoñecer se recibiu axudas públicas. O rexedor de Monterrei, a quen a Policía atribúe agora presunto suborno, está tamén sendo investigado -antiga imputación- na causa que un xulgado de Ourense instrúe contra Baltar polo presunto ofrecemento dun posto de traballo na Deputación a cambio de sexo cando a entidade provincial aínda estaba presidida polo seu pai, tamén imputado. Despois de transcender as detencións e investigacións neste caso, sobre o que pesa o segredo de sumario, a Deputación de Ourense emitiu un comunicado asinado por Baltar no que di recear da "información publicada" por ser "inconcreta e xenérica", se ben anuncia a apertura dun expediente informativo para "determinar se existe algunha relación" entre a Deputación e os feitos nos que "aparece presuntamente implicado" o xefe de persoal "no exercicio das súas funcións". Suárez e Baltar manteñen unha tensa relación dende hai anos por, entre outra razóns, o papel clave do actual alcalde de Monterrei na condena a Baltar pai por 104 enchufes na Deputación. |
NOS_7920 | A páxina web Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com) celebra mañá o seu décimoquinto aniversario na rede. O portal, toda unha enciclopedia da fantasía popular na Galiza, naceu un día 5 de marzo, sábado, do ano 2005, e conmemora a efeméride coa publicación dun libro. | A páxina web Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com) celebra mañá o seu décimoquinto aniversario na rede. O portal, toda unha enciclopedia da fantasía popular na Galiza, naceu un día 5 de marzo, sábado, do ano 2005. Logo de tres lustros na rede, Galicia Encantada continúa baixo a dirección do seu creador, coordinador e responsábel de contidos, Antonio Reigosa. Nado en Mondoñedo en 1958, localidade da que exerce como cronista oficial, Reigosa é escritor, investigador e divulgador da cultura popular, con obras publicadas como o Dicionario dos Seres Míticos Galegos, a Pequena mitoloxía de Galicia ou Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías. O mindoniense leva compilados en Galicia Encantada máis de 3.000 documentos sobre esa Galiza imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e "aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva", tal e como el mesmo sinala. Durante esta última década foron miles as persoas que entraron en Galicia Encantada -317.501, concretamente-, que abriron 443.439 sesións e visitaron 2.294.611 páxinas. Un volume-tributo Para conmemorar a efeméride, Galicia Encantada dará o salto do ciber-espazo ao formato papel, pois en vindeiras datas, aínda por determinar, Edicións Xerais tirará do prelo unha publicación tributo. Baixo o título de Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres míticos e dos lugares que habitan, a publicación contará, ademais, con ilustracións de Noemí López. |
NOS_44746 | O número de persoas anotadas no desempregou baixou en 1.868 no mes de marzo, 0,88%. A nivel de estado, o desemprego descendeu 1,3%. | O número de persoas desempregadas rexistradas baixou no mes de marzo en Galiza en 1.868, o que supón un descenso do paro do 0,88% a respecto de febreiro. Nese mesmo intervalo, o descenso no estado español foi de 1,3% (48.559 persoas), catro décimas máis que en Galiza. Volve repetirse un mes máis, pois, a tendencia dun menor ritmo de baixada do desemprego no noso país que no estado. Se a comparación a facemos a nivel interanual, isto é comparar o paro de marzo co do mesmo mes do ano anterior, comprobamos que tamén se da esa fenda, se ben en menor nivel. Así, en marzo de 2017 hai en Galiza 210.056 persoas rexistradas no paro. Son 21.741 menos das que había en marzo de 2016 na mesma situación. O descenso nestes doce meses foi do 9,38% mentres que no estado foi dúas décimas superior, 9,58 por cento. E non debemos perder de vista que se ben nestes doce meses o desemprego rexistrado descendeu en 21.741 persoas, o número de altas na Seguridade Social nese mesmo período foi de 18.585. Máis de 3.000 persoas desaparecen do paro mais non por conquerir un emprego: emigración, desistir,... Galiza é, de feito, un dos territorios do estado onde menos descendeu o paro rexistrado neste mes Só Canarias, Valencia e Euskadi presentan peores rexistros. No que atinxe á afiliación á Seguridade Social, continuamos por baixo do millón de afiliados que había antes da crise. En marzo hai 959.133 persoas inscritas na Seguridade Social, das que 214.373 son do réxime de autónomos. A afiliación aumentou a respecto de febreiro en 0,58% (no estado fíxoo 0,91%) e nos últimos 12 meses en 1,98% (no estado, subiu 3,49%). En marzo formalizáronse en Galiza 77.353 contratos, o que supón un 24% máis que no mes anterior. De novo, a baixada do paro vén da man dun aumento importante dos contratos, o que indica a temporalidade e precariedade que se estenden no mercado laboral galego. |
NOS_24801 | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia que a aprobación o pasado mes do coñecido como Decretazo Dixital establece un marco de conculcación de dereitos e liberdades incompatible cun sistema verdadeiramente democrático. | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, ven de solicitar a derrogación do coñecido como Decretazo Dixital, así como da Lei Mordaza, xa que, na súa opinión, estas medidas "establecen un marco de conculcación de dereitos e liberdades incompatible cun sistema verdadeiramente democrático". O decreto para o que esixe a súa derogación aprobouno o Goberno de España en funcións na Deputación Permanente do día 27 de novembro co apoio do Partido Popular, Cidadáns e a abstención de Unidas Podemos, só uns días antes de que se constituísen as Cortes da XIV Lexislatura. Como denuncia Rego, o Goberno amparouse para a súa aprobación nunha ficticia situación de urxencia, que é para a que está prevista a utilización dos Decretos-Lei, e evitando así os informes pertinentes e o debate sobre o que se pretende aprobar. O pretexto catalán Esta norma, denuncia, outorga ao Goberno, entre outras facultades, a potestade de intervir e asumir a xestión directa de redes e servizos de comunicacións electrónicas, sen orde xudicial, en determinados supostos excepcionais que poidan afectar a orde público, a seguridade pública e a seguridade nacional, "usando como pretexto os acontecementos que se están producindo en Cataluña, o cal xa supón unha aberración democrática". "A aprobación desta Real Decreto-Lei vai máis aló, pretendendo ter un efecto preventivo e aleccionador que supón un novo ataque ás liberdades públicas e unha nova criminalización da protesta e calquera tipo de disidencia, establecendo unha forma de censura a vontade do goberno, polo que constitúe unha ameaza contra dereitos fundamentais como son os dereitos á liberdade de expresión, manifestación, á participación política, etc…", advirten desde o BNG. |
NOS_58116 | O arquitecto pronunciou hoxe o seu discurso "A arquitectura: Unha disciplina entre a arte e a técnica" nun acto no Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa. | O arquitecto César Portela Fernández-Jardón pronunciou hoxe o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) como académico de honra, titulado "A arquitectura: Unha disciplina entre a arte e a técnica". O acto, que se celebrou esta mañá no Pazo de Baión, estivo presidido polo presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, e o discurso foi contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Arquitectura, Xosé Manuel Casabella López. Manuel Quintana Martelo confesou que a Academia tiña unha débeda histórica cun dos máis relevantes nomes da arquitectura galega, engrandecendo coa súa presenza a institución e sendo sempre unha voz escoitada e respectada. "Dicir que é un dos referentes da nosa arte arquitectónica, é dar recoñecemento a súa figura e debe ser considerado todo o seu traballo como unha riqueza patrimonial aló onde pon o seu traballo e deixa o seu aceno de identidade" –asegurou–. Coa súa disertación, Quintana explicou que Portela expresou o seu sentir na arquitectura, a súa entrega e o seu amor pola profesión, indicando que "ama a arquitectura, sinte o seu traballo, busca a dimensión máis profunda e integradora e pon todo o seu saber ao servizo da sociedade no seu conxunto". César Portela (Pontevedra, 1937) agradeceu á Academia a súa inclusión como académico de honra, admisión que o encheu de emoción, satisfacción e orgullo. Comezou o seu discurso solemne pronunciando unha cita do arquitecto estadounidense Louis Khan: A arquitectura é aquilo que a natureza non pode facer, para continuar profundando nos diferentes camiños percorridos pola ciencia, onde impera a razón, e pola arte, que se achega ao plasmábel dos desexos, ilusións e paixóns. Aínda que concretou que no caso da arquitectura tamén debe satisfacer a necesidade de crear espazos habitábeis que, ademais de ser belos, deben ofrecer seguridade, abrigo e confort. Respondendo a unha pregunta xenérica pero crucial, "que é a arquitectura?", o Premio Nacional de Arquitectura no ano 2000 explicou que a arquitectura é a "construción do espazo" e a concepción deste espazo, entendida como primeiro soño creativo do feito arquitectónico, é para Portela imprescindíbel dentro dun proceso creativo moito máis amplo sen o que non é posible a arquitectura. "Os arquitectos non podemos limitarnos sinxelamente a soñar. Temos tamén que construír, que materializar os nosos soños. A arquitectura é, xa que logo, arte e técnica a un tempo, pero arte e técnica ao servizo da sociedade. A función social é, xustamente, o que converte a arquitectura en algo de necesaria utilidade, imprescindíbel, nunca gratuíto", manifestou. César Portela: "A boa arquitectura non destrúe a natureza, mesmo é quen de dignificala" Sobre a esencia da arquitectura, o catedrático asegurou que a boa arquitectura é aquela capaz de lograr solidez, confort, riqueza espacial e formal, buscando tamén a maior economía de medios, sinxelamente facer máis e mellor con menos medios, porque en opinión de Portela, os recursos económicos que se manexan deben administrarse con racionalidade, pero sen renunciar á calidade. "A boa arquitectura é aquela que lle ofrece seguridade aos corpos e liberdade aos espíritos". Nun punto máis transgresor, César Portela afirmou que a boa arquitectura non ten porque renunciar ao espectáculo, pero debe conseguir iso a base de "calidade espacial, formal e construtiva, sabendo dar resposta a cuestións fundamentais con solucións arquitectónicas brillantes, empregando elementos construtivos axeitados". Tamén fixo referencia a cuestións ambientais, indicando que a boa arquitectura non destrúe a natureza, senón que a respecta, a sublima e a enriquece. En definitiva, Portela definiu a boa arquitectura como aquela capaz de conseguir que a emoción non se impoña ou substitúa á razón, e que a arte non se supedite á ciencia "Vale máis unha imaxe ca mil palabras". Con este refrán, César Portela deu paso a unha escolla de fotografías dalgunhas das súas obras máis relevantes –cemiterio de Fisterra, estación de autobuses de Córdoba, o Museo do Mar de Galiza en Vigo, o Paseo de l'Axe de l'Indépendance en Alxer (Alxeria), o Edificio Domus na Coruña, o Museo de Etnografía de Toga-mura no Xapón, Ponte Azuma en Shimminato no Xapón, Museo de Ciencias Naturais de Galicia en Santiago de Compostela, todas elas obras coas que exemplificou toda a súa anterior disertación arquitectónica. Xosé Manuel Casabella: "Para el, a arquitectura é unha paixón, unha toma de partido a favor dos valores da paisaxe e da cidade, tratando sempre dar resposta ao lugar, de ordenar a súa contorna e construír os espazos nos que habitamos" O arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella foi o responsábel de ofrecer a réplica a Portela. Volvendo a vista ao pasado, o académico lembrou como coñeceu ao seu amigo Portela en Barcelona, onde compartiron ilusións e utopías e colaboraron en actividades altruístas. "O que mellor caracteriza o seu carácter é a súa constancia, a súa firmeza, a súa rebeldía, ousadía e o seu empeño en ir sempre por libre" –asegurou–. Ademais, Casabella seguiu enumerando adxectivos que, segundo o seu parecer, describen a personalidade de Portela, desde ser unha persoa próxima e solidaria coa xente e a natureza, ata o seu talento, lucidez, tenacidade e capacidade de sacrificio, así como por suposto admiración polo conxunto da súa obra. Neste aspecto profesional, Casabella destacou que a arquitectura de Portela percíbese e cáptase o interese e preocupación pola configuración do espazo, valor supremo da arquitectura en cuxa elaboración Casabella asegura que Portela especula, medita, reflexiona, compara e confronta coa historia, co presente, coa vangarda e co futuro. "Para el, a arquitectura é unha paixón, unha toma de partido a favor dos valores da paisaxe e da cidade, tratando sempre dar resposta ao lugar, de ordenar a súa contorna e construír os espazos nos que habitamos, principais labores dos arquitectos", afirmou. Tamén Casabella fixo referencia á radicalidade conceptual da obra de Portela, onde o arquitecto pontevedrés foxe da autoestima do autor e céntrase na propia funcionalidade e beleza da obra. O acto tamén contou coa asistencia doutros académicos da institución e autoridades, como a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Carmen Larriba; o director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; Alexandra Fernández, parlamentaria do BNG, membro da Comisión 2ª do Parlamento de Galicia; o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Elena Ampudia; a secretaria do COAG, Elvira Carregado; o presidente da Delegación de Pontevedra do COAG, Anselmo Villanueva; o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; e o académico da Real Academia Galega de Ciencias, Pedro Merino. A arquitectura como axente para a protección do patrimonio galego |
PRAZA_4393 | É urxente estudar unha solución pública que incorpore Alcoa ao sector público estatal, coa participación da Xunta no órgano de administración. Mais priorizando unha xestión profesional, mesmo percurando un socio privado industrial que poida viabilizar a fábrica de aluminio primario de San Cibrao | A decisión da multinacional Alcoa de pechar na vila mariñá de San Cibrao a única fábrica de aluminio primario de Galicia- e da península ibérica- supón a perda de 534 postos de traballo directos e uns 280 indirectos, con gravísimos efectos a respecto de milleiros de familias na Mariña toda. Pensemos que o complexo de Alcoa (que integra esta fábrica coa moi rendíbel de alúmina que seguirá a traballar) supón o terzo do PIB da provincia de Lugo. Unha catástrofe económica para a bisbarra mariñá e para todo o Norte de Galicia.Desque chegou á Moncloa-hai xa dous anos-, o Goberno Sánchez non foi quen de aprobar un estatuto para a industria electrointensiva que reduza o elevadísimo custo da enerxía eléctrica para estas actividades. Na Galicia exportamos case o 40% da enerxía que producimos, sofrindo os seus custos ambientais e paisaxísticos. A falla de rendibilidade da fábrica de aluminio de Alcoa subvenciona o consumo doméstico do barrio de Salamanca e do resto de barrios de Madrid.Canto á Xunta, Feijóo segue a facer o que mellor sabe: botarlle a culpa aos demáis, demitindo das súas responsabilidades como presidente deste País. Mentres o president Torra está a abrir negociacións directas cos directivos da Nissan no Xapón, o dos Peares renunciou interpelar aos directivos norteamericanos de Alcoa. Como xa dixo cando se declarou o estado de "alarma" canda a pandemia da Covid-19 "é un problema do Goberno central".Mais non haberíamos esquecer á principal responsábel, que é a propia Alcoa. Unha multinacional que pecha a fábrica de aluminio de San Cibrao porque no contexto do oligopolio mundial élle moito máis rendíbel producir noutros lugares do mundo. Mais neste contexto ao mellor non matinou en que no novo paradigma europeo postpandemia é factíbel asumir o control estatal en empresas estratéxicas. Para Alcoa producir aluminio en San Cibrao pode non ser moi rendíbel, mais non ser viábel outro actor internacional producindo aluminio dende San Cibrao?Velaí que a proposta de estatalización desta actividade produtiva, formulada polo BNG, CIG, UGT e CC.OO. semella unha solución merecente de fondo estudo, tendo en conta que sería posíbel pór recursos enriba da mesa, como os 38 M€ achegados en axudas públicas á multinacional nos últimos anos para o mantemento dos postos de traballo e máis o orzamento de indemnización extintiva dos traballadores e do propio peche físico.É urxente estudar unha solución pública que incorpore Alcoa ao sector público estatal, coa participación da Xunta no órgano de administración. Mais priorizando unha xestión profesional, mesmo percurando un socio privado industrial que poida viabilizar a fábrica de aluminio primnario de San Cibrao no contexto dos mercados internacionais. |
NOS_7517 | A portavoz nacional participou en Pontevedra nun Vermú feminista, con espazo para os caraveis vermellos en lembranza da Revolución do 25 de abril en Portugal. | O BNG disputa escanos na Coruña e Pontevedra á "dereita macista e cavernícola". Así o manifestou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, no vermú feminista que esta quinta feira tivo lugar en Pontevedra. "O PP de Casado e de Feixóo que se burla da violencia machista con ese si,si,si e falan de supremacismo feminista, ese Cs de Rivera que defende os ventres de alugueiro e un Vox proclamando que unha muller violada non ten dereito a decidir se aborta ou non", dixo Pontón, deben recibir unha contestación o domingo da man do BNG : "Podemos frealos". A portavoz nacionalista chamou a que "fronte á mensaxe do medo e da crispación da dereita", as mulleres "votemos con ilusión e co convencemento de que en Galiza non imos permitir nin un só escano para esa dereitona antigalega e machista". Pontón fixo este chamamento nun vermú feminista xunto coa candidata por Pontevedra, Carme da Silva, nun acto no que tamén lembraron a revolución portuguesa do 25A, cos caraveis vermellos convertidos en símbolo desa rebeldía que acabou coa noite de pedra no país veciño. En relación as propostas á favor de igualdade das mulleres, o programa do BNG defende xulgados específicos de violencia de xénero en todas as cidades galegas e máis medios para combater o machismo. Oposición a calquera intento de legalizar os ventres de alugueiro e ampliar os permisos de maternidade e paternidade a un ano de xeito intransferible. |
NOS_4898 | O chavismo lembra que é unha figura contemplada na constitución e que vai permitir afortalar "o poder popular". A oposición di que é un paso para substituír unha Asemblea Nacional que a partir do 5 de xaneiro terá maioría anti-chavista. | O 6 de decembro o chavismo tivo a súa primeira gran derrota nestes 16 anos de proxecto. A oposición, reunida en torno á plataforma MUD e co anti-chavismo como único nexo de unión, logrou 112 dos 167 asentos da Asemblea Nacional de Venezuela, o que supón 2/3 da Cámara. Unha maioría cualificada que lle permite adoptar medidas que batan na liña de flotación do proceso que leva en marcha desde hai década e media. O 5 de xaneiro tomarán posesión os novos deputados e deputadas. Ábrese entón un escenario no que a posibilidade de cohabitación entre executivo e lexislativo preséntase complicada senón imposíbel. É neste punto onde se constitúe o Parlamento Comunal Nacional, a máxima instancia de auto-goberno dos consellos comunais. Unha figura, como lembra o avogado e xurista Germán Saltón, que ten a súa lexitimidade na propia Constitución bolivariana, en artigos como o 5 ou o 70. A oposición, porén, ve neste Parlamento un intento de substituír a Asemblea Nacional, algo que o chavismo negou estes días. "É unha instancia lexislativa do pobo desde a base", defende Nicolás Maduro. En Venezuela hai 45.000 consellos comunais e 1.000 comunas "É un poder que permite ao pobo dispoñer de recursos, xefaturas, toma de decisións, leis...", explicou o presidente, Nicolás Maduro, cualificando o Parlamento Comunal como "unha instancia lexislativa do pobo desde a base". Diosdado Cabello, presidente da Asemblea Nacional, acusou a MUD de "querer dar un golpe de Estado na AN" e defendeu o Parlamento Comunal ao tempo que pedía "unidade" para evitar retrocesos no proceso revolucionario. En Venezuela hai por volta de 45.000 consellos comunais e 1.000 comunas. Os consellos son organizacións de veciños e veciñas que deicen colectivamente e de abaixo arriba o destino e desenvolvemento do seu territorio. As comunas, que nacen a raíz da unificación dos consellos, é "un proxecto político onde o pobo exerce o poder en todos os seus sentidos: produción de bens, planificación de políticas, execución e implementación das mesmas...", explica Ana Marín, da comuna Panal 2020. |
NOS_2185 | A locomotora europea inicia un dos anos electorais máis intensos da súa historia recente. É o ano do adeus de Angela Merkel e da posíbel consolidación do partido dos Verdes. Mañá vótase en dous 'länder' e ao longo de 2021 haberá comicios en catro Estados federados máis. A culminación será en setembro, coas eleccións xerais. | Nun país federal como Alemaña, fondamente descentralizado, os procesos electorais nos länder son sempre seguidos con grande interese. Este 2021 é especialmente relevante: vótase en seis Estados e en setembro elíxese o novo Bundestag, o Parlamento alemán, no ano do adeus de Angela Merkel, a persoa que leva marcando, para ben e para mal, a política da UE nos últimos tres lustros. Actualmente, o Goberno alemán está conformado por unha coalición da conservadora Unión Demócrata Cristiá (CDU); dos seus aliados bávaros, a Unión Social Cristiá (CSU); e do Partido Socialdemócrata (SPD). Segundo a enquisa publicada esta semana pola canle de TV pública, ARD, a CDU e a CSU sumarían 33% en intención de voto, en tanto que o SPD alcanzaría apenas 16%. Con estas cifras a "gran coalición" non tería posibilidade de seguir gobernando. E aínda que os números desen, o SPD non parece estar polo labor, tal e como manifestou en varias ocasións o líder da formación socialdemócrata e ministro de Finanzas, Olaf Scholz. Para o partido de Merkel, ademais, a situación podería empeorar. Primeiro, precisamente por non contar con ela ─malia perder cinco puntos, continúa a ser a política mellor valorada en Alemaña, con 64% de apoio cidadán─; segundo, porque a sondaxe de ARD mostra a fatiga que acumula o Goberno alemán pola xestión da pandemia: o ministro federal de Sanidade, Jens Spahn, e o de Economía, Peter Altmeier, ambos os dous da CDU, perderon 12 e 10 puntos, respectivamente. E terceiro, polo escándalo de corrupción que levou á dimisión o pasado domingo do deputado federal da CDU Nikolas Löbel tras recoñecer que cobrara dunha empresa por recomendar as súas máscaras sanitarias a institucións públicas do país. Non é o primeiro, tamén Georg Nüsslein (CSU) enriqueceuse desta mesma maneira a comezos da pandemia. E poderían non ser os últimos. Der Spiegel, o xornal que destapou os casos, afirma que a xustiza sospeita dunha vintena de deputados. Löbel levouse 250.000 euros pola intermediación ilegal, e Nüsslein 660.000 euros. Reviravolta na esquerda E da banda do SPD, que tradicionalmente foi quen disputou coa CDU a Chancelaría, leva anos perdendo terreo a favor doutras alternativas. Nas xerais de setembro de 2017 logrou 20,5% dos votos, máis de catro puntos máis do que vaticinan as sondaxes. Non é Die Linke (A Esquerda) o receptor destes sufraxios (en 2017 atinxiu 9,2% e agora estímase que se fará con arredor de 7%). Quen emerxe como nova segunda forza no Bundestag é Os Verdes, que de 8,9% en 2017 pasaría a 20%. Ante esta perspectiva, a formación ecoloxista contempla entrar no Goberno federal 16 anos despois da coalición co SPD. E non desbota aspirar á presidencia do Executivo. No inicio de ano, os seus dous líderes, Annalena Baerbock e Robert Habeck, deron unha conferencia para esbozar as liñas políticas de cara a este ano. A primeira, malia seguir considerando Os Verdes un "underdog" (usou esta expresión inglesa que fai referencia a un aspirante non favorito), tamén salientou que "por primeira vez un terceiro [na altura aínda non dera o sorpasso á SPD nas enquisas] está a loitar polo liderado deste país". Pactos a esquerda e dereita Oficialmente chamada Alianza 90/Os Verdes (Bündnis 90/Die Grünen), unha fusión en 1993 de partidos a ambos os dous lados do Muro, a formación ecoloxista é moito máis que iso, ecoloxista. Na estratexia política exposta por Baerbock e Habeck, fíxose máis fincapé nos aspectos sociais que nos ambientais. Tendencia esta inaugurada con éxito polo Sinn Féin nas elección en Irlanda de 2020, deixando nun segundo plano a cuestión nacional que máis o identifica e incidindo nos problemas socioeconómicos. En calquera caso, a tradición pactista alemá podería levar a unha peculiar coalición dos Verdes coa CDU/CSU. Non sería a primeira vez que os ecoloxistas realizan unha manobra deste tipo. Tras as eleccións no land de Saarland en 2009, desbotou unha coalición vermella-vermella-verde (co SPD e con Die Linke) e optou por unha coa CDU e cos liberais do FDP (a primeira das chamadas "coalición Xamaica", polas cores destes partidos e as da bandeira do país: amarela, negra-verde). Mais o mellor exemplo do que pode ser o vindeiro Goberno federal de Alemaña está en Baden-Württemberg, un dos dous Estados que mañá votan e onde Os Verdes e a CDU levan gobernando xuntos catro anos. Para Patrick Bernhagen, profesor de Ciencias Política da Universidade de Stuttgart (capital deste Estado), isto explícase porque "os partidarios da CDU non son tan conservadores como eran antes". "Ao mesmo tempo, os Verdes non son tan ecoloxicamente radicais como eran", dixo a Euronews. Dous primeiros tests Con todo, a situación non pode ser equiparábel ao conxunto do país. A taxa de desemprego en Baden-Württemberg é moi inferior á media alemá, e conta cunha potente industria que inclúe empresas como Bosch, Mercedes, Porsche, Hugo Boss e IBM. Ademais, o carisma do líder dos Verdes neste land, Winfried Kretschmann, ten moito que ver con que a formación sexa a máis votada. Os Verdes chegaron ao poder hai dez anos, impulsados polo medo que provocou o desastre de Fukushima e a política nuclear da CDU na altura, explica o xornal bávaro Süddeutsche. Tamén o carisma da primeira ministra é chave nas eleccións en Renania Palatinado. "A gañadora sempre foi Malu Dreyer", titulaba esta semana unha análise FAZ a respecto da primeira ministra e candidata do SPD. Aquí rexe unha "coalición semáforo" (vermella-amarela-verde), e as enquisas indican se podería manter. Iso si, cunha caída de máis de tres puntos dos socialdemócratas e unha suba de case cinco dos Verdes que, de se confirmar, impulsaría a formación ecoloxista neste Superwahljahr ("súper ano electoral"). |
NOS_18016 | 'Petón do Lobo' afirma que estas actividades "carecen das autorizacións necesarias" e que se están a realizar "sen plan de restauración ou estudo de impacto ambiental". | A asociación Petón do Lobo e colectivos veciñais denunciaban en outono do ano pasado " sondaxes ilegais" a cargo dunha compañía mineira sueca, Eurobattery Minerals, na parroquia de Castriz, no Xallas; para obter niquel, cobre e cobalto con fins comerciais. Unha protesta e mobilización que levou á que se parasen esas prospeccións. Mais agora, meses despois, e segundo denuncia 'Petón do lobo', as sondaxes volven, na mesma zona e pola mesma empresa, afirman. "Hoxe mesmo (terza feira, 15 de xuño) o a mesma empresa anunciou aos seus inversores da bolsa de Estocolmo que retomaría as sondaxes neste mesmo mes de xuño, coa pretensión de realizar máis un quilómetro de prospeccións", di o colectivo nun comunicado . "A empresa, a través da súa filial Corcel Minerals SL e da empresa de sondeos Geonor Servicios Técnicos SL, volve áa carga nun espazo de altísimo valor ecolóxico, a coñecida como Braña da Serra, situada entre os lugares do Sisto, Os Matos e Boaña, na parroquia de Castriz (Santa Comba), e As Salgueiras, xa no concello de Coristanco". O ano pasado varias entidades, apoiadas cos datos de biólogos das universidades de Santiago e da Coruña, solicitaron que se iniciase o expediente de protección ambiental para catalogar a zona como ENIL (espazo natural de interés local) ou EPIN (espazo privado de interés natural). Xa cursaron denuncias urxentes "para a paralización inmediata desta nova campaña ilegal de sondaxes, antes de que poidan causar máis prexuizos de difícil reparación" Petón do Lobo prosegue: "A empresa sueca chegou a manifestar o ano pasado que xa contaba cos permisos necesarios para comezar un proxecto de explotación de cobre, niquel e cobarlto a ceo aberto de grandes dimensións de inmediato, aínda que se acabou por descubrir que nin era titular dos dereitos mineiros nin contaba coas autorizacións para facer sondeos, nin da propia Xunta nin dos concellos afectados". Anuncia tamén que xa cursaron denuncias urxentes "para a paralización inmediata desta nova campaña ilegal de sondaxes, antes de que poidan causar máis prexuizos de difícil reparación". Níquel, cobre e cobalto para baterías eléctricas A empresa sueca anunciou en maio de 2020 o descubrimento na Galiza dun gran xacemento de sulfuro de níquel para fabricar as baterías que levarán os coches eléctricos. Após das primeiras mostras de rocha analizadas pola compañía australiana ALS Global1, a mineira sueca confirmou unha proporción de minerais económicos de sulfuro de níquel no terreo "alta", que convertía a parroquia de Castriz, dixo, nun lugar apto para a minaría a granel a ceo aberto e a baixo custo.Eurobattery Minerals pretendía estabelecer na Galiza a primeira gran mina dedicada a minerais de batería no marco do proxecto Corcel, que prevé estender a outras parroquias de Santa Comba e Coristanco. Outra iniciativa de megaminaría a ceo aberta que ameaza con liquidar o patrimonio natural máis os recursos próximos a varios núcleos de poboación |
PRAZA_7077 | Esta picadora ten unha moa para cada un, pero para triturar a Podemos ten varias. A merda dese grupo de mozos políticos que aínda non son dirixentes será exposta obscenamente. | Por listos que sexamos non conseguimos enganar a Natureza nin escapamos ás leis da Física: estamos nun tempo de destrución e todos os procesos van entrelazados na súa crise. A picadora de carne está a funcionar. Estamos nun tempo de destrución e todos os procesos van entrelazados na súa crise. A picadora de carne está a funcionar Destrución que é unha purga tamén. Ten algo de purga moral o espectáculo da entrada no cárcere de tonadilleiras castizas, políticos e, fugazmente, algún banqueiro. Véndoos entrar aplaudimos diante do televisor, a súa caída alivia un pouco a presión do noso enfado. E a purga da política podería ser o castigo, por agora puramente virtual, que adiantan as enquisas aos partidos existentes. O PP é un gran baleiro, o goberno de Rajoy é un buraco negro político que o traga todo, dentro desa voraz escuridade prevalecen os fenómenos autodestrutivos: Monago, Aguirre, Botella, Cospedal, Santamaría... Nicolasín é a figura que mellor retrata ese poder cortesán parasitario, sen máis proxecto que a depredación. Nicolasín é o fillo de todos eles. Nicolasín é a figura que mellor retrata ese poder cortesán parasitario, sen máis proxecto que a depredación. Nicolasín é o fillo de todos eles Pero o PSOE está a ser outro espectáculo sen carga política. Nada o ilustra mellor que a retractación que fai Sánchez da reforma da Constitución pactada por Zapatero e Rajoy no 2011. Paréceme imposible que ninguén poida defender como un logro ou un ben aquela reforma da Constitución, non podemos defender o emendado nin o modo en que foi pactado, sen a aprobación cidadá. O modo en que foi modificada constitúe unha perda de poder político da cidadanía, cara a dentro, e o texto engadido unha perda de soberanía do estado, cara a fóra. Pero, por mal que pensemos dos gobernantes, non se pode separar esa decisión do contexto en que se deu. Zapatero explicouno de modo detallado no seu libro, O dilema, argumentou que era unha situación extrema e que aquilo foi o mal menor. Pódese ou non aceptar e estar de acordo co seu razoamento pero o que si temos que aceptar todos é que as decisións se toman sempre nun contexto determinado e que naquel contexto os mercados estaban a baleirar de soberanía política e económica a estados europeos como Grecia e Italia. Sánchez e a maior parte dos deputados socialistas participaron desa decisión, non poden pedirnos que aceptemos que non tiveron responsabilidade niso. Non eran nenos e nenas, eran persoas adultas e ademais con serias responsabilidades. Podemos comprender que cambiasen de opinión a condición de que nolo expliquen e carguen coas súas responsabilidades, non pretendan eludilas infantilmente, "eu simplemente pasaba por alí". Co modo en que fixo esa retractación Sánchez lembrounos a todos aquela decisión tan grave tomada polo seu partido, danándoo novamente, e retratouse a si mesmo como un dirixente sen peso e sen palabra Para iso deben de tratarnos con respecto intelectual: que sitúen esa decisión naquel contexto e que agora xustifiquen a súa decisión porque o contexto cambiou ou polo que sexa. Pero que a expliquen sen insultar á nosa intelixencia e sen o recurso infantil e obsceno de xustificarse cargando o morto sen máis a Zapatero, quen carga cos seus erros, con todo o que lle botou encima a dereita e, enriba, cos pecados e a hipocrisía dos dirixentes do seu partido. Co modo en que fixo esa retractación Sánchez lembrounos a todos aquela decisión tan grave tomada polo seu partido, danándoo novamente, e retratouse a si mesmo como un dirixente sen peso e sen palabra. Este é o tempo en que os políticos se autodestrúen. Esta picadora ten unha moa para cada un, pero para triturar a Podemos ten varias. Estáselle aplicando xa o mesmo tratamento que se lle aplicou ao proceso político catalán, exactamente o mesmo. O ministro do Interior, caído dun No-Do, mandaralles outros tantos policías secretas para investigar as súas vidas e analizar o seu lixo, pois a policía e todo o estado é patrimonio deste goberno e partido. A merda dese grupo de mozos políticos que aínda non son dirixentes será exposta obscenamente. Do mesmo xeito as empresas de comunicación madrileñas, incluídas as cadeas televisivas que lles permitiron moverse e avanzar, aplicaranlles as súas coitelas dun lado e do outro. Igual que os dirixentes cataláns, acabarán sendo retratados como corruptos e os seus posibles e futuribles votantes como xente simple e co cerebro lavado por eses astutos manipuladores. A destrución persoal para combater unhas actuacións políticas. Podemos vai ser sometido a un castigo utilizando a mesma enerxía que os alimentou. Actuaron como fiscais de todo o instituído e todos os mecanismos do instituído volveranse agora contra eles Podemos vai ser sometido a un castigo utilizando a mesma enerxía que os alimentou. Actuaron como fiscais de todo o instituído e todos os mecanismos do instituído volveranse agora contra eles. A máquina ten dentes e se ten que morrer farao matando. A diferenza entre os cataláns, aqueles que simplemente queren votar e os independentistas, e os dirixentes de Podemos está en que Catalunya pode afrontar serias dificultades mentres que Podemos polo de agora aínda non chegou a existir. Catalunya é un proceso sólido, con cidadanía organizada e fortes partidos e en cambio Podemos é algo que aínda non existe máis que virtualmente. Quen sufrirá máis? |
PRAZA_12960 | O aniversario das primeiras protestas 'indignadas' leva a milleros de persoas ás rúas de Galicia | "Non temos medo, temos fame". O célebre berro que Os Diplomáticos de Monte Alto inseriron no seu Gaiteiro, himno interxeracional bravú e arroutado, serviulle a un grupo de mozos que secundaron a convocatoria do 15M en Compostela para resumir os múltiples motivos que os levaron, un ano despois das primeiras manifestacións indignadas, a volver ás rúas. "O capitalismo é o terrorismo", "Borbón, traballa de peón", "que pasa, que pasa? que non temos casa". Os motivos son diversos, case tantos como os asistentes, milleiros de persoas que este sábado encheron as rúas na decena de localidades galegas nas que o 15M decidiu conmemorar o seu aniversario collendo folgos contra unha crise que non é tal, "senón unha estafa", e que fai que todo "estea moito peor que hai un ano". Máis de 8.000 na Coruña, 4.000 longas en Santiago, moitos milleiros en Vigo... As dúbidas que existían no seo do movemento ao formular a convocatoria esvaeron pouco despois do inicio das protestas nunha tarde que en todo o país parecía deseñada para consagrar ao sol, ás terrazas e mesmo á praia. A indignación e as reivindicacións non só seguen vivas, senón que se actualizaron a golpe de crise e recortes. Mostra disto é que en boa parte das marchas moitas das consignas estrela de hai un ano -"non nos representan", "chámano democracia e non o é"- ficaron nun segundo plano, relegadas por moitos dos berros que xa se escoitaron hai poucos días, nas manifestacións do Primeiro de Maio, e un pouco antes na folga xeral, os obxectivos da protesta: a reforma laboral e a banca. Tamén tivo moito espazo unha das institucións un chisco ausentes nos primeiros compases do movemento, a Monarquía. Nesta liña, non foron poucas as siluetas de elefantes que se viron polas rúas. Pero, ademais de indignárense xenericamente que queren? Que se pediu este sábado nas rúas? Belén, do 15M de Compostela, esforzábase en explicar ante os xornalistas que un ano despois si hai a "concreción" cuxa ausencia se lles reprochaba en 2011. "Queremos seguir creando conciencia para que a xente siga a loitar polos seus dereitos" e isto concrétase en, por exemplo, esixencia de "vivenda digna para todo o mundo", freo aos desafiuzamentos, reclamación de "distribución da riqueza" ou aposta pola "igualdade" con independencia da renda: "aquí hai moita xente estudante que tamén participou na folga xeral do día 10 para que non suban as taxas", exemplifica. Nese abano de reivindicacións tamén xoga un papel relevante "a liberdade cidada". Saír á rúa e protestar "non é delito", reivindican, en resposta "ao Ministerio do Interior". "Onde están? Non se ven os empregos do PP", coreouse na Coruña. "Illa, illa, illa, Botín fillo de puta", repetiuse con retranca en Compostela e en Vigo. "Coa sanidade non se xoga", podíase ler en moitas das pancartas, repartidas entre os asistentes ao comezo das marchas: "aquí non hai políticos e por iso non nos pelexamos por elas", explicaba unha moza en Santiago nunha descrición un chisco inexacta. Porque si houbo "políticos" nas rúas. Aínda que nun discretísimo segundo plano, militantes e algún que outro dirixente de diferentes formacións do nacionalismo e da esquerda mesturaronse entre as multitudes. Mesmo algunhas das reivindicacións presentes na marcha están xa en foros parlamentarios da man dalgúns deles, caso por exemplo da esixencia dunha banca pública. Rajoy, Conde Roa, dación en pagamento As novidades nas reivindicacións deste 15M que o calendario transformou en 12M tamén mudaron de destinatarios, igual que algúns Gobernos mudaron de cor política. Dende as primeiras mobilizacións as urnas abriron en dúas ocasións, para as eleccións municipais e para as eleccións xerais, e en moitos casos mudaron responsables políticos socialistas e nacionalistas por outros do PP. Por este motivo abondaron as imaxes irónicas dedicadas a Mariano Rajoy e aos seus ministros reclamándolles responsabilidades pola "especulación" ou, simplemente, instándoos a rebaixar os seus soldos ou a marchar. Na marcha de Compostela unha lembranza especial foi para o ex alcalde, Gerardo Conde Roa, quen cesou no cargo tras recoñecer unha débeda con Facenda e que converteu a cruzada contra o 15M nun dos emblemas do seu breve mandato: "non estamos todas, falta Conde Roa", coreuse ao chegar a unha Praza do Obradoiro na que se recuperaron tradicións de hai un ano, como unhas peculiares "carreiras de cabalos" dando palmas, pero na que tamén se introduciron novidades, como o canto do Grándola, vila morena, do Zeca Afonso. E se houbo novidades nas consignas tamén as houbo nas formas de protesta, nas propias manifestacións e fóra delas. Así, por exemplo, na marcha da Coruña ao tempo que se distribuían estratexicamente diversas pancartas no percorrido da manifestación -a prol da sanidade pública ante unha clínica privada, contra a especulación nun banco- tamén se recollían sinaturas para a iniciativa lexislativa popular que o movemento 15M impulsa en todo o Estado e que foi amplamente difundida nas rúas da Coruña en versión bilingüe; o obxectivo non é outro que evitar "que nos hipotequen a vida", isto é, lograr que a entrega da vivenda á entidade bancaria sexa dabondo para saldar a débeda dunha hipoteca, o que é o mesmo, a célebre dación en pagamento. Tamén en Santiago, Vigo ou Pontevedra se fixo fincapé nesta reivindicación, rematar cunha situación na que hai "casas sen xente e xente sen casas". Que o Estado "non lle dea un euro máis á banca", "reparto do traballo e salarios dignos" ou "non á privatización dun só servizo básico" foron algunhas das reclamacións que ficaron reflectidas nos manifestos lidos nas diversas prazas en moitas das cales tamén se celebraron asembleas. E agora, que? Os representantes do 15M nas diversas localidades aseguran, como o pasado ano, que o movemento "non remata aquí", ben ao contrario, afirman, rexorde con folgos renovados. Será "o que decida a asemblea", conclúen. |
NOS_30519 | Neste domingo agárdase que o vento estea en calma. Onte, sábado, foi particularmente intenso e cambiaba de dirección constantemente, dificultando o traballo das brigadas para sufocar as lapas. Por outra banda, o Barco rexistrará a temperatura máis alta de Galiza, 28 graos. | O lume que se iniciou a sexta feira ás 13.00 calcinou xa 1.200 hectáreas, e segue decretado o Nivel 1 de emerxencia. Segundo a Consellaría de Medio Rural, "non se pode dar tecnicamente por controlado", aínda que xa o declararan controlado o primeiro día ás 21.00. Agora, malia as dificultades dos equipos por atallalo, din que está "estabilizado". Traballan na zona 2 técnicos, 15 axentes, 60 brigadas, 25 motobombas e 6 pas, e onte chegaron 13 helicópteros e 16 avións, alén de efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME). O intenso fume obrigou onte ao desaloxo das parroquias de Veiga de Cascallá e do Barrio de Cascallá a tamén do lugar de Vilar de Xeos-Quereñono, concello de Rubiá, lindeiro co Barco. Tamén foran evacuadas xa na sexta as aldeas de Raxoá e Millarouso (no concello do Barco de Valdeorras). Catro organizacións chaman á sociedade contra os incendios O Sindicato Labrego Galego, a Asociación Galega de Apicultura (AGA), VERDEGAIA e a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume únense nunha organización nacional permanente para "forzar actuacións e medidas políticas" contra os incendios, que, afirman, nas últimas corenta décadas queimaron unha superficie equivalente á totalidade do territorio galego. A organización deulle difusión a un manifesto, nas pasadas horas, en que expresa a súa solidaridade coas vítimas do Gran Incendio Forestal do Barco de Valdeorras, que xa leva máis de 1.000 hectáreas arrasadas, especialmente coas que "tiveron que ser atendidas polos servizos de urxencias sanitarios ou perderon as súas casas e enseres", sen esqueceren @s veciñ@s de outros incendios activos en Lugo e en Ourense. Ten como obxectivos denunciar a "inoperancia" da Xunta na prevención e extinción dos incendios forestais, unha "praga" que "esquilma o medio ambiente forestal, produce grandes perdas económicas e pon en perigo a integridade física das persoas". En concreto, queren denunciar a política baseada en medidas contrarias á explotación racional do monte", e sinalan a recente aprobación da Lei de Montes ou o borrador da Orde pola que se regulan os cultivos enerxéticos forestais na comunidade autónoma de Galicia e se crea o rexistro de cultivos enerxéticos forestais. Denuncian tanto políticas tendentes ao abandono do rural (co peche de explotacións agrarias e gandeiras), da Unión Europea, goberno do central e Xunta, como a redución nas partidas orzamentais na prevención e na extinción de incendios no goberno autonómico. |
NOS_17423 | A rede de plataformas medioambientais Salvemos Ordes denuncia que se aprobase o proxecto de explotación de cuarzo de Erimsa nos concellos de Frades e Mesía, cando a propia Dirección Xeral de Agricultura sinalara os "impactos negativos" sobre a economía local. A área afectada abrangue ao redor 200 explotacións e dá traballo a case 500 persoas. | O 11 de maio de 2017 a Dirección Xeral de Agricultura, Gandería e Industrias Agroalimentarias emitiu un informe desfavorábel ao proxecto da norueguesa Erimsa de explotar cuarzo nos municipios de Frades e Mesía. O organismo da Xunta de Galiza argumentou entón que "o proxecto causará graves efectos negativos sobre a produción agro-gandeira" na área do país co maior número de explotacións gandeiras. Moncho Barreiro, avogado do Sindicato Labrego e integrante da plataforma Salvemos Ordes, sinala o "chocante" que foi o cambio de criterio da propia Dirección Xeral, que permitiu dar luz verde á explotación no mes de agosto e para un período de trinta anos. Esta mudanza no seu ditame motiva as cuestións que presentarán na Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Monte tanto o BNG como en Marea na sexta feira 4 de outubro. O primeiro documento "detallaba os investimentos que viñera facendo a Consellaría en procesos de concentración parcelaria, de incorporación de xente moza á gandaría e á agricultura e outros plans de mellora", sinala Barreiro. Concretamente, 20 millóns de euros nas parcelas do concello de Mesía afectadas pola mina e 608.000 euros en axudas ás industrias agroalimentarias e á comercialización, segundo os datos recompilados por En Marea. Pola súa banda o BNG destaca a presenza de case 200 granxas na área que dan ocupación directa a arredor de 500 persoas. "O certo é que despois do primeiro informe a empresa fixo cambios no proxecto, logo do cal emitiuse un segundo informe positivo da Dirección Xeral. Nós, mesmo como parte interesada, non tivemos acceso a ese segundo informe, polo que descoñecemos moita información. Solicitámola o 4 de setembro, estabamos dentro do prazo para presentar recursos, mais tivémolo que facer sen ter acceso ao expediente, a pesar de que debe ser de acceso público", denuncia Barreiro. Na resolución final sinálase que a concesión da explotación supedítase a que a empresa renuncie á expropiación das leiras, excluíndo extraer mineral das parcelas de agricultura en ecolóxico. Con todo, Barreiro denuncia que a empresa non informa ben as persoas propietarias. "Non falan dos prexuízos á terra, da fórmula que empregan para explotala", conclúe. |
PRAZA_15045 | Estudo do rendemento dos representantes galegos no Congreso español. Os nosos deputados e deputadas obteñen unha nota ben máis alta que os representantes no Senado e, de novo, mellor no caso dos da oposición. Informe completo e análise no interior. | Ao contrario do que ocorre co Senado, os debates e traballos realizados no Congreso dos Deputados son noticia diariamente. Sen dúbida, esa maior atención social ten algo a ver no diferente desempeño que se rexistra entre os representantes galegos nunha e noutra cámara. Así, mentres no Senado só aproban claramente dous (con algunha xenerosidade, poderíamos falar de no máximo catro) dun total de dezanove, no Congreso a metade aproba e mesmo abundan as avaliacións moi positivas entre deputados e deputadas das tres forzas políticas que deteñen a nosa representación. A seguir preséntase unha breve análise dos datos, que foron obtidos da web do propio Congreso e proporcionan unha avaliación fundamentalmente cuantitativa, sen entrar a valorar o sentido do traballo realizado en termos políticos. A oposición (PSdeG e BNG) O primeiro dato que chama a atención é que todos os deputados e deputadas do PSdeG e do BNG logran o aprobado, aínda que no caso de Francisco Caamaño de maneira moi axustada. Conxuntamente, os oito deputados e deputadas da oposición responden por máis do 80% da actividade galega no Congreso, a pesar de que son menos do 35% da delegación do noso país. As mellores notas corresponden ao BNG, que conta coa única deputada que atinxe a matrícula de honra, Olaia Fernández Davila, cun nivel de traballo moi destacado en todos os apartados. Tamén un sobresaliente Francisco Jorquera –que deixou o escano recentemente para ser candidato á Presidencia da Xunta– e a súa substituta Rosana Pérez saen ben parados na avaliación, aínda que no caso de Rosana os datos son aínda moi escasos para establecer valoracións definitivas. Polo PSdeG, as mellores notas corresponden a Laura Seara (sobresaliente) e a José Blanco e Miguel Cortizo (notable). De feito, José Blanco é o máis activo en termos totais, aínda que resulta penalizado polo feito de que a inmensa maioría das súas intervencións son preguntas escritas, mais carece de actividade case por completo en todos os demais aspectos. Un chanzo máis abaixo, tamén Guillermo Meijón e Carmela Silva obteñen un aprobado folgado. A maioría de goberno (PP) Entre os deputados e deputadas galegos do PP, hai de todo, mais no xeral a avaliación media deixa bastante a desexar. A pesar de ocupar dous terzos dos escanos correspondentes á representación galega en Madrid, só executan un 20% escaso do traballo, o que se traduce en que só un de cada tres deputados do PP aproba. Con moita diferenza, a mellor avaliación corresponde a Ana Pastor (sobresaliente), que mesmo sentando no banco azul se pasa máis polo Congreso que moitos dos seus compañeiros de partido con dedicación exclusiva ao posto. Bastante máis atrás atopamos os aprobados de Joaquín García Díez, Antonio Erias, Marta González Vázquez e Ana Belén Vázquez, este último moi xustiño. Cada deputado do PP realizou ao longo dos últimos once meses unha media de 21 intervencións, que equivalen a un 10% do traballo dos deputados do BNG ou a un 15% dos do PSdeG. Iso explica a baixa avaliación media do PP, que fica claramente no suspenso (0,7), fronte ao case notable do PSdeG (2,5) e ao sobresaliente do BNG (4,0). Paz Lago e Telmo Martín (ambos, representantes do PP por Pontevedra) comparten a vergoña de seren os deputados máis inactivos ao longo deste primeiro ano de lexislatura que está a piques de se completar. Lonxevidade política e igualdade de xénero O Congreso dos Deputados está lonxe de ser un cemiterio de elefantes como o Senado ou o Parlamento Europeo, destinos habituais de políticos en idade de prexubilación e/ou degradados polos seus respectivos partidos, mais mesmo así non está exento da lacra da profesionalización da política. Actualmente, tras a retirada ao comezo do mandato de Arsenio Fernández de Mesa (PP – A Coruña), que ía pola súa séptima lexislatura consecutiva, o decano dos deputados galegos é José Blanco (PSdeG – Lugo), que está no seu 5º mandato. Ségueno no ranking de lonxevidade no Congreso os populares Ana Pastor, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, que van polo 4º mandato consecutivo. No 3º encóntranse Antonio Erias e Joaquín García Díez (PP) e mais Olaia Fernández Davila (BNG). A eles habería que engadir outros casos de representantes políticos que, mesmo non repetindo mandato ou facéndoo pola primeira vez, veñen dunha longa traxectoria de ocupación de cargos públicos, como poden ser os casos dos deputados populares Telmo Martín, Joaquín García Díez ou Antonio Erias, todos eles vindos da política municipal urbana; ben como dos socialistas Miguel Cortizo e Carmela Silva, ambos con dilatadas traxectorias ás súas costas. A boa noticia é que si hai unha tendencia á equidade de xénero, xa que dos 25 deputados galegos (incluídos Arsenio Fernández de Mesa e Francisco Jorquera, que causaron baixa ao longo do que levamos de mandato), o 44% son mulleres. E, por certo, non hai diferenzas entre o rendemento deles e delas, xa que tanto nun caso como no outro son tan frecuentes as boas avaliacións como as ruíns. Unha vez máis, como en todos os estudos anteriores, constátase que o que fai a diferenza non é o xénero, senón o feito de pertencer a un partido con menos representantes, que está na oposición e que considera as institucións como centros de debate político e non como simples lugares de votación. |
NOS_39193 | A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei convocou para esta segunda feira ás 11:00 horas, diante do Hospital de Verín, unha concentración de apoio ao xefe de Xinecoloxía do centro, Javier Castrillo | A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei convocou para esta segunda feira ás11 horas, diante do Hospital de Verín, unha concentración de apoio ao xefe de Xinecoloxía do centro, Javier Castrillo, unha das caras visíbeis das protestas contra o peche do paridoiro da vila. O lema de 'Verín non se pecha' reconverteuse en 'Castrillo non se toca' e, segundo trasladou a portavoz da plataforma, Aurora Sola, confían en que "un apoio masivo" a esta protesta obrigue á Xunta a "rectificar" a apertura dun expediente a este xinecólogo, no que tanto o propio profesional como os que o apoian ven "unha vinganza política". Os feitos que motivan o expediente remóntanse, precisamente, a hai un ano, cando o 30 de novembro -un día antes de que se fixese efectivo o peche do paridoiro-, Castrillo mantivo unha discusión cunha pediatra desprazada a Verín que defendía o traslado dun bebé que acababa de nacer a Ourense (o que finalmente se fixo). A Xunta, con Alberto Núñez Feijóo á fronte, defendeu que foi a pediatra a que denunciou os feitos, polo que a Administración cometería unha irregularidade se non incoase a correspondente investigación. Con todo, Castrillo ve "unha vinganza" do xerente do Sergas en Ourense, Félix Rubial, polo seu posicionamento en defensa do paridoiro. Pero tamén ese mesmo 30 de novembro de 2019 as rúas de Verín acollían unha masiva manifestación en defensa de que o paridoiro non se pechase no hospital comarcal. Outro factor determinante, segundo confirmou Aurora Sola, estabelecer mañá a concentración de apoio ao especialista en Xinecoloxía. "Reactivámonos en defensa dun profesional que o único que fixo foi defender os dereitos das nais e dos nenos", sentenciou a portavoz da plataforma, que pide o cesamento do xerente da área ourensá e a retirada do expediente. |
NOS_42840 | A Consellaría de Sanidade notificou esta segunda feira 17 falecementos, o que sitúa o global en 1.086 mortes por coronavirus. Dez destes pasamentos tiveron lugar en residencias de maiores e, dentro deses, finaron seis usuarias e usuarios nas propias instalacións de Salvaterra de Miño. | Os falecementos que a pandemia provocou na Galiza xa chegaron á cifra de 1.086, cando hai escasos días se sobrepasaba a fronteira do milleiro. Nesta segunda feira as autoridades sanitarias deron conta de 17 óbitos, dez deles de residentes en xeriátricos de todo o país. A Consellaría de Sanidade puntualizou que as 17 vítimas inclúen tanto as desta xornada como as do fin de semana, dado que houbo máis casos en relación aos que se tiveran comunicado o sábado e o domingo. Do total, unha decena de persoas tiñan relación con xeriátricos. No entanto, o que máis chama a atención é que seis destas usuarias eran da residencia de Salvaterra de Miño, que está baixo investigación polas denuncias de mala calidade asistencial e intervida pola Xunta nestes momentos. As vítimas foron cinco mulleres de 86, 89, 96, 85 e 87 anos e un home de 80. Tampouco chegaron a ser trasladadas unha doente de 98 anos que vivía na Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, onde tamén apareceu un surto importante, e outra muller de 91 anos, que perdeu a vida no centro Nosa Señora dos Miragres de Barbadás. O resto dos decesos tiveron lugar nos centros hospitalarios. Procedente do infraestrutura de San Cibrao, en Cervo, finou unha paciente de 96 anos que era atendida no hospital da Mariña. No Hospital Lucus Augusti, os equipos sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida a tres enfermas de 90, 96 e 89 anos. Esta última fora trasladada desde o centro residencial San Salvador de Guntín. Sen vínculos cos xeriátricos Fontes da Xunta tamén contabilizaron a un varón de 70 anos cuxo pasamento tivo lugar no hospital de Ferrol -que agora está afectado por un gromo entre o seu persoal- e a outro home de 78 anos que morreu no centro hospitalario de Ourense. Por último, no hospital de Vigo sumáronse a listaxe de vítimas dous varóns de 91 e 86 anos de idade e unha muller de 87. |
NOS_20846 | Unha ofrenda floral este domingo no cemiterio de San Cibrao das Las lembrará unha persoa fulcral para a conformación do movemento nacionalista contemporáneo. | O 16 de setembro de 2017 falecía, aos 84 anos de idade, Bautista Álvarez, un dos líderes históricos do nacionalismo galego, figura central na historia política do país desde os anos 60. Este domingo, co gallo do segundo cabodano do pasamento dunha figura indispensábel para entender a conformación do movemento nacionalista contemporáneo, a UPG e a Fundación Terra e Tempo celebran una ofrenda floral no cemiterio de San Cibrao das Las, no concello de San Amaro, onde descansan os seus restos. No transcurso deste acto intervirá Antón Sánchez Ribeiro, dirixente nacionalista e amigo de Bautista Álvarez. A ofrenda pretende, para alén de homenaxear e lembrar o falecido, incidir na vixencia do capital ideolóxico dunha persoa que participou na construción da proposta teórica do nacionalismo nos últimos sesenta anos. |
NOS_22009 | Gandeir@s e agricultor@s manifestaranse este domingo para defender o sector económico que dá vida á comarca de Bergantiños. A instalación da mina de Corcoesto poría fin a décadas de traballo ligado á terra. | As vilas e aldeas da comarca de Bergantiños non cesan na súa loita contra o proxecto mineiro que as ameaza. Após meses de manifestacións artelladas arredor das plataformas en defensa do territorio, este domingo unha tractorada percorrerá as rúas das vilas de Cereo e Valenza para exixir o dereito do sector agrogandeiro a continuar desenvolvendo a súa actividade. A instalación da mina suporía graves danos ecolóxicos, mais tamén agrícolas, ao introducir prerigosas substancias químicas directamente na terra (como as balsas de lixiviación e flotación ou os verquidos de arsenio e cianuro empregados na extracción do ouro). As explotacións gandeiras que se asentan na zona e @s produtor@s da sonada pataca de Coristanco --que posúe o selo de calidade Denominación de Orixe Pataca da Galiza-- aseguran que a aprobación da licenza mineira deixará un futuro incerto para esta comarca. Pola súa banda, os sindicatos agrarios tíldano de "terrorifico". Os procedementos empregados para levar adiante a extracción mineira en Corcoesto suporán graves prexuízos para a saúde humana, como veñen denunciando as plataformas desde que se deu a coñecer o proxecto, mais tamén para o principal sector económico sob o que se asenta a actividade da maior parte da veciñanza da zona. Neste senso, o domingo ás 11.00h ducias de tractores sairán ás rúas para exixir os seu dereito a vivir e traballar da terra. O Bloque Nacionalista Galego e a Alternativa Galega de Esquerda anunciaron que apoiarán a convocatoria e convidan á cidadanía a se sumar á manifestación na que poderán participar todo tipo de vehículos. |
PRAZA_12287 | Gonzalo, debuxante e humorista gráfico, leva facendo cadriños dende finais dos oitenta: A Nosa Terra, Can sen dono, El Correo Gallego. Compostelán, Plis-Plas, GZNación, Novas da Galiza, e agora Praza Pública e Dioivo. Falamos con el sobre o humor, os medios de comunicación e outras cousas. | Gonzalo, debuxante e humorista gráfico, leva facendo cadriños dende finais dos oitenta: A Nosa Terra, Can sen dono, El Correo Gallego, Compostelán, Plis-Plas, GZNación, Novas da Galiza, e agora Praza Pública e Dioivo. Mira aquí as viñetas de Gonzalo para Praza. Falamos con el sobre o humor, os medios de comunicación e outras cousas. En que é diferente o humor galego do doutras nacións? Os galegos sempre lle damos unha volta máis ás cousas -para ben e para mal- e no humor é para ben. Gustamos dos dobres sentidos, de dicir unha cousa significando o contrario, somos máis revirados e indirectos que un andaluz ou un vasco, por poñer dous exemplos. Pero tamén creo que cada vez máis hai xente nova galega que non pesca a ironía ou retranca, todo se globaliza, e tamén a nosa psicoloxía colectiva. Por outra banda, no humor gráfico hai claves, liñas e referencias que son universais, e que todos temos presentes a través do que temos lido, visto e escoitado, non dependendo tanto do noso entorno inmediato. Cal é o personaxe que máis che gusta debuxar, aquel que case o fas cos ollos pechados? Non é que me gustara precisamente, pero Fraga era un clixé recoñecible case en calquera estilo que se debuxara, e resultábame máis expresivo debuxado con catro riscos que dun xeito máis elaborado. Agora Feijoo é tamén moi caricaturizable, aínda que menos histriónico. Espero que non lle dea tempo a converterse tamén en icona de tan longa duración coma o outro. Cal é o teu debuxante ou humorista gráfico favorito? Cales son os teus referentes? Iso suporía unha lista interminable, porque é un campo donde houbo e hai enormes talentos que engadiron ao seu xenio unha inmensa capacidade de traballo. Da escola franco-belga, por exemplo, Gotlib, Greg (autor de Aquiles Talón), o gran Goscinny ou Jean Giraud/Moebius. Blueberry foi o meu héroe dende pequeno. Moitos da editorial Bruguera como Conti ou Vázquez, Quino, Jordi Amorós/Ja de El Papus…, e Xose Lois "O Carrabouxo" paréceme un grande do humor gráfico en xeral, non só do galego. Ti colaboraches en varios dos medios escritos en galego que existiron nos últimos anos. A que cres que se debeu a caída xeral, a dificultade de consolidación? Como ves o futuro? Nunha análise fría do asunto, a caída foi froito da crise, do cambio a un goberno totalmente hostil ao galego, e en último termo á falla de lectores de medios en galego (aínda que nunha prensa que está totalmente subvencionada polo poder este factor é o menos importante). No caso d'A Nosa Terra, onde traballaba de redactor e ilustrador, podemos unir unha mala xestión, unha falla de ilusión xornalística dende a dirección e unha confusión ou medo na liña política xusto no intre en que máis medios tiña á súa disposición. Aínda así era un produto en galego máis que decente que case ninguén lía nin mercaba, pero que todos choraron ao desaparecer. E eu, como Mourinho, pregúntome, por que? O exemplo vale tamén para casos como o do Xornal, e outros. Xa podían ser moito mellores do que eran, que a xente que despois clama por medios en galego tampouco os ía levantar. O hipercriticismo dos/as presuntos lectores en galego é moi cansino, e moita xente fala e fala, e logo merca La Voz, que regala unha cunca de café o domingo. O futuro, con medios dixitais coma o voso e outros, é de supervivencia, á espera de tempos mellores no económico, e de cambios de goberno que fagan outro tipo de políticas realmente favorecedoras do idioma e non subvencionen escandalosamente a certas cabeceiras a conta dunha pornográfica propaganda ao poder. Tamén creo que só co ámbito dixital non abonda, o papel segue tendo un importante idem, e tamén habería que abordar medios como a radio, tan orfos de idioma galego. "O hipercriticismo dos/as presuntos lectores en galego é moi cansino, e moita xente fala e fala, e logo merca La Voz, que regala unha cunca de café o domingo" Tamén es un bo coñecedor de Compostela. Cres que está vivindo unha certa crise de actividade social ou cultural? Como ves o futuro inmediato da cidade? Creo que vivimos uns tempos moi grises, de tristeza e desesperanza no campo político, social e cultural. Entre a crise e un poder local en sintonía coa parálise autonómica e estatal, a cousa non pinta moi ilusionante. As actividades culturais convencionais (teatrais, musicais) están moi paralisadas pola bola de neve do colapso económico e tampouco vexo unha reacción colectiva en ningún senso. Todos estamos á espreita de "a ver que pasa", ou como moito conectados ás redes chamadas sociais, pero que son algo autistas, a ver si facemos a revolución a golpe de comentarios e links diversos. A cidade..., pois non sei, de momento estamos entretidos coas ocurrencias e momentos frikies de Conde Roa. Un exemplo da inacción xeral pode ser a desaparición do emblemático Códice Calixtino, que só xerou unha concentración dunha ducia de veciños o outro día, e varios titulares do Correo, até que "alguén" lles mandou parar co tema. "Estamos á espreita de 'a ver que pasa', ou como moito conectados ás redes sociais a ver si facemos a revolución a golpe de comentarios e links diversos" Existe unha certa burbulla compostelá, temas que importan moito na zona vella da capital e que pasan máis desapercibidos no resto do país? Isto máis ou menos é un centro neurálxico que exerce de teórica vangarda estudantil, política ou cultural, cos excesos da excesiva teorización, da revolución de taberna, das intrigas políticas de cargos e popes, ou as sobredoses de reintegracionismo ou independentismo, apenas reflectidos no resto da sociedade. É un ambiente proclive, neste eido da esquerda e o nacionalismo, a perder un pouco a referencia da realidade social, pero tamén é estimulante e positivo en moitos aspectos. Hai outras burbullas equiparables, coma a de internet e certos foros opinativos. Vino claro nestes días, cando moita xente, da que le xornais e se informa, me preguntou "que pasa no bloque?" (coma se un fora do Bloque por falar galego), onde vin diafanamente que debates e recontradebates que un segue pola rede chegan a quen chegan, aos de sempre, e para de contar. |
NOS_3871 | O certame aRi[t]mar escolle as vinte finalistas galegas e portuguesas de poesía. O público poderá votar ás gañadoras até o 10 de maio. | O certame aRi[t]mar acaba de escoller as poesías galegas e portuguesas finalistas e abre o prazo para que o público poida votar polas gañadoras. As finalistas galegas son Ana Romaní co poema "Protocolo"; Arancha Nogueira, con "#love"; Carlos Lorenzo e Baldo Ramos, "Chamamento okupa"; Iria Pinheiro e María Lado, co poema "Agora non se agarda nada"; Eduardo Estévez, "Santa Lucía"; Lucía Cernadas, "Decidín"; María Lado, "Odias a poesía e fas ben"; Rosa Enríquez, "A metáfora de tan fina"; Rosalía Fernández Rial, "A reflexión" e Francisco Fernández Naval co poema "Dixeches". Pola outra banda, as candidatas portuguesas son Álamo Oliveira, co poema "Ninguém sabe o malefício dos anos"; Alexandra Santos, "As letras do teu nome"; Hélia Correia, "Almofada de andorinhas"; João Pedro, "Memórias"; Jorge C. Ferreira, "Quem ordena este pandemónio?"; Jorge Sousa Braga, "Poema recuperado do caixote do lixo"; Márcia, "O verão sabe-se bem"; Raquel Serejo Martins, "A casa velha como uma velha"; Rosa Oliveira, "Valencià" e Samuel F. Pimenta co poema "Foz". As persoas que queiran votar poderán facelo na páxina web do certame até o día 10 de maio, que como recompensa terán a posibilidade de entrar nun sorteo dun lote de libros e discos. En edicións anteriores, as poetas gañadoras foron as galegas María do Cebreiro, Paco Souto, Lois Pérez, Susana Aríns e Carlos da Aira. Do outro lado, José Ricardo Nunes, Pedro Craveiro, Alexandre Brea, Marta Chaves e Raquel Lima foron as gañadoras portuguesas nos pasados anos. Mellores cancións galegas e portuguesas de 2020 O certame de poetas realízase tras a escolla das mellores cancións galegas e portuguesas de 2020 onde "Cólico", de Guadi Galego, e "Quase Dança", de Cláudia Pascoal, foron escollidas gañadoras do certame. As segundas máis votadas foron a galega Xoana pola súa canción "Anceiros" e a lusa Bárbara Rinoco con "Outras Línguas". Os D'Abaixo e Miguel Araújo resultaron os terceiros artistas máis votados. Durante o outono a organización realizará unha gala de entrega de premios, que decorrerá en Santiago de Compostela. O certame aRi[t]mar é un proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela que ten como obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, así como tamén achegar a cultura e a lingua dos dous países. |
PRAZA_3500 | A conselleira de Infraestrutura salienta o seu propio traballo "con responsabilidade para mellorar a mobilidade desta comarca" | A conselleira de Infraestrutura salienta o seu propio traballo "con responsabilidade para mellorar a mobilidade desta comarca"Hai agora once anos o PP chegaba á Xunta cun programa electoral no que prometía textualmente unha "Autovía do Norte Ferrol-San Cibrao (posta en servizo 2012)". Era un paso máis sobre a promesa xa incluída polo propio Feijóo como conselleiro no Plan Galicia tras o Prestige de facer unha vía de novo trazado que recorrese toda a costa norte galega. Máis dunha década despois só hai en servizo, e con características de corredor, cun só carril por sentido e non dous como as autovías, apenas 16 quilómetros dos 80 que separan as dúas poboacións da costa norte galega. Diversas melloras anunciadas nos últimos tempos para as estradas convencionais da zona evidencian que a autovía non será un proxecto que os populares impulsen a curto prazo. Este martes a Xunta anunciou a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da aprobación do proxecto de "acondicionamento" da estrada AC-566 entre Valdoviño e Cedeira, unha obra de 4,6 millóns coa que se ampliará a calzada e rectificarán curvas nuns catro quilómetros. O proxecto foi exposto ao público a finais do pasado ano xunto coa "1ª fase de mellora" doutra estrada paralela entre Ferrol e a costa norte, a AC-862, cuxo arranxo fora anunciado ano e medio antes como a solución que ofrecía a Xunta ás comarcas de Ferrolterra e Ortegal como alternativa á autovía aparcada. Tamén alí as actuacións, por 10 millóns de euros, consistirán na rectificación de curvas e ampliacións da calzada coa habilitación de carrís de adiantamento.Dos 80 quilómetros de autovía prometidos só hai en servizo 16 de corredor cun só carril por sentidoA propia conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, desprazouse o domingo ata a zona, non como parte da súa axenda oficial senón como un acto de partido, para visitar as paradas de autobús recentemente instaladas na AC-862, estrada de cuxas obras salientou que suporán unha "radical mellora". Alí tamén criticou o Goberno central polo deterioro da liña de Feve entre Ferrol e A Mariña e contrapúxoo co seu propio traballo "con responsabilidade para mellorar a mobilidade desta comarca".A Xunta renunciou a estudos xa realizados para encargar outros novos, entre eles o dunha ponte sobre a ría de ViveiroA Xunta vén alternando os anuncios de melloras nas estradas convencionais da zona con diversas promesas de futuro sobre a vía rápida, cuxas partidas en todo caso veñen sendo postergadas nos sucesivos orzamentos galegos. O anuncio de marzo de 2018 sobre as melloras na AC-862 produciuse ao tempo que o Goberno galego decidía desbotar os estudos previos xa realizados para dous treitos do futuro corredor, en Viveiro e San Sadurniño, e encargar outros novos. No caso da primeira vila, para modificar o seu trazado previo polo sur da vila para substituílo por unha ponte sobre a ría polo norte.Mentres, dos 80 quilómetros inicialmente previstos daquela prometida autovía, nestes 11 anos a Xunta de Feijóo só foi quen de poñer en servizo dous treitos que suman 16 quilómetros: a circunvalación de Ortigueira, en 2013, e o San Cibrao-Viveiro, en 2017, licitado oito anos antes polo bipartito e inaugurado con tres anos e medio de atraso. |
NOS_45900 | O funcionamento é sinxelo: búscase recoller os contos, chistes, adiviñanzas ou calquera outra manifestación artística ou cultural que coñeza cada un para logo, a través das redes sociais do Concello, poñelos en común co resto da veciñanza. | O Concello de Camariñas anima a todos os veciños e veciñas do municipio a participar no Destronavirus. Esta iniciativa, creada pola Biblioteca Municipal, pretende fomentar o intercambio cultural durante o confinamento indicado pola declaración do Estado de Alarma. "Imos destronar o coronavirus, quitarlle a súa coroa, as honras e desterralo das nosas vidas a través do intercambio cultural e a participación de todos os veciños e veciñas", reza o lema desta proposta creativa. O funcionamento é sinxelo: búscase recoller os contos, chistes, adiviñanzas ou calquera outra manifestación artística ou cultural que coñeza cada un para logo, a través das redes sociais do Concello, poñelos en común co resto da veciñanza. A participación está aberta a quen o desexe, só teñen que enviar os seus vídeos ao teléfono 665 134 490. A concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro, explicou que esta iniciativa "naceu o pasado sábado cando, a través dos grupos de difusión dos usuarios e usuarias da biblioteca, comezamos a intercambiar este tipo de creacións dun xeito aleatorio. Pensamos que era unha forma bonita de relacionarse e de intercambiar coñecementos e decidimos darlle forma". |
NOS_23636 | A Galiza segue perdendo co actual modelo de financiamento. Segundo as contas do economista Xosé Díaz, a partir da liquidación do orzamento de 2020, o Estado recadou na Galiza 11.938 millóns de euros, porén só reintegrou 7.944 millóns de euros. Así as cousas, o saldo negativo para o país é de 3.994 millóns. | A liquidación do orzamento do Estado de 2020 volve pór negro sobre branco os problemas do actual modelo de financiamento. A maiores da insuficiencia das contías achegadas, que fan perigar as prestacións de determinados servizos básicos, o sistema vixente retrae para outras áreas do Estado unha parte importante dos impostos recados na Galiza. O economista Xosé Díaz, autor do ensaio As contas que nos contan, libro publicado por Sermos Galiza S.A. e un dos grandes expertos en financiamento público, advirte a Nós Diario dos "riscos do actual sistema" e critica "a falacia de que a capacidade fiscal galega consiste nos tributos cedidos e non na tributación total que soportan os galegos e as empresas que teñen unha actividade empresarial na Galiza". As contas de 2020 certifican un saldo neto negativo para a Galiza nas súas relacións co Estado. Así, Díaz, nun traballo rematado neste mes de agosto e titulado Os resultados da liquidación do sistema de financiamento de réxime común ou das "rexións" en 2020 e algunhas cuestións sobre un posíbel novo financiamento, onde estuda a liquidación do orzamentos do Estado de 2020, última anualidade con datos, sinala que nese exercicio a Galiza perde 3.994 millóns. O financiamento centrará a reunión de Rueda coa oposición Os datos achegados por Díaz, aos que tivo acceso en exclusiva Nós Diario, indican que o Estado recadou en impostos en 2020 na Galiza un mínimo de 11.938 millóns mais só reintegrou 7.944 millóns. A este respecto, Díaz destaca que "deses 7.944 millóns de euros, 5.828 millóns de euros proceden de ingresos tributarios e 2.115 millóns de euros de transferencias do Estado". As cifras fornecidas pola liquidación orzamentaria de 2020 sitúanse na dirección doutras anualidades. Malia a caída da recadación, como consecuencia da pandemia que paralizou a actividade económica, as porcentaxes presentan moitas similitudes coas de exercicios pasados. Neste sentido, Díaz lembra que "en 2019, a Galiza perdeu 4.562 millóns de euros, após contribuír cun total de 13.222 millóns de euros e só recibir 8.650 millóns de euros". Os números atópanse nunha liña semellante aos presentadas por Díaz para 2018 e 2017. Así, Díaz indica que "en 2018 a cantidade achegada por Galiza ao Estado situouse nun mínimo de 13.132 millóns" porén a contía devolta ficou en 8.268 millóns de euros, provocando un saldo negativo de 4.863 millóns. Ao tempo, en 2017, os galegos contribuíron ao Estado cuns tributos mínimos de 12.214 millóns, reintegrando a administración estatal 7.643 millóns e xerando un balance negativo de 4.570 millóns. Dúas propostas diferentes de financiamento, dous modelos de entender a Galiza Díaz maniféstase moi crítico co actual modelo de financiamento. Nesta liña, aposta por avanzar cara a un diferente, no camiño de Euskadi e Nafarroa, que permita ao poder galego recadar todos os tributos, fixar unha política fiscal propia e dotarse dun sistema de concento que lle posibilite contar ao país coa suficiencia financeira necesaria para a prestación dos diversos servizos públicos. As críticas ao sistema de financiamento vixente chegan desde posicións moi diferentes. O Consello de Contas da Galiza, na fiscalización da Conta Xeral galega de 2020, advirte da "insuficiencia do actual modelo para proporcionar os recursos financeiros necesarios para a cobertura das necesidades de gasto que leva a prestación dos servizos da súa competencia". O órgano fiscalizador considera "de urxencia" a aprobación dun novo modelo que solucione estas insuficiencias, "en consonancia cos elementos diferenciais que concorren na prestación dos servizos que realiza a nosa Comunidade Autónoma". Fedea O director de Fedea e economista neoliberal, Ángel de la Fuente, destaca que Galiza é un dos territorios do Estado que saen "peor parados co sistema actual de financiamento", recibindo 475 euros menos por habitante que Cantabria, 364 euros menos por habitante que A Rioxa, 280 euros menos por habitante que Illes Balears, 240 euros menos por habitante que Estremadura, 234 euros menos por habitante que Canarias, 29 euros menos por habitante que Madrid e 22 euros menos por habitante que Catalunya. A razón do modelo de réxime común O economista Xosé Díaz considera que a defensa do réxime común de financiamento responde a "facer aparecer a Galiza, por exemplo, como incapaz de se valer por si propia, de non ser capaz de vivir do seu propio traballo, agachando que é o Estado quen debe a súa existencia aos nosos recursos". |
NOS_34763 | Con 16 edicións ás costas, e varios anos de 'silenciamento' obrigado, Pontedeume volve acoller esta fin de semana unha cita obrigada. Nesta ano, en chave feminina: documentais, concertos.. | "Somos unha asociación sen ánimo de lucro. Ningunha de nós cobra un só euro. O que recadamos vaise de xeito íntegro no financiaciamento das actividades e nos gastos lóxicos de xestión. O programa de actividades que propoñemos xira sobre un eixo fundamental de traballo, que non é outro que promocionar a cultura e a lingua propias da Galiza". O colectivo Terra é o impulsor do festival Treme a Terra!, unha cita que acumula 16 edicións e que volve neste 2015 após varios anos de 'silenciamento' obrigado. Vai ser esta fin de semana e na sala Coliseo de Pontedeume e o alicerce sobre o que pivote vai ser o feminismo. Presentarase o proxecto Fiadeiras e do seu traballo Machismos: de micro nada. Será ás 19:30 na mesma sala. Despois da presentación e arredor das 21:00 comezará a música. Tócalle abrir a Sofía Espiñeira, cantautora mugardesa que gañou o II Concurso decanción de autor en galego do concello de Teo. A continuación subirán ao escenario Uxía e Narf que estarán acompañados de Luiz Caracol. E para pór o ramo, nada mellor que a enerxía de The Tetas´Van. |
NOS_40928 | O líder da confluencia galega estivo á mañá cos comúns de Colau -aínda indecisos sobre se apoiar ou non o referendo- e á tarde na Diada co bloco soberanista. | "É unha exixencia democrática e republicana apoiar a mobilización social que existe no conxunto de Catalunya", afirma Luís Villares nun audio fornecido polo gabinete de imprensa de En Marea. O líder da confluencia enfatiza que "é a sociedade a que ten direito a o decidir todo e, polo tanto, o direito a decidir a súa forma de organizar o seu proxecto cívico de convivencia. É polo tanto para nós unha exixencia republicana, democrática, apoiar esa mobilización". Ese apoio adviría tamén do compromiso de En Marea co "carácter plurinacional do Estado", unha condición que leva a que "cada suxeito político", neste caso "o pobo de Catalunya", teña o direito a decidir o seu futuro. Villares estivo acompañado nesta viaxe a Barcelona pola viceportavoz da confluencia, Ana Seijas. Os dirixentes de En Marea tiveron oportunidade de charlar cos seus homólogos dos comúns -Ada Colau e Xavier Domènech- e co líder estatal de Podemos, Pablo Iglesias, cos que estiveron no acto realizado por Catalunya en Comú en Santa Coloma. |
NOS_1628 | Os acordos de Minsk II, asinados en febreiro de 2015, continúan a ser incumpridos. O goberno de Ucraína iniciou a finais de xaneiro unha nova ofensiva militar contra as repúblicas populares de Donetsk e Lugansk. Publicamos unha reportaxe sobre a nova escalada no Donbass no Sermos Galiza 234. | A pouco de se faceren dous anos da sinatura dos acordos de Minsk II, que deberían trazar o vieiro até a paz definitiva no Donbass, a ofensiva emprendida polo goberno golpista de Kiev traduciuse nunha escalada do conflito que ameaza co retorno do enfrontamento armado. No que vai de ano, máis de 40 persoas perderon a vida por causa dos ataques do exército ucraíno e dos batallóns paramilitares fascistas que Kiev protexe. A finais do mes de xaneiro o exército ucraíno iniciaba unha ofensiva contra posicións das repúblicas populares de Donetsk (RPD) e Lugansk (RPL), defendidas por milicias populares antifascistas. A cidade de Avdéevka foi o principal albo. Os ataques de artillería deixárona privada de enerxía eléctrica e auga quente, creando unha crise humana que estivo a piques de provocar o desprazamento forzoso de toda a súa poboación. Nos seus ataques Kiev lanzou máis de mil proxectís contra o territorio da RPD. Para alén das vítimas mortais e das persoas feridas, provocaron importantes danos materiais, tanto en vivendas como en dotacións esenciais, como unha escola e un hospital. A intensidade dos ataques ucraínos foi tal que o reporte diario da misión especial observadora da OSCE contabilizou só durante o día 2 de febreiro máis de 10 mil explosións. Até o 9 de febreiro rexistráronse 42 mortes e 94 persoas feridas só en Donetsk. Dentro desta escalada a RPD inclúe o ataque terrorista contra o seu comandante Mijaíl Tolstyj, coñecido sob o alcume de 'Guivi', e que lle custou a vida nunha operación que, segundo Donetsk, só procuraba "desestabilizar" a resistencia antifascista. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 234, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_728 | Na xornada de hoxe faleceron até oito persoas que estaban vinculadas as residencias de maiores, das que siguen trascendendo malas noticias e denuncias. | O número de mortes pola pandemia do coronavirus na Galiza xa chegou ás 1.132. Esa é a fría estatística global até esta sexta feira despois de que a Consellaría de Sanidade informase do pasamento de 13 persoas máis. Dáse a circunstancia de que hoxe volveu haber unha subida dos óbitos relacionados cos centros xeriátricos, xusto na mesma xornada na que se soubo máis información de dous novos surtos, en Beariz e Vilalba. No entanto, os falecementos non tiveron que ver con eses focos. Segundo as autoridades sanitarias, tres usuarias perderon a vida nas propias infraestruturas. Trátase dunha muller de 100 anos que vivía no centro de San Cibrao, en Cervo, sobre o que hoxe se fixeron novas denuncias laborais; unha doente de 86 anos da residencia Hermanos Prieto do Carballiño e unha última enferma, de 92 anos de idade, que estaba na tamén polémica instalación de Salvaterra de Miño. Nos centros hospitalarios No hospital do Barco de Valdeorras finou unha paciente de 72 anos que fora trasladada desde o xeriátrico de Viana do Bolo. No centro hospitalario da cidade de Ourense rexistraron o deceso dun varón de 85 anos que era usuario da Nosa Señora dos Miragres de Barbadás. Xa atendido polos equipos sanitarios do Salnés faleceu outro home, de 86 anos, que procedía da Valvanera de Cambados. O centro residencial de Cervo sumou outra baixa ao non poder salvar a vida un infectado de 93 anos. Pola súa banda, a Doral de Mos tiña derivado a unha muller de 87 anos ao hospital de Vigo, onde nun superou as complicacións do seu estado de saúde pola Covid-19. Xa á marxe das residencias, no hospital de Pontevedra atenderon a un varón de 77 anos que tampouco saíu adiante despois de contraer o virus. No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) morreron unha paciente de 95 anos e outro de 64. Na Coruña, no Chuac, pereceron un varón de 79 anos e outra doente de 77. |
NOS_47662 | Os dous equipos deben enfrontarse na fase de clasificación para o Mundial. A Federación española refírese a Kosovo como un "territorio" e non quere amosar os seus símbolos nacionais. | A Federación de Fútbol de Kosovo ameazou España con que non xogará na fase de clasificación para o Mundial de Qatar (2022) se a federación española teima en 'subestimar' a súa selección nacional. A federación referiuse a Kosovo como un "territorio" e non como o que é, un estado independente. Ademais, o xornal deportivo Marca informou que a bandeira de Kosovo non se amosará durante o partido e que non se interpretará o seu himno. O partido, que se xogará no estadio La Cartuja de Sevilla o 31 de marzo, será emitido por TVE, que tamén recibiu instrucións para non facer mención a Kosovo como estado independente ou nación soberana. Kosovo independizouse unilateralmente de Serbia o 17 de febreiro de 2008. Porén, o Estado español é un dos poucos estados da Unión Europea - con Eslovaquia, Chipre, Romanía e Grecia- que non recoñece esta independencia. Tanto a UEFA como a FIFA recoñecen Kosovo como membro de pleno dereito dende maio de 2016. Por este motivo, a federación de Kosovo, nunha dura declaración, considera "inxusto" o trato que a federación española quere dar. A este respecto, lembroulle que os criterios da UEFA e a FIFA son moi claros, polo que haberá que despregar a bandeira e interpretar o himno. Se non o fai, o equipo de Koovo rexeitará xogar o partido, aínda que tamén anunciou que reclamará protección á UEFA para facer cumprir a normativa. |
NOS_18986 | Dá dous anos máis a Madrid para reducir o déficet por baixo do 3% e un ano máis a Lisboa para rebaixalo ao 2,5% do seu PIB. | A Comisión Europea (CE) suspende a multa ao Estado español e Portugal por incumprimento continuado dos obxectivos de déficit. Unha decisión sorpresiva que é auga de maio para dous estados moi golpeados pola recesión e que aplicaron a fondo un roteiro de fortes recortes. No caso español a multa podía ser de até 2.000 millóns de euros. Unha cifra que foi albo de negociacións entre os integrantes da CE, que barallaban impoñer mil millóns ou mesmo 500 millóns de euros de multa. Mais, finalmente, a decisión foi cancelar, suspender a multa. Mais este paso da Comisión Europea non é de balde. Bruxelas, en troques, impón uns obxectivos duros, que moitos consideran que implicarán novos e importantes recortes. A CE dás dous anos máis ao Estado español para que baixe o déficit do 3%, tal e como marca o Pacto de estabilidade e medre. E fixa os pasos a dar: Debe ser do 4,6% ao final de 2016 e do 3,1% en 2017 para caer até o 2,2% en 2018. O importe dos recortes que iso implica poderían superar os 10.000 millóns de euros. A decisión adoptada non é allea ao contexto político europeo xerado polo 'Brexit'. "A decisión de castigar non era a mellor nun momento en que a xente dubida de Europa", recoñeceu Pierre Moscovici, comisario de Asuntos Exteriores. Tampouco é allea a esta decisión de Bruxelas as promesas presentadas nestas semanas polo executivo español, ofrecendo novas pílulas de 'austeridade'. Entre ellas, a promesa de De Guindos de adiantar o imposto de sociedades. |
NOS_49955 | Con motivo do 95 aniversario do asasinato de Cándida Rodríguez González, que estaba embarazada e era veciña de Pazos de Reis (parroquia de Tui); Joaquín Estévez Besada, de Soutelo (Parroquia de Salceda de Caselas), e Venancio González Romero, de Budiño (parroquia do Porriño), a directora do Instituto de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo", Marga do Val, contexualiza nesta conversa os feitos que aconteceron o 28 de novembro de 1922 en Sobredo (lugar da parroquia de Guillarei, Tui) unha época de forte contestación social desde o agro. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 273. | Como transcorren os acontecementos de Sobredo (lugar da parroquia de Guillarei, en Tui)? O día 28 o xuíz e a Garda Civil preséntanse en Sobredo para embargar os bens a un veciño que non pagou o foro. Tocan as campás das igrexas a rebato, para avisar de que chega a Garda Civil e o xuíz. É moi impresionante cando as xeracións das e dos maiores nos contan este feito, como se transmitiu ás familias e ás novas xeracións, trazan un relato épico que nos axuda a visualizar a xente traballando no campo, como deixa todo e vai correndo para Sobredo. Concentráronse alí máis de 2 mil persoas das parroquias da contorna. Foi terríbel a represión da forza pública. A garda civil a cabalo, disolvendo a manifestación a tiros, provocou que houbera varias persoas feridas. Tres persoas quedaron mortas no sitio –esta é a expresión se emprega no relato–, Cándida Rodríguez González, Joaquín Estévez Besada e Venancio González Romero. É moi curioso porque o nome de Cándida, na época, non se recollía en moitos lugares, aparecía na prensa "y una mujer", o que dalgunha maneira nos fai ver como as mulleres aparecen silenciadas na historia aínda que sexan protagonistas de sucesos como estes. O acontecido chega inmediatamente a Madrid, ao Parlamento, e á prensa. Manuel Portela Valladares é a voz dese pobo masacrado en Sobredo e o no xornal Galicia temos a mellor crónica da época. Cal é a relación que se estabelece entre o golpe de 1936 e a posterior represión e os acontecementos de Sobredo? Por exemplo, un neno de 14 anos caeu ferido e hai unha crónica de xornais da época que conta como o doutor de Tui, Alejo Diz, foi visitalo pola noite para atendelo na casa. Alejo Diz sería un dos médicos fusilados en Tui no 36. Hai unha clara relación moi ben estabelecida polo historiador Bieito Alonso entre os sucesos de Sobredo e os que van ocorrer en Tui a partir de 1936. É moi interesante porque moitas das persoas que van fusilar no 36 xa son detidas en 1922, por exemplo, Enrique Jaso Paz. En 1932 ergueuse o monumento, obra do escultor Camilo Nogueira, para conmemorar o décimo aniversario dos sucesos –entre os oradores do acto estaba Antón Alonso Ríos– e destruíuse con dinamita no 36. Rebentárono e alí quedaron as pedras, no chan, entre a herba. Esa destrución simbolizou a represión que padecería Tui a partir de entón. O primeiro acto que se fixo foi no 86, con motivo dos 50 anos do derrubamento do monumento, pola entidade Xunta Xestora pro-reconstrución do Monumento aos Mártires de Sobredo. En 1987 fíxose o segundo acto de memoria e iniciáronse os traballos de recuperación. No 88 reconstruíuse o monumento aos mártires, obra de Enrique Velasco e a partir de 1989 cada ano faise esta conmemoración. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 273, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_10972 | A demora na translación ás leis do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero provoca que, polo momento, as vítimas que non fosen parellas ou ex-parellas dos agresores non reflectidas como tales nas estatísticas oficiais | Un triplo asasinato machista acabou este luns coa vida de tres mulleres en Valga. Eran Sandra, de 39 anos; María Elena, de 58; e Alba, de 27. O home do que Sandra levaba máis dun ano divorciada acudiu á vivenda que noutrora compartiran para asasinar á que fora a súa parella; ao velo chegar, a nai e mais a irmá da muller saíron da casa e José Luis Abet, asasino confeso, disparou mortalmente tamén contra elas. No entanto, nin Elena nin Alba constarán nas estatísticas oficiais das vítimas mortais da violencia de xénero.A demora na translación ás leis do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero provoca que, polo momento, as vítimas que non fosen parellas ou ex-parellas dos agresores non reflectidas como tales nas estatísticas oficiaisA razón de que dúas das tres vítimas deste asasinato machista non vaian figurar nestas estatísticas oficiais, que ata este 16 de setembro recollían 1.016 asasinatos dende o ano 2003, é que estas seguen a incluír unicamente casos nos que a vítima é parella ou ex-parella do agresor. Ese é o ámbito ao que circunscribe estas agresións a lei integral contra a violencia de xénero do ano 2004, que "ten por obxecto actual contra a violencia" exercida contra as mulleres por parte dos seus "cónxuxes" actuais ou pasados ou de quen "estivesen ligados a elas por relacións similares de afectividade, mesmo sen convivencia". Esta definición atinxe a un ámbito máis reducido que, por exemplo, a fixada na lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, aprobada tres anos máis tarde. O texto galego si se refire a "calquera acto violento ou agresión baseados nunha situación de desigualdade" de xénero "tanto se ocorren no ámbito público como na vida familiar ou privada".A lei galega contra a violencia de xénero do ano 2007 si amplía o seu obxecto alén da "vida familiar ou privada"O obxecto da lei galega é, daquela máis amplo. E tamén máis aproximado ao Convenio de Istambul sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica. Ese é o trata do internacional que, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do 2017, as forzas políticas e os diferentes gobernos se comprometeron a aplicar para eliminar diversas disfuncións na loita contra as agresións machistas. Entre elas, a estatística.Tal e como figura no texto do Pacto, dacordo co devandito convenio, cómpre "establecer a obriga legal de obter e prestar datos estatísticos detallados e secuenciados" sobre "todas as formas de violencia contra as mulleres", con independencia de que o agresor fose parella da vítima no momento da agresión ou no pasado. O Pacto compromete tamén ter en conta nestes estudos "variables como a idade, a discapacidade ou a incidencia no mundo rural", entre outras.O Pacto de Estado establece que, na liña do Convenio de Istambul, cómpre que as estatísticas reflictan "todas as formas de violencia contra as mulleres", na liña do que xa están a facer análises como as do Observatorio Contra a Violencia de XéneroPero o compromiso político polo momento non pasou do Pacto á lei. Isto é, o acordo de aplicar o Convenio de Istambul neste ámbito aínda non se traduciu nunha reforma da lei contra a violencia de xénero, medida que ten que pasar necesariamente polo Congreso dos Deputados, Cámara marcada na actualidade polo bloqueo político. Ata que esa medida lexislativa non sexa adoptada non figurarán nas estatísticas das vítimas mortais da violencia machista casos como dúas das tres mulleres asasinadas este luns en Valga. Sucede, deste xeito, o mesmo que aconteceu no pasado con outros asasinatos como o de Diana Quer, a moza secuestrada na Pobra do Caramiñal.Mentres xuristas, movementos feministas e forzas políticas continúan a reclamar esta mudanza, os casos de violencia machista acontecidos fóra da parella si son reflectidos nas análises do Observatorio Contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial. Así o confirmaba o pasado xuño a súa presidenta, Ángeles Carmona, nunha entrevista con eldiario.es. "Estamos facendo os estudos de sentenzas de asasinatos fóra da parella dende 2016 e cando se diten sentenzas de casos tan terribles como o de Diana Quer ou Laura Luelmo serán contabilizadas como vítimas da violencia de xénero", avanzaba. |
NOS_13221 | Co título "Fotografía e identidade" relevantes especialista en fotografía documental debaterán arredor da obra de Xurxo Lobato. Será nesta terceira feira na sede da FNAC de Barcelona, onde o fotógrafo ten instalada unha exposición con obra da súa traxectoria arredor da tradición e a modernidade galega. | "Fotografía e identidade", é o título do encontro arredor de Xurxo Lobato no que participan, ademais do propio autor, o especialista en fotoxornalismo, Pepe Baeza, o profesional da edición de arte, Carlos Pérez de Rozas, autor da remodelación de La Vanguardia ou Silvia Omedes, directora de Photographic Social Vision. As imaxes de Xurxo Lobato expostas na mostra da FNAC, saídas das recollidas no libro publicado por La Fábrica estarán no horizonte do encontro no que se revisará a mirada do fotógrafo sobre a identidade e as transformacións da tradición. A mostra inaugurada en Barcelona estivo previamente na Coruña, en Madrid, en Zaragoza e Donosti e continuará a súa ruta por distintos espazos da cadea como os de Málaga e Valencia. Son fotos referenciais xa da traxectoria de Lobato, algunhas de hai máis de vinte anos, nas que se mostra a súa liña de autor, alonxada por veces do traballo de fotoxornalista que desenvolveu en boa parte da súa traxectoria profesional. "Trátase dunha visión particular da identidade galega que se recolleu en varias exposicións como Jalisia is my country ou Jalisia sitio distinto que xiran arredor da visión crítica do entorno e dos cambios sociolóxicos en Galiza nos últimos anos. A imaxe da paisana coa camiseta de Popeye do cartaz pode ser un exemplo dese concepto", explica Lobato. Galiza fóra Na obra que agora se pode ver en Barcelona, o autor fai visíbeis os contrastes entre a cultura da globalización e a tradicional, nun traballo que iniciou por volta dos anos oitenta e continúa na actualidade. "O país sigue a cuestionar a súa identidade. En ton de certa retranca diría que a música de aquí é a caribeña, a comida é o churrasco e a música popular, a de Panorama", anota, dun mundo que el quere documentar para deixar testemuña da transformación e a identidade. E a cor, porque, ao seu ver, xoga un papel fundamental en romarías como a do Corpìño ou o Nazareno nas que a explosión de cores imponse na imaxe que el recolle coa súa cámara, fronte á fotografía de corte antropolóxico coa que se documentou a tradición. Como se recibe esa imaxe do país fóra de Galiza? "Moi ben. Esas fotos que mostraban a identidade galega en transformación, atacada pola cultura globalizada expoñen o que acontece a nivel universal. As identidades, as culturas nacionais están sendo bombardeadas culturalmente, aplanadas, e estamos a ver que no centro de Nova York, Barcelona ou Vigo hai as mesmas tendas", defende Lobato. Ao tempo, o fotógrafo defende que o que fai un produto cultural universal é "a calidade, é como facer un bo albariño que podemos exportar. Con esta posición podemos retratar a nosa realidade e á vez facer un produto que se pode mostrar universalmente". Como exemplo, pon a película A Esmorga na que el colaborou que, ao seu ver, "é moi galega e é unha historia universal, un drama humano con esta parte sórdida, dura, que acontece en todo o mundo. A única maneira de facer cultura universal e global é ancorándose na identidade, como acontece coas grandes obras". |
QUEPASA_817 | Despois de 25 millons de euros, 8 anos de obras, 17 anos de promesas e 5 de retrasos, as obras do Parador de Lourido foron rematadas. | Así o rubricaba esta mañá de luns 16 de decembro, a entrega de chaves que a presidenta de Turespaña, Isabel Oliver, realozou ao presidente de Paradores, Óscar López, en presencia do alcalde muxián, Iago Toba, o delegado do Goberno Javier Losada e a responsable de Turismo Galicia, Nava Castro. Pero aínda non abrirá as portas, pois a cadea pública procederá agora a acondicionar as instalacións para poder abrilas ao público en marzo. Dende Turespaña, Oliver asegura estar "convencida de que supoñerá un polo de atracción económica para a zona da Costa da Morte e de creación de postos de traballo, proxectando unha imaxe de calidade e modernidade". O parador contará con 15.000 metros cadrados, 63 habitacións e spa. Novas do Parador Xuño 19: As obras do Parador, executadas ao 98%, tras 5 anos de retrasos e 17 anos de promesas. Febreiro 18: O Parador de Lourido podería estar listo no verán de 2019. Agosto 2016: Sen novas do Parador. Abril 2016: O Parador de Lourido, sen data de remate. Maio 2014: Parador de Muxía: Comezando a segunda fase. 12-04-12: Rueda asegura que o Parador será unha realidade en 2015. 14-03-12: O Goberno paraliza o Parador de Muxía. 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014. |
NOS_28137 | O modelo urbano de Pontevedra recibe un novo premio internacional, desta volta, desde Nova York. O 11 de maio a excelencia urbanística da cidade será recoñecida co premio entregado polo Centro para o Deseño Activo, creado polo ex-alcalde da cidade, Michael Bloomberg. | En Pontevedra reparou o Centro para o para o Deseño Activo (Center For Active Design) polo seu modelo urbanístico que potencia a calidade de vida e os hábitos saudábeis da súa cidadanía. Na ONG creada polo ex-alcalde de Nova York, Michael Bloomberg, participan institucións públicas e privadas, entre as que se atopan organismos de saúde pública e urbanismo da propia cidade americana ou universidades estadounidenses ademais de colectivos profesionais, entre outros, de arquitectura. Pola saúde e calidade de vida da veciñanza Os premios que a entidade neoiorquina outorga recoñecen, de maneira especial, o esforzo de proxectos urbanísticos de todo o mundo para incrementar a actividade física da veciñanza a través de catro eixos fundamentais como son o transporte, o ocio activo, os espazos públicos e a alimentación. Pontevedra recibe o recoñecemento con outros cinco premiados, despois de que un xurado composto por especialistas valorase a excelencia da cidade neses catro ámbitos de actuación. Porén, a cidade galega é a única das premiadas que recibe o recoñecemento pola súa actuación integral, polo seu modelo global urbanístico que experimentou un relevante cambio na cidade e nos hábitos de vida dos seus habitantes. O Center for Active Design distingue proxectos urbanísticos que melloren os hábitos saudábeis da cidadanía Apenas dous meses despois de ter recollido o premio Hábitat da ONU en Dubai, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores voltou a destacar que se trata dun recoñecemento para todos e todas as veciñas da cidade, sendo que, segundo sinalou, sen a colaboración e a participación colectiva o modelo urbano agora valorado internacionalmente non sería posíbel. En conferencia de imprensa, Lores, que compareceu canda o concelleiro Cesáreo Mosquera e a concelleira Carme da Silva, puxo en destaque a relevancia do galardón canto á proxección internacional da cidade e o importante aval que supón para o modelo urbanístico desde unha entidade de prestixio como é o Centro para o para o Deseño Activo de Nova York. |
NOS_44686 | O BNG demanda garantir "un futuro" para o idioma. | Derrogar o 'decretazo' contra o galego, un plan de impulso á lingua galega en todos os ámbitos e a posta en marcha de canles e espazos no idioma propio da Galiza para o público infantil e xuvenil foron as tres propostas defendidas na mañá da terza feira, 17-M, por Ana Pontón para o galego. A portavoz nacional do BNG sinalou que son miles os galegos e galegas que queren "un futuro para o galego", conscientes de que ter un idioma propio é "unha riqueza" e que a lingua galega é un elemento "que nos une para gañar o futuro". Fronte a esta demanda social favorábel ao galego, Ana Pontón situou un Goberno galego que, "lamentabelmente", "rema en contra" do idioma propio da Galiza. Desgaleguización A actitude do Executivo galego ao longo de todos estes anos, apuntou, levou a que, puxo como exemplo, a escola sexa "unha máquina desgaleguizadora". Así, indicou que son moitos os pais e nais que ven con preocupación como os seus fillos entran na escola sendo galegofalantes e como alí, durante o ciclo educativo, tornan castelánfalantes. Os sindicatos piden derrogar o decreto do plurilingüismo Por iso o BNG pula pola "derrogación do decretazo" e por "un novo marco normativo no que a escola sexa unha aliada para a lingua galega", sinalou a portavoz nacionalista. Para Pontón, isto pasa por un Goberno "que reme a favor do noso idiomas" e que asuma a riqueza e potencialidade que este representa. "Necesitamos un plan de impulso en todos os ámbitos: xustiza, sanidade, economía...", explicou, incidindo na "necesidade" de que a lingua "gañe espazos e avance" para así ter "un futuro". A portavoz tamén informou que o BNG defendería unha iniciativa no Congreso español para pedir ao Estado que poña final á "deturpación" da "nosa toponimia oficial na nomenclatura dos portos e capitanías marítimas", pois seguen a aparecer denominacións como Villagarcía ou Puebla. Milleiros de persoas exixen á Xunta maior compromiso co galego na manifestación do Día das Letras Galegas Ana Pontón realizou estas declaracións antes do inicio da manifestación convocada por Queremos Galego en Santiago de Compostela e que reuniu miles de persoas. Entre elas, unha nutrida representación de representantes nacionalistas nas diferentes Administracións. |
PRAZA_12437 | O seu Plenario Nacional aprobou crear unha comisión técnica para participar nos debates e asembleas, a nivel galego ou local, que se realicen. Dentro de dous meses celebrará un novo plenario, que avaliará o resultado destes movementos. Para Aurélio Lopes, "para nós non hai posibilidade de crear un espazo político común con forzas de dereita e tampouco con forzas que non recoñezan a necesidade de acadar a soberanía. Pero a partir de aí non imos con esquemas prefixados". | Causa Galiza celebrou este domingo en Compostela o seu Plenario Nacional, que aprobou o documento de debate que fora presentado hai unhas semanas, e decidiu continuar co traballo de expansión social da plataforma soberanista e participar en todos procesos políticos abertos no nacionalismo galego, a nivel galego ou local. Así mesmo, Causa Galiza fixo un chamamento a todos os seus simpatizantes para que se impliquen nestes debates. Dentro de dous meses Causa Galiza celebrará un novo plenario, que avaliará o resultado destes movementos. Para seu voceiro, Aurélio Lopes, "o escenario é positivo e ilusionante", e afirma que este ambiente se percibiu este domingo "nas reflexións e na actitude dos participantes no plenario". "Nós xa viñamos traballando dende antes, o elemento novidoso son as escisións que se están producindo no BNG", dixo, e engadiu que "nós, dende fóra, levabamos tempo observando que as forzas hexemónicas no BNG estaban funcionando de tapón para que xurdise unha representación e unha estrutura política de moitísimos sectores sociais que estaban afastados do status quo actual". "Levabamos tempo observando que as forzas hexemónicas no BNG estaban funcionando de tapón para que xurdise unha representación e unha estrutura política de moitísimos sectores sociais que estaban afastados do status quo actual" En canto á diversidade de forzas que neste momento poden estar establecendo contactos e á dificultade para chegar a un proxecto que os sume de forma natural, Lopes afirma que que "é evidente que fóra do BNG hai moitas sensibilidades, con visións diferentes, tanto no eixo esquerda-dereita coma no tema do soberanismo" e engade que "para nós non hai posibilidade de crear un espazo político común con forzas de dereita e tampouco con forzas que non recoñezan a necesidade de acadar a soberanía. Pero a partir de aí tampouco imos con esquemas prefixados". "Aí é onde imos participar, defendendo a nosa postura, pero con xenerosidade e cintura, porque cremos que a situación é esperanzadora e sabemos que a situación é difícil, tanto no campo social coma no campo da reivindicación soberanista" Lopes conclúe que "esa é a nosa posición política, pero tamén somos conscientes de que hai moita xente nos movementos sociais que non se moven en esquemas tan politizados e que necesitan un proceso constituínte, que se creen espazos. Aí é onde imos participar, defendendo a nosa postura, pero con xenerosidade e cintura, porque cremos que o momento é esperanzador e sabemos que a situación é difícil, tanto no campo social coma no campo da reivindicación soberanista. Se hai sectores cos que non é posible chegar a un proxecto común, iso clarificarase no debate, aí é onde está o cambio de chip". Causa Galiza salienta que "o fundamental é falar e discutir o proxecto político, que non estea condicionado polos procesos electorais. Hai que xogar nese terreo, claro, pero hai que traballar no proceso constituínte políticos". Causa Galiza Documento de debate, aprobado no Plenario |
PRAZA_5174 | Dicirmos Adolfo Suárez é dicirmos transición política española. Xa que logo, os que por razóns xeracionais non vivimos conscientemente aquel proceso quizais poidamos xulgalo máis obxectivamente ca os seus protagonistas e coetáneos | Dicirmos Adolfo Suárez é dicirmos transición política española. Xa que logo, os que por razóns xeracionais non vivimos conscientemente aquel proceso quizais poidamos xulgalo máis obxectivamente ca os seus protagonistas e coetáneos. O seu obxectivo fundamental é evitar a ruptura democrática, indo "da lei á lei". A democracia virá dende o franquismo e existirá un pacto de impunidade a respecto das arbitrariedades da ditadura Suárez, fillo dun republicano derrotado na guerra, foi un funcionario do franquismo que chegou á dirección da RTVE e á secretaría xeral do Partido único. Escoller ese camiño non era obrigatorio, como demostran outros coetáneos de Suárez (Pujol, Arzalluz, Nicolás Redondo…) que fixeron política contra o franquismo, sufrindo das resultas graves trastornos na súa vida. O Suárez que forma goberno quere afondar no reformismo e achegarmos un réxime homologábel con Europa. Mais o seu obxectivo fundamental é evitar a ruptura democrática, indo "da lei á lei". A democracia virá dende o franquismo e existirá un pacto de impunidade a respecto das arbitrariedades da ditadura. Este espírito de reforma pactada co Réxime permitiulle que as Cortes franquistas votasen a súa propia morte e legalizar un PCE que, en troques, asumía a Monarquía e a economía social de mercado. E permitiulle aterrar no Centro Democrático que fundara Areilza e usar con parcialidade o amplo aparello do Poder para gañar, sen maioría absoluta, as eleccións xerais de xuño do 1977 ás que non puideron concorrer determinadas forzas republicanas e nacionalistas. Suárez foi quen de propiciar un amplo pacto político e económico para aprobar a Constitución e os Pactos da Moncloa. Mais tamén impuxo uns Acordos coa Santa Sede que blindaban a xerarquía católica, malia a formal aconfesionalidade estatal e deixou ben claro que o dereito a decidir de galegos, vascos e cataláns e a Monarquía ficaban out of question. O mellor Suárez é o do seu derradeiro ano de Goberno. Aquel que revisa o Estatuto galego da aldraxe para homologar Galicia ás outras nacións históricas. O que lealmente recoñece os autogobernos catalán e vasco O mellor Suárez é o do seu derradeiro ano de Goberno. Aquel que revisa o Estatuto galego da aldraxe para homologar Galicia ás outras nacións históricas. O que lealmente recoñece os autogobernos catalán e vasco. Aquel que enfronta o Rei para non nomear Armada segundo xefe do Exército ou o que fuma displicente en claro desafío á barbarie de Tejero e Milans del Bosch. Aquel que sabe dimitir e dimite. O Suárez das luces e das sombras. A transición das luces e das sombras. |
PRAZA_11396 | Brais Romero analiza na súa tese de doutoramento a política audiovisual aplicada entre 2000 e 2015 e o seu efecto na produción de longametraxes e no emprego neles da lingua galega. O 56% dos filmes tiveron como lingua principal o castelán, fronte a un 18% que empregou o galego. | O 56% dos filmes producidos en Galicia entre o ano 2000 e 2015 teñen como lingua principal o castelán, fronte a un 18% que empregou o galego. Cifras reducidas para a lingua galega a pesar de que as subvencións entregadas pola Xunta entre 2000 e 2014 para a realización de filmes especificaban que o seu destino eran as "producións e coproducións audiovisuais en lingua galega". No 2015 o título da convocatoria das axudas mudou a "producións e coproducións de contido cultural galego", eliminándose a esixencia de entregar unha copia do filme en galego.O 56% dos filmes producidos en Galicia entre o ano 2000 e 2015 teñen como lingua principal o castelán, fronte a un 18% que empregou o galegoBrais Romero (director de A Cuarta Parede) ven de defender na USC a súa tese de doutoramento, 'O rol do galego no cinema galego de ficción: 2000 - 2015', unha investigación na que fai un repaso á política audiovisual deste período e o seu efecto na produción de longametraxes e no emprego neles da lingua galega. O traballo elabora ademais unha pioneira base de datos de longametraxes producidas nese período de tempo. E, ademais, establece unha serie de tres requisitos para a definición dun filme galego: ter sido realizado orixinalmente en galego, contar cun mínimo do 20% de participación galega na súa produción, ou ser beneficiario dunha axuda autonómica ao fomento do cinema.Na tese, Romero conclúe que o galego "está lonxe de estar normalizado" na produción cinematográfica do país e chama a atención sobre a ineficacia da política audiovisual para promover o seu uso, en boa medida pola falta de control da Xunta sobre o cumprimento das esixencias contidas nas súas propias convocatorias. Alerta, así mesmo, dun "estigma" que bloquea a utilización do galego para a exhibición comercial dos filmes, pero detecta unha tendencia positiva nos últimos anos, da man dunha nova xeración de creadores e creadoras que realizan cine en galego sen complexos e con éxito de crítica e público dentro e fóra de Galicia, dende Dhogs a O que Arde. "Existe un cinema galego e en galego que pode facer vida comercial nas salas tradicionais" ,apunta como hipótese futura. Falamos con el.Romero conclúe que o galego "está lonxe de estar normalizado" na produción cinematográfica do país e chama a atención sobre a ineficacia da política audiovisual para promover o seu usoA túa investigación abrangue o período 2000-2015. Por que escolliches o ano 2000 para comezar a mostra?Pareceume axeitado acoutar pola promulgación da Lei Audiovisual, aprobada no ano 1999. Anteriormente houbera políticas audiovisuais, pero foran intermitentes ou erráticas e non se apoiaban nunha lei-marco. A lei de 1999 puxo negro sobre branco o vínculo que existe entre cine e lingua, nun documento no que a propia Xunta de Galicia recoñece as obrigas que ten de cara á promoción e normalización da lingua no audiovisual. Despois de aprobarse a lei o número de películas producidas aumenta considerablemente. Por exemplo, entre 1989, outra data clave, e 1999, prodúcense en Galicia dúas ou tres longametraxes ao ano. Pero a partir do 2000 comezamos a falar de 13 ou 14 longas por ano e dun sector que xa comeza a estar consolidado."Entre o 2000 e o 2014 todas as axudas son ao fomento da produción en lingua galega. Pero iso non se reflectiu na realidade, porque moita xente dobra os filmes en galego para entregar a película"Empregas unha serie de tres criterios para definir un filme como galego. Cales son?É obvio que se unha película está rodada en galego é unha película galega, pero este non podía ser un criterio exclusivo, porque podería botar fóra unha película sen diálogo, e máis en Galicia, onde o cine experimental foi moi habitual nos últimos anos. Por outra banda, está a produción galega, que fixamos nun mínimo do 20% para que un filme poida ser considerado cine galego. E, despois, o que quizais chama máis a atención é engadir aquelas películas que son beneficiarias dunha axuda. Isto é así porque sería absurdo que unha película financiada polo Goberno de Galicia non sexa considerada como galega. Iso si, que sexa unha película galega non quere dicir que ao mesmo tempo non poida ser tamén unha película inglesa ou arxentina. Houbo durante anos un debate entre visións máis culturais e outras máis industriais á hora de considerar o que era o cinema galego. As primeiras primaban o uso da lingua galega e outros elementos identitarios, as segundas incidían máis en que a produción fose galega. Acabou triunfando a visión industrial?Hai unha cita de Xosé Nogueira, que di que nos anos 80 houbo un cambio: deixouse de falar de cine galego e comezouse a falar de cine en Galicia, e que este cambio significa tantas cousas que á vez non significa nada. Isto é un signo desta deriva industrial que tivo o cinema nos últimos anos. Nos anos 70, cando os cineastas amadores comezan a facer filmes en Galicia, sempre poñen a cultura por diante, como algo imprescindible. Pero cando comeza a existir unha profesionalización do sector, comeza a verse a lingua como un sobrecusto, porque pode supoñer barreiras á hora da distribución. E mesmo nestes momentos é máis habitual falar de cinema feito en Galicia que de cinema galego, que mantén unhas connotacións militantes que non debería ter, cando si falamos de cinema francés, cinema español ou cinema arxentino."Mesmo nestes momentos é máis habitual falar de cinema feito en Galicia que de cinema galego, que mantén unhas connotacións militantes que non debería ter"Serviron as axudas ao audiovisual para promover a utilización do galego no cine?Non, non o creo. Aí están os datos: de todas as longametraxes de ficción que se fixeron entre o 2000 e 2015 só un 23% foron películas feitas en versión orixinal galega. E isto é aínda máis sangrante se pensamos que entre o ano 2000 e o ano 2014 todas as axudas son ao fomento da produción ou da escrita de guión en lingua galega. Pero iso non se reflectiu na realidade, porque moita xente dobra os filmes en galego para entregar a película e moitos nin sequera fan iso, pero a administración non controla a finalización desas axudas. As axudas funcionaron moi ben para consolidar a produción de cinema en Galicia, pero para fomentar o cinema en galego non funcionaron. Á vista está.Na tese subliñas que a dobraxe ao galego non se utiliza tanto para a exhibición dos filmes nesta lingua coma para superar un requisito administrativo, para acceder a estas axudas. Era moi frecuente isto?Si, iso é certo. É moi difícil ter datos da exhibición en galego ou en castelán dos filmes, temos datos dos espectadores de cada película, pero non sabemos cantas veces se proxectaron en cada lingua. A realidade é que poucas veces pode verse un filme en galego nas salas e como moito esas versións quedan relegadas aos seus pases na TVG. Porén, as versións dobradas serven para disfrazar a realidade á hora de pedir as axudas. Cambian tamén os títulos, e así vemos que nos Mestre Mateo se presenta 'O descoñecido', aínda que o filme foi proxectado en castelán."Hai moita xente que pensa que 'O que Arde' non pode compartir espazo con 'Os Vengadores' nuns multicines. E por que non? Hai público para todo"Existe un estigma á hora de filmar en galego? Segue considerándose que o galego é un obstáculo para chegar ao público?O problema da exhibición é que nos poñemos paus nas rodas nós mesmos. Porque despois vemos que O que Arde, A Esmorga, Dhogs ou A Estación Violenta se proxectaron en galego, tiveron moitísimos espectadores e non tiveron ningún problema. Pasou tamén cando abriu Numax e comezou a ofrecer cine en versión orixinal subtitulada: ninguén o estaba a ofrecer pero estaba claro que había un público para iso. Hai un estigma que pouco a pouco vai sendo superado. O mesmo que hai moita xente que pensa que O que Arde non pode compartir espazo con Os Vengadores nuns multicines. E por que non? Hai público para todo. Di Miguel Moreira que non é que non haxa demanda, senón que non hai oferta. A demanda constrúese poñendo a oferta sobre a mesa. O público para o cinema galego está aí, a cuestión é que hai que ir a atopalo, hai que ofrecerlle películas."Non é que non haxa demanda, senón que non hai oferta. A demanda constrúese poñendo a oferta sobre a mesa"O galego pode ser mesmo un elemento que achegue valor ao filmes, que os dote dunha identidade? É dicir, cando vemos cine coreano, romanés ou iraniano valoramos que as películas estean na súa lingua orixinal, faríasenos raro velas en inglés ou en castelán...Si, da mesma maneira que nós consumimos en Netflix unha película ou unha serie en inglés subtitulada, por que non vai haber alguén que vexa unha película en galego subtitulada en inglés, alemán ou castelán? É unha teima que se ve reforzada por eses criterios industriais que avogaban por empregar o castelán, porque iso aforraba ter que facer unha dobraxe ou porque aforraba uns supostos riscos, era como xogar sobre seguro. Son estigmas que creo que están caendo e estase demostrando que hai un cambio na mentalidade dos novos creadores. Neles hai un compromiso por facer cine en galego e con proxección exterior."Hai unha toma de responsabilidade por parte dos creadores, sobre todo por parte dos creadores máis independentes, que avogan por un cine en galego"Como valoras os datos que obtiveches na investigación? Sorprendeuche a porcentaxe de filmes en galego? Cres que nos últimos anos esta realidade se mantén ou mudaron as tendencias?O dato deume moitísima pena, porque sinala unha absoluta aniquilación do castelán sobre a produción en galego. Pero, pola contra, todo o que está a suceder agora si que me fai ter unha esperanza. Comecei a investigación no 2015, que é cando remata a mostra, e alegroume ver que nestes últimos catro anos moitos dos argumentos que se adoitaban repetir para xustificar o feito de non usar o galego están sendo refutados. Catro anos despois é aínda moi cedo para dicir que todo cambiou, pero si que creo que hai unha intención de que isto cambie. Hai unha toma de responsabilidade por parte dos creadores, sobre todo por parte dos creadores máis independentes, que avogan por un cine en galego. Pode que as cifras non variasen demasiado, pero si variou o discurso. Vólvense escoitar aquelas cousas que se dicían nos setenta, que avogaban por un cine máis cultural e non industrial e esa aposta está sendo correspondida nas salas de cine polo público. Esta xeración de creadores, que estivo nun comezo moi centrada no documental ou no cinema experimental está a entrar agora na ficción, e iso é un signo moi positivo, porque estas películas poden chegar con máis facilidade ás salas."Moitas cousas cambiaron no audiovisual nestas dúas décadas e deberíamos poñernos de acordo sobre que queremos que sexa o cinema galego nos vindeiros vinte anos"Que se podería facer dende a administración, por exemplo nas convocatorias de axudas á produción audiovisual, para promover o uso do galego no cine? Que habería que cambiar?Hai moitas cousas que se poden facer, e o primeiro é volver ás axudas para a produción en lingua galega, e non as actuais axudas para contido cultural galego, onde entra dende a gastronomía ou reinterpretar en castelán a figura dunha autora galega. Falta concreción e unha definición máis clara e falta tamén moito control por parte da Xunta. A min sorprendeume, revisando as películas depositadas no CGAI que recibiron axudas á produción, que un 34% dos filmes non estaban, como é a súa obriga. A administración debe controlar todas as etapas da concesión dunha axuda. Non pode ser que en 15 anos se incumprisen de forma sistemática os criterios para os que estaban convocadas as axudas.Así mesmo, debería haber un consenso entre todos os partidos para actualizar a Lei do Audiovisual, ao igual que o houbo no ano 1999. Porque moitas cousas cambiaron no audiovisual nestas dúas décadas e deberíamos poñernos de acordo sobre que queremos que sexa o cinema galego nos vindeiros vinte anos. |
NOS_18393 | Xa se coñecen todos os finalistas para os XXI Premios de Teatro María Casares, e as dúas obras que acaparan máis nomeacións son 'O tolleito de Inishmaan', de Cándido Pazó, que aspira a 11 galardóns, e 'Eroski Paraíso', de Chévere, que opta a 8. | A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXI Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 29 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer esta noite -cuarta feira- na Festa dos Nomeados/as, que tivo lugar no Salón Teatro de Santiago. En total de 13 espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación/tradución, texto orixinal, escenografía, actriz secundaria, actor secundario, actriz protagonista, actor protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil. A gala dos premios celebrarase o 29 de marzo no Rosalía da Coruña 'O tolleito de Inishmaan', coprodución de Contraproducións (a compañía de Cándido Pazó) e o FIOT Carballo, converteuse neste 2017 na produción con maior número de finalistas ao obter un total de 11 nomeacións. Pola súa banda, 'Eroski Paraíso', de Chévere, aspira a 8 galardóns. 'Raclette', de Ibuprofeno Teatro, opta a 5 premios. Estas tres producións teatrais disputaranse os apartados á mellor espectáculo e dirección. 'Voaxa e Carmín', de ButacaZero, tamén aspira a levar 5 premios María Casares, mentres que 'Foucellas', de Talía Teatro, competirá en 3 categorías. Os espectáculos 'A nena que quería navegar', de Redrum Teatro, e 'Os amores de Jacques o fatalista', de Producións Teatráis Excéntricas, optan a 2 María Casares. Finalmente, optando a 1 galardón atópanse Xurdefet (Jour de Fête), de Berrobambán; Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro; Tartufo, do Centro Dramático Galego; Get Back, de Eme2 Producións; Danza da Choiva, de Elefante Elegante, e Os Rockenstein, de Malasombra Producións. |
PRAZA_281 | Antonio Durán Morris e Pedro Alonso veñen de estrear O crédito no Teatro Principal de Pontevedra, onde estarán esta fin de semana antes de iniciar xira por Galicia. Alberto Ramos entrevista a Morris | Os actores Antonio Durán Morris e Pedro Alonso veñen de estrear O crédito, produción de Eme2 e Tanttaka, no Teatro Principal de Pontevedra, onde estarán esta fin de semana antes de iniciar unha xira por Galicia cun total de 25 funcións. Trátase dunha comedia bancaria, dirixida por Fernando Bernués e escrita polo dramaturgo Jordi Galceran, autor catalán de textos tan engaiolantes como O método Grönholm. N'O crédito, un director de sucursal reúnese cun cliente que pretende conseguir un préstamo sen máis aval cá súa palabra. Non hai garantías nin certezas, só un compromiso imposible de cuantificar en euros. A negativa non tarda en chegar, pero hai quen non acepta un "non" por resposta. A desesperación fai que o cliente decida tomar medidas e acaba por lanzarlle un bizarro envite ao director do banco, que pasa da incredulidade ao desastre nun suspiro. O surrealismo invade a vida de dous personaxes desesperados, no que o delirio converte a situación nunha fonte de absurdo, humor e gargalladas do público. Praza entrevista a Morris para falar do espectáculo, do surrealismo, da desesperación de dous personaxes que coinciden no tempo e, como diría Pedro Alonso, a escasos dez minutos do caos absoluto. Como calquera de nós, vaia. N'O Crédito, Morris regresa ao teatro cunha montaxe con Eme2, dirixido por Fernando Bernués e cun texto que, ao tempo, se adapta noutras partes do estado. É un proxecto que, nesas cuestións, repite unha fórmula semellante a O florido pénsil, a última obra coa que subiu vistede aos escenarios hai xa tres anos. Coincide a produtora, coincide tamén Fernando [Bernués], pero o proceso con respecto a O Florido Pénsil é completamente distinto. Un, porque é distinto o proceso de creación. O Florido Pénsil era un espectáculo que xa dirixira Fernando, fixera un lote de representacións previamente. Aquí, seino por el e por que o falamos xa varias veces, Fernando colleu os dereitos antes de que se montara en Madrid e Barcelona, aínda que agora coincide que xa están estreadas neses sitios. Pero el falara previamente con Galceran, o autor, dos dereitos para Galicia e Euskadi. Si que é un espectáculo que está testado, que funciona fóra; pero a nivel artístico non temos ningunha referencia sobre el, non o vimos. Non acontece o mesmo que con O Florido pénsil, que era un espectáculo pechado, que coreograficamente xa estaba ben feito e que só había que sumarlle en Galicia aspectos psicolóxicos na interpretación. Aquí partimos, ao contrario que no outro caso, totalmente de cero. E a verdade, estamos diante dun texto moi redondo. É unha comedia moi elegante, con fondo social e cun ton surrealista que vén dado polo que acontece no escenario con estes dous personaxes que temos. Por un lado, un director de sucursal e, polo outro, o cliente. Ese é o principio, pero ao cabo de oito minutos xa se converten en Gregorio e Antón Vicente, dous homes desesperados polas circunstancias. Pasan moi rápido de ser eses personaxes do empregado de banca e o cliente a ser moi humanos e reais. Iso é un pouco de onde partimos n'O crédito. "A xente vaise sentir moi próxima, porque se fala de situacións e circunstancias que lle poderían pasar a calquera" O despacho do director dunha sucursal cando alguén pide un crédito ao que llo van negar... De entrada non parece que sexa unha comedia. De onde vén o humor? É unha situación desesperada. Temos un cliente que precisa 3.000 euros e ao que só lle queda a súa palabra. E a palabra, xa se sabe, non se cuantifica en euros. Non cumpre os requisitos, vaia. O caso, que este cliente ten unha filosofía, un modo de entender a situación moi particular e nun momento decide lanzarlle un envite ao director da sucursal. Basicamente, dille que se non lle dá unha oportunidade, terá que actuar con medidas de presión moi inesperadas, tomar unha postura de forza. Principia así unha situación surrealista que, co paso da función, leva ao director a un cambio radical na súa vida. A xente vaise sentir moi próxima, porque se fala de situacións e circunstancias que lle poderían pasar a calquera. Todo isto, atácalle aos nervios ao director da sucursal, que ve como se lle comeza a cambiar o mundo un día calquera, sen saber moi ben como nin o porqué. E todo cun gran nivel de surrealismo. Comeza a pensar se a vida ten sentido. A comedia vén polas situacións, que fan rir e son simpáticas, pero ao tempo tamén son fortes. Mais ten un punto de tenrura moi intenso, porque falamos de dous personaxes que se acaban por espir en escena. É que o cliente lanza un envite moi forte, provoca unha situación co director da sucursal de forma súbita e sen premeditación, porque o cliente cando toma esa decisión, tómaa no momento e sen saber nada do que vai pasar. "Ningún dos dous sabe por onde tirar na vida. E intentan axudarse, pero non fan máis que meter a zoca. A min lémbranme un chisco ás comedias de Jack Lemmon e Walter Matthau" En certo xeito, dáse un troco de papeis, non? Nun principio, quen ten o control é o director do banco, que é quen ten o poder de dicir si ou non ao crédito... E de súpeto, o control cambia de bando... Digamos que cambian as tornas e volven cambiar. Realmente, son dous personaxes desesperados que se botarán unha man o un ao outro. Ningún dos dous sabe por onde tirar na vida. E intentan axudarse, pero non fan máis que meter a zoca. A min lémbranme un chisco ás comedias de Jack Lemmon e Walter Matthau. Son dous homes e un destino tamén... É que hai tantas referencias que se poden manexar! Pero a verdade é que as tornas non cambian porque un pase a estar sometido ao outro, realmente van cambiando dun lado para o outro, pero sempre co crédito de fondo. Eu agora estou desesperado, máis ca ti e agora, se me axudas, douche o crédito... E a cousa vaise complicando máis e máis. Eu creo que hoxe pode ocorrer na vida unha cousa semellante, porque detrás dun director de sucursal pode haber un home que... Mira, unha cousa que dicía Pedro [Alonso] nalgunha entrevista: "Todos estamos a dez minutos do caos." E aquí chégalles aos dous ese caos. Se cadra, a día de hoxe, simpatizar cun director dunha sucursal non é fácil... Xa, pero este Gregorio é director dunha sucursal e fala dos de arriba. Isto é así agora, pensemos que a figura dun director de banco xa non é como antes, porque o realmente fodido é a banca. Os propios empregados da banca son uns mindundis todos, agás que suban moitos banzos. Son uns mindundis que dan a imaxe de que están nun posto co que teñen o control, pero non é así. E iso si que se ve claramente na obra. "Os propios empregados da banca son uns mindundis todos, agás que suban moitos banzos. Son uns mindundis que dan a imaxe de que están nun posto co que teñen o control, pero non é así" Contar cun texto de Galceran, sendo este autor de obras como O Método Grönholm é contar cun libreto de garantías? El fixo moitos textos de éxito. Nótase no texto que é un tipo con moito oficio, moi redondo, cun estilo moi concreto. O crédito é destas obras que les dun tirón e decátaste de que escribir algo cómico tan bo e sen caer na pallasada demostra un gran nivel. Non é fácil facer unha comedia deste tipo dentro dunha oficina bancaria. Penso que o gran acerto do texto pode estar nunha situación que, a priori, ninguén imaxinaría. Quero dicir, o envite que fai o cliente é tan surrealista que, se cho conto agora, parecería incrible. Pero en escena resulta sólido, moi crible. Crelo de verdade. O crédito quizais é a escusa para retratar o surrealismo que podemos vivir en situacións desesperadas? Si, mira, a situación do director chega a ser desesperada e á vez surrealista porque, de súpeto, treme toda a súa vida. Periga toda esa pequena seguridade aparente que el tiña. Digamos que a ironía está presente e que o director de banca pensa, de entrada, que o cliente é un chalado. E faille graza... Ao principio, despois pasa a unha fase de non crer que estea a manter semellante conversa. El chega ameazar o cliente, a botalo fóra da oficina, pero acaba por volver chamalo para buscar unha solución ao problemón que lle xurdiu. Estamos ante un exercicio de estilismo moi bo e cunha comedia moi fina, porque os personaxes non se descompoñen para facer a graza. Que va, nada diso! Ris polo contraste e pola posibilidade de que ese tipo de cousas si poden acontecer. Esas situacións cotiás que nos ocorren cada día e que, vistas dende un cristal, provocarían a risa na metade da sociedade. Pero para nós ten unha gran importancia. Pois con esas pequenas cousas é sobre o que está construída a relación dentro da oficina. "Non é fácil, hoxe por hoxe, atopar autores coma este, que escriban de forma tan coherente, con gracia e sen ser repetitivos" Falamos dunha obra con dous actores, un só escenario... Si, pero é que ten moita evolución. Vai evolucionando de escena en escena e o texto, que é formidable, vai levando o público cara a un final moi tenro e agradable. Terminas co sorriso de dous pobres desgraciado. A min lémbrame, xa o dixen, as comedias de Lemmon e Matthau... Lémbrame incluso, sen ter nada que ver, a eses dous personaxes que se cruzaban en Doentes, que non teñen nada que ver, pero que acaban botarse unha man o un ao outro. Para min, o texto é que é moi bo, con dous personaxes con discursos moi coherentes e que, aínda que contrapostos, acaban conectando. A verdade é que a desesperación une a xente. Dicía Pedro tamén nunha entrevista que esta obra é como "un paseo en vespa pola praia de Samil en primavera". Dicíao pola sensación agradable que provoca no espectador. Non é fácil, hoxe por hoxe, atopar autores coma este, que escriban de forma tan coherente, con gracia e sen ser repetitivos. "A cousa está peor e a desesperanza que hai no mundo teatral... Vívese como unha aceptación da enfermidade" Morris volve ao teatro despois de tres anos. Neste tempo, no sector pasaron moitas cousas: unha crise que foi a peor, unha serie de reivindicacións que parece que se foron apagando... Como ve a profesión a día de hoxe? A cousa está peor e a desesperanza que hai no mundo teatral... Vívese como unha aceptación da enfermidade. Logo hai síntomas tremendos; eu creo que esta profesión teatral comezou con moitísima forza antes de que principiara calquera idea de industria cultural. E agora estamos a ter un momento tristísimo. Non hai máis que ver as dificultades das compañías para actuar e non hai que mirar máis que o buque insignia, ese que debería ser o CDG... É que non teño palabras para expresar isto. É que se volveu todo en contra, dáme tanta tristeza. Non sei cal será o futuro, pero dende logo o futuro non pasa polas grandes ideas que teñen os que están dirixindo culturalmente este país. Refírome ao responsable da Agadic, ao responsable do CDG... Dende logo, pouco futuro vexo se as cousas seguen como van. Tanta falta de interese que teñen... Parece que o consideran todo como algo liquidado, que hai que cumprir só co expediente, que dan esmola a estes do teatro para que sobrevivan un pouco... "Creo que o teatro e a profesión teatral teñen que dar un golpe enriba da mesa, aínda que polo menos sexa para morrer con dignidade" Ten a sensación de que asume a derrota? Eu creo que o teatro e a profesión teatral teñen que dar un golpe enriba da mesa, aínda que polo menos sexa para morrer con dignidade. Non sei, hai unha sorte de aceptación por parte da profesión que non se pode... Temos todos que repensalo. Porque o camiño que toma isto lévanos á invisibilidade total. Pero, oes, que eu estou moi contento de volver ás táboas e con iso é co que me quedo. Con iso me quero quedar e quero encher os teatros con O crédito. Creo que é un espectáculo de risa liberadora para o público. Un público que ten que lembrar que o teatro, tamén a cultura, é seu, é para o proveito de todo nós, para todos nós. |
NOS_3056 | Vai dirixido a mozas e mozos de entre 18 e 35 anos e pode solicitarse vía electrónica a partir desta sexta feira. | O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta quinta feira a resolución da Xunta pola que se estabelecen as bases reguladoras das axudas do novo Programa do bono alugueiro dirixido á mocidade. A quen vai dirixido? Estas subvencións, que se concederán por un período de dous anos e cun importe de 250 euros -sempre que non se supere a contía da renda mensual-, están dirixidas a persoas de entre 18 e 35 anos que teñan a súa residencia habitual nunha vivenda ou habitación en réxime de alugueiro ou de cesión de uso. O Estado é titular de 1.756 vivendas baleiras listas para habitar na Galiza De igual modo, deberán acreditar que dispoñen dunha fonte regular de ingresos e estes non poderán superar tres veces o Iprem, é dicir, 24.318,84 euros anuais. Se a persoa solicitante aínda non asinou ningún contrato pero está en condicións de subscribilo tamén poderá pedir o bono alugueiro Como solicitalo? A partir desta sexta feira, as persoas que reúnan os requisitos económicos, de idade e todos os que se recollen na propia convocatoria poderán solicitar esta subvención, un trámite que terán que facer, obrigatoria e necesariamente, por medios electrónicos. Para isto, os interesados deberán presentar o correspondente formulario de solicitude na sede electrónica da Xunta, realizar unha serie de declaracións responsábeis -oito en total- así como completar os anexos correspondentes. Documentación precisa A maiores, os solicitantes do bono terán que achegar pola mesma vía documentación complementaria como o contrato do alugueiro, a referencia catastral do inmóbel, un documento asinado polo arrendador no que conste o importe da renda, un certificado de empadroamento no que conste as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda en cuestión, así como documentación da fonte regular de ingresos do solicitante. A Galiza, á cabeza do Estado no incremento do prezo do aluguer No caso de que o solicitante teña dereito ao recoñecemento da axuda con carácter retroactivo -desde a firma de contrato de alugueiro, pero nunca con efectos anteriores ao 1 de xaneiro de 2022-, tamén deberá presentar o extracto ou certificado bancario que acredite o pago da renda nas mensualidades anteriores. Aínda non tes contrato de aluguer? Por último, se a persoa solicitante aínda non asinou ningún contrato pero está en condicións de subscribilo, tamén poderá pedir o bono alugueiro e optar á súa concesión nas mesmas condicións. Para iso, deberá achegar, xunto coa súa solicitude electrónica, un compromiso asinado por arrendador e arrendatario da formalización dun contrato de alugueiro ou cesión de uso no que se faga constar o importe da renda ou do prezo da cesión; o concello no que se localiza a vivenda; a referencia catastral; as persoas arrendatarias que subscribirán o futuro contrato e a data a partir da que terá efectos económicos. |
NOS_36011 | A correspondencia do tradutor e intelectual Lois Tobío é pública a través da web do Consello da Cultura Galega. Unha ferramenta para mergullarse na vida e na obra do xornalista así como no mundo da emigración galega. | O Consello da Cultura Galega (CCG) pon na rede o epistolario do diplomático, xornalista e tradutor Lois Tobío. Un total de 432 cartas nas que se "dá conta da variedade e da riqueza das súas relacións, así como da vixencia do seu pensamento". O CCG explica que a través destas misivas se "nos permite descubrir a visión europeísta e integradora de Tobío e da súa xeración", así como as iniciativas culturais da emigración e que nos axudan a reflexionar sobre a historia recente da Galiza, de Europa e de América. O epistolario presentase acompañado dun artigo da profesora da Universidade de Alcalá de Henares, Montserrat Bascoy no que dá as claves para comprender e contextualizar a correspondencia. "O que mais me chamou á atención é actualidade e a vixencia dos temas que se tratan. Hai moitas ideas que nos poden servir para reflexionar sobre cousas que nos afectan hoxe, como son os aspectos derivados da memoria histórica ou a dependencia económica do turismo" conta Bascoy. As cartas que conforman o espistolario que agora se pon na rede pertencen ao fondo familiar que a súa filla, Constanza Tobío, que o cedeu ao CCG para a súa difusión. Tecnoloxía e patrimonio "Que poden facer as técnicas de análise non destrutiva pola restauración e conservación do Patrimonio?" é o título da nova sesión dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural, unha cita que organiza a Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG e que busca mostrar, a través de casos prácticos, como a tecnoloxía destinada á conservación e á recuperación nos axuda coñecer mellor o patrimonio. O debate en directo ten lugar ás 18 horas de hoxe, pero os vídeos das intervencións están tamén dispoñíbeis a través da web do Consello. |
NOS_24525 | O Premio a artigos xornalísticos normalizadores de Carballo chega á súa décima edición cun premio de 1.000 euros e a difusión do gañador en nove medios de comunicación colaboradores da convocatoria, entre eles, Sermos Galiza. | Promover a reflexión e difusión sobre a situación do galego e contribuír a través dos medios de comunicación a fomentar e prestixiar o uso da nosa lingua é o obxectivo do premio de artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo que chega a súa décima edición. Poderanse presentar artigos xornalísticos de opinión inéditos que teñan como tema algún aspecto da situación sociolingüística do país, o fomento da lingua, a lexislación e dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas ou propostas para a promoción do galego. Os artigos deberán ter entre 1.800 e 3.300 caracteres -espazos incluídos- e o prazo de presentación remata o 11 de abril. Alén dun premio de 1.000 euros, o artigo será reproducidos nos xornais colaboradores da convocatoria que son Sermos Galiza, Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, e Tempos Novos. Nomes coñecidos do mundo da literatura e o xornalismo recibiron con anterioridade un premio que recaeu en Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos M. Callón ou Mariña Pérez Rei. Convocado polo Servizo de Normalización Lingüística de Carballo, as bases completas pódense consultar no web do concello. |
NOS_44923 | A Deputación da Coruña decidiu non apoiar Terractiva, o máis grande evento de produtos e experiencias ecolóxicas do noso país. A 9º edición celebrarase, malia todo, do 17 ao 18 de novembro no Recinto Feiral Terra do Queixo de Arzúa. | Arzúa será a capital dos produtos ecolóxicos os días 17 e 18 de novembro coa celebración, por noveno ano consecutivo, da Feira Ecolóxica de Galiza, Terractiva. Corenta e dous postos reunirán produtoras e produtores, asociacións, empresas e colectivos que teñen como principio, como afirma a organización, "un xeito de vivir de forma máis respectuosa coa contorna e cos seus habitantes". Nesta edición preséntanse algúns produtos innovadores e outros que contan cada vez con máis aceptación. É o caso dunha cervexa artesá ou unha cata e demostración de queixos de cabra. A Deputación da Coruña abandona o patrocinio A que foi unha das apostas da Deputación da Coruña por promover e dinamizar o sector da produción ecolóxica, tan importante no noso país, deixou de ser do seu interese. Vai ser o propio concello e os postos que encherán a Feira os que carguen cos custes da súa celebración. É a primeira vez que acontece esta situación mais a organización pensa que o "éxito" do evento esta asegurado desde o momento en que en poucos días xa se superou o límite de espazo físico no recinto feiral por parte do sector. "As actividades que teremos seguirán e haberá charlas, coloquios e presentacións por parte dos participantes", asegura Manuel Vicente, responsábel de Culturactiva SCG. O "éxito" do evento esta asegurado desde o momento en que en poucos días xa se superou o límite de espazo físico no recinto feiral por parte do sector Alimentación natural e outros Un dos apartados con máis presenza nesta feira de Arzúa é o da alimentación. Os días 17 e 18 de novembro poderanse atopar, ademais do tradicional queixo, produtos de apicultura, castaña, chocolate, viño ou panadería-repostería. Mais tamén veremos postos sobre o agro, a crianza natural, o comercio xusto, as plantas medicinais e a cosmética natural. Unha das empresas que terá a súa primeira experiencia en Terractiva é a Factoría Ecolóxica de Biofactory. Brother Fernández, o seu responsábel, xa participou noutras edicións e nesta, co novo proxecto, presentará xelados, queixos crema e viños ecolóxicos mencia, entre outros, feitos na Galiza e con materia prima galega. "Estamos pola produción ecolóxica e propia no país, é unha mágoa que se venda a peso fóra cando o mellor seria a transformación aquí mesmo". |
NOS_55136 | O Consello de Ministras vén de aprobar o real decreto que regula a venda de tests de antíxenos en farmacias sen prescrición médica. A comunidade experta celebra a súa accesibilidade mais alerta de que non son infalíbeis. Son probas de diagnóstico rápido indicadas durante os primeiros cinco días de síntomas da Covid-19. | Tal como estaba previsto, o Ministerio de Sanidade autorizou a venda en farmacias dos tests de antíxenos. Poderanse adquirir sen receita médica, ao igual que un test de embarazo. O real decreto que regula o acceso libre a estas proba de autodiagnóstico da Covid foi aprobado no Consello de Ministras e Ministros desta terza feira, nun momento en que a transmisión do coronavirus segue disparada e urxe un control máis eficaz da progresión da pandemia, como sinalou a ministra Carolina Darias. Libre acceso Porén, o español é un dos últimos Estados da súa contorna en eliminar a barreira da prescrición médica, un requisito imprescindíbel até o momento para poder mercar unha proba destas características nunha botica. Alemaña, Francia, Portugal, Países Baixos, Bélxica, Austria e Italia xa venden desde hai tempo este tipo de tests diagnósticos á cidadanía, nalgúns casos tamén en supermercados, a prezos máis económicos dos recomendados aquí. "Unha vez saia publicada no BOE o norma que regula a venda destas probas de autodiagnóstico serán de libre acceso. Temos clientas que xa se interesaron por elas e hoxe imaxino que venderemos os primeiros test sen a obriga de receita", explica Nina Villasuso, voceira do Colexio de Farmacéuticas da Coruña. Con todo, aclara, "estes días o maior interese está en conseguir o certificado de vacinación europeo, que non deixan de vir reclamar todas as persoas que xa completaron a pauta". Entre 7 e 15 euros Villasuso rexenta unha farmacia en Mugardos, na comarca de Ferrol. "As probas que temos dispoñíbeis son unitarias. O prezo de venda recomendado é de entre 7 e 15 euros. Eu téñoas a 7,95 e non creo que ninguén a poña a 15", un custo máis difícil de asumir aínda para quen decida empregalas con eficiencia. Uso frecuente A comunicade experta coincide. Os tests rápidos teñen sentido se se usan con frecuencia. Poder realizar unha proba de antíxenos na casa, seguindo as recomendacións de uso, sería unha boa maneira de detectar a Covid de forma rápida, reducir a transmisión do virus e as infeccións derivadas. Mais, a prezos tan elevados, a medida perde valor. Específicos e sensíbeis Con todo, as farmacias aceleraron nas últimas horas o contacto coas súas distribuidoras para contar con tests suficientes para atender a demanda, especialmente notábel en contornas máis poboadas. "É importante ter en conta que a Axencia Española do Medicamento exixe tests que cumpran uns requisitos mínimos: teñen que ter unha especificidade de 97% para recoñecer a ausencia do marcador da Covid e unha sensibilidade de 90% para detectar a presenza dese marcador", lembra Nina Villasuso. Utilidade A utilidade dos tests de antíxenos, apunta persoal médico a Nós Diario, "limítase, segundo estabelece a evidencia científica, ao período comprendido entre o primeiro e o quinto día de síntomas. Isto significa que en pacientes asintomáticos este test non é fiábel nin válido". Lecer nocturno Por definición, recalcan, "non sería un bo sistema para permitir o acceso a locais de ocio nocturno". Desde esta media noite Galiza exixe unha proba negativa ou o certificado de vacinación para acceder ao ocio nocturno. Admite tanto unha PCR nasofarínxea como un test de antíxenos ou de saliva negativos, realizados, como máximo, 72 horas antes. "Se ten síntomas, a xente xa non debera saír pola noite. Se falamos de persoas asintomáticas, as probas rápidas de autodiagnóstico non son fiábeis". Poderían dar negativo e estar contaxiadas. Uso recomendado Os tests de diagnóstico rápido teñen o seu sitio ben identificado "durante os primeiros cinco días de síntomas compatíbeis coa Covid". Nese suposto son ferramentas válidas e útiles, advirte a comunidade médica. Permiten detectar en 15 minutos e de forma "veraz" unha persoa positiva "E iso permite que os seus contactos estritos poidan ser illados o antes posíbel para evitar novos contaxios". Resultado positivo Un test de antíxenos positivo implica o mesmo que unha PCR positiva: enfermidade activa. "A persoa debe illarse durante 10 días. Os seus contactos estreitos e conviventes tamén, á espera de que a Central de Seguimento de Contactos os chame para pedirlles a PCR do día 1 e do día 10". Resultado negativo "Un resultado negativo en asintomáticos non quere dicir nada e ante unha proba negativa nun paciente con sintomatoloxía, prevalece a sospeita clínica. Cómpre solicitar unha PCR e confirmar o resultado. De ser negativo e persistir os síntomas, pódese pedir unha segunda proba PCR". Iso si, o doente permanecerá illado durante todo o proceso. Avance contra o virus A accesibilidade aos tests de antíxenos representa un avance malia chegar "algo tarde". Supoñen un diagnóstico rápido e precoz. "Realizados coa técnica correcta entre a poboación albo evitan demoras no diagnóstico de entre tres e catro días", tempo que tardan agora en dar cita e saír os resultados dada a "saturación" dos servizos de microbioloxía. Por iso, insiste o persoal médico, urxe evitar usos erróneos que desemboquen nunha falsa sensación de tranquilidade que leve a un avance dos contaxios. |
NOS_30411 | O grupo municipal nacionalista denuncia a actitude do goberno coruñés e pide que a empresa se responsabilice do derrubo pois, din, "era perfectamente coñecedora da ilegalidade". | Após a sentenza do Tribunal Supremo que obriga a derrubar o Edificio Fenosa, da Coruña, desde o BNG critican con dureza a actitude do goberno de Carlos Negreira, cuxa xestión do caso obrigará o concello a asumir o custe do derrubo malia "non existir responsabilidade patrimonial municipal", afirman @s nacionalistas. E é que o informe pericial solicitado desde María Pita certificou que "era posíbel executar materialmente a sentenza de demolición do edificio, o contrario do que se pretendía [que era xustamente mostrar, como defende o BNG, que do ponto de vista xurídico si se podía argumentar a imposibilidade do derrubamento]", subliñan. Un custo de 45 millóns de euros O operativo necesario para materializar a demolición do edificio custará uns 45 millóns de euros, un colosal gasto para o erario público que significa case o 25 por cento do orzamento municipal. Desde o grupo municipal do BNG lémbranlle ao alcalde Carlos Negreira que "xa lle advertiran ao goberno local que non estaba a formular correctamente este incidente en senllos escritos" con data de outubro de 2012. Finalmente, foi o Supremo o que determinou que o derrubamento é factíbel e que debe ser executado. Porén, desde o Bloque denuncian que desde a equipa de goberno municipal non se lle teña pedido responsabilidades a Fadesa quen, din, "era perfectamente coñecedora da ilegalidade do proxectado", isto é, unha rehabilitación integral dun edificio fóra de ordenación. Para alén de que a obra non se axustara ás licenzas outorgadas. |
NOS_19242 | O presidente da Xunta afirma que con este adianto Galiza "achega responsabilidade a España". | Núñez Feixoo adianta as eleccións galegas a 5 de abril e fai coincidir os comicios cos vascos, mantendo así a dinámica seguida nas tres últimas citas electorais na Galiza e Euskadi. Desde 2009, o popular optou por manter a mesma dinámica: coincidencia coas vascas. Até o punto de que os anuncios de convocatoria de Urkullu para Euskadi semellan marcar o ritmo e pauta de cando serán as eleccións galegas. O propio Núñez Feixoo recoñeceuno na súa comparecencia na tarde desta segunda feira, após reunir de urxencia o seu Goberno tras o anuncio de Urkullu: "A data das vascas tivo un peso fundamental na decisión", dixo, e recoñeceu que nestes días mantivo varias conversas co Lehendakari. Foi este un dos argumentos esgrimidos na súa comparecencia polo mandatario galego. Apelou a que esta coincidencia xa fora a dinámica nos tres comicios anteriores (2009, 2012 e 2016) e situou a disxuntiva en "un período electoral de 54 días [até 5 de abril] ou de sete meses". Feixoo, pois, quer evitar con esta manobra o desgaste ao que se pode ver sometido nunha campaña electoral 'longa', na que practicamente estaría desde agora até setembro ou outubro e con importantes frontes abertos na xestión do seu goberno, como o da sanidade. Confía, alías en poder coller a oposición, a contra pé: a líder do BNG de permiso de maternidade, o espazo da esquerda 'rupturista' sen candidato, e Caballero sen acabar de callar no seu rol de líder da oposición. Aliás, Ciudadanos continúa sen candidato nin referente na Galiza. "Estabilidade" A baza da "estabilidade", unha das favoritas do líder do PP, foi outra das expostas por Feixoo na súa comparencia. Fronte a un 2019 no que houbo até catro convocatorias coas urnas, indicou que era bo 'reducir' o número de comicios en 2020, ano no que se anunciaran comicios na Galiza, Euskadi e Catalunya. "Preservamos a normalidade social e institucional na Galiza e en España", dixo. Non se resistiu a aproveitar o anuncio de adiante electoral como presidente da Xunta para facer un primeiro mitin: subliñando que se aproberan en tempo os orzamentos, ou incindo en que o Goberno que saia das urnas o 5 de abril "terá moito camiño andado" en campos como a sanidade ou infraestruturas. Candidato A preguntas dos xornalistas sobre o feito de se ía ser el o candidato do PP [non foi nomeado como tal oficialmente] emprazou os e as xornalistas á xunta da Executiva do PPdeG desta terza feira. E de aí non quixo moverse. |
NOS_58150 | A XVI Mostra Internacinoal de Cinema Etnográfico (MICE), que organiza o Museo do Pobo Galego en Compostela, inaugúrase o 6 de abril coa estrea de tres traballos documentais. | O vindeiro 6 de abril volve a Compostela a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego, e faino coa preestrea do documental Negro Púrpura, de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, compoñentes da produtora Illa Bufarda. O filme, que se proxectará no Teatro Principal e contará coa presenza das directoras, "retrata diferentes relatos a partir do Cláviceps purpúrea, un fungo que agroma nos cereais", o que chaman o fungo dos mil nomes, pois tamén se coñece como caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo... A historia do cláviceps relaciónase con multinacionais farmacéuticas, a CIA ou o nacemento do LSD... "e alimenta relatos que nos son propios e nos tocan de preto, como o seu uso na medicina popular". Negro púrpura, que conta coa curiosidade de ter a primeira banda sonora do Estado español composta por un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos, o theremin, foi rodado entre 2018 e 2020. A MICE, que decorrerá até o 10 de abril, tamén vai ser o escenario da estrea, fóra de competición, da curtametraxe Os corpos de Eloy Domínguez Serén. Un documental, producido por Fílmika Galaika, que vén de pasar por festivais internacionais como o IDFA de Amsterdam e o FIC Xixón. A peza achéganos dun modo inmersivo aos festexos e ao ambiente do Entroido ourensán, "desde o alumado dos fachos, ás aglomeracións e ao estrondo dos tambores". Nesta edición da MICE tamén se proxectará a mediametraxe do director Vicente Vázquez, titulada Do not lean on door [work in progress], e complementarase o pase do filme cun encontro co público asistente a esta sesión da MICE. Será no Museo do Pobo, na segunda feira, 6 de abril, entre as 16.30 e as 19 horas. |
NOS_46984 | O Parlamento europeo vota hoxe a ratificación do acordo pesqueiro que expulsa a flota galega de Mauritania. O responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, advirte: "Os nosos barcos van ser moeda de cambio para beneficiar outras forzas". | Esta sexta feira pasada marcharon en Marín centos de persoas na defensa da flota cefalopodeira galega, expulsa hai meses de Mauritania por un convenio entre a Unión Europea e ese país que tiña como unha das súas consecuencias poñer punto e final á presenza de buques de Galiza nesas augas. Esta terza feira, 8 de outubro, o Parlamento europeo vota se ratifica ese acordo. Falamos con Xabier Aboi, de CIG-Mar sobre a situación da flota galega. Que é o que se xoga a flota galega na votación do Parlamento Europeo? Pois hai moito en xogo. Por exemplo, saber se a UE ten acordos pesqueiros que beneficien a todas as flotas dos seus estados membros ou só para algunhas (holandesa, por exemplo). Ou ben se Bruxelas quere ter unha flota e unha tripulación europea e un sector potente de pesca para alimentar e non para coller capturas para fariña de peixe. En definitiva, a votación vai permitirnos saber se Galiza ten algún sitio, por pequeno que sexa, nesta Unión Europea. Porque o certo é que é a propia Bruxelas a que exclúe a Galiza a Unión Europea ao atacar un sector básico para nós como é a nosa pesca. Ten afirmado que a flota galega é moeda e cambio... Afirmei. Estanse a firmar convenios e acordos pesqueiros nos que se benefician outras flotas (ben sexa holandesa, andaluza,..) a costa de prexudicar a galega. Non é unha novidade, desde que entramos na UE os nosos produtos e sectores foron moeda de cambio en beneficio doutros de, por dicilo así, a área mediterránea: estragaron o noso naval, o conserveiro, o leite, a pesca... Sostén que a flota galega foi prexudicada desde a entrada na UE O diagnóstico que fixo o nacionalismo, for sindical for político, creo que se demostra acertado: a UE non foi positiva para Galiza. A nosa flota é un exemplo, expulsa de moitos caladoiros, obrigada ao despezamento, con TACs e cotas perxudiciais... E o goberno español que nos ofrece? Nada. Por poñer un exemplo, por un acto en Vilagarcía na Autoridade Portuaria para protestar pola situación da flota a resposta foi...multas e sancións. |
NOS_24344 | Como cada mañá, Manuel Gallego acode ao seu estudio da Coruña. Aos seus 84 anos segue, xunto aos seus colaboradores, deseñando edificios para o futuro. Atarefado, pensado nas novas obras, mantense activo. Sendo un dos máis recoñecidos da profesión, continúa a traballar coa modestia dun artesán que fai simplemente o que mellor sabe facer. | O bras tan importantes como o Museo das Peregrinacións de Santiago, a sede da Xunta en Pontevedra, a casa para o presidente, o concello da Illa de Arousa ou o Museo de Belas Artes da Coruña levan a súa sinatura. Foi profesor universitario e moitos considérano o seu mestre. Non só é un arquitecto moi respectado, tamén é unha persoa moi reflexiva e crítica, como todo profesional que trata de achegar algo á sociedade. Este carballiñés vai á cerna das materias, propio da perspectiva que dan os anos. É quen de conducir sempre a conversa cara ás cuestións esenciais e propias da condición humana. —Atopámonos nun tempo de inquedanza mundial debido á crise da Covid-19. Pensa que cambiaremos a nosa forma de vivir ou, de atoparse unha vacina, continuaremos como antes? Aprenderemos algo? Eu penso que se hai vacina todo seguirá igual. Todo dependerá de que non continúe, que non debería seguir, da presión que faga a sociedade. Soamente coa presión da cidadanía poderemos cambiar, se non, seguirá igual. Seguirase organizando o mundo coa mesma orde económica e social, véxoo inamovíbel, aínda que se intente mudar. —É pesimista? Niso son un pouco pesimista. Os que dirixen o sistema non van mudar por unha situación como esta. Só teño confianza na demanda dos cidadáns e das cidadás e de que se tome conciencia. Penso que debería mudar, pero iso non ten nada que ver coa realidade, que desgraciadamente non vai ser así. —O "estar xuntos" fíxonos progresar como especie. Nestes días atopamos moitas dificultades para relacionarnos entre nós. Penso que non é "estar xuntos", é mais ben a dependencia que temos uns doutros. Os seres humanos precisamos dos demais. O home como individuo, un a un, non é nada. Precisámonos para producir cultura e para facer sociedade, esta é a cerna da vida. O ser humano é un ser social. Vivir en sociedade é consubstancial ao ser humano. Na actualidade atopámonos, máis que coa dependencia, co control. Véxoo negativo porque cada vez menos controlan a máis, nunha sociedade organizada desde unha actitude moi insolidaria. Os intereses de moi poucos, pero moi fortes, son os dominadores. E iso pode cambiar? Claro que pode cambiar! Pero ten que ser un cambio radical, e non vexo ánimos. A non ser que sigan as cousas de maneira tan dramática. Non somos conscientes da situación porque vivimos no presente. Como veu tan rápido, pensamos que se vai ir igual, estamos como nun soño. Se chega unha vacina, algo diso pasará. Se non... botémonos a tremer. —Na Galiza temos dous modelos de habitar moi diferentes, de maneira compacta, en vilas ou cidades, e en vivendas diseminadas no territorio, unha fórmula moi criticada pola súa dependencia do coche. O virus semella que lle está dando pulo a este último. Pode ser, pero non sabemos como respondería se houbese un sistema social máis organizado desde o punto de vista sanitario. O habitar de forma dispersa, metidos na natureza e espallados; ese modelo, non ten por que fracasar. Tanto un modelo como o outro teñen as súas virtudes. Vivir en vilas e cidades permite a asistencia máis fácil e eficiente. Porén, o coche foi un instante na evolución do mundo e tende a desaparecer. Estase sostendo por intereses económicos. Fabrícanse coches, constrúense autoestradas, estase fomentando o negocio do vehículo. Aínda que é indiscutíbel que foi un avance no seu momento. O modelo de cidade compacta ou o de vivir espallados no campo é indicativo dunha cultura. A cultura reflexa a historia que a formou e o hábitat que a facilitou. O ser humano vive en comunidade, organízase, acumula experiencias e crea coñecemento. Somos capaces xuntos de interpretar o mundo. Cada cultura exprésase de maneira diferente. Temos unha lingua e unha paisaxe propias. Se aquí non nacese auga en calquera sitio, se non hubese moitas terras de cultivo, non agromaría a agricultura e a cultura que temos. Pero poden nacer outras formas de hábitat concentrado. A creatividade humana sempre deu solución aos problemas, non o vexo tan dramático. Eu sería prudente e non empezaría a cambiar o modelo de habitar. Hai que cambiar! Pero por outras razóns, non hai dereito a que se especule, por exemplo. Precisamos cambiar para vivir máis felices, ser máis creativos e máis alegres. Cambiar para que os vellos e os nenos, os máis vulnerábeis, poidan defenderse. Sen os nenos e os anciáns, se só sobreviven os máis fortes, a complexidade social desaparece. —Se vivimos metidos na natureza, cre vostede que é posíbel unha nova ruralidade? O rural cambia como a cidade. Atopámonos nunha ruralidade postindustrial, que contamina tanto como a cidade, coa utilización de fertilizantes e a explotación intensiva. Hoxe en día, vas á aldea e non ten nada que ver. Cando eu era neno, tornábase inconcibíbel ter o pan feito na porta da casa e case non se usaba o diñeiro, tiñamos unha economía de troco. Todo cambiou. O mundo rural está esquecido desde hai 30 anos. Poderá haber un novo rural pero será urbano tamén, non haberá diferenzas. O rural na actualidade é un produto de consumo máis, vaise para ver a paisaxe. Din algúns: "Que non o toquen!", mais iso é un disparate, todo evoluciona e cambia, o rural tamén. Pero cando non se sabe como pode cambiar, por outro lado, preferimos que non o toquen. Estamos a falar de núcleos rurais cando xa ningún é rural. As aldeas están en ruínas, ou ocupadas por vellos, ou ocupadas por fillos de parentes que viven en Barcelona e pasan alí tres días. Por desgraza, hai moi pouca xente nova con iniciativa. Cando un se fai vello vólvese máis radical, e, por outra parte, máis comprensivo. Cun mesmo é máis radical e é máis comprensivo cos demais. O rural na actualidade é un produto de consumo máis, vaise para ver a paisaxe —O virus reactivou o debate da mobilidade debido ás dificultades co transporte público, hai quen aposta polo vehículo privado e quen prefire a bicicleta ou andar. A min gústame andar. Está ben que a xente ande, é san e non contamina. Eu defendo que se use a bicicleta tamén, pero con lóxica, que non se mesturen nun mesmo sitio diferentes velocidades. É necesario combinalo en grandes distancias co transporte colectivo, non hai outro modo. Se tes un transporte público ben organizado, podes fomentar máis áreas peonís e ter menos coches, o que se leva dicindo desde hai 50 anos. Acabarase impoñendo, os rapaces van asumíndoo. O tren mudou a forma de relacionarse. Eu antes non utilizaba este transporte para ir a Ourense, era unha viaxe longa e incómoda, agora vou nel. Collo o tren e vou lendo, falando, vendo a paisaxe, é unha marabilla. Chegas antes que indo en coche. Transformou a forma de ver o territorio, fixo da Galiza unha soa cidade. Os percorridos son como os dunha gran metrópole. Ir a Ourense é menos tempo que cruzar París. —As rúas están ateigadas xa que, por respectar o distanciamento social, precisamos máis espazo público para movernos. Algúns concellos están habilitando espazos dos coches para as persoas. Esta demanda durará? Certo, hoxe hai unha gran demanda de espazo público, debido a estar confinados tanto tempo. A xente está ansiosa de saír e de ver. Non se sabe como continuará isto, pero ao mellor serve para demandar outra forma de vida, que bo sería, non? Penso que fai falla na Galiza máis espazo público. Estiven hai anos na Bretaña, chamoume a atención a riqueza do espazo en prazas e paseos, cousa que aquí non hai, salvo algunhas excepcións. Reflexionando sobre isto, na Coruña, o único espazo público urbano é a praza de María Pita. A praza ordena a cidade desde o público, enlaza a parte vella e a nova, articula. É un lugar para reunirse, próximo ao mar, onde se poden sentar os vellos a que lles dea o sol e xogan os nenos sen perigo. Ademais, conta cun elemento representativo como é a casa do concello. Resulta un espazo indefinido, como unha bandexa, onde pode ocorrer de todo: hai liberdade. Os outros espazos da cidade son conquistas da sociedade de lugares que non estaban pensados para iso. —Con media humanidade recluída na súa casa, estase debatendo moito da flexibilidade na vivenda, que as nosas casas sirvan para moitas cousas. Penso que a flexibilidade é unha condición de toda arquitectura nova. —Pero non é algo novo, na súa propia vivenda, en Oleiros nos anos 70, xa falaba desa idea. Certo. As ideas propias hai que experimentalas primeiro nun mesmo. O habitar ten moi poucas actividades fixas, son as primarias da vida, esas hai que revolvelas: comer, ter auga, descansar, estar só ou estar acompañado. Estás movéndote nun esquema de prioridades vitais, o resto debería ser liberdade, que cambie coa vida. Porque a vida cambia, os nenos crecen, marchan... tense que poder adaptar. A vivenda é igual que un territorio, imos construíndoa ao longo da vida. Hai que ter unhas regras moi claras que garantan o fundamental e, o resto, hai que deixar que a persoa o use a recree, que sexa feliz. Agora estase traballando moito desde a casa, debería ser un tema de atención. A sociedade debería preguntarse como estamos controlados pola tecnoloxía. Tomei moi en serio a corentena, debido á miña idade, pero puiden pasala na miña casa, saía ao xardín e desfrutaba da sombra dun carballo, pero son unha excepción. Hai moita xente que viviu a corentena nun barrio da cidade cos coches botándolle fume nas fiestras, sen ver a luz do sol, e aínda por riba ter que traballar no mesmo sitio, tivo que padecer unha gran carga. O traballo na casa pode ser unha desgraza. —Ou unha condena, como quen está preso, pérdese a noción do tempo. E se iso se produce nun sitio pequeno e incómodo, é gravísimo. Moverse polo mundo son parénteses, percíbese o cambio. Se non, non hai tempo. Faime reflexionar: a onde conduce isto? Conduce a un espazo irreal, á virtualidade. Hai quen fala de que o espazo público xa non ten corporeidade física, pasou a ser os medios de comunicación. Vivimos en contextos virtuais. A min todo o que sexa contacto coa experiencia real paréceme fundamental. Aínda que o virtual é un mundo grande e importante, que non sabemos que será, tómoo con moita cautela. Pode ser un paso máis cara á destrución da persoa, da capacidade de ter identidade e criterio. —A vivenda, por desgraza, está moi condicionada polo mercado inmobiliario. Como é un ben social, pode ser obxecto de especulación. Hai que controlar a especulación. No mundo rural non había especulación. Ninguén especulaba con facer unha casa, era unha necesidade. Resolvíase a necesidade sendo partícipe do proceso construtivo, man a man co construtor. A comunidade compartía unha cultura e unha tradición, todo o mundo sabía que había que facer, e as modificacións eran persoais. Case costa pensar que se poida construír dese modo. Hoxe en día xa é outro mundo. A arquitectura ten que ter obxectivos prioritarios, non se pode esquecer que cómpre resolver unha necesidade. O protagonista ten que ser o ser humano. —Unha enfermidade como a tuberculose din que foi un dos factores que mudaron a arquitectura de hai 100 anos, facendo espazos con máis luz natural e aire limpo. As teorías hixienistas mudaron a nosa forma de pensar, pode suceder algo semellante con esta pandemia? Ademais diso, había un impulso moi forte que foi o espírito científico. Confiábase no progreso, en que o ser humano melloraría sempre. Críase que a máquina igualaría as diferenzas sociais, e permitiría a liberdade das persoas, pero non foi así. Tiñan o desexo de racionalizar o habitar, e esa racionalidade fixo que ás veces se reducise a realidade a esquemas. Eses esquemas foron simplificadores. Aínda así, preocupáronse pola iluminación das vivendas, pola presenza de zonas verdes e a regulación do tráfico. Axudouse a mellorar a vida. Deixouse de confiar no progreso, atopámonos na posmodernidade, por iso eu sigo sendo moderno. Continúo crendo no progreso. Penso que o ser humano ten capacidade de mudar o seu mundo, son optimista, pero doutro modo. É curioso que as crises axuden a reivindicar cambios na sociedade. Deberiamos esixir a previsión destas cousas. A maior ensinanza penso que foi a de descubrir, de novo, a fraxilidade da vida. Se o ser humano verdadeiramente evoluciona debería defender os máis vulnerábeis. Necesitamos prever. Non se pode seguir explotando a natureza, o medio, as cidades, e que se poida vivir nesta orde de forma acrítica. —Por ir rematando cunha visión do futuro: Pode ser a sustentabilidade un concepto que mude a forma de pensar a arquitectura e o urbanismo? Chámame a atención a sustentabilidade, e ao principio era moi reticente porque parecía outro slogan máis para vender o produto. Pero se vas ao fondo, engloba case un credo. É esa necesidade que ten o ser humano de traspasar as cousas. Representa que o ser humano é consciente de que quere ser solidario coa vida. Sempre existiu a sustentabilidade, o mundo rural era sustentábel. Actualmente gástase moita enerxía, contamínase, contribúese ao cambio climático... é un círculo que hai que parar. Se a sustentabilidade está antes que o urbanismo, antes que a arquitectura, se está na cabeza da xente, pode ser unha nova ideoloxía. Podería ser unha nova escala de valores. Ten un gran contido político. Como actitude previa da vida paréceme ben. Desconfío das etiquetas. Estou farto de que lle poñan disfraces ás mesmas cousas. A sustentabilidade como certificado para vender o produto non me ten interese ningún. Pódese mellorar a vida, a cidade, o transporte, a relación cos veciños, a pobreza ou a ignorancia? Pódese solucionar algo producindo máis e máis e máis? Se non ten solución, haberá que cambiar a escala de valores. Ao final, o único importante é o respecto polas persoas e o respecto pola vida, algo tan primario. Nada máis. Non cabe dúbida de que teño 84 anos. |
NOS_52197 | O Produto Interior Bruto por habitante en Galiza acada só ao 83% do promedio comunitario, segundo os dados da Oficina de Estatística da UE. E fica seis puntos por baixo da media do Estado español. | Por baixo da media da Unión Europea e da media do Estado español. O PIB por habitante en Galiza segue afastado tanto do promedio europeo coma do español, como confirman esta quinta feira os dados de Euostat, a Oficina de estatística comunitaria. Se a media de renda per cápita na UE é 100, Galiza fica no 83% desa riqueza, o que significa 17 puntos menos. Por comparar cos territorios da nosa contorna, Castela-León acada o 89%, Asturias o 84% e Cantabria o 86 por cento. Se a comparación facémola con Euskadi (122%), Madrid (128%) ou Catalunya (111%) a diferenza é abismal. De feito, o PIB por habitante en Galiza fica lonxe tamén da media do estado español. Se este é 100, nós estamos no 94, seis puntos menos. En euros, o PIB per capita en Galiza sería de 19.900 euros. A media no Estado español é de 22.500 euros, case 3.000 euros máis. E na Unión Europea dos 28 supera os 26.600 euros, case 7.000 euros máis que o galego. Só, no marco do Estado español, territorios como Extremadura, Andalucía, Melilla, Ceuta, Castela-A Mancha e Murcia teñen peores dados que Galiza. Ricos e pobres E cales son os territorios con maior riqueza por habitante de Europa? Pois o Eurostat dinos que Londres, Bruxelas (Bélxica) , Hamburgo (Alemaña), Gröningen (Holanda) ou Estocolmo (Suecia) están nesa privilexiada clasificación. E as máis pobres? Pois os territorios de Ultramar franceses, e rexións de Bulgaria e Romanía. |
NOS_51468 | O comisario de dereitos humanos advirtellle a Madrid que debe cumprir coa lexislación de dereitos humanos. | "Fica claro que esta práctica non se axusta á legalidade nen da UE, nen do Consello de Europa nen das Nacións Unidas", así se pronunciou Nils Muiznieks, Comisario europeo de Dereitos Humanos en relación ás devolucións 'en quente'. Unha práctica que Madrid desenvolveu en diversas ocasións e que pretende normalizar através da aprobación da Lei de seguridade cidadá. Neste senso, insta o executivo de Mariano Rajoy a procurar "unha solución" que garanta o cumprimento da lexislación internacional e pois de saír adiante a reforma, sinalou en comparecencia de imprensa Nils Muiznieks, sentaría "un precedente moi negativo. |
PRAZA_1830 | A presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Marta Capeáns, valora "negativamente" os orzamentos xerais do Estado. "A prioridade neste momento son as persoas, non as grandes infraestruturas", sinala | A presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), Marta Capeáns, valorarou este mércores "negativamente" os Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 presentados polo Goberno. Capeáns destaca a "rebaixa de case 100 millóns de euros, o que porcentualmente significa unha redución do 1,6%" e, sobre todo, que "o investimento en cemento é manifestamente maior que nas políticas sociais, cando a prioridade neste momento son as persoas, non as grandes infraestruturas". Neste sentido, o Colexio salienta que máis da metade do gasto "programado, porque logo está o executado realmente", está destinado ao AVE e partidas vencelladas coa alta velocidade. O Colexio salienta que máis da metade do gasto "programado, porque logo está o executado realmente", está destinado ao AVE e partidas vencelladas coa alta velocidade Para Capeáns, "o discurso do Goberno indicando o carácter social destes orzamentos non reflicte a realidade", pois non se volve sequera a niveis anteriores "que aínda que sendo mellores, tamén eran claramente insuficientes". Os e as profesionais "vemos día tras día a saturación dos servizos sociais, cun incremento da demanda do 70% dende 2011, e vemos que as axudas son escasas e insuficientes", di. O Colexio Oficial de Traballo Social indica que o Plan Concertado, a partida coa que o Estado cofinancia con autonomías e concellos os centros municipais de servizos sociais, foi conxelada por terceiro ano consecutivo, logo de sucesivas rebaixas, un 70% nos últimos cinco anos. E demanda, en consecuencia, "aumentar esta partida pola súa importancia estratéxica para o mantemento da rede pública de servizos sociais". Marta Capeáns destaca neste senso que os centros municipais, "son a porta de entrada ao sistema, e a través de elas solicítanse axudas como o da dependencia ou as rendas mínimas". No ámbito da dependencia, o COTSG subliña que o incremento de 75 millóns proposto non será suficiente. No ano 2015 esta partida conxelouse, a pesar da entrada de máis de 310.000 dependentes máis que ata o de agora non tiñan dereito a axudas, ao que hai que engadir outras 130.000 persoas, con graos máis elevados de dependencia, que están en lista de espera. "Estamos deixando ao Estado de Benestar para volver á beneficencia", conclúe a presidenta do COTSG Os e as profesionais de referencia no sector do social levan anos denunciando un cambio de modelo. "A responsabilidade publica do Estado e das administracións estase derivando ao terceiro sector" -din- "que debe ser complementario". "Estamos deixando ao Estado de Benestar para volver á beneficencia", conclúe a presidenta do COTSG. |
NOS_54104 | O catedrático e doutor en Bioloxía Ramón Varela asina Eucaliptos e o forestal arado, que se presentará no Museo de Pontevedra o 27 de outubro. | O vindeiro 27 de outubro a Fundación Galiza Sempre presentará unha nova publicación dos seus cadernos de análise Ideas Impresas no Museo de Pontevedra. Con Eucaliptos e o forestal arborado a entidade recupera esta iniciativa da man do catedrático e doutor en Bioloxía Ramón Varela Díaz, quen tamén presidiu Adega. Na publicación,o autor fai un repaso do ordenamento forestal galego nos últimos anos, así como unha análise dos usos do monte e da madeira máis alá de ENCE. No acto da presentación participarán o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernandez Lores, e mais a integrante da Fundación Galiza Sempre Lucía Veciño. Varela Díaz, cando aínda presidía Adega, presentou a primeira Iniciativa Legal Parlamentaria (ILP) na defensa dun cambio no modelo forestal galego, para afastalo do munocultivo de eucalipto e piñeiro, que foi finalmente desbotada. O caderno forma parte da colección de análise Ideas Impresas, que a fundación está a relanzar cunha nova edición e deseño. O de Varela Díaz é o primeiro, seguido de A situación da ría de Ferrol, de Joam Luís Ferreiro. Antes de que remate o ano sairán do prelo dous máis, un sobre a Lei de Memoria Histórica coordinado polo deputado Luís Bará e outro sobre Violencia de Xénero da man da profesora de filosofía Carme Adan. |
NOS_49331 | O pequeno núcleo rural do Couto acollerá desde esta cuarta feira até o domingo un desfile de música, literatura, obradoiros e ciencia | Após 36 anos, desde 1982, a aldea pontecesá do Couto voltará máis unha vez a ser epicentro da cultura galega. O evento arrincará esta cuarta feira coa entrega dos premios Os Bos e Xenerosos, e continuará a encher o pequeno lugar da parroquia de Cospindo con actuacións musicais, a tradicional feira de artesanía e, como novidade desta edición, o Festiciencia, que reunirá perto de mil alumnas de centros de ensino da contorna. "A cultura non é só terreo de grandes cidades. Persoas do Couto, da Brixería, da Cepeira, de Carballido, de Brantuas, de Corme, da Ponteceso, da Trabe, de Anllóns, de Tella tamén teñen o dereito de amar Galiza", afirman desde a organización do festival. Ese é o obxectivo da festa, que afronta desde dito pequeno núcleo rural a tarefa de "facerlles crer aos restantes que desde séculos existe un país con identidade de seu". Cultura para todas Maio a maio, o colectivo detrás do Festiletras segue a conformar "o noso cativo ramo de flores" cunha programación para todos os públicos. As actividades deste ano inician na noitiña da cuarta feira 16 de maio, véspera do Día das Letras, cando campás, foguetes e gaitas da banda de Inllar darán entrada ao acto de entrega de premios Bos e Xenerosos. Será ás 21 horas na sede da Fundación Eduardo Pondal, con Patricia Blanco como anfitrioa dunha gala que recoñecerá o traballo de Marilar Aleixandre, Xaquín Marín, Quico Cadaval e Sés. Na quinta feira 17 de maio, Día das Letras Galegas, será tamén o turno da Festiciencia, a primeira feira científica da Costa da Morte e principal novidade deste ano. Con perto de 40 stands na fundación Eduardo Pondal, o acontecemento tamén incluirá palestras e obradoiros varios. O primeiro día, adicado á Internet, comezará ás 11 horas coa charla de José Viñas, 'Ciencia cidadá' e o artista Joseba Mp, que seguirá a completar a súa obra 'Fenómenos do rural'. A mesma fundación será tamén un estudio de radio improvisado para o programa 'Efervesciencia', que será gravado ás 12.45 horas. Logo disto, ás 13:30 horas, as visitantes poderán gozar dunha pequena sesión 'Terras Gaudas' coa música do dúo Voodoo antes de reenganchar coas actividades da tarde, que incluirán obradoiros de 'Xeocoaching tecnolóxico' e 'Yayotech' (tecnoloxía para persoas de idade avanzada). Paralelamente, a segunda metade do día tamén levará actividades á Casa dos Veciños, co espectáculo das 18 horas 'Ciencia ou maxia?', da man de David Ballesteros e o Mago Antón. Ás 20 horas, o grupo Fetén Fetén ofrecerá unha actuación musical e, ás 21 horas, diferentes lugares da comarca como a praia de Valarés ou o piñeiral serán punto de encontro para observar estrelas con Jorge Mira, a palestra 'Ciencia para insomnes' ou mesmo para practicar 'láser graffiti'. O Festiciencia pechará na sexta feira 18 de maio, día no que decorrerá durante todo o día a Feira de Proxectos e unha presada de obradoiros e eventos paralelos como os obradoiros co CSIC (construcción e programación de robots con postas en escea), a lembranza ao científico cormelán José María Mosqueira Manso e as actuacións do Centro Coreográfico Galego, Os Quinquilláns e Mamá Cabra. Na tarde da sexta feira tamén se fará entrega dos premios e Jorge Mira conducirá unha sesión de Café Científico. Á noite, na Casa dos Veciños, Xurxo Souto impartirá 'Océano para terrícolas', un obradoiro divulgativo sobre o léxico marítimo. Tanxugueiras e Xabi Solano darán o petisco musical da velada. A xornada do sábado 19, o público poderá coñecer de experiencias e iniciativas de dentro e fóra da comarca co quinta edición do Encontro de aldeas singulares para logo poder disfrutar, ás 14 horas, dunha sesión vermú co Etnográfico de Vilanova dos Infantes e co grupo Castro Floxo da Deputación de Ourense. Á tarde será o turno de 'Literatas' e de regueifas con Alba María e Lupe Blanco, alén de 'porondeo meucarropasa', un percorrido pola música tradicional con Xa Era Hora, O Son do Castro, a Sona de Bergantiños e Farrapas. Mounqup, Txarango e Igmig pecharán a noite coa súa música. Por último, o domingo 20 será o peche da XXXVI Feira de artesanía, que comezara o día anterior. Tamén haberá espazo para a formación, cos obradoiros de Naturizo; para os contos coas narracións de Anxos Moure; e para a música, coa actuación de Cé Pantasma e Pakolas. A mediodía, grupo Terbutalina amenizará a sesión vermú, que será precedida por unha ofrenda floral na Fundación Manuel María, onde a Coral A Oliveira interpretará 'O Carro'. Para clausurar un ano máis, Sés ofrecerá o concerto de clausura ás 17 horas. |